Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Aplicación e manexo da documentación no proxecto audiovisual, dixital e/ou analóxico, desde a preprodución, produción e posprodución.
2. Estudo e análise dos diferentes sistemas de información (arquivos, bancos de imaxes, bases de datos académicas e especializadas) para manexar fontes dixitais, impresas e orais, imprescindibles para construír coñecemento audiovisual ético e legal.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución: documentación e comunicación audiovisual
1.1. Documentación audiovisual: definición, funcións, utilidade
1.2. Os perfís profesionais da documentación audiovisual
TEMA 2. A ciencia da documentación
2.1. Orixe e desenvolvemento
2.2. O documento e as fontes: orixe, evolución, clasificación, avaliación
2.3. A cadea documental: entrada, análise e difusión dos documentos
2.4. Linguaxes documentais. Sistemas de clasificación, tesauros
2.5. Arquivos, servizos de documentación e espazos de busca
TEMA 3. Do analóxico ao dixital
3.1. A natureza dos documentos na era dixital e a sociedade da información
3.2. Do analóxico ao dixital: preservación, difusión e público
TEMA 4. A documentación para cinema
4.1. Funcións da documentación nun filme
4.2. Dossieres e informes de documentación
4.3. O oficio de film researcher: funcións e recursos
TEMA 5. A documentación para televisión
5.1. Servizos de documentación en televisión
5.2. Políticas de arquivo, selección e análise
5.3. Fluxos de traballo
TEMA 6. Documentación sonora e fotográfica
6.1. Tipos e linguaxes
6.2. Os documentos de imaxe fixa: principais bases de datos e arquivos
6.3. Os documentos sonoros: principais bases de datos e arquivos
CONTIDOS PRÁCTICOS
A proposta para a parte interactiva da materia concrétase nun traballo colectivo a realizar de forma autónoma e unha serie de prácticas (tanto individuais como en grupo) a realizar nas aulas. Así, a organización proposta para as sesións de seminario (que poderá verse modificada en función do tempo e recursos dispoñibles) é a seguinte:
1. Exercicio 1. Aproximación á procura de información.
2. Posta en común do exercicio 1. A avaliación das fontes.
3. A documentación e os espazos técnicos da facultade.
4. Exercicio 2. Traballo co arquivo persoal e familiar.
5. Exercicio 3. Catalogación e usos do material de arquivo.
6. Explicación do traballo colectivo: entrevista a unha fonte experta.
7. Exercicio 4. Elaboración dun cuestionario.
8. Exercicio 5. Práctica de campo: visita a un arquivo.
9. Exercicio 6. Elaboración dun informe de documentación para vestiario.
10. Posta en común dos exercicios 4, 5 e 6 e seguimento do traballo colectivo.
11. Exercicio 7. Procura de material de arquivo audiovisual.
12. Posta en común do traballo colectivo.
Esta materia prevé a realización de prácticas de campo en caso de que se obteña o financiamento necesario.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Caldera-Serrano, J. & Arranz-Escacha, P. (2012). Documentación audiovisual en televisión. Universitat Oberta de Catalunya.
Curran Bernard, S. & Rabin, K. (2009). Archival Storytelling. Elsevier.
De la Cuadra, E. (2013). Documentación cinematográfica. Roles y fuentes del documentalista en el cine. Universitat Oberta de Catalunya.
López de Solís, I. (2013). El film researcher. Universitat Oberta de Catalunya.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Buckland, M. (2017). Information and Society. MIT Press.
Caridad Sebastián, M.; Hernández Pérez, T.; Rodríguez Mateos, D. & Pérez Lorenzo, B. (2011). Documentación audiovisual: nuevas tendencias en el entorno digital. Síntesis.
Cherchi Usai, P. (2005). La muerte del cine: historia y memoria cultural en el medioevo digital. Laertes.
Del Valle Cappa, C. (coord.) (2019). Nitrato argentino: una historia del cine de los primeros tiempos. Museo del Cine "Pablo Ducrós Hicken".
Edmonson, R. (2018) Filosofía y principios de los archivos audiovisuales. UNESCO.
Fairbairn, N.; Pimpinelli, M.A. & Ross, T. (2022). Manual FIAF de Catalogación de Imágenes en Movimiento. FIAF (International Federation of Film Archives).
Guardiola, I. (2019). El ojo y la navaja. Un ensayo sobre el mundo como interfaz. Arcadia.
Martín López, C. (2021). Flujo de trabajo en la producción de contenidos audiovisuales en una redacción digital. Universitat Oberta de Catalunya.
Prelinger, R. (2007). “Archives and Access in the 21st Century”. Cinema Journal, 46(3), pp. 114-118.
Sánchez Pons, X. (2021). El almanaque del vídeo. Historia gráfica y oral de la era del videoclub. Males Herbes.
Sánchez Vigil, J.M. & Salvador Benítez, A. (2013). Documentación fotográfica. Universitat Oberta de Catalunya.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
HAB.2 - Manexar as técnicas de documentación e escritura audiovisuais.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Nas clases expositivas utilizarase principalmente a clase maxistral, o estudo de casos e o debate, co posible emprego puntual da gamificación na aula, os foros de discusión e a asistencia a conferencias ou outros eventos.
Nas clases interactivas empregaranse a resolución de problemas, o seminario, a aprendizaxe baseada en proxectos, o traballo tutelado e, de ser posible, as prácticas de campo. Puntualmente, tamén poderían empregarse a Aprendizaxe-Servizo, a metodoloxía baseada na investigación e a presentación en aula.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A cualificación final ponderará un 50% a parte teórica e un 50% a parte práctica.
A parte teórica da materia avaliarase mediante unha proba de coñecementos (que suporá o 30% da nota total da materia) e actividades de avaliación continua relacionadas con cada un dos temas da materia (que suporán o 20% da nota total).
Respecto á parte práctica, avaliarase a través dos exercicios prácticos: por unha banda, o proxecto colectivo (consistente na realización dunha entrevista a unha fonte experta no traballo coa documentación no audiovisual galego, e do que sairá un 25% da nota total) e, pola outra, os diferentes exercicios a realizar na aula, dos cales sairá o 25% restante.
A asistencia a clase non terá ningunha valoración. Non obstante, as actividades de avaliación continua e os exercicios prácticos serán na maioría dos casos realizados na aula, polo que será precisa a asistencia a estas sesións para poder superar esas partes da materia.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que non supere a parte teórica deberá presentarse de novo ao exame en segunda oportunidade. Quen non supere a parte práctica da materia na convocatoria ordinaria deberá repetir as actividades suspensas para aprobala en segunda oportunidade, salvo no caso de tratarse de traballos grupais, que serán substituídos por unha tarefa individual relacionada cos mesmos contidos. As notas dos traballos aprobados manteranse entre a primeira e a segund convocatoria, pero non para o curso seguinte.
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
En caso de exención de docencia, o alumnado deberá acollerse a un plan alternativo de traballo. Nese caso, a parte teórica avaliarase exclusivamente a través dunha proba de coñecementos (que contará, polo tanto, o 50% da nota final), e a parte práctica avaliarase tamén completamente a través de exercicios prácticos que, ao ter que realizarse de forma individual, serán os seguintes:
- Realización dunha entrevista a unha fonte experta no traballo coa documentación (25% da nota final)
- Recuperación e catalogación do arquivo persoal e familiar (12,5% da nota final)
- Elaboración dun informe de documentación para vestiario (12,5% da nota final)
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva seminario: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Ademais da lectura crítica dos textos, recoméndase o achegamento a fontes documentais e persoais relacionadas co audiovisual e a exploración (tanto en liña como presencialmente) dos diferentes arquivos, repositorios e proxectos propostos na materia (particularmente aqueles vinculados ao patrimonio audiovisual galego).
As clases serán impartidas en galego.
Cibran Tenreiro Uzal
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
27.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
27.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
30.06.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |