Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo dos dereitos fundamentais implicados na actividade creativa e de produción, cunha especial referencia á protección de datos persoais.
2. Estudo dos fundamentos xurídicos internacionais, de Europa, España e Galicia dos distintos sistemas e modelos de servizos da comunicación audiovisual.
3. Estudo da lexislación de propiedade intelectual, dereitos de autor, de produción e dereitos afíns relacionados coa comunicación audiovisual.
CONTIDO TEÓRICO
TEMA 1. INTRODUCIÓN AO DEREITO (I)
1.1. Que é o Dereito? Nocións básicas
1.2. As normas xurídicas
1.3. O ordenamento xurídico como sistema
1.4. O Dereito da Unión Europea
TEMA 2. INTRODUCIÓN AO DEREITO (II)
2.1. As fontes do Dereito. Dereito europeo, estatal, autonómico e internacional
2.2. Interpretación, aplicación e eficacia das normas xurídicas
2.3. A xurisprudencia
2.4. O poder xudicial. O Tribunal Constitucional. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos
2.5. Que é o Dereito Internacional Privado? Xurisdición, lei aplicable, recoñecemento. Nocións básicas de DIPr
TEMA 3. DEREITOS FUNDAMENTAIS E LIBERDADES PÚBLICAS
3.1. Os dereitos fundamentais na Constitución
3.2. O Convenio Europeo dos Dereitos Humanos
3.3. A liberdade de información e a liberdade de expresión. Os seus límites
3.4. A protección de datos de carácter persoal
3.5. Dereito de autor e dereitos fundamentais
3.6. Dereitos fundamentais e Lei de Comunicación Audiovisual: a autorregulación
TEMA 4. DEREITOS DE AUTOR E OUTROS DEREITOS DA PROPIEDADE INTELECTUAL (I)
4.1. A protección da creatividade: os bens inmateriais
4.2. Dereito de autor: características, suxeito e obxecto
4.3. Dereitos morais. Dereitos patrimoniais
4.4. Duración. O dominio público. Límites
4.5. Transmisión do dereito de autor mortis causa e inter vivos
TEMA 5 – DEREITOS DE AUTOR E OUTROS DEREITOS DA PROPIEDADE INTELECTUAL (II)
5.1. Concepto de obra audiovisual. Características xerais
5.2. Dereitos afíns
TEMA 6. PROTECCIÓN DOS DEREITOS DA PROPIEDADE INTELECTUAL
6.1. O plaxio
6.2. O Rexistro da Propiedade Intelectual
6.3. Símbolos ou indicacións da reserva de dereitos
6.4. Entidades de xestión dos dereitos de autor
6.5. EUIPO
TEMA 7. DEREITO INTERNACIONAL PRIVADO E DEREITO DA PROPIEDADE INTELECTUAL
7.1. Características xerais
7.2. Xurisdición e lei aplicable
7.3. O Convenio de Berna
7.4. Dereito da Unión Europea. Regulamentos Roma I e Roma II
7.5. Outros instrumentos xurídicos relevantes
TEMA 8. DEREITO E CINE
8.1. A Lei do Cine. Características xerais
8.2. Análise xurídica dunha obra cinematográfica
CONTIDO PRÁCTICO
O contido práctico da materia desenvolverase mediante o estudo de casos prácticos e actividades relacionadas coa teoría, lectura e interpretación de materiais xurídicos, visionado e comentario de contidos audiovisuais, eventual asistencia a conferencias ou outros eventos, así como a posible elaboración dun breve ensaio. Todo isto orientado ao debate e ao traballo individual e colectivo.
Bibliografía básica e complementaria
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bennett, A. & Granata, S. (2019). Confluencia del Derecho internacional privado con el Derecho de la propiedad intelectual – Guía para Jueces. Conferencia de La Haya de Derecho Internacional Privado (La Haya) y Organización Mundial de la Propiedad Intelectual. https://www.wipo.int/edocs/pubdocs/es/wipo_pub_1053.pdf (recuperado en mayo de 2025)
Bercovitz, R. (Ed.). (2019). Manual de Propiedad Intelectual. Tirant lo Blanch.
Guichot, E. (Ed.). (2022). Derecho de la Comunicación. Iustel.
Otero Crespo, M. & Valiño Ces, A. &. Pérez Rivas, N. (Dirs.). (2021). Manual de Conceptos Jurídicos Básicos. Colex.
Rogel Vide, C. & Espín Alba, I. (2018). Derecho de la Persona. Reus.
Rogel Vide, C. & Serrano Gómez, E. (2008). Derecho de Autor. Reus.
Asimismo, os materiais (bibliográficos, xurisprudenciais, normativos, etc) facilitados polo profesor na aula virtual.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bercovitz, R. (Ed.). (2017). Comentarlos a la Ley de Propiedad Intelectual. Thomson Reuters-Aranzadi.
Espín Alba, l. (Ed.). (2014). Propiedad Intelectual en el siglo XXI. Reus.
Maseda Rodríguez, J. (2016). La ley aplicable a la titularidad original de los derechos de propiedad intelectual sobre las obras creadas en el marco de una relación laboral, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
Palau, F. & Palao, G. (Eds.). (2017). Comentarios a la Ley de Propiedad Intelectual. Tirant lo Blanch.
Torremans, P.L.C. (2024). Intellectual Property and Private International Law, third edition, Oxford University Press.
CON.2 - Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Clase maxistral.
Resolución de problemas.
Presentación en aula.
Estudo de casos.
Debate.
Seminario.
Metodoloxía baseada na investigación.
Aula invertida.
Estudo previo.
Traballo tutelado.
Foros de discusión - traballo en grupo.
Asistencia a conferencias ou outros eventos.
O sistema de avaliación combinará dous instrumentos:
1º Exercicios prácticos (50%). Probas prácticas orientadas, traballadas e/ou realizadas durante as sesións interactivas (como discusións, participación nas clases, presentacións, debates, traballos, etc.).
A asistencia por si soa non supón unha cualificación. Porén, a asistencia ás clases interactivas é preceptiva para superar a materia (art. 1.2 c) do Regulamento). Isto débese a que estas clases están orientadas á realización de exercicios prácticos que si son avaliables. Por tanto, a presencialidade é obrigatoria nos días das sesións interactivas. Antes do exame teórico, o profesor publicará a lista do alumnado que cumpre este requisito. Para xustificar ausencias, aplicarase o “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela”.
2º Proba de coñecemento teórico presencial escrita (exame final): 50%.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible aprobar a parte práctica (punto 1º) e a parte teórica (punto 2º) para superar a materia. En concreto, para aprobar a parte práctica é preciso obter unha nota mínima de 2,5 (sobre 5) e para aprobar a proba de coñecemento teórico presencial escrita (exame final), unha nota mínima de 3 (sobre 5).
Segunda oportunidade: A forma de avaliación descrita para a convocatoria ordinaria é aplicable tamén para a convocatoria extraordinaria. Así, na segunda oportunidade conservarase a nota das probas prácticas (punto 1º), que non será obxecto de recuperación, e o/a estudante poderá recuperar a nota da proba final escrita (punto 2º).
PLAXIO OU USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”.
NORMATIVA DE PERMANENCIA
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para o estudantado de Grao e Mestrado (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, será obxecto de avaliación e, polo tanto, a cualificación final do/dela estudante que as cumpra non poderá ser en ningún caso de "Non presentado".
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
Nesta materia non é posible eximirse da asistencia ás aulas interactivas porque requiren exercicios individuais e/ou en grupo que implican o uso de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
No caso de dispensa de asistencia ás clases expositivas, para a preparación da proba de coñecemento teórico presencial escrita (exame final) establecerase un plan de traballo personalizado co/a profesor/a da materia.
Esas condicións son as mesmas tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Docencia teórica 24 horas.
Docencia interactiva seminario 24 horas.
Titorización en grupo reducido 3 horas.
Probas de avaliación 3 horas.
Traballo persoal do alumnado 96 horas.
Recomendacións para o estudo da materia
A asistencia ás actividades docentes é o método máis axeitado para o seguimento da materia.
Debe prepararse a materia cos materiais indicados polo/a profesor/a. En ningún caso se debe estudar polos apuntamentos elaborados por outros/as estudantes (adoitan conter erros conceptuais e un contido insuficiente).
O tempo de estudo debe ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguimento semanal da materia.
O proceso de ensino-aprendizaxe require tanto o estímulo da curiosidade como a comprensión. Polo tanto, en ningún caso se debe memorizar contido non comprendido previamente.
É recomendable consultar e empregar a aula virtual.
Jose Maria Lorenzo Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- josemaria.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor Distinguido
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
25.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
25.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
06.07.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |