Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo e análise das linguaxes audiovisuais aplicadas a distintos medios e soportes, optimizando o seu potencial de difusión.
2. Estudo e análise da linguaxe icónica, verbal, musical, efectos sonoros, ruído, silencio, etc.
3. Estudo dos fundamentos sobre os modelos e procesos de construción e análise das obras audiovisuais: creación, planificación guionización, rodaxe, montaxe etc.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1: ABORDAXE CONCEPTUAL DA LINGUAXE AUDIOVISUAL
1.1. O concepto de Linguaxe Audiovisual
1.2. Imaxes secuenciales e tipográficas
1.3. A produción mediática da realidade: realidade, verdade e obxectividade
TEMA 2: A PLANIFICACIÓN VISUAL
2.1. A composición do cadro: escala de planos, iluminación, cor...
2.2. Angulación de cámara, profundidade de campo, movementos físicos e ópticos
2.3. Planificación audiovisual e implicación do espectador
2.4. Planificación aplicada á rodaxe: posta en escena ou blocking
TEMA 3: A PLANIFICACIÓN SONORA
3.1. A imaxe sonora: palabra, música, sons non musicais e silencio
3.2. O deseño do mapa sonoro: diálogos, foley, ambientes e efectos
3.3. Sons concretos e paisaxe sonora
TEMA 4: O ESPAZO NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
4.1 Configuración e análise do espazo na Historia e no Discurso.
4.2 Fragmentación do espazo escenográfico e articulación espacial entre planos.
4.3 Funcións audiovisuais do espazo in e off
TEMA 5: O TEMPO NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
5.1 Configuración e análise do tempo na Historia e no Discurso
5.2 A inscrición temporal na Historia e no Discurso: relacións de orde, duración e frecuencia
TEMA 6: As FASES DE MATERIALIZACIÓN DA LINGUAXE AUDIOVISUAL
6.1 As fases de Preprodución, Produción e Postproducción: creatividade, rutinas profesionais e axentes implicados
TEMA 7: POSTPRODUCCIÓN E CONTINUIDADE NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
7.1 Planificación e montaxe: ritmo, directriz principal, eixo, dirección de pantalla…
7.2 Transicións intrasecuenciales e intersecuenciales.
7.3 O raccord audiovisual (técnico e emocional ou narrativo) e fallos de raccord: movemento, posición, son, contido, tempo…
TEMA 8: Os MODELOS DE ANÁLISES DA LINGUAXE AUDIOVISUAL
8.1 Os niveis de análise audiovisual: discursos creador, cinéfilo, crítico e analítico
8.2 Metodoloxías e paradigmas de análises da linguaxe audiovisual
CONTIDOS PRÁCTICOS
1) EXERCICIO DE POSTA EN PRÁCTICA DA PLANIFICACIÓN VISUAL
2) EXERCICIO DE POSTA EN PRÁCTICA DA PLANIFICACIÓN SONORA
3) EXERCICIO DE POSTA EN PRÁCTICA DO USO DO ESPAZO NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
4) EXERCICIO DE POSTA EN PRÁCTICA DO USO DO TEMPO NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
5) EXERCICIO DE POSTA EN PRÁCTICA DO USO DAS FASES DE MATERIALIZACIÓN DA LINGUAXE AUDIOVISUAL
6) EXERCICIO DE POSTA EN PRÁCTICA DE POSTPRODUCCIÓN E CONTINUIDADE NA LINGUAXE AUDIOVISUAL
7) EXERCICIO DE POSTA EN PRÁCTICA DOS MODELOS DE ANÁLISES DA LINGUAXE AUDIOVISUAL
(Todos ou parte destos exercicios poden ser agrupados, a criterio do docente, na realización dunha obra audiovisual).
Esta materia prevé a realización de prácticas de campo en caso de que se obteña o financiamento necesario.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Block, B. (2008). Narrativa visual: Creación de estructuras visuales para cine, video y medios digitales. Omega.
Bourdieu, P. (2005). Sobre la televisión. Anagrama.
Canet, F. y Próper, J. (2009). Narrativa audiovisual. Síntesis.
Casetti, F. y Di Chio, F. (2008). Cómo analizar un film. Paidós.
Castelló-Mayo, E. (2025). Perdidos en un verde infinito: el lenguaje audiovirtual y la restitución del sentido de las imágenes. En P. Calviño-Tato, E. Castelló-Mayo, & Ó. López-Iglesias (Coords.), Sujetos en las pantallas. Psicoanálisis, cine y plataformas virtuales. Tirant lo Blanch.
Castelló-Mayo, E. (2023). CloudClass: comunicación audiovirtual y futuro del aprendizaje [CloudClass: audiovirtual communication and the future of learning]. Infonomy, 1.
Castelló-Mayo, E. (2004). La producción mediática de la realidad. Laberinto.
Castelló-Mayo, E. (2019). Filmar o traballo. En Para unha historia do cinema en lingua galega: A foresta e as árbores (pp. 95-115). Ed Galaxia.
Castelló-Mayo, E., López-Gómez, A. y Méndez-Fernández, R. (2019). Knowledge transfer from the innovative university: A model of information management in the digital context - The PIEDD case study. Revista Latina de Comunicación Social, 74, 537-553.
Katz, S. (2000). Plano a plano: de la idea a la pantalla. Plot.
López-Gómez, A. M., Castelló-Mayo, E. y Arias-Iglesias, I. (2015). Las cinematografías minoritarias y minorizadas en la política cultural de la Unión Europea: la alternativa danesa. Fonseca, Journal of Communication, 11, 32-59.
Toland, G. (1941). Realism for Citizen Kane. American Cinematographer, 1975-04, Vol.56 (4), p.401
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Barreiro-Rozados, M. (2024). Tautotelevisión, o modelo que define o monopolio da televisión pública galega: entre a censura e a hiperrealidade. Grial: revista galega de cultura, (241), 153-159.
Burch, N. (1987). El tragaluz del infinito. Cátedra.
Castelló-Mayo, E. (2004). Violence in television fiction aimed at the child-juvenile audience: An alternative analysis. Newsletter on
Deleuze, G. (1987). La imagen-tiempo. Paidós.
Egri, L. (1960). The art of dramatic writing. Touchstone. (Original publicado en 1946).
Fernández, F. y Martínez, J. (2000). Manual básico de lenguaje y narrativa audiovisual. Paidós.
García Márquez, G. (Director). (1997). Me alquilo para soñar: Taller de guión de Gabriel García Márquez. Ollero & Ramos. (Taller de cine).
Genette, G. (1970). Time and Narrative in A la recherche du temps perdu. En J. Hillis-Miller (Ed.), Aspects of Narrative (pp. 93-118). Nueva York.
Gertrudix, M. (2003). Música, narración y medios audiovisuales. Laberinto. (Colección Comunicación, 8).
Gombrich, E. H. (1987). La imagen y el ojo. Alianza Editorial.
González Requena, J. (1992). El discurso televisivo: Espectáculo de la posmodernidad. Cátedra.
Katz, S. D. (2000). Rodando: La planificación de secuencias. Plot.
Michelson, A. (1984). Kino-Eye: The Writings of Dziga Vertov. University of California Press.
Mirzoeff, N. (2003). Una introducción a la cultura visual. Paidós.
Propp, V. (1992). Morfología del cuento (2a ed.). Fundamentos. (Trabajo original publicado en 1928 como "Morfologija skazki" en Voprosy poetiki, 12, Leningrado: Gosudarstvennyj Institut Istorii Iskusstva).
Rodríguez Tranche, R. (2015). Del papel al plano. El proceso de la creación cinematográfica. Alianza editorial.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
HAB.1 - Transmitir de maneira idónea contidos audiovisuais destinados a públicos especializados e non especializados.
HAB.2 - Manexar as técnicas de documentación e escritura audiovisuais.
HAB.3 - Dominar o instrumental, as técnicas e rutinas profesionais da cadea de creación e produción audiovisuais.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.2 - Deseñar e implementar técnicas e tecnoloxías de tratamento e expresión visuais e sonoras aplicadas ás obras audiovisuais.
COM.5 - Seleccionar e utilizar as técnicas e tecnoloxías máis creativas, innovadoras e adecuadas a cada reto comunicativo.
Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo/a docente
Estudo previo: revisión e análise de materiais docentes antes da sesión presencial co/a docente
Presentación en aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada
Estudos de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia
Aprendizaxe-Servizo aplicación dos contidos da materia na mellora ou resolución de retos sociais
Traballo tutelado tutorización de actividades
Design thinking metodoloxía para xerar solucións innovadoras
Esta materia prevé a realización de prácticas de campo en caso de que se obteña o financiamento necesario.
• Probas de coñecementos: 50%
• Prácticas experimentais: 50%
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• En caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo con a normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do ou da estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vinculada cos exercicios prácticos programados. Mesmo é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
• Na parte expositiva da materia (50% da cualificación final), a asistencia non terá valoración. Na parte interactiva (50% da cualificación final), o alumnado deberá resolver presencialmente na aula unha serie de exercicios que serán avaliados independientemente.
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada algunha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 24 horas
• Tutorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
A materia utiliza centenares de exemplos e análises de caso de todo tipo de obras audiovisuais históricas e contemporáneas. Xa que o tempo destinado ás clases expositivas e interactivas imposibilita o visionado íntegro das devanditas obras audiovisuais, resulta esencial que o alumnado faga un seguimento diario da materia e se comprometa ao visionado completo das obras audiovisuais que se mencionen ou visionen nas clases expositivas e interactivas, tanto para a comprensión e ancoraxe de contidos teóricos como para o enriquecemento e diversificación da bagaxe audiovisual do devandito estudantado.
O alumnado debe ter unha actitude proactiva no visionado de filmes, series e calquera outra obra audiovisual, co obxectivo de adquirir unha ampla cultura cinematográfica, televisiva e audiovisual.
É importante que o alumnado comprenda que non só se domina esta materia asistindo ás clases, senón tamén tendo unha actitude crítica e observadora no visionado de programas televisivos, uso da internet, videoxogos e a asistencia ao cinema, o teatro e outros espectáculos audiovisuais.
Recoméndase o interese noutros eidos de coñecemento como socioloxía, a filosofía, a ciencia política e a economía para poder abordar dun xeito crítico os medios de comunicación e os discursos audiovisuais, sexan fílmicos, televisivos ou doutra natureza. Tamén o interese pola actualidade, a música, a literatura e a banda deseñada. Así como estar atento ás tendencias no audiovisual. Recoméndase participar activamente nas actividades culturais da cidade, nomeadamente, festivais de cinema, exposicións e sesións dos distintos cineclubs, entre outras.
Enrique Castello Mayo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816529
- Correo electrónico
- enrique.castello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
20.01.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
20.01.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
11.06.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |