Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia, de carácter obrigatorio, impártese no primeiro cuadrimestre do cuarto curso do Grao en Economía. O seu obxectivo principal é proporcionar ao alumnado un coñecemento sólido e aplicado do ordenamento tributario e da estrutura fiscal vixente en España.
A materia comeza co estudo dos principios fundamentais da Lei Xeral Tributaria (LXT), que serve de base xurídica para a análise do sistema fiscal. A partir destes alicerces, e apoiándose nos coñecementos teóricos adquiridos previamente na materia "Facenda Pública: Ingresos e Gastos", profundízase na normativa e na aplicación práctica dos principais impostos directos que gravan ás persoas físicas: o Imposto sobre o Patrimonio Neto (IPN), o Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD) (que se liquida na materia Federalismo Fiscal) e o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), seguindo esta mesma orde expositiva.
O programa complétase cunha referencia ás particularidades fiscais das empresas de carácter familiar.
1. Introdución ao sistema tributario español
Visión xeral do sistema fiscal en España: estrutura, principios fundamentais e funcións. Referencia ao marco constitucional e competencias tributarias das diferentes administracións públicas.
2. Principais conceptos impositivos
Estudo dos elementos esenciais da relación xurídico-tributaria a través da Lei Xeral Tributaria: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible, base liquidable, tipo impositivo, cota tributaria, devindicación e extinción da obriga tributaria.
3. Imposto sobre o Patrimonio (IP)
Análise da natureza, configuración xurídica e funcionamento do imposto. Estudo da súa aplicación práctica, exencións, valoración dos bens e obrigas formais.
4. Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)
Estudo detallado da estrutura e funcionamento do IRPF: rendas gravables, reducións, deducións, tarifa, liquidación e obrigas formais. Aplicación práctica e casos prácticos
5. Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD)
Referencia ao imposto que se estuda na materia Federalismo Fiscal
6. A tributación directa nas empresas de carácter familiar
Referencia ás particularidades da tributación das empresas familiares.
Código Tributario
Albi, E. et al (última edición): Sistema Fiscal Español I, Ed.Ariel
Albi E. Et al (última edición): Sistema Fiscal Español II, Ed.Ariel
Outra normativa tributaria
Durante o curso facilitarase bibliografía complementaria acorde coa temática impartida.
Competencias básicas
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación de forma profesional, e que dispoña das competencias necesarias que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa de argumentos, así como a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que o estudantado teña capacidade para reunir e interpretar datos relevantes, normalmente no ámbito da súa área de estudo, co fin de emitir xuízos que inclúan unha reflexión crítica sobre aspectos sociais, científicos ou éticos.
CB4. Que o estudantado sexa capaz de comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a un público especializado como non especializado, empregando un rexistro adecuado a cada contexto.
CB5. Que o estudantado desenvolva as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG2. Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestión económicas a nivel xeral e resolver problemas sobre estas cuestión facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
CG5- Facerse cos coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía e técnicas propias de representación e presentación de datos da disciplina.
Competencias transversais
CT1. Capacidade de análise e síntese, aplicada á comprensión e abordaxe de situacións complexas no ámbito da economía.
CT4. Habilidade para buscar, seleccionar, xestionar e utilizar de maneira eficaz a información relevante procedente de fontes diversas.
CT6. Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de maneira eficaz, empregando metodoloxías e ferramentas adecuadas.
CT9. Desenvolvemento da autonomía na aprendizaxe, asumindo a responsabilidade do propio proceso formativo e sendo capaz de autoorganizar o estudo e a adquisición de coñecementos.
Competencias Específicas:
CE1. Coñecer e comprender a natureza da economía e o funcionamento do entorno económico, facendo especial fincapé na parte da economía pública que afecta aos impostos directos.
CE2. Dominar os coñecementos e técnicas de análise e representación propias da economía do sector público.
CE3. Coñecer e aplicar ferramentas de análise do ingreso público.
A metodoloxía da ensinanza combina diversas estratexias didácticas co obxectivo de facilitar a aprendizaxe. Emprégase a clase maxistral para presentar os conceptos fundamentais e ofrecer unha base teórica sólida. Compleméntase coas clases prácticas e interactivas, con actividades complementarias que permiten achegar o alumnado á realidade práctica e actual do sector público estatal, autonómico e local. Nas interactivas trabállase coa normativa tributaria para a liquidación dos tributos autonómicos e locais.
Finalmente, promóvese a aprendizaxe baseada en proxectos ou casos prácticos, fomentando o traballo en equipo, a resolución de problemas e a aplicación directa dos contidos teóricos.
O alumnado ha de manexar a aplicación do campus virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
O sistema de avaliación será continuo e combinará diferentes instrumentos para avaliar o grao de adquisición das competencias do alumnado. Terase en conta a implicación e participación activa nos debates organizados e a observación sistemática do rendemento académico ao longo do curso.
O 10% da nota final corresponde á avaliación continua baseada na asistencia, a participación na aula e na preparación e defensa dos traballos encomendados. Realizaranse dúas probas parciais, unha de LXT e outra de IP, cada unha das cales supón o 15% da nota final. O 60% restante corresponde ao IRPF, que se valorará no exame final. A superación das probas parciais libera materia para o exame final; o alumnado só terá que presentarse ás probas que suspendeu.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas 23h
Clases interactivas 13h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas 9h
Total horas traballo presencial no aula 45h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo 50h
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 7,5h
Traballos en ordenador, consulta e busca 5h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 5h
Total horas traballo persoal do alumnado 67,5h
Recoméndase que o alumnado realice un seguimento continuado das sesións presenciais, prestando especial atención ás explicacións do profesorado e participando activamente nas actividades propostas. É fundamental complementar o contido das clases coas lecturas recomendadas, que axudan a afondar nos conceptos clave e a contextualizar a teoría na práctica. Así mesmo, a asistencia ás actividades programadas, como conferencias ou seminarios, contribuirá a unha comprensión máis ampla e aplicada da materia. A elaboración rigorosa dos traballos, exercicios e tarefas propostas permitirá ao alumnado consolidar os coñecementos adquiridos, sendo este un elemento esencial no proceso de aprendizaxe e avaliación continua.
Atendendo a este programa o alumnado debe coñecer e comprender a realidade económica nacional e internacional, o sector público, as institucións económicas e a súa evolución, sendo precisos elementos básicos de contabilidade, modelos e técnicas de representación da realidade económica, para poder avanzar no ámbito da economía pública e na elaboración das políticas económicas.
Deste xeito, superadas as materias anteriores do grado e esta mesma, o graduado debe ser capaz de contribuir á boa xestión da asignación de recursos público e privados, avaliar as consecuencias das distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, para a consecución dun obxectivo. Elaborar ou emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía internacional, nacional ou rexional. Derivar dos datos información relevante non doada de recoñecer por non profesionais e aplicar á análise dos problemas, criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos propios da economía.
Cómpre lembrar que nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no Regulamento da USC. Para a avaliación do rendemento académico do estudantado en situación de dispensa, deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa.
Maria Cadaval Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Negreira Del Río
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- francisco.negreira.rio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jaime Gaya Moreno
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- jaime.gaya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
15.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
15.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
15.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
15.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
15.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
15.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
15.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
15.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
18.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
18.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
18.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
18.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |