Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aportar os coñecementos necesarios para que os alumnado:
- Poda entender o papel da Econometría no contexto da Ciencia Económica e na análise de decisións empresariais.
- Domine os conceptos e instrumentos básicos indispensables para a análise cuantitativa e empírica da Economía desde a perspectiva econométrica.
- Aplique as técnicas econométricas básicas á resolución de problemas económicos e de toma de decisións no ámbito da empresa.
- Poda cursar a materia Econometría II.
Tema 1: A Econometría: evolución histórica e concepto. Modelos económicos e modelos econométricos. Procesos de modelización econométrica. Clasificación dos modelos econométricos. O papel da Econometría.
Tema 2: O modelo de regresión lineal normal clásico: formulación e hipóteses básicas. Estimación polo método dos mínimos cadrados ordinarios. Propiedades dos estimadores mínimo cadrático ordinarios. Análise da precisión dos estimadores e da bondade do axuste. Contrastes de hipóteses. Estimación máxima-verosemellanza.
Tema 3: Multicolinealidade e selección de regresores.
Tema 4: Variables ficticias e contrastes de estabilidade.
Tema 5: A predición e medidas evaluadoras da capacidade predictiva. Análise da estabilidade postmuestral.
Tema 6: Paquetes econométricos e aplicacións.
Pódese consultar a súa dispoñibilidade en: https://www.usc.gal/es/servicios/area/biblioteca-universitaria
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
GUISÁN. M.C. (1997): Econometría. Ed. McGraw-Hill.
GUJARATI, D. (2006): Principios de Econometría. Ed. McGraw-Hill.
HILL, R. C.; GRIFFITHS, W. E.; LIM, G. C.(2011): Principles of Econometrics. Ed. Wiley & Sons Inc.
PULIDO; A (1993): Modelos Econométricos. Madrid: Pirámide.
STOCK, J.H. y WATSON, M.W. ( 2012) Introducción a la Econometría (3ed). Editorial: Pearson.
WOOLDRIDGE, J. M. (2006): Introducción a la econometría. Un enfoque moderno. Thomson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ALEGRE,J. et al. (1995): Ejercicios y problemas de Econometría. Editorial AC
ALONSO, A.;FERNÁNDEZ, J; GALLASTEGUI, I. (2005): Econometría. Prentice Hall
GREENE, W. H. (1998): Análisis econométrico. Prentice Hall.
JOHNSTON, J. (1989): Métodos de Econometría. Ed.Vicens-Vives.
MADDALA, G.S. (1985): Econometría. Ed. McGraw-Hill.,
PENA TRAPERO, B. e outros (1999): Cien ejercicios de Econometría. Ed. Pirámide..
PULIDO, A. (1989): Predicción económica y empresarial. Ed. Pirámide.
STUDENMUND, A.H. (2006): Using Econometrics: A Practical Guide. Pearson International Edition
VERBEEK, M. (2008): A guide to Modern Econometrics. Ed. Wiley & Sons Inc.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Demostrar posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 – Saber aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Ser capaz de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 – Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - -Análise e síntese
CT2 - -Organización e planificación
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT4 - -Xestión da información.
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - -Resolución de problemas.
CT9 - -Autonomía na aprendizaxe
CT10 - -Traballo en equipo
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
C4 - Elementos básicos de modelos econométricos e predición
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
Ao ser unha materia de introdución no campo da Econometría, préstase especial atención ás actividades presenciais e ao traballo continuado do alumnado.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada un dos temas incluídos no programa, proporcionándolle deste modo a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As clases en grupos reducidos realízanse na aula de informática. Estas clases prácticas de ordenador están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos, se familiarice co novo instrumental informático e coa resolución de problemas concretos en economía en xeral e de forma particular no contexto da empresa.
Estas actividades teórico-prácticas poderán complementase con traballos concretos que os alumnos deberán realizar autonomamente. Con estes traballos tamén se pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar estudios referentes á realidade económica máis actual.
A materia conta cunha aula virtual como complemento á docencia. cuxo deseño, estrutura e contido poderá ser modificado ao longo do curso.
Avaliación continua: O alumnado obterá unha parte da cualificación final en base ao traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos realizados.... A valoración destas actividades, así como o peso que terá na puntuación final (en todo caso entre un 30% e un 40%) establecerase na correspondente guía docente, que se publicará no curso virtual da materia e será explicada en detalle o primeiro dia de clase.
O resto da puntuación obterase a través dun exame final. O contido deste exame final debe ter en conta e valorar de forma complementaria o traballo continuado realizado polo alumnado.
Pola metodoloxía de ensinanza e o sistema de avaliación empregado, considérase imprescindible a asistencia a clase e a participación activa, tanto nas sesións expositivas como interactivas, así como o seguimento e realización das actividades propostas, fundamentais para o aproveitamento da materia.
A normativa de permanencia da USC sinala que “A cualificación dunha convocatoria na que o/a alumno/a non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o/a estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
O alumnado que xa estivera matriculado en algunha ocasión na materia poderá optar por facer un exame final específico, o cal se valorará co 100% da nota. Para optar a dito sistema excepcional de avaliación, o alumno ou alumna deberá comunicalo ao profesorado no prazo e forma establecido na guía docente.
Valoración da asistencia ás clases: adoptase o apartado d) do artigo 1 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas de grao e máster: “As faltas de asistencia non poderán puntuar negativamente na nota da proba final de avaliación, pero si se poderán ter en conta na avaliación continua. En todo caso, de realizarse nas sesións de aula actividades que teñan algún tipo de ponderación na cualificación final da materia, o/a estudante que non asista a elas por unha causa xustificada poderá compensar a súa ausencia na forma en que se determine polo profesorado da materia. A falta de asistencia a actividades ordinarias que se realicen de forma síncrona fóra dos horarios establecidos para a materia non terán efectos na avaliación final, sen prexuízo das especificidades que se contemplen na programación docente”.
Alumnado con dereito a dispensa de clases: a avaliación se realizará a través do exame final, o cal se valorará co 100% da nota.. “A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster”. http://www.usc.es/gl/goberno/secxeral/instrucions.html
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Inclúese o uso indebido das tecnoloxías.
Avaliación de competencias:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CT1, CT4, CT5, CT6, CT9, CT10, C4,D6,D7, D8
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CT1, CT4, CT6, CT9, C4,D6,D7, D8
Como a carga total de cada crédito estímase en 25 horas totais para o/a alumno/a, o tempo de estudio e de traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas, as cales se distribúen entre traballo presencial e non presencial.
O alumnado debe de ter coñecementos básicos das materias de Matemáticas, Estatística e Teoría Económica cursadas polo alumno nos cursos previos deste grao.
A materia conta cunha aula virtual como complemento á docencia.
Maria Teresa Cancelo Marquez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811642
- Correo electrónico
- maite.cancelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Del Carmen Lopez Andion
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811641
- Correo electrónico
- carmen.lopez.andion [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Emilia Vazquez Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811524
- Correo electrónico
- emilia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pilar Exposito Diaz
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811518
- Correo electrónico
- pilar.exposito [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula A |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula A |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula A |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula A |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula A |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula B |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula B |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula B |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula B |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula B |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula B |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula B |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula B |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula 08 |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula 08 |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula 08 |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula 08 |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula 08 |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula 08 |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula 08 |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula 08 |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula C |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula C |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5a | Aula C |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula C |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula C |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5b | Aula C |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula C |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula C |