Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O propósito deste curso é o estudo da Dirección de Operacións, a través dos seguintes obxectivos:
-Familiarizar o estudantado coa Dirección de Operacións, a súa definición, o seu contido e a historia do seu desenvolvemento.
-Recoñecer os diferentes enfoques estratéxicos desde o que se pode ver a produción.
-Entender as dimensións da Misión de Operacións e súa influencia tanto no deseño da estratexia de operacións coma no desenvolvemento diario.
-Estruturar as principais metodoloxías empregadas para xestionar os subsistemas operativos das empresas, facendo fincapé nas posibilidades de aplicación da tecnoloxía da información e comunicacións.
-Desenvolver no estudantado as habilidades necesarias para tratar con éxito a configuración produtiva da empresa nas súas catro áreas: produto, tarefas produtivas, procesos e loxística.
Organización da Produción e Xestión de Operacións. Planificación da produción, misión e obxectivos do nivel operativo. Decisións sobre as operacións. Decisións de produto e decisións de proceso.
Operacións e produtividade. Dirección de proxectos. Estratexia e deseño de procesos. Estratexias de localización. Estratexias de layout. Dirección da cadea de subministros. Planificación agregada e planificación de ventas e operacións. Programación a corto prazo Sistemas JIT, TPS e de Produción Axustada. Mantemento e fiabilidade.
Básica
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas (11ª ed.). Prentice Hall.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones tácticas (11ª ed.). Prentice Hall.
Complementaria
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos tácticos y operativos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y otros (2006): Estrategia de Producción. Mc. Graw Hill
Esta materia contribúe as seguintes competencias do grao:
Competencias básicas
CB2 - Que o estudantado poda aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teña as competencias que tipicamente se demostran a través do deseño e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu campo de estudo
Competencias xeráis
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas, e propostas de solución, as cuestións de natureza empresarial a un público especialista ou non, utilizando tanto a linguaxe verbal e escrita como os medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que son usados na disciplina
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para a realización de estudos especializados en diversas áreas da empresa e noutras áreas relacionadas, cun elevado grao de autonomía.
Competencias transversáis
CT6 - Resolución de Problemas
CT7 - Toma de Decisións
CT8 - Razoamento crítico
CT9 - aAutonomía no prendizaxe
CT10 - traballo en equipo
CT21 - Xestión de proxectos
Capacidades específicas
B5 - decisións tácticas e estratéxicas relacionadas coa área de produción
D8 - derivar dos datos a información relevante non recoñecibles por non-profesionais
D9 - usar a tecnoloxía de información e comunicación ao longo da súa actuación profesional
D10 - aplicar a análise dos problemas, criterios profesionáis en base a ferramentas técnicas
D11 - comunicar fluentemente no seu contorno e traballar en equipo
As sesións de aula adicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao estudantado nos contidos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. As sesións interactivas en grupos reducidos baseáranse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas a resolución de casos e exercicios prácticos para mellorar a habilidade do estudantado en recoñecer, definir e analizar os problemas aos que se enfrontan as empresas, e poder tomar as decisións máis axeitadas, á vez que se facilita a interacción entre o estudantado. Todas estas actividades se complementarán co traballo persoal que o estudantado deberá adicar a cada unha delas. Este traballo autónomo será guiado polo/a profesor/a nas horas destinadas a titorías. As titorías serán prioritariamente presenciais. Durante o curso, utilizarase a aula virtual para tarefas de comunicación, docencia e avaliación. Poderase utilizar tamén a ferramenta Microsoft Teams; neste caso, informarase oportunamente ao estudantado.
En caso de ser posible, levarase a cabo algunha sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
A avaliación da materia lévase a cabo do seguinte xeito:
- Avaliación continua: análise de casos, entrega de exercicios, traballos, probas de avaliación continua... Peso na cualificación final: 30%.
- Exame final. Peso na cualificación final: 70%.
Estas dúas partes, que conforman a cualificación do estudantado, aplicaranse nas dúas oportunidades (primeira e segunda), de tal forma que a puntuación obtida na avaliación continua (30%) manterase para a segunda oportunidade.
Para pasar o curso o estudante debe obter unha nota maior ou igual a cinco (sobre dez) no exame, e unha cualificación final (de exame mais actividades) tamén superior a cinco (sobre dez).
A relación de competencias que serán avaliadas nesta materia detállanse a continuación:
- Avaliación continua: CB2; CG4 ;CT7;CT9;CT10;CT21;D9;D11
- Exame final: CG5;CT6;CT8;B5;D8;D10
Na avaliación, ademáis de adquisición de coñecementos, consideraranse aspectos tales como o uso axeitado das técnicas e ferramentas propias da materia, a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propio da materia ou a participación activa
A asistencia tanto ás clases expositivas como ás clases interactivas é un dereito, pero tamén un deber do estudantado, salvo que ao estudante lle sexa concedida a dispensa de asistencia seguindo o “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster”. O estudantado a quen sexa concedida a dispensa serán avaliados cun exame final específico que supoñerá o 100% da nota final.
Dito isto, para os estudantes sen dispensa, a asistencia a clase non terá unha incidencia directa na nota de avaliación, pero será necesaria a asistencia ás clases expositivas e interactivas para participar nas actividades avaliables que se poidan expor nelas. Existen causas xustificadas de falta de asistencia no marco do devandito regulamento.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A asignatura ten 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas de traballo.
As horas son distribuídas do seguinte xeito:
-Presenciais (incluen as horas de ensino expositivo, interactivo, tutorías e avaliación): 60 horas
.- Traballo persoal do/da estudante: 90 horas
Participación nas aulas teóricas e prácticas.
Resolución de casos e problemas.
Estudo dun libro de lectura obrigatoria.
Lecturas recomendadas.
Prerrequisitos recomendados: Coñecementos básicos de Organización de Empresas e de informática de xestión.
Maria Teresa Gomez Deus
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- mariateresa.gomez.deus [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Del Pilar Piñeiro Garcia
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- pilar.pineiro.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Romina García Chas
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811712
- Correo electrónico
- romina.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paula Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811618
- Correo electrónico
- p.alvarez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 28 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 28 |
Mércores | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 28 |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 28 |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula A |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula A |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula C |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula C |
01.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula C |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4b | Aula C |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula C |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
13.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4a | Aula C |