Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
As técnicas de optimización matemática son imprescindibles para a toma de decisións no campo da economía e a empresa. Por este motivo, nesta disciplina desenvólvense os conceptos e as técnicas básicas de optimización matemática co obxectivo de achegar o alumno ao instrumental matemático axeitado para poder abordar un dos problemas máis frecuentes na economía: a asignación eficiente de recursos escasos entre usos alternativos.
O temario empeza co estudo das funcións diferenciables, pois o seu manexo é necesario para formular e resolver os problemas de optimización. De seguido, introdúcense os elementos básicos dun problema de optimización e procédese ao seu estudo. A continuación estúdase a integración, ferramenta matemática que o alumno precisa manexar con soltura.
CÁLCULO DIFERENCIAL.
Fundamentos das funcións reais e vectoriais de varias variables: límites e continuidade, diferenciabilidade, vector gradiente e matriz jacobiana, matriz hessiana, funcións homoxéneas, Teorema de Euler, aproximacións polinómicas, formas cuadráticas e convexidade.
PROGRAMACIÓN MATEMÁTICA.
Programación matemática: optimización de funcións sen restriccións, programación matemática con restriccións de igualdade.
CÁLCULO INTEGRAL.
Integración nunha e varias variables.
- Alegre Escolano, P. e outros (1995), Matemáticas empresariales. Ed. AC
- Arya, Larner; Matemáticas Aplicadas a la Administración y a la Economía. Ed. Prentice-Hall.
- Balbás, A., Gil, J. A., Gutiérrez, S. (1988) Análisis Matemático para la Economía II. Editorial A.C.
- Barbolla, R., Cerdá, E. e Sanz, P. (2001), Optimización. Cuestiones, ejercicios y aplicaciones a la economía. Ed. Prentice-Hall.
- Barrios García, J. A. e outros (2005), Análisis de funciones en Economía y Empresa. Un enfoque interdisciplinar. Ed. Díaz de Santos.
- Borrell, J., (1990) Métodos matemáticos para la economía. Ed. Pirámide.
- Caballero, R.. e outros (1993). Métodos matemáticos para la Economía. Ed. McGraw-Hill.
- Camacho, E. e outros (2005). Fundamentos de Cálculo para Economía y Empresa. Ed. Delta.
- Chiang, A.C. (1987). Métodos fundamentales de Economía matemática. Ed. McGraw-Hill.
- Guerrero Casas, F. M. (1994). Curso de optimización: Programación matemática. Ed. Ariel.
- López Cachero, M. (1994). Curso básico de matemáticas para la economía y dirección de empresas II. Ejercicios. Ed. Pirámide.
-Pallas,J; Miranda, F; Ramos, A.; De Miguel, J.C.(2003): Manual de Álgebra Lineal. Tórculo Edicións.
- Pérez-Grasa, I., Minguillón, E. e Jarne, G. (2001), Matemáticas para la economía. Programación matemática y sistemas dinámicos. ED. McGraw-Hill.
- Sydsaeter, K. e Hammond, P. (1998), Matemáticas para el análisis económico. Ed. Prentice-Hall.
C6. Interpretar as ferramentas e técnicas cuantitativas fundamentais (matemáticas, estatísticas, econométricas) para a diagnose, análise e prospección económico-empresarial e para a toma de decisións.
HD2. Comunicar oralmente e/ou por escrito de forma efectiva, con precisión e claridade, co propósito de transmitir coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións.
HD7. Manexar distintas técnicas cuantitativas e/ou cualitativas para a visualización, a análise e a modelización dos datos económico-empresariais.
HD8. Manexar os programas e ferramentas informáticos para a análise e a toma de decisións no ámbito das diferentes áreas funcionais da empresa.
CP1. Elaborar informes e proxectos das diferentes áreas funcionais da empresa, de xestión global ou sobre situacións de mercados concretos para a toma de decisións.
CP8. Xerar estudos e informes a partir da análise e a modelización de datos económicos, empregando técnicas e ferramentas matemáticas, estatísticas e econométricas.
CP9. Actuar con responsabilidade ética e con respeto polos dereitos e deberes fundamentais, a igualdade de xénero, a diversidade e os valores democráticos.
As metodoloxías de ensinanza son:
- Clase maxistral
- Seminario
- Estudio previo
- Aprendizaxe basado na capacidade de resolución de problemas
GRUPOS DOCENTES
TIPO DE GRUPO HORAS PRESENCIALIDAD (%)
Docencia teórica 24 100%
Docencia interactiva seminario 26 100%
Titorización en grupo reducido 1 100%
Traballo persoal do estudante 99 0%
Estudantado sen dispensa de asistencia a clase: a cualificación desta materia obterase mediante a suma da nota obtida na avaliación continua mais a da nota obtida nunha proba final obrigatoria. A nota obtida na avaliación continua será acorde ó nivel de asistencia e participación activa nas clases e de realización dos exercicios e traballos que no seu caso se poidan indicar.
As distribucións parciais da puntuación global da materia serán:
Tanto 1ª como 2ª oportunidade:
Avaliación Continua: 30%
Proba Final: 70%
As competencias C6, HD2, HD7,HD8, CP1, CP8 e CP9 valoraranse a través do traballo na clase e da proba final obrigatoria.
Asistencia a clase: Non terá valoración.
Fraude: aplicarase a Normativa para a avaliación do rendemento académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións
Dispensa: pasa a estar regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster.
Estudantado con dispensa de asistencia a clase: o 100% da puntuación obterase na proba final obrigatoria. Polo que para o estudantado que se encontre nesta situación, dita proba terá unha calificación máxima de 10 puntos.
Ademais da asistencia ás actividades presenciais, consideramos que se necesita como mínimo 7 horas semanais para asimilar os contidos vistos na clase e para facer exercicios aínda que isto dependerá en gran medida das capacidades e coñecementos previos de cada estudante.
HORAS PRESENCIALIDADE: 51 horas
Traballo persoal do estudante: 99 horas
Os coñecementos previos en moitos casos son imprescindibles para poder seguir as clases. Por isto é importante que antes dunha clase o/a estudante teña repasado pola súa conta os conceptos que se traballaron na anterior. Se quedan dúbidas é importante consultalas co profesor nas horas de titorías. Non se deben acumular dúbidas pois ao final o único que se consegue é non entender nada e ter moitas dificultades para superar a materia. Levando ao día o traballo resulta moito mais fácil.
Ademais, é importante resolver puntualmente os exercicios que se propoñan.
As clases impartiranse en galego
Alba Lugilde Sanchez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 982824408
- Correo electrónico
- alba.lugilde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
01.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
06.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |