Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é o estudio dos principais obxectivos económicos dos gobernos e dos instrumentos básicos de política económica.
Tema 1.- Introducción. A política de estabilización e a política de desenvolvemento económico. Tendencias actuais na política económica.
PARTE I: Obxectivos básicos de política económica.
Tema 2.- Obxectivos básicos de política económica a longo prazo: O crecemento económico. A redistribución da renda. A calidade de vida e a conservación do medio ambiente. O desenvolvemento sostible.
Tema 3.- Obxectivos básicos de política económica a curto e medio prazo: O emprego. A estabilidade de prezos.
PARTE II: Instrumentos de política macroeconómica
Tema 4.- Política monetaria: estratexias e instrumentación
Tema 5.- A política financeira macroprudencial
Tema 6.- Política fiscal e mixta
Tema 7.- Políticas de estabilización exterior
Tema 8.- Política de rendas
Bibliografía básica (orde alfabética):
CUADRADO ROURA, Juan R. (dir.) (2023). Política económica. Elaboración, objetivos e instrumentos, McGraw Hill. 7ª edición.
OCHANDO CLARAMUNT, Carlos (coord.) (2021). Políticas Económicas Coyunturales. Objetivos e instrumentos. Tirant lo Blanch. 2ª edición
Bibliografía complementaria:
Banco Central Europeo (2012). Interacciones entre la política monetaria y la política fiscal en una Unión Monetaria. Boletín Mensual del BCE, julio: 55-70.
Barac, Maja y Tamborero, Pilar (2021). Medidas de política económica en la UE ante la crisis derivada de la COVID-19. Revista Internacional de Política Económica, 3 (1), 1-19.
BÉNASSY-QUÉRÉ, Agnes; COEURÉ, Benoit; JACQUET, Pierre; e PISANI-FERRY, Jean (2019). Economic Policy. Theory and Practice. Oxford University Press. Second edition.
Carrascosa, Antonio y García Montalvo, José (2021). Monedas digitales: ¿cuál debe ser el papel de los bancos centrales? Papeles de Economía Española, 170: 43-61
Diez Guijarro, José Ramón (2020). Europa ante el reto de la “japonización”. En Fernández Méndez de Andés, Fernando (ed.). El euro en 2020. Fundación de Estudios Financieros y Fundación ICO, pp. 107- 128
ERIAS REY, Antonio y SÁNCHEZ SANTOS, José Manuel (1998). Política monetaria y política fiscal. Ed. Pirámide.
FERNÁNDEZ DÍAZ, Andrés; PAREJO GÁMIR, José Alberto e RODRÍGUEZ SÁIZ, Luis (2005). Política económica, McGraw Hill. 4ª edición.
Galesi, A., Nuño, G. y Thomas, C. (2017). El tipo de interés natural: concepto, determinantes e implicaciones para la política monetaria. Artículos analíticos. Banco de España-Eurosistema.
Hernández de Cos, Pablo (2019). La Unión monetaria: los riesgos de una obra en construcción. Anuario del euro 2018: 45-64
Hernández de Cos, Pablo (2022). El contexto económico tras el inicio de la invasión de Ucrania y la respuesta de política económica. Desayuno de trabajo con el sector empresarial organizado por Hill & Knowlton. Banco de España-Eurosistema.
Krugman, Paul (2012). ¡Acabad ya con esta crisis! Barcelona: Crítica.
McLeay, M.; Radia, A. y Thomas, R. (2015). La creación de dinero en la economía moderna. Revista de Economía Institucional, 17 (33): 355-383. (Solo se expone hasta la página 373, incluida)
Nieto Giménez-Montesinos, M. A. y Hernáez Molera, J. (2018). Monedas virtuales y locales: las paramonedas, ¿nuevas formas de dinero?, Revista de estabilidad financiera - Banco de España, 35: 103-122
Nuño, G. (2018). Implicaciones de política monetaria de la emisión de dinero digital por parte de los bancos centrales. Boletín Económico 3/2018. Artículos Analíticos. Banco de España-Eurosistema.
SÁNCHEZ ANDRÉS, Antonio (2021). Introducción a la política económica. Concepto, estructura y formación. Tirant lo Blanch
SÁNCHEZ ANDRÉS, Antonio (coord.) (2022). Políticas económicas estructurales. Tirant lo Blanch
Ao longo do curso ofrecerase toda a bibliografía complementaria adicional e os APUNTES da profesora na aula virtual.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Contribución á comprensión do sistema cognoscitivo desde unha perspectiva interdisciplinar no campo da economía.
- Potenciación das habilidades para elaborar argumentacións coherentes que permitan defender unha determinada postura, aplicando conceptos previamente aprendidos.
- Desenvolvemento de habilidades de investigación e comunicación oral.
Competencias específicas da materia:
- Estudo dos principais obxectivos de política económica dos gobernos e dos instrumentos básicos de política macroeconómica.
- Coñecemento das ferramentas necesarias para analizar o proceso de toma de decisións de política económica, interpretando as posibles causas e consecuencias das actuacións políticas no eido económico.
- Análise de aplicacións de política económica en diversos contextos, estimulando a capacidade crítica-evaluativa do estudiante.
Clases expositivas.
Nestas clases a profesora explicará os contidos básicos de cada tema e informará sobre o desenvolvemento do proceso de aprendizaxe.
Clases interactivas.
Nas aulas interactivas desenvolveranse as actividades de curso. Estas serán:
- Exposición oral dun tema. Cada estudante deberá facer unha presentación na aula dun tema previamente seleccionado pola profesora.
- Lectura de textos, entrega de cuestionarios e outras tarefas vinculadas aos textos. Cada estudante deberá ler os textos que se lle indiquen e responder aos cuestionarios correspondentes.
- Probas de seguimento. Levaranse a cabo probas sobre algúns dos temas das aulas expositivas (non eliminatorias).
Para a preparación das actividades de curso, se aconsellarán ao estudantado os textos básicos sobre os que sustentar o seu traballo. Algúns textos tratarán cuestións de actualidade relacionadas cas actuacións de política económica dos gobernos, co obxectivo de aproximar ao estudantado ao contexto real de aplicación destas políticas.
Todas as actividades propostas están encamiñadas ao cumprimento de obxectivos pedagóxicos: fomentar o espírito investigador e o intercambio de coñecementos entre estudantes
Titorías
As titorías permiten á profesora coñecer a marcha do proceso de aprendizaxe do estudantado e guialos en aspectos con dificultade.
Aula virtual
A aula virtual será unha ferramenta importante no desenvolvemento da materia.
Guía docente ampliada
Ao comezo do curso, publicarase na aula virtual unha Guía Docente ampliada na que se explicará a planificación da materia polo miúdo.
A avaliación da materia atenderá a todas as actividades realizadas ao longo do curso.
- O exame final, centrado fundamentalmente na valoración dos coñecementos adquiridos, terá un peso do 60% na nota final.
- A exposición oral dun tema terá un peso do 15% na nota final.
- Entrega de cuestionarios e outras actividades relacionadas cos mesmos. En total terán un peso do 10% na nota final. Distribuirase a puntuación entre os cuestionarios/actividades que se realicen segundo o seu contido. Para obter a puntuación de cada cuestionario será condición necesaria asistir á aula interactiva correspondente e responder ás preguntas que formule na clase a profesora.
- Terán un peso total do 15% o conxunto das probas de seguimento.
Na avaliación das diferentes actividades desenroladas nas clases interactivas terase e conta a calidade dos traballos presentados, o dominio do tema, a claridade e capacidade expositiva, a selección dos contidos relevantes e a coherencia na argumentación, entre outros aspectos. O sistema de avaliación describirase polo miúdo na Guía Docente ampliada da materia.
Criterios para superar a materia: Ter como mínimo 5 puntos e, ademais, un mínimo de 2 no exame final.
ESTUDANTADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA A CLASE:
A dispensa de asistencia está regulada polo "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster".
O estudantado que dipoña dunha dispensa oficial de asistencia a clase avaliarase do seguinte xeito:
- Exame final. Hasta 8,5 puntos. Na data oficial. Ata 2,5 puntos do exame serán preguntas relacionadas cos textos que se traballen nas aulas interactivas.
- Presentación oral. Ata 1,5 puntos. O/a estudante deberá facer a presentación oral dun texto que lle asigne a profesora (será un dos que se traballaran nas clases interactivas).
Ampliarase a información na Aula Virtual da materia.
ESTUDANTADO REPETIDOR:
O estudantado repetidor poderá conservar as puntuacións das actividades interactivas de cursos anteriores (non do exame) se así o solicita durante as dúas primeiras semanas do curso académico.
ACTUACIÓNS FRAUDULENTAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
ASISTENCIA A CLASE
A asistencia a clase por si mesma non ten valoración, pero é condición NECESARIA para a avaliación das actividades propostas, como xa se indicou. O/a estudante que non asista a elas por unha causa xustificada poderá compensar a súa ausencia na forma en que se determine polo profesorado da materia.
O/a estudante, ademais das 45 horas de traballo presencial nas aulas, deberá dedicar 67,5 horas ao traballo persoal que inclúe: estudo autónomo (individual ou en grupo); preparación de presentacións; escritura de comentarios e outros traballos; outros traballos no ordenador; lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similar.
Recomendacións previas:
Dominio dos coñecementos proporcionados pola materia Política Económica I, cuxo contido de análise metodolóxica, traxectoria histórica e tendencias actuais de política económica ofrecen a base introductoria de Política Económica II. Adecuado manexo de contidos da materia Macroeconomía, que resultan complementarios a esta materia.
Recomendacións para o seguimento da materia:
Recoméndase ao estudantado seguir as indicacións e referencias bibliográficas que se establezan na Guía Docente ampliada e na Aula Virtual.
A materia contará cunha Aula Virtual na que se ofrecerán materiais indispensables para o seguimento da mesma.
A lingua na que se vai desenvolver prioritariamente a docencia é o castelán.
Na Guía Docente ampliada explicarase polo miúdo cada un dos puntos da planificación académica: contidos, metodoloxía e criterios de avaliación. Esta guía estará dispoñible na aula virtual ao comezo do curso.
Maria Del Rosario Diaz Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811603
- Correo electrónico
- rosario.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
21.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
21.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
21.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
21.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
19.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
19.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
19.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
19.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |