Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Mercantil
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar aos alumnos as ferramentas e os conceptos básicos para a comprensión do marco xurídico do mercados e da actividade empresarial. Asimesmo, os alumnos deben familiarizarse co manexo e a interpretación de textos xurídicos e das principais normas mercantís.
DEREITO MERCANTIL II
6 créditos
Lección 1. MARCO NORMATIVO DO TRÁFICO MERCANTIL
1. Liberdade de empresa. Libre competencia.
2. Corrección do tráfico mercantil: Prohibición de competencia desleal e publicidade ilícita. Transparencia.
3. Comercio electrónico.
4. Protección dos consumidores.
Lección 2. CONTRATACIÓN MERCANTIL
1. Contratación mercantil.
2. Contratos de colaboración. Contrato de compraventa.
3. Contratos de transporte, depósito e seguro.
4. Contratos de arrendamento, préstamo e garantías mercantís.
Lección 3. INSTRUMENTOS DO TRÁFICO MERCANTIL.
1. Obxetos do tráfico mercantil.
2. Empresa e establecemento mercantil.
3. Propiedade industrial: Creacións industriais e signos distintivos da empresa.
4. Representación de posicións xurídicas no tráfico mercantil.
Lección 4. INSOLVENCIA DO EMPRESARIO
1. Concurso de acredores.
2. Exoneración do pasivo insatisfeito.
3. Dereito preconcursal: os plans de reestruturación.
4. Procedemento especial para microempresas.
BÁSICA
JIMÉNEZ SÁNCHEZ, G. (Coordinador), Nociones de Derecho Mercantil,
Tecnos, última edición.
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO A., Apuntes de Derecho Mercantil,
Aranzadi, última ed.
VIDAL PORTABALES, JI., Sociedad de la Información y Empresa,Ed.
Comares, 2010
COMPLEMENTARIA
JIMÉNEZ SÁNCHEZ, G. (Coordinador), Lecciones de Derecho Mercantil,
Tecnos, última edición.
MENÉNDEZ, A. Y ROJO, A. (dirs.), Lecciones de Derecho Mercantil, Vol. II,
Aranzadi, últ. Ed.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN AS QUE CONTRIBUE A MATERIA
1.- Coñecemento do ordenamento xurídico básico e institucións de Dereito Mercantil.
2.- Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas,
incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa
dimensión social, científica ou ética.
3.- Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole
económica tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da
linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e
presentación de datos que se empregan en economía.
4.-Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
5.-Avaliar consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os
obxectivos.
6.- Capacidade de análise e síntese, razoamento crítico, comunicación oral e escrita.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
1.- Proporcionar ao alumno os coñecementos xurídicos básicos que lle axuden a comprender a
relevancia da regulación no comportamento dos operadores económicos, e no funcionamento
do mercado e da economía.
2.- Iniciar o alumno no coñecemento das principais normas mercantís que rexen a actividade da
empresa, tanto no que respecta á súa organización interna como á súa actuación como
operador económico no mercado, a nivel autonómico, estatal e comunitario.
4.- Familiarizar o alumno coas principais institucións xurídico-mercantís coas que se pode atopar
no desenvolvemento da súa actividade.
5.- Proporcionar os coñecementos e a terminoloxía fundamentais que faciliten aos alumnos a
comprensión básica de textos legais e xurídicos.
6.- Iniciar o alumno na estrutura elemental da argumentación xurídica, de modo que adquira a
capacidade de comprendela e elaborala, polo menos a un nivel técnico básico.
7.- Familiarizar o alumno coa procura e o uso de fontes do Dereito, especialmente textos legais e
documentos xurisprudenciais.
A metodoloxía aplicable ao ensino da materia descansa en dous bloques:
A) Bloque teórico (sesións expositivas). Orientado a proporcionar os fundamentos teóricos imprescindibles para o desenvolvemento da actividade profesional na empresa.
B) Bloque práctico (sesións interactivas). Orientado a conxuntar a teoría e a práctica, aplicando os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas.
As actividades realizadas polo alumnado ao longo do cuadrimestre contarán ata un 30% na nota final. As actividades serán determinadas por cada profesor (por exemplo, presentación de traballos, preparación e participación nas sesións de traballo, nas que se prestará especial atención á capacidade expositiva-, capacidade de razoamento e emprego da terminoloxía xurídico-mercantil); poderá realizarse unha proba para a avaliación destas actividades.
A avaliación completarase cun exame finalpresencial (70% da nota).
No exame de segundaoportunidade poderá gardarse a nota da parte práctica.
Los alumnos repetidores seguirán el mismo sistema, pudiendo guardarse la nota práctica de cursos anteriores.
O alumnado con exención de docencia realizará un examen final sobre 10 puntos. A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster.
A asstencia a clase non se terá en conta na avaliacion.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias: CB1,CB2,CB3,CB4,CB5,CG2,CG5,CT3,CT6,CT8,CT9,A8.
O tempo de traballo persoal que cada alumno deberá realizar de forma individual ou en grupo ao longo do curso estímase en noventa horas
Recoméndase a consulta do Código de Comercio e das Leis Complementarias.
Na estruturación da materia, tanto no que se refire á configuración de obxectivos coma á programación, prestouse especial atención ao feito de que os futuros Graduados en Ciencias Económicas contan unicamente con 12 créditos para procurar unha axeitada formación xurídica. Así mesmo, tomouse en consideración o amplo espectro de saídas profesionais, dato que obriga a concibir a materia como un espazo de formación que deberá completarse a través de créditos optativos.
Maria Pilar Bello Martin-Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881811592
- Correo electrónico
- mp.bello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula C |
Martes | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula C |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
17.12.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
17.12.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
17.12.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
17.12.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
17.12.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
17.12.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
29.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
29.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
29.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
29.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
29.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
29.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |