Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
· Coñecer e comprender os conceptos e métodos propios da estatística económica descriptiva
así como a súa aplicación ao análise dos fenómenos económicos.
· Realizar análises estatísticos básicos utilizando ferramentas informáticas
· Ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas ao análise de cada
fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos.
· Iniciarse na análise dos datos empíricos da realidade económica (obtención dos datos,
análise estatístico, interpretación e fiabilidade dos resultados,...) na presentación formal
do traballo realizado.
· Coñecer e avaliar as principais estatísticas existentes sobre a realidade económica.
· Desenvolver as capacidades de entendemento, razonamento, crítica e expresión oral e escrita,
a través da utilización dun léxico estatístico-económico adecuado.
TEMA 1.- INTRODUCIÓN A
1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido
1.2.- Conceptos básicos na Estatística Económica
1.3.- Fontes de datos: especial referencia á mostraxe en poboacións finitas
TEMA 2.- ANÁLISE ESTATÍSTICA DUNHA VARIABLE
2.1.- Os datos estatísticos e as súas clases
2.2.- Distribucións de frecuencias
2.3.- Representacións gráficas
2.4.- Medidas que caracterizan a distribución dunha variable
2.4.1.- Medidas de posición
2.4.2.- Medidas de dispersión
2.4.3.- Medidas de forma
2.5.- Medidas de concentración
2.6.- Momentos en distribucións unidimensionais
2.7.- Aplicacións económicas
TEMA 3.- ANÁLISE CONXUNTA DE DÚAS VARIABLES
3.1.- Distribucións bidimensionais de frecuencias. Estudo das súas características
3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas
3.3.- Momentos en distribucións bidimensionais
3.4.- Dependencia e independencia estatística
3.5.- Aplicacións económicas
TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN
4.1.- Introdución ás teorías da regresión e correlación
4.2.- Regresión linear simple
4.3.- Bondade do axuste dunha regresión. Predicións. Elasticidade
4.4.- Correlación entre variables. O coeficiente de correlación linear simple
4.5.- Axustes non lineares.
4.6.- Aplicacións económicas
TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES
5.1.- Definición e clasificación dos números índices
5.2.- Índices de prezos, cantidades e valor
5.3.- Propiedades dos números índices. Participación e repercusión
5.4.- Problemas na elaboración de índices complexos. Cambio de base
5.5.- Deflactación de series económicas
5.6.- Aplicacións económicas.
TEMA 6.- ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS
6.1.- Índices de Prezos ao Consumo
6.2.- Índice de Prezos Industriais
6.3.- Índice de Produción Industrial
6.4.- Enquisa de Poboación Activa
6.5.- Enquisa de Presupostos Familiares
6.6.- Outros indicadores económicos
TEMA 7.- ANÁLISE CLÁSICA DAS SERIES TEMPORAIS
7.1.- Compoñentes dunha serie. Esquemas de relación
7.2.- Análise das compoñentes. Desestacionalización
7.3.- Aplicacións económicas
Bibliografía básica
MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004). Introducción a la Estadística Económica y Empresarial. Teoría y práctica. Thomson, Madrid.
Bibliografía complementaria
CASAS SÁNCHEZ, J. M., SANTOS PEÑA, J. (1995) Introducción a la Estadística para Economía y Administración de Empresas, vol 1. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A., Madrid.
ESTEBAN GARCÍA, J. y otros (2005). Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Thomson, Madrid
MONTIEL, A.M., RIUS, F., BARÓN, F.J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Prentice-Hall, Madrid.
RUIZ MUÑOZ, D.: Manual de Estadística. Editado por eumed.net 2004. ISBN: 84-688-6153-7
https://www.eumed.net/cursecon/libreria/drm/drm-estad.pdf
TOMEO, V., UÑA, I. (2009). Estadística descriptiva. Garceta, Madrid.
https://cv.usc.es (Campus Virtual) Pode conter material de apoio segundo as indicacións de clase.
· Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así
como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do seus coñecementos sobre a
realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
· Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co
ámbito económico-empresarial, incorporando na elaboración de xuicios e propostas as consideracións pertinentes sobre súa dimensión social, científica ou ética.
· Elementos básicos de estatística descriptiva.
· Identificar as fontes de información económica relevante e seu contido.
Por ser un plan de estudos en extinción, a materia non ten docencia. O estudantado terá dereito ás titorías para resolver dúbidas e solucionar problemas de aprendizaxe.
O sistema de avaliación consistirá nun exame final dos contidos da materia, realizado nas datas establecidas no calendario oficial, que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
A materia ten 6 ECTS equivalentes a 150 horas
A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que ista é na que se expresa a Estatística. Neste senso o/a estudante ten que habituarse ao emprego dunha linguaxe precisa.
Dado que a materia non ten docencia, é altamente recomendable facer uso das titorías para resolver dúbidas, solicitar explicacións e propostas de prácticas se fora preciso.
Xulia Guntin Araujo
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811548
- Correo electrónico
- xulia.guntin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
13.01.2026 12:00-15:00 | Grupo de exame | Aula B |
26.06.2026 12:00-15:00 | Grupo de exame | Aula 08 |