Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Definición dos xéneros dialóxicos audiovisiuais (radio, televisión e Internet)
2. Estudo da teoría, técnica, estrutura, tipoloxía e as súas características
3. Análise da entrevista informativa: tipoloxía, técnicas de realización e de produción da información
4. Estudo da enquisa e das rodas informativas. Os xéneros coloquiais: estudo en profundidade da tipoloxía, técnicas de realización e produción de debates, tertulias e coloquios
5. Debates abertos en torno ao tratamento informativo nos xéneros dialóxicos. Novos formatos baseados nos xéneros dialóxicos no escenerio dixital
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Os xéneros dialóxicos audiovisuais
1.1. Introdución. Definición. Características. Tipoloxía
1.2. Os xéneros nas grellas
1.3. Xéneros e formatos. Evolución e hibridación
TEMA 2. A crónica e a reportaxe radiofónicas
2.1. Definición. Características. Tipoloxía
2.2. Técnicas de elaboración
2.3. A crónica e a reportaxe nas grellas radiofónicas
TEMA 3. O comentario e o editorial radiofónicos
3.1. Definición. Características. Tipoloxía
3.2. Técnicas de elaboración
3.3. Os xéneros de opinión nas grellas radiofónicas
TEMA 4. A enquisa e as roldas informativas
4.1.Definicións, características e tipoloxía
4.2. Reflexión crítica sobre a enquisa como xénero
4.3. Técnicas de execución e presentación da enquisa
4.4. As roldas informativas no discurso programático
TEMA 5. O informe dialogado
5.1. Definición e características
5.2. Técnicas de execución e presentación
TEMA 6. Os xéneros coloquiais
6.1. A tertulia ou faladoiro. Definición. Características. Técnicas de elaboración
6.2. O debate. Definición. Características. Técnicas de elaboración. O debate electoral
6.3. O coloquio ou mesa redonda. Definición. Características. Técnicas de elaboración
6.4. Criterios de selección, confrontación, presentación, condución e peche
TEMA 7. A entrevista
7.1. Tipoloxía segundo a temática, segundo o obxectivo informativo, segundo o formato e segundo os sistemas de produción e realización
7.2. A entrevista informativa. Técnicas de execución e presentación
7.3. A entrevista de carácter. Técnicas de execución e presentación
TEMA 8. Os novos desafíos. O impacto da internet e a dixitalización
8.1. Os xéneros dialóxicos no podcast
8.2. As posibilidades multimedia e transmedia
8.3. Novos formatos
8.4. O desafío da intelixencia artificial. Oportunidades e reflexión crítica
CONTIDOS PRÁCTICOS
Impartiranse nas sesións de laboratorio que terán lugar, principalmente, nos estudos de radio e de televisión da Facultade. Os estudantes
elaborarán produtos informativos relacionados con contidos teóricos, atendendo á seguinte planificación:
No estudo de radio (xéneros radiofónicos):
1) Elaboración dunha entrevista informativa, como práctica individual. Audición e análise colectiva de entrevistas informativas
2) Elaboración dunha entrevista de carácter, como práctica individual. Audición e análise colectiva de entrevistas de carácter
3) Elaboración dun informe dialogado, como práctica colectiva (2 persoas). Audición e análise
4) Elaboración dun debate, como práctica colectiva (3-4 persoas). Audición e análise colectivo de debates
5) Elaboración dunha mesa redonda como práctica colectiva (3-4 persoas). Audición e análise de mesas redondas
No plató de TV (xéneros televisivos):
1) Ensaio e análise dos contidos dialóxicos en televisión: aproximación aos conceptos básicos sobre os xéneros a traballar nos laboratorios 2, 3, 4 e 5. Traballo individualizado dentro de grupos integrados por 3-4 persoas
2) Realización dunha entrevista en rolda informativa, de actualidade, priorizando a temática política (guión, produción, realización e comunicación integral). Gravación no plató. En grupos de 3-4 persoas
3) Realización dunha entrevista de carácter. En grupos de 3-4 persoas
4) Realización dunha entrevista en formato magazine a dúas fontes (guión, produción, realización e comunicación integral). Gravación no plató. En grupos de 3-4 persoas
5) Realización dun contido informativo audiovisual para a súa distribución online: adaptación dos xéneros dialóxicos ao esceario online. En grupos de 3-4 persoas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Balsebre, A. & Mateu, M. (1998). La entrevista en radio, televisión y prensa. Madrid: Editorial Cátedra
Karhunen, P. (2017). Closer to the story? Accesibility and mobile journalism. Reuters Institute.
Martínez Costa, P. & Herrera, S. (2005). Qué son los géneros radiofónicos y por qué deberían importarnos. In Global Media Journal, vol.2, nº3.
Martínez-Vallvey, F. & Irla Uriarte, V. (2017). El entrevistador en televisión: actitudes y estilos. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 23(2), 1247-1263.
Ordway, D.-M. & Wihbey, J. (2016). Presidential debates and their effects: Research roundup. Journalist’s Resource-Harvard Kennedy School.
Soengas, José. (2003) Informativos radiofónicos: Edicciones C
VV.AA. (2020). Televisión: programas, audiencias y debates. El profesional de la información. http://www.elprofesionaldelainformacion.com/contenidos/2020/mar/index.h…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Casero Ripollés, A. & Marcial Felici, J. (eds.) (2011). Periodismo en televisión. Nuevos horizontes, nuevas tendencias. Salamanca: Comunicación Social
Cebrián Herreros, M. (2004). La información en televisión. Obsesión mercantil y política. Barcelona: Gedisa
Cebrián Herreros, M. (1992): Géneros informativos audiovisuales. Madrid: Ciencia 3
Echevarría LLombart, B. (2002). Las w´s de la entrevista. Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU
Frattini, Eric; Quesada, Montse & Ordás, Nacho (1994). La entrevista. El arte y la ciencia. Madrid: Eudema. Imagen y Comunicación.
Gabilondo, Iñaki (2006). Testigo de la historia. Barcelona: Santillana
García Jiménez, J. (1999). Información audiovisual. Vol. I-II. Madrid: Paraninfo
León, B. (2012). La televisión ante el desafío de Internet. Salamanca: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones
Marín, C. (2006). Periodismo audiovisual. Barcelona: Gedisa
Martínez Costa, P. & Herrera, S. (2008). La crónica radiofónica. Madrid: RTVE Instituto
Martínez Costa, P. & Díez, J.R. (2005). Lenguaje, géneros y programas de radio. Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra
Domínguez-Quintas, Susana y Arévalo-Iglesias, Lorena (2020): “La evolución del reportaje en televisión: infoentretenimiento y espectacularización de la realidad. Un nuevo género en el cambio de milenio”. Estudios sobre el Mensaje Periodístico 26 (2), 519-528.
Etura Hernández, Dunia y Zapatero Flórez, Cristina (2020): “Los magazines matinales en la televisión pública española (1987-2019): las transformaciones de un formato dinámico”. Estudios sobre el Mensaje Periodístico 26 (2), 529-539.
laSexta.com. (2019, 1 abril). La entrevista de Jordi Évole al papa Francisco en Salvados en diez titulares. LaSexta. https://www.lasexta.com/temas/salvados_papa_francisco-1
Román-Portas, Mercedes; García-González, Aurora y Feijóo Fernánez, Beatriz (2020): “Los programas informativos en la televisión generalista en España 2005-2010”. Estudios sobre el Mensaje Periodístico 26 (2), 773-785.
RTVE.es (2023) Dias de Tele, Entrevistas de Julia Otero.
La Entrevista. Manual de Estilo de RTVE
RTVE.es. (2003). Informe semanal - ¿Cómo se hace un reportaje? https://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe-semanal- como-se-hace-reportaje/590947/
RTVE.es. (2020b). Rosa María Calaf | Deslenguados. https://www.rtve.es/alacarta/ videos/deslenguados/rosa-maria-calaf-deslenguados/5804849/
Zaragoza-Fuster, T., y García-Avilés, J.A. (2018). Desarrollo de la innovación periodística en la televisión pública: el caso del RTVE Lab. Hipertext.net, (17), 11-2
CON.2- Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de xeito profesional e ético
CON.5 – Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo
CON.6- Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo
HAB.1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración da información xornalística
HAB.3 – Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 – Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exerccio do xornalismo
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espíritu emprendedor
COM.6 - Aplicar os coñecementos a as habilidades adquiridas dun xeito profesional e ético no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible
Clase Maxistral
Presentación en aula
Práctica laboratorio
Aprendizaxe baseado en proxectos
Estudos de casos
Os contidos teóricos terán un valor na nota dun 50% e o peso dos laboratorios será dun 50% (un 25% a parte de radio e un 25% a parte de televisión). A asistencia é obrigatoria nas aulas interactivas para poder superar a materia e presentarse ao exame teórico. A asistencia mínima nas interactivas será do 80% das horas establecidas.
Na parte de radio a práctica avaliarase co conxunto das prácticas desenvolvidas na materia. Na parte de televisión a práctica avaliarase cunha entrevista informativa de temática política, cunha entrevista de carácter e cun magazine ou debate con dúas fontes de información. Todas as prácticas televisivas teñen que ter unha duración de entre 20 e 30 minutos.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a práctica (e dentro desta deben estar aprobadas a parte de radio e a de televisión) para superar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido da tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: ”Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión da cualificacións“.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non presentado”.
Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Segunda convocatoria
Avaliarase coa mesma ponderación e en canto as prácticas serán as mesmas coa duración predeterminada. En televisión a gravación deberá ser multicámara e en directo, sen montaxe.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva de laboratorio: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Para a correcta asimilación dos contidos teóricos e realización das actividades prácticas, é imprescindible seguir con sentido crítico programas de televisión, radio e podcasts, de xeito que o alumno poida identificar e analizar os diferentes xéneros que se empregan. O xénero dentro do programa e o programa dentro da programación deben entenderse como un todo que se interrelaciona e que, por tanto, debe ser analizado de xeito conxunto.
O alumnado debe estar ao día da actualidade informativa, como corresponde á titulación que están cursando.
Manuel Midon Miguez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- manuel.midon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Marcos Sanluis Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- marcos.sanluis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
20.01.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
20.01.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
19.06.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |