Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer os termos e conceptos fundamentais, obxectivos e ámbitos de intervención psicoeducativa e das diversas liñas de investigación.
2. Identificar, analizar e valorar as causas que xeneran conductas desadaptadas ao longo do ciclo vital.
3. Valorar a necesidade de intervir sobre o fenómeno da delincuencia dende parámetros psicoeducativos e da figura da psicóloga/o nestes procesos de intervención.
4. Coñecer os principais programas de intervención psicoeducativa no tratamento da delincuencia xuvenil e adulta.
5. Motivar ao alumnado para a comprensión global e interdisciplinar do fenómeno delictivo, superando unha visión parcial e simplista e, fomentado unha actitude crítica na resposta social ao problema do delito.
Tema 1: Desenvolvemento e educación infanto-xuvenil.
1. Introdución.
2. O estudo do desenvolvemento humano.
3. Modelos e teorías.
4. Desenvolvemento cognitivo, afectivo e emocional, persoal, moral e social.
Tema 2: Problemas e trastornos de conduta na infancia e na adolescencia.
1. Introdución.
2. Trastorno Negativista Desafiante.
3. Trastorno de Conducta.
4. Outros trastornos destructivos do control de impulsos e da conducta.
5. Un trastorno comórbido frecuente: o TDAH.
Tema 3: Violencia escolar e xuvenil.
1. Bullying e cyberbullying.
2. Delincuencia xuvenil.
Tema 4: Violencia de xénero e familiar.
1. Violencia de xénero.
2. Violencia familiar.
Tema 5: Reeducación e reinserción de infractores/as.
1. Introdución.
2. Aprendizaxe de habilidades.
3. Reestructuración do pensamento.
4. Regulación emocional e control da ira.
Básica:
-Cantón-Duarte, J., Cortés-Arboleda, M. R., Cantón Cortés, D. (2011). Desarrollo socioafectivo y de la personalidad. Madrid: Alianza.
-García-Rojas, A. D. (2011). Violencia escolar y de género conceptualización y retos educativos. Huelva: Universidad de Huelva.
-Hellmér, M. (2018). Violencia contra los niños y las niñas en el ámbito familiar. Valencia: Tirant lo Blanch.
-Ortiz-Tallo, M. (2019). Psicopatología Clínica adaptado al DSM-5. Madrid: Pirámide.
-Redondo-Illescas, S. (2017). Evaluación y tratamiento de delincuentes jóvenes y adultos. Madrid: Pirámide.
Complementaria:
- Cantón-Duarte, J., Cortés-Arboleda, M. R., Justicia-Díaz, M. D., Cantón-Cortés, D. (2013). Violencia doméstica, divorcio y adaptación psicológica. Madrid: Pirámide.
- Estévez, E., & Musitu, G. (2016). Intervención psicoeducativa en el ámbito familiar, social y comunitario. Madrid: Paraninfo.
- Fariña, F. Arce, R., Seijo, D., Novo, M. (2010). Prevención e intervención en violencia de género y familiar. Santiago de Compostela: Centro de Impresión Digital.
- Garaigordobil-Landazabal, M., & Martinez-Valderrey, V. (2014). Programa de intervención para prevenir y reducir el cyberbullying. Madrid: Pirámide.
- Hernando-Gómez, A. La violencia en parejas jóvenes. Situación y pautas. En García-Rojas, A.D. (2012). Violencia escolar y de género : conceptualización y retos educativos (pp 83-105). Servicio de publicaciones Universidad de Huelva.
- Loinaz, I., & Echeburúa, E. (2012). Apego adulto en agresores de pareja. Acción psicológica, 9(1), 33-46.
- López-Sánchez, F., Carpintero-Raimúndez, A., del Campo-Sánchez, A., Lázaro-Visa, S., & Soriano-Rubio, S. (2011). Programa de menores infractores. Intervención educativa y terapéutica. Madrid: Pirámide.
-López-Soler, C., & Romero-Medina, A. (2013). TDAH y trastornos del comportamiento en la infancia y la adolescencia. Clínica, diagnóstico, evaluación y tratamiento. Madrid: Pirámide.
- Miller, E., & McCaw, B. (2019). Intimate partner violence. New England Journal of Medicine, 380(9), 850-857.
- Montes-Berges, B. y Aranda-López, M. La violencia de género entre los adolescentes: como detectarla y prevenirla. En Sánchez-Teruel, D. y Robles-Bello, M.A. (Coords.) (2013). Transformando problemas en oportuniades: evaluación e intervención psicosocial y educativa en la infancia y adolescencia. Publicaciones de la Universidad de Jaén.
-Ng, E. D., Chua, J. Y. X., & Shorey, S. (2022). The effectiveness of educational interventions on traditional bullying and cyberbullying among adolescents: A systematic review and meta-analysis. Trauma, Violence, & Abuse, 23(1), 132-151.
- Ortega, R. (2010). Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid: Alianza.
- Petit-Vilà, M., y Prat-Tordera, M. La prevención de la violencia de género en la adolescencia (2011). Icaria editorial.
- Sánchez-Teruel, D., Robles-Bello, M. A. (2013). Evaluación e intervención psicosocial y educativa en la infancia y adolescencia. Jaén: Servicio de publicaciones de la Universidad de Jaén.
CG1-CG: Interpersoal: capacidade de colaboración e interacción, tanto con profesionais das diversas facetas de actividade criminolóxica, como dentro de equipos interdisciplinais e multiculturais.
CG2-CG: Instrumental: capacidade para reflexionar de forma crítica e constructiva, para argumentar e expresarse organizada e razoadamente.
CG3-CG: Instrumental: capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no ámbito da criminoloxía e para aplicar as estratexias adecuadas para resolvelos, traballando cunha perspectiva sistémica que faga posible a súa consideración analítica e sintética.
CG5-CG: Instrumental: capacidade para utilizar os coñecementos que conforman a criminoloxía como disciplina científica e para identificar e desenvolver un conxunto de estratexias de investigación de metodoloxía cuantitativa e cualitativa, tanto nos ámbitos básicos, como nos aplicados.
CG6-CG: Instrumental: capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular a través da rede de informática), dentro da súa área de estudo.
CG7-CG: Instrumental: capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta.
CE2: Capacidade para valorar os fundamentos metodolóxicos e científicos das diversas teorías relevantes sobre o delito, o delincuente, a victimización e as respostas ante o delito e a desviación.
CE4: Competencia para proporcionarlle á/ó xuíz coñecementos científicos sobre os sucesos delictivos enxuizados, a personalidade do autor/a, os factores criminóxenos existentes e o tipo de resposta aplicable, todo iso da man dun correcto emprego dos conceptos e das teorías criminolóxicas, así como para efectuar tarefas de asesoramento en relación coa interpretación dos informes forenses.
CE6: Capacidade para explicar problemas sociais complexos en termos da teoría criminolóxica, así como para aclarar as representacións do delito, da delincuencia, a victimización, das respostas ante o delito e da desviación a partir das teorías e dos conceptos criminolóxicos.
CE9: Coñecemento dos principais instrumentos de valoración do risco de conduta antisocial e/ou delictiva.
CE10: Comprensión e aplicación dos principais coñecementos “teórico-empíricos” proporcionados pola investigación “bio-psico-social” sobre o feito delictivo e da conduta antisocial.
CE17: Propiciar unha reflexión político-criminal sobre os factores e as causas responsables da aparición dos fenómenos criminais e formular, deseñar e xestionar proxectos e estratexias innovadoras sobre modelos de intervención social e de prevención estrutural e individual.
CE21: Coñecemento histórico e actual das teorías explicativas da criminalidade, así como da fenomenoloxía da delincuencia nas súas diversas manifestacións e tipos delictivos.
A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo e aprendizaxes autónomas.
As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos dos diferentes temas e relacionar coñecementos. Para isto, a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc.
Nas sesións interactivas realizaranse diferentes actividades de carácter práctico que se especificarán na guía docente. Os resultados do traballo, realizados realizados en grupo ou individualmente, poderán ser defendidos oralmente ante os compañeiros/as e posteriormente debatidos.
As titorías individuais e/ou de grupo reducido, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases expositivas e interactivas. Faranse nos horarios sinalados e no despacho do profesorado.
O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para aclarar os contidos tratados.
Para cada un dos temas proporcionaranse as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado (lecturas especializadas). A totalidade do material das clases expositivas e interactivas será obxecto de estudio básico para os exames da materia e estará a disposición do alumnado no Campus Virtual da USC.
O sistema de avaliación está conformado por:
- Exame tipo test e/ou probas escritas: 65%.
- Técnicas baseadas na asistencia e participación activa en clase presencial: 10%.
- Probas orais baseadas na exposición de traballos de clase en grupo: 15%.
- Probas escritas baseadas na entrega de traballos en grupo:10%.
Para poder superar a materia son requisitos imprescindibles:
- Asistencia ó 90% das actividades formativas recollidas na programación docente. O alumnado pode poderá ausentarse a un 10% das actividades programadas sen xustificación previa, agás nos casos de actividades de realización obrigatoria.
- A superación do examen e/ou probas escritas cunha nota mínima de 5 sobre 10.
En caso de non asistir ás clases da materia, non presentar os traballos e/ou non realizar o exame, a nota que constará nas actas será a de non presentado/a.
Ó alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade gardaránselle as notas das entregas realizadas durante o período común, non podendo entregar traballos a maiores.
O alumnado de 2ª ou posteriores convocatorias deberá, polo menos, superar o exame e/ou probas escritas. Se ten puntuación/s dos restantes apartados de convocatorias anteriores estas manteranse actualizadas. Este alumnado debe avisar á profesora da súa situación a principio de curso.
Asistencia a clase
A materia axustarase ao disposto no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024.
A asistencia a clase é un dereito e un deber do estudantado e está vinculada á participación activa no proceso de ensino-aprendizaxe. A súa incidencia no sistema de avaliación desta materia será a seguinte (art. 1.2 do Regulamento):
a) A asistencia valorarase como un factor máis na avaliación continua.
b) A asistencia suporá un 10% da cualificación final da materia (dentro do apartado de participación).
c) Para superar a materia ou presentarse ao exame final, será obrigatoria unha asistencia mínima do 90% ás actividades docentes presenciais programadas.
O estudantado poderá xustificar as ausencias por causas recollidas no artigo 3 do regulamento (como enfermidade, obrigas públicas, situacións familiares ou outras debidamente acreditadas). A falta de asistencia non xustificada poderá ter efectos negativos na avaliación continua, especialmente cando implique a non realización de actividades avaliables.
Nos casos previstos, poderá solicitarse unha dispensa de asistencia a clase ou exención oficial de docencia. A solicitude deberá presentarse nas datas e cos procedementos establecidos polo centro. A concesión desta dispensa implicará un sistema de avaliación adaptado.
O sistema de avaliación do aprendizaxe para o alumnado ao que se lle conceda a dispensa será o mesmo que para o resto do alumnado da materia, agás na ponderación, que será a seguinte:
- Exame tipo test e/ou probas escritas: 65%.
- Probas orais baseadas na exposición de traballos: 15%.
- Probas escritas baseadas na entrega de traballos:20%.
O estudantado con exención de docencia ou dispensa de asistencia deberán presentar á profesora a devandita certificación ao principio de curso (como máximo cinco días despois da publicación da resolución por parte da facultade).
Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE)
Elaborarase un procedemento contando co Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) para facilitar a participación e avaliación do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).
Realización fraudulenta de exercicios ou probas
Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Para a consecución dos obxectivos marcados, o tempo de dedicación necesario é de 150h, distribuídas do seguinte xeito:
- A docencia expositiva será de 32 horas.
- A docencia interactiva será de 8 horas.
- As actividades individuais e/ou grupais de estudo e traballo (guiadas e non guiadas) será de 106 horas, 53 das cales serán de caracter presencial, e 53 de traballo autónomo do alumnado.
- As titorías en grupo reducido implicarán un total de 4 horas.
- Levar un estudo exhaustivo e comprensivo dos contidos, consultando dúbidas, implicándose nas
tarefas propostas e relacionando conceptos.
- Asistir as sesións de titorías individuais e grupais.
- Poñer en práctica habilidades de traballo grupal e comunicación asertiva.
* RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual. Non se entregarán traballos en papel para esta materia.
* PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. A guía de linguaxe non sexista da USC estará publicada no Campus Virtual da materia.
* Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
* Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
* Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
* Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
* PROTECCIÓN DE DATOS: Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Sabela Carme Mallo López
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813736
- Correo electrónico
- sabelacarme.mallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |