Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Proporcionar ao estudantado o coñecemento e manexo das técnicas estatísticas necesarias para a análise descritiva e inferencial de datos económicos e empresariais así como a metodoloxía das principais estatísticas das que dispoñemos.
-Realizar análises estatísticas básicas empregando ferramentas informáticas
-Ser quen de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada fenómeno, contextualizar os resultados obtidos e interpretalos.
- Iniciarse na análise de datos empíricos da realidade económica e empresarial (obtención de datos, análise estatística, interpretación e fiabilidade dos resultados, etc.) así como na presentación formal do traballo realizado.
- Desenvolver as capacidades de entendemento, razoamento, crítica e expresión oral e escrita, mediante a utilización dun léxico estatístico-económico-empresarial adecuado
TEMA 1.- ESTATÍSTICA ECONÓMICA
1.1.- Conceptos básicos
1.2.- Fontes de datos estatísticos
TEMA 2.- ANÁLISE DESCRITIVA DUNHA VARIABLE
2.1.- Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas
2.2.- Medidas resume: posición, dispersión e forma
TEMA 3.- A CONCENTRACIÓN E A DESIGUALDADE
3.1.- Concentración
3.2.- Desigualdade. Benestar.
TEMA 4.- ANÁLISE DESCRITIVA DE DÚAS VARIABLES
4.1.- Distribucións de frecuencias bidimensionais. Representacións gráficas
4.2.- Distribucións marxinais e condicionadas.
4.3.- Independencia estatística. Covarianza
TEMA 5.- CORRELACIÓN e ASOCIACIÓN
5.1.- Correlación lineal
5.2.- Correlación por rangos
5.3.- Asociación de variables
TEMA 6.- NÚMEROS ÍNDICES
6.1.- Taxas de variación. Números índices.
6.2.- Índices de prezos, cantidades e valor
6.3.- Cambio de base. Deflactación. Repercusión.
TEMA 7.- ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS
7.1.- Índices de Prezos ao Consumo
7.2.- Índice de Producción
7.3.- Enquisa de Poboación Activa. Paro rexistrado.
7.4.- Estatísticas financeiras e do mercado bursátil.
7.5.- Outros indicadores económicos.
TEMA 8.- PROBABILIDADE
8.1.- Asignación da probabilidade. Axiomática de Kolmogorov.
8.2.- Probabilidade condicionada, conxunta e total. Independencia.
8.3.- Teorema de Bayes
TEMA 9.- VARIABLES ALEATORIAS
9.1.- Variables aleatorias. Distribucións de probabilidade.
9.2.- Características resume: esperanza, varianza,...
9.3.- Xeneralizacións a máis dunha variable. Independencia, covarianza, correlación
TEMA 10.- MODELOS DE PROBABILIDADE DISCRETOS E CONTINUOS
10.1.- Distribución Binomial.
10.2.- Distribución de Poisson.
10.3.- Distribución Normal e Normal bivariante.
10.4.- Distribución Exponencial
10.5.- Outras distribucións
Básica:
Esteban García, J. et al. (2008). Estadística Descriptiva y nociones de Probabilidad, Ed. Paraninfo
Martín Pliego, F.J. (2004). Introducción a la Estadística Económica y Empresarial: Teoría y práctica. Ed. Thompson Paraninfo S. A., Madrid.
Martín Pliego, F.J. e L. Ruiz-Maya. (2006): Fundamentos de Probabilidad . Ed. Thomson-Paraninfo.
Newbold, P. et al. (2008). Estadística para los Negocios y la Economía. Ed. Prentice-Hall.
Complementaria:
Cao Abad, R. et at (2001). Introducción a la estadística y sus aplicaciones. Ed. Pirámide.
Casas Sánchez, J.M. e Santos Peñas, J. (2002), Introducción a la Estadística para Administración y Dirección de Empresas. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces.
Casas Sánchez, J.M. et a. (2006) Ejercicios de estadística descriptiva y probabilidad para Economía y Administración de Empresas, Ed. Pirámide
Durá Peiró, J.M. e J.M. López Cuñat. (1989): Fundamentos de Estadística. Estadística descriptiva y Modelos Probabilísticos para la Inferencia. Ed. Ariel.
Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo, J.A. Sanz. (1994). Cálculo de Probabilidades y Estadística. Ed. Ariel.
Levin, R.I., Rubin, D.S (2007) Estadística para Administración y Economía, Ed. Pearson Eduacion. Prentice Hall
Lind, D.A.; Marchal, W.G. e Wathen, S.A. (2015): Estadística Aplicada a los Negocios y a la Economía. Ed. McGrawHill.
Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (2006): Problemas de probabilidad. Ed. Thompson Paraninfo.
Peña. D. (2014). Fundamentos de Estadística. Ed. Alianza Editorial
Pérez Suárez,R. et al. (1993). Análisis de datos económicos 1. Métodos Descriptivos. Pirámide, Madrid.
C6. Interpretar as ferramentas e técnicas cuantitativas fundamentais (matemáticas, estatísticas, econométricas) para a diagnose, análise e prospección económico-empresarial e para a toma de decisións.
HD1. Examinar de maneira crítica datos provenientes de diversas fontes co fin de adquirir coñecementos adicionais e empregalos para solucionar problemas e tomar decisións.
HD2. Comunicar oralmente e/ou por escrito de forma efectiva, con precisión e claridade, co propósito de transmitir coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións.
HD7. Manexar distintas técnicas matemáticas, estatísticas, econométricas e programas informáticos para a visualización, a análise e a modelización dos datos económico-empresariais.
HD8. Manexar os programas e ferramentas informáticas para a análise e a toma de decisións no ámbito das diferentes áreas funcionais da empresa.
CP8. Xerar estudos e informes a partir da análise e a modelización de datos económico-empresariais, empregando técnicas e ferramentas matemáticas, estatísticas e econométricas.
Clases expositivas: Exposición, introdución e explicación dos contidos básicos da materia obxecto de estudo, as bases teóricas e as orientacións para a resolución de casos prácticos e exercicios de forma que permita un adecuado desenvolvemento de aprendizaxe autónoma.
Clases de laboratorio: Resolución de problemas e cuestións e aplicación das técnicas estatísticas á análise da realidade económica, diferenciando que tipo de técnica utilizar en cada caso, como aplicala e que conclusións se obteñen da análise realizada. Organizaranse actividades presenciais que buscan ou requiren unha participación activa do estudantado (discusión de casos, prácticos, resolución de problemas, traballo con datos, prácticas con ordenador...). Proporanse problemas prácticos e actividades que o estudantado deberá resolver individualmente e/ou en grupos reducidos. Farase uso do software informático, complementando a formación coa realización de prácticas con ordenador, co obxecto de adquirir habilidades de manexo de follas de cálculo ou outros paquetes estatísticos de utilidade para a análise de datos. O estudantado traballará individualmente ou en grupos.
Titorías: Asesoramento continuo ao estudantado para o desenvolvemento das actividades autónomas propostas. Atención personalizada ao estudantado para resolver dúbidas relacionadas coa materia. Será prioritariamente presencial pero tamén poderá facerse de xeito telemático empregando o correo electrónico institucional.
Aula Virtual: Información da materia, presentacións de aula e materiais de apoio a disposición de estudantado para o curso e preparación da materia.
Tarefas programadas e probas:
Tomando como referencia as prácticas con ordenador, as actividades de avaliación continua poden consistir na análise estatística de fenómenos empíricos, con bases de datos reais, a realizar ó longo do cuadrimestre, empregando ferramentas informáticas. Estas tarefas pretenden que o/a estudante adquira habilidades para levar a cabo análises estatísticas da realidade empírica, aprendendo a seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas axeitadas a cada fenómeno, a utilizar ferramentas informáticas para a análise, a interpretar correctamente os resultados obtidos, así como a presentar/defender o traballo realizado empregando o léxico propio da disciplina. Tamén poden realizarse probas para avaliar os contidos desenvolvidos e a súa comprensión de carácter individual ou grupal.
O estudantado avaliarase cun sistema de avaliación continua. Este sistema empregará instrumentos que permitan medir a aprendizaxe continuada dos conceptos e metodoloxías estatísticas obxecto desta materia, así como da súa aplicación á realidade empírica. Basearase fundamentalmente en tarefas nas que o estudantado demostre o nivel de coñecementos adquirido. O sistema de avaliaciación continua require da asistencia habitual ás actividades académicas e a súa participación activa.
1ª Oportunidade
Instrumentos avaliativos e o seu peso na nota final:
- Exame final: 70% da cualificación total (7 puntos)
- Actividades de avaliación continua: 30% da cualificación total (3 puntos). Realización de prácticas/probas de ordenador, resolución de exercicios e/ou traballos en grupo.
2ª Oportunidade
Manterase a puntuación de avaliación continua obtida ó longo do curso que será sumada á do exame final.
O estudantado non terá a posibilidade de recuperar as tarefas, actividades e probas anteriores pendentes de realización polo estudantado vinculadas á avaliación continuada ou non entregadas en prazo e/ou forma.
A avaliación continuada do estudantado basearase nas tarefas e/ou probas realizadas ou encargadas durante o curso, en grupos ou individualmente, e a súa participación activa nas actividades académicas. O seu reparto dentro do total será: sondaxes de contidos (10%), tarefas encargadas e entregadas e participación activa (10%), probas vinculadas ao emprego de programas informáticos (10%). As diferentes actividades avaliables ao longo do curso serán propostas e realizadas nas sesións presenciais e/ou recollidas na aula presencial ou virtual.
A proba final individual realizarase nas datas establecidas polo Centro.
Para poder realizar os exames será necesario presentar un documento de identificación que teña carácter oficial (DNI, Pasaporte...).
A asistencia ás actividades rexerase polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas de grao e máster da USC. A avaliación nos casos de dispensa de asistencia a clase farase co exame final valorado sobre o 100%.
Segundo a normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do/a estudante sexa distinta de Non Presentado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS-RESULTADOS DA APRENDIZAXE
Avaliación Continua: C6 ,HD1, HD2, HD7, HD8, CP8
Avaliación por Exame: C6, HD2, HD7, CP8
Seguindo a memoria do Grao:
Docencia expositiva 24h
Docencia laboratorio 26h
Titorías grupo reducido 1h
Total horas traballo persoal 99h
Carlos Pio Del Oro Saez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- carlospio.deloro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Angela Troitiño Cobas
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811556
- Correo electrónico
- angela.troitino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-20:00 | Grupo /CLE_03 | - | Aula A |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula B |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula B |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_03 | - | Aula A |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_03 | - | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula A |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
05.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula B |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3a | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3b | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4 | Aula C |