Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 24 Total: 42
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Introdución ás Finanzas ten como obxectivo ofrecer ao estudantado unha base sólida que lle permita comprender os principais elementos que conforman o sistema financeiro –como os activos, as institucións e os mercados–, así como os cambios derivados da integración das novas tecnoloxías. Así mesmo, busca que o estudantado interprete a empresa como un conxunto de relacións contractuais que inflúen nas decisións financeiras e que esixen unha actuación ética e responsable orientada á creación de valor. A materia tamén capacita para manexar relacións e conceptos matemáticos aplicados á análise de operacións financeiras, teniendo en cuenta o valor do diñeiro no tempo; comprender a relación entre rendibilidade, risco e valor, e valorar distintos tipos de activos financeiros. Finalmente, preténdese que o estudantado sexa capaz de utilizar programas de folla de cálculo para resolver problemas financeiros e recorrer a fontes de información fiables dispoñibles.
– Finanzas e sistema financeiro. Dixitalización do sector financeiro.
– Activos, intermediarios e mercados financeiros. Tipos de interese.
– Papel e obxectivo da dirección financeira. Goberno Corporativo, ética e responsabilidade social.
– Principios básicos das finanzas.
– Fundamentos de matemática financeira.
– Rendibilidade, risco e valor. Valoración de activos financeiros.
– Prácticas con follas de cálculo.
– Finanzas na internet (información sobre tipos de interese, mercados, institucións, activos).
Bibliografía básica
XIMÉNEZ RODRÍGUEZ, S.; FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y otros (2000): Análisis y cálculo de las operaciones financieras, Tórculo, Santiago.
PINDADO-GARCIA, J. (2012). Finanzas empresariales. Ediciones Paraninfo, SA.
Bibliografía complementaria
ARIZA, A. Y RUIZ, I., Finanzas para todos, ESIC, 1999
ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES, El Sistema Financiero Español, AFI, 2008.
BAQUERO, M.J., MAESTRO, M.L. (2003): Problemas resueltos de matemática de las operaciones financieras, Thomson.
BREALEY, MYERS y MARCUS (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas, 5ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
BREALEY, MYERS y ALLEN (2015): Principios de Finanzas Corporativas, 11ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
BROWN, R.L., KOPP, S., ZIMA, P. (2011): Mathematics of Finance, 7th Edición, McGraw-Hill.
FABOZZI, F, MODIGLIANI, F. e FERRI, M., Mercados e Instituciones Financieras, Ed. Prentice Hall, 1996.
MARTIN MARIN, José Luis; TRUJILLO PONCE, Antonio (2004): Manual de Mercados Financieros. Thomson, Madrid.
PALOMO ZURDO, R. e MATEU GORDON, J., Productos, instrumentos y operaciones de inversión, ISTPB, 2004.
RODRÍGUEZ, L.; PAREJO, J. A.; CUERVO, A. e CALVO, A., Manual del sistema financiero español, 20ª edic., Ariel, Barcelona, 2007.
SUÁREZ SUÁREZ, S.: Decisiones óptimas de inversión financiación en la empresa (15º edición); Ed. Pirámide.
GONZÁLEZ VELASCO, Mª del Carmen (2001): Análisis de las operaciones financieras: 150 supuestos resueltos, Civitas.
NAVARRO ARRIBAS, E. (2019): Matemáticas de las operaciones financieras. Pirámide.
VILLALOBOS, J.L. (2001): Matemáticas financieras, 2ª edición, Prentice Hall.
C9 – Analizar información relevante para a toma de decisións empresariais.
C11 – Identificar a información financeira e contable para a toma de decisións empresariais.
HD5 – Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
HD8 – Usar ferramentas de cálculo e análise, de distintos tipos de linguaxes e de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CP2 – Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análises e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais.
CP5 – Manexar os sistemas de información empresarial para a toma de decisións relacionadas coa súa especificación, deseño e implantación.
Estudo autónomo por parte do estudantado dos materiais didácticos correspondentes a cada unidade temática que o profesorado poñerá ao dispor dos estudantes no Campus Virtual. O traballo autónomo do estudantado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Fixarase unha hora de titoría semanal cuxo horario será informado a través do Campus Virtual ao comezo de curso. Estas titorías desenvolveranse preferentemente a través da plataforma MSTeams.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle. Porase a disposición do estudantado foros de discusión para fomentar a participación e a resolución de dúbidas. Poderanse habilitar tarefas na aula virtual da materia con data e hora límite para a entrega de casos, traballos ou exercicios.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade (de recuperación). O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o estudantado de primeira matrícula como para o estudantado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria.
- Exame final: Ponderación: 100% da cualificación final. Proba de carácter teórico-práctico, podendo consistir nun test ou outras modalidades de cuestións.
Nesta parte avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: C9, C11, HD5, HD8, CP2 e CP5
Estes criterios serán aplicables a todos os estudantes matriculados na materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade do exame, e en primeira ou sucesivas matrículas.
Segunda oportunidade (recuperación). Na segunda oportunidade de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
O sistema de avaliación é o mesmo tanto para o estudantado de primeira matricula como para o estudantado repetidor.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo distribúense do seguinte modo:
– Docencia virtual asíncrona: 48h
– Tutorías virtuales síncronas: 14h
– Exame: 4h
Traballo persoal do estudantado: 84 horas.
É recomendable que o estudantado revise os materiais didácticos do tema correspondente antes de cada tutoría. É importante que participe activamente nas actividades e consulte a bibliografía e outo material recomendado.
Os estudantes que se dispoñen a estudar esta materia deberían ter coñecementos básicos de matemáticas, tales como despexar sistemas de ecuacións con dúas incógnitas e traballar con logaritmos, límites e sucesións. Así mesmo, o manexo de follas de cálculo permitiría ao estudante resolver rapidamente moitos dos exercicios que se traballan na aula.
Ada Maria Perez Pico
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- adamaria.perez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
25.05.2026 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 4 |
29.06.2026 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 4 |