Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal do curso é explicar as características e as causas das transformacións económicas e sociais experimentadas no mundo desde a Revolución Industrial ata a actualidade. Búscase que o estudantado.
- Comprenda os conceptos básicos da economía e a súa aplicación a diferentes contextos históricos.
- Aprecie o papel desempeñado polos factores económicos, tendo en conta os cambios tecnolóxicos e os factores institucionais, nos procesos de desenvolvemento económico.
- Se familiarice con técnicas e instrumentos estatísticos básicos empregados no tratamento das series económicas históricas (números índice, taxas de crecemento, variables nominais e reais, etc.).
- Coñeza as distintas modalidades de empresa xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento.
1. Introdución á historia económica mundial no longo prazo.
1.1. Que é e para que serve a historia económica.
1.2. Perspectivas e indicadores da evolución económica e da desigualdade no longo prazo.
2. Economías pre-industriais e procesos de industrialización, 1750-1870.
2.1. Demografía e poboación: o teito malthusiano.
2.2. Características das economías agrarias pre-industriais: as agriculturas de base enerxética solar.
2.3. Características das economías urbanas pre-industriais e comercio de longa distancia.
2.4. A Revolución Industrial en Inglaterra: cambios técnicos, organizativos e o debate dos niveis de vida.
3. A Segunda Revolución Industrial e a Primeira Globalización, 1870-1914
3.1. O crecemento económico moderno e os procesos de industrialización en Europa.
3.2. A Segunda Revolución Industrial: enerxía, tecnoloxías e novas potencias económicas.
3.3. A emerxencia dos mercados globais e a formación do subdesenvolvemento.
3.4. A Primeira Globalización e os factores da súa destrución: comercio, patrón ouro e as grandes migracións.
4. Guerras, crises e desintegración económica internacional, 1914-1945
4.1. A Primeira Guerra Mundial e as súas consecuencias económicas.
4.2. O crecemento desequilibrado dos anos vinte.
4.3. As causas da Gran Depresión e a súa difusión internacional.
4.4. Saídas e solucións á Gran Depresión.
5. A economía despois da Segunda Guerra Mundial: da reconstrución á Idade Dourada, 1945-1973
5.1. A reconstrución económica da Segunda Guerra Mundial: a nova orde internacional e os consensos de posguerra.
5.2. A Terceira Revolución Tecnolóxica no mundo bipolar.
5.3. A integración económica europea, o catching up de Xapón e as economías do Terceiro Mundo.
5.4. A crise do petróleo de 1973 o final da Idade Dourada.
6. A Segunda Globalización: das crises do petróleo á Gran Recesión, 1973-2008.
6.1. A recente globalización: esgotamento de modelos e innovacións.
6.2. A nova era das economías capitalistas: pax americana e crise financeira do 2008.
6.3. A desintegración da URSS, as crises de débeda en América Latina e Asía e o auxe de China.
6.4. Os límites biofísicos da economía recente.
Bibliografía básica:
FELIÚ, Gaspar; SUDRIÁ, Carles (2013). Introducción a la historia económica mundial. Valencia, Universitat de València. https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-4465
ZAMAGNI, Vera (2016). Una Historia Económica. Europa de la Edad Media a la Crisis del Euro. Barcelona, Crítica.
TELLO, E. (Ed.) (2012). Cómo hemos llegado hasta aquí. Una introducción a la historia económica global. Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya. http://hdl.handle.net/10609/62305
Bibliografía complementaria:
ALLEN, R. C. (2013). Historia económica mundial. Una breve introducción. Madrid, Alianza Ed,
CAMPS, E. (2013). Historia Económica Mundial. La formación de la economia internacional (Siglos XVI-XX), Madrid, McGraw-Hill.
COMÍN, F. (2011), Historia económica mundial. De los orígenes a la actualidad. Madrid, Alianza Editorial.
FRIEDEN, J. A. (2007). Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Barcelona, Crítica.
KOYAMA, M.; RUBIN, J. (2022): How the world became rich: the historical origins of economic growth. Cambridge, Polity Press.
MADDISON, A. (2010). Statistics on World Population, GDP and Per Capita GDP, 1-2008 AD, [versión electronica]: http://www.ggdc.net/MADDISON/oriindex.htm
OUR WORLD IN DATA. [versión electronica]: https://ourworldindata.org/
PALAFOX, J. (Ed.) (2014). Los tiempos cambian. Historia de la Economía. Valencia, Tirant Humanidades.
ROY, T.; RIELLO, G. (2024; 2º ed). Global Economic History. Londres, Bloomsbury.
C3. Contextualizar problemas, ideas e acontecementos económicos en termos históricos.
C4. Comprender o entorno económico e social (internacional, nacional, rexional ou local), os procesos de desenvolvemento económico e o papel das institucións económicas.
HD1. Analizar criticamente a información procedente de diferentes fontes para adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a desafíos, resolver problemas ou tomar decisións.
HD2. Xestionar a comunicación oral e escrita con precisión e claridade para transmitir coñecementos, resultados, problemas e solucións.
CP3. Avaliar criticamente a información económica significativa para apoiar a toma de decisións nos ámbitos privado e público.
CP6. Avaliar o impacto social, económico e ambiental da actividade económica.
As sesións expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que comprenden o programa da materia, recalcando aqueles aspectos máis relevantes e as relacións existentes entre eles. As actividades presenciais nas aulas expositivas non requiriran unha participación activa do estudantado.
As sesións interactivas en grupo reducido dedicaranse a presentar e debater os resultados dos traballos realizados polo estudantado sobre temas previamente propostos polo profesorado. É dicir, actividades presenciais que requiren a participación activa do estudantado, tales como comentarios e análises de materiais cualitativos e cuantitativos de carácter histórico, presentacións orais, debates, gamificación en aula, docencia en aula invertida e outras actividades de aprendizaxe propostas polo persoal docente.
Esta materia conta con Campus Virtual, onde estará dispoñible a guía docente e tamén outros materiais de apoio para o seguimento do curso. Do mesmo xeito, tamén se usará para a realización ou entrega de actividades interactivas propostas polo profesorado.
A cualificación do estudantado levarase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua. O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo estudantado: participación activa nas actividades expostas (comentarios de texto, análises interpretativas sobre materiais e datos de carácter histórico escollidos polo profesorado, debates, análises de estudos de caso, exercicios guiados, tarefas ou cuestionarios, presentación e exposición de traballos, realización do exame de contidos, etc.) e basearase na realización de controis periódicos da evolución do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias.
A avaliación continua incluirá:
a) A participación na clase, as prácticas, traballos e probas realizadas ao longo do semestre (40% da cualificación final). A realización dun mínimo do 75% das actividades é requisito indispensable para aprobar esta parte.
b) Un exame realizado ao final do curso (60% da cualificación final). É necesario obter máis dun 4 no exame para aprobar a materia.
c) A superación do curso de competencias da Biblioteca contabilizarase cun máximo de 0´5 puntos. Esta puntuación só se sumará no caso de ter superado a materia.
A mera asistencia non terá incidencia directa na avaliación.
O estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase deberá realizar un exame final do programa da materia preparado a partir da bibliografía básica. Este exame suporá o 100% da súa cualificación. A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster.
As condicións de avaliación serán exactamente as mesmas nas distintas oportunidades (xaneiro e xuño/xullo).
Así mesmo, unha vez finalizado o curso académico, o estudantado que non supere a materia terá que seguir as normas que se establezan na programación do curso seguinte. Por tanto, non se conservará para cursos posteriores a cualificación de ningunha parte da materia.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supón que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
As probas realizaranse na data e horario establecidos pola Facultade.
Para as probas é obrigatorio presentar un documento de identificación oficial: carné de identidade, tarxeta universitaria, pasaporte, etc.
Outros matices sobre estes criterios básicos facilitaranse ao longo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Na memoria do título establécense 50 horas de traballo presencial do estudantado na aula. Así mesmo, estímanse 99 horas máis para o traballo persoal (estudo autónomo, redacción de exercicios, lecturas, etc.) e 1 hora de titorías en grupo reducido.
Aínda que esta materia non esixe requisitos previos, considérase moi recomendable un coñecemento básico de informática a nivel de usuario (procesador de texto, folla de cálculo, navegador da internet...).
Recoméndase a realización do Curso de Competencias en Información organizado pola Biblioteca, que proporciona uns coñecementos útiles para a superación da materia.
Maria Del Carmen Espido Bello
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811564
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.espido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adrian Dios Vicente
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- adrian.dios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Bruno Esperante Paramos
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- b.esperante [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
18:30-20:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 30 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 30 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 30 |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula C |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
20.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula C |
13.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
13.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
13.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
13.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula C |
13.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
13.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula C |
13.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
13.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |