Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Acadar un nivel básico de coñecementos sociolóxicos xerais e da Socioloxía da educación en particular.
- Adquirir unha visión xeral dos principais paradigmas no campo da Socioloxía da educación.
- Desenvolver unha perspectiva sociolóxica que permita achegarse con certa profundidade á complexidade dos procesos de socialización e dos principais axentes e institucións de socialización.
- Recoñecer os fenómenos sociais que inflúen na reprodución das desigualdades e da discriminación.
1. Conceptos básicos de Socioloxía e de Socioloxía da Educación.
2. Os autores da Socioloxía da Educación.
3. Teorías sociais principais: a súa incidencia na educación.
4. Socialización, educación e estrutura social. A súa concreción en Galicia.
5. Códigos lingüísticos, educación e reprodución – cambio social.
6. Status e rol. Os roles sociais e de xénero na educación.
7. A educación nos procesos de socialización, adaptación e desviación social.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Beltrán-Llavador, J. e Hernández i Dobon, F.J. (2015). Sociología de la educación. McGraw-Hill España.
Berger, P. L. e Luckmann, T. (1968). La construcción social de la realidad. Amorrortu.
Fernández-Palomares, F. (2003). Sociología de la Educación. Pearson.
Giddens, A. (2014). Sociología. Alianza.
Jiménez, Y. (2019). Introducción a la sociología constructivista. Universidad Pedagógica Nacional.
Thorpe, C. e Yuill, C. (2016). El libro de la sociología. Akal.
Trinidad Requena, A., Fernández Castaño, F., Bejerano Bella, J. F. e Santiago Segura, M. J. (Coords.). (2021). La educación desde la sociología: comunidad, familia y escuela. Editorial Tecnos.
Louis, E. (2018). Quién mató a mi padre. Salamandra.
--------------------------------------------------------------------------------------
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Caballo-Villar, M. B. e Gradaílle-Pernas, R. (2008). La educación social como práctica mediadora en las relaciones escuela-comunidad local. Pedagogía Social Revista interuniversitaria, 15, 45-56.
Colom, A. e Núñez, L. (2001). La educación y el conocimiento educativo. En A. Colom e L. Núñez (Eds.), Teoría de la educación (pp. 15 - 44). Síntesis.
Delanty, G. (2006). Community. Comunidad, educación ambiental y ciudadanía. Grao
Feito, R. (Coord.). (2010). Sociología de la Educación Secundaria. Grao
Fernández Enguita, M. (2012). ¡Cómo nos gusta suspender!: de nuevo sobre el fracaso y el abandono escolar. Cuadernos de pedagogía, 425, 28-33.
López Facal, R. (2011). Conflictos sociales candentes en el aula. En J. Pagès y A. Santisteban (Ed.), Les qüestions socialment vives i l'ensenyament de les ciències socials (pp. 65-76). Universitat Autònoma de Barcelona. https://ddd.uab.cat/pub/caplli/2011/240211/quesocvivensciesoc_a2011p65…
Morin, E. (1999). Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. Santillana. https://repositorio.minedu.gob.pe/handle/20.500.12799/1448
Morrow, R. e Torres, C. A. (2002). Las Teorías de la reproducción social y cultural. Editorial Popular.
VV.AA. (1997). 131 Conceptos clave de la educación social. Universidade de Santiago de Compostela. https://iacobus.usc.gal/discovery/fulldisplay?docid=alma991013398335707…
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 – Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1 – Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
CG2 – Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desenvolve o labor profesional da Educación Social, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3 – Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participa.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.1 – Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
CE1.2 – Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que as educadoras e os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
A proposta metodolóxica enmárcase no Espazo Europeo de Educación Superior e, polo tanto, está guiada por un enfoque de aprendizaxe baseado en competencias.
Salvo a realización dalgunha actividade extraordinaria, a metodoloxía docente sustentarase en procesos de ensino-aprendizaxe enmarcados en dous tipos de sesións de aula —expositiva e interactiva—, nas titorías e no estudo persoal do estudantado:
1. As sesións expositivas —gran grupo—. A súa asistencia é recomendable xa que a maioría das sesións interactivas basearanse na profundización dos contidos presentados nestas sesións. Estas sesións serán principalmente exposicións por parte do profesor, pero tamén se empregarán para resolver dúbidas, presentar traballos, visionar vídeos ou solucionar situacións relacionadas coa organización e desenvolvemento da materia.
2. As sesións interactivas —grupo pequeno—. O obxectivo destas sesións é que o estudantado utilice a información presentada nas sesións precedentes aplicando o coñecemento en diferentes situacións e contextos. Estas sesións terán un marcado carácter práctico e reflexivo realizando actividades e dinámicas de análise, reflexión, debate, resolución de problemas, estudos de caso, etc.
3. As titorías. Constitúen un apoio fundamental para o desenvolvemento da materia e a consecución dos seus obxectivos.
4. Traballo autónomo. Actividades non presenciais realizadas individualmente ou en grupo como: actividades de estudo, lecturas, elaboración de conclusións escritas, preparación de exames, preparación e ensaio de presentacións de traballos individuais ou en equipo e outras actividades.
A avaliación será de tipo continua, formativa e sumativa e constará dos seguintes fitos:
1. TAREFAS E PRÁCTICAS DE AULA: 50%
A. Exercicios individuais ou grupais (25%). No caso de dispensa, exención de asistencia ou falta xustificada, poderase entregar o traballo de forma individual ou realizar unha actividade complementaria negociada co profesor.
B. Librofórum (10%). No caso de dispensa, exención de asistencia ou falta xustificada, poderase entregar un traballo escrito en formato de ensaio crítico.
C. Presentación oral (15%). No caso de dispensa, exención de asistencia ou falta xustificada, poderase entregar a presentación en formato vídeo.
No Campus Virtual da materia, accesible a todo o estudantado matriculado, estarán dispoñibles as explicacións detalladas sobre as distintas tarefas e actividades avaliables. Estas deberán entregarse exclusivamente a través do Campus Virtual no espazo reservado para tal efecto e dentro do prazo establecido.
IMPORTANTE: O campus virtual é a única vía válida para entregar os traballos avaliables, polo que deben cumprirse os prazos de entrega.
2. EXAME: 50%
O exame constará de dúas partes:
A. Unha primeira parte tipo test de 30 preguntas, cun tempo de 30 minutos para a súa realización (50%).
B. Unha segunda parte con tres preguntas de resposta curta, cun tempo de 1 hora e 30 minutos (50%).
Estes tempos poderán modificarse en función de necesidades específicas de algún/ha compañeiro/a, de acordo coas indicacións do SEPIU (https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-participacion-inclusio…).
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A NOTA FINAL DA AVALIACIÓN SUMATIVA CALCULARASE A PARTIR DA SUMA PONDERADA DAS PUNTUACIÓNS OBTIDAS EN TODAS AS ACTIVIDADES E TAREFAS. PARA ELO SERÁ NECESARIO OBTER NA PARTE DO EXAME UNHA NOTA MÍNIMA DE 5 PUNTOS SOBRE 10.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ORIXINALIDADE, PLAXIO E USO DE IA XENERATIVA
Os traballos individuais ou grupais deben ser orixinais e indicar as fontes documentais utilizadas. Calquera traballo no que se detecte plaxio implicará o suspenso da materia.
Se existen dúbidas sobre a autoría dos traballos (por posible plaxio ou uso de intelixencia artificial xenerativa), poderáselle requirir ao estudante ou ao grupo que defenda o traballo oralmente no despacho do profesor.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá utilizarse para varias materias, salvo en actividades programadas de forma coordinada.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ASISTENCIA A CLASE
Aínda que a asistencia a clase non é obrigatoria, a avaliación é continua e, por tanto, réxese polo punto a) do artigo 2 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela (dispoñible no campus virtual) polo que se non se asiste, as actividades de avaliación continua non poderán ser avaliadas, excepto pola xustificación pertinente de falta de asistencia conforme indica o regulamento, ou por necesidades específicas de acordo coas indicacións do SEPIU. Polo tanto, é moi recomendable asistir para superar a materia de forma satisfactoria. Tanto nas sesións expositivas como nas sesións interactivas trataranse os contidos que serán avaliados no exame final (50% da nota) e resolveranse dúbidas en grupo. Igualmente, o restante 50% da nota final, correspondente a “Tarefas e prácticas de aula”, obterase a partir das entregas, presentación ou participación nas actividades de formación continua que se realizarán en ambas sesións.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
DISPENSA OU EXENCIÓN DE ASISTENCIA A CLASE
De acordo coa Instrución Reitoral 25/11/2024 da Secretaría Xeral (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nos termos do documento adxunto) no que se refire á dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias (dispoñible na intranet da Facultade de Ciencias da Educación e no Campus Virtual da materia), o estudantado que cumpra as condicións para obter dita dispensa deberá realizar de forma individual os mesmos traballos no mesmo tempo e forma establecidos no Campus Virtual, como se indicou previamente, e non se esixirán tarefas adicionais. Estas adaptacións poderán modificarse en función de necesidades específicas de acordo coas indicacións do SEPIU.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ESTUDANTES QUE SE MATRICULEN POR SEGUNDA VEZ
Deberán seguir o mesmo programa establecido para o resto do alumnado da materia.
1. Estudo: 40 horas.
2. Estudo e elaboración de informe: 30 horas.
3. Visualización de material e elaboración de informe: 30 horas.
O estudantado ten dereito a utilizar o espazo e tempo de titorías dentro dos horarios establecidos ao inicio do curso polo profesor da materia. Este horario establecerase procurando ocupar dous días, un en horario de mañá e outro de tarde.
Toda a información necesaria para un adecuado desenvolvemento da materia estará dispoñible no campus virtual (actividades e tarefas avaliables, datas de entrega, espazo de entrega, normativa aplicable, contidos traballados e bibliografía, avisos importantes, etc.), polo que o seu uso é indispensable para poder seguir a materia satisfactoriamente.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Existen tres formas para a comunicación co profesor da materia:
1. Sesións expositivas e interactivas.
2. Titorías (individuais ou en grupo) no despacho do profesor.
3. Email institucional. Só se responderá a mensaxes enviados mediante o email institucional (@rai.usc.es) xa que é o único medio que permite asegurar a identidade do estudantado.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase o uso de linguaxe inclusiva e non sexista tanto no traballo diario en clase como nos traballos académicos. No Campus Virtual estará dispoñible o documento do Servizo de Normalización Lingüística e da Oficina de Igualdade de Xénero da USC titulado “Criterios de linguaxe non sexista”.
XUSTIFICACIÓN DA ASISTENCIA A CLASE
O Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela polo que se rexe a asistencia a clase, estará dispoñible no campus virtual da materia. Todo o estudantado poderá acceder a el para coñecer as causas susceptibles de xustificación e a forma adecuada de proceder á súa xustificación.
PROTECCIÓN DE DATOS e COMUNICACIÓN ACADÉMICA:
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
O estudantado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es), na súa comunicación vía email co profesorado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
EMPREGO DO MÓBIL:
Queda restrinxido o emprego do teléfono móbil na aula á súa utilización como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mesmo.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
MÁIS INFORMACIÓN DE INTERESE:
- Oficina de Igualdade de Xénero da USC
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/oficina-igualdade-xenero
- Servizo de Normalización Lingüística da USC
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-normalizacion-linguist…
- Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) da USC
https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/servizo-normalizacion-linguist…
- Valedor da comunidade universitaria
https://www.usc.gal/gl/usc/institucional/goberno/valedor
- Asociacións de estudantes
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/bolsas-axudas/asociacionismo/lista…
Antonio Garcia Vinuesa
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- a.garcia.vinuesa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |