Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 38
Linguas de uso Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Desenvolverse nas diversas fases do proceso de elaboración e comunicación da información contable aos usuarios internos para apoiar a súa toma de decisións como parte da súa xestión empresarial.
Empregar o sistema de información contable como mecanismo formalizado de control nas distintas áreas da empresa.
Introdución á contabilidade de xestión
Información para a toma de decisións.
Información para a planificación e o control.
Novas aplicacións en contabilidade de xestión.
AIBAR GUZMÁN, B. y AIBAR GUZMÁN, C. (2022) Contabilidad de Costes y Gestión: Teoría y práctica. Editorial Garceta
BUENDÍA CARRILLO, D Y GARCÍA MECA, E. (coordinadores) (2016): Casos prácticos de contabilidad de gestión. Pirámide, Madrid.
ÁLVAREZ-DARDET, M.C. y GUTIÉRREZ, F. (coord.) (2009): Contabilidad de gestión. Cálculo de costes. Pirámide, Madrid.
REQUENA RODRÍGUEZ, J. Mª. y VERA RÍOS, S. (2008): Contabilidad interna (Contabilidad de costes y de gestión). Cálculo, análisis y control de costes y resultados para la toma de decisiones (3ª edición). Ariel Economía, Barcelona.
HORNGREN, Ch.T.; DATAR, S.M. y RAJAN, M.V. (2012): Contabilidad de costos. Un enfoque gerencial (14ª edición). Pearson.
COÑECEMENTOS:
C5. Identificar as áreas funcionais da empresa e o seu funcionamento.
C11. Identificar a información financeira e contable para a toma de decisións empresariais.
HABILIDADES:
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permita adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD4. Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintos enfoques, mostrando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
COMPETENCIAS:
CP2. Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análise e as ferramentas dispoñibles para apoiar a toma de decisións empresariais.
CP11. Actuar no ámbito da economía e da empresa valorando o impacto social, económico e medioambiental das decisións empresariais e tecnolóxicas.
Nas sesións expositivas dedicadas a clases teórico - prácticas realizarase a exposición teórica dos contidos básicos de cada tema seguindo unha lóxica que permite aumentar progresivamente os coñecementos dos estudantes. A metodoloxía aplicada será a clase maxistral. Tras a exposición dos fundamentos teóricos do tema (ou, ás veces, de forma simultánea), realizarase a aplicación destes a "supostos" da realidade, a través da metodoloxía de resolución de problemas, cun dobre obxectivo: por un lado, ilustrar as explicacións teóricas e facilitar a comprensión e asimilación por parte dos estudantes dos coñecementos impartidos e, por outro lado, favorecer o achegamento do estudante ao ámbito empresarial real.
Nas sesións interactivas de laboratorio na aula de informática formularanse aos estudantes exercicios a resolver e cuestións teóricas a analizar e discutir coa finalidade de lograr unha maior implicación e a participación activa dos estudantes en clase. As metodoloxías empregadas serán a resolución de problemas e a resolución autónoma de problemas.
Estas actividades compleméntanse co traballo persoal que o estudante deberá dedicar a cada unha delas.
Todo o material de apoio á docencia atópase na aula virtual da materia. Esta materia conta cunha Guía Docente na Aula Virtual na que se inclúe información detallada sobre: programa, profesorado, calendario, tipos de probas a realizar e criterios de avaliación.
Exame Teórico-práctico final. PONDERACIÓN: 60%. Poderá conter preguntas de test, resolución de problemas e exercicios ou un exame de desenvolvemento. Por medio deste instrumento avalíanse os seguintes resultados de aprendizaxe: C11, HD2, HD5, CP2 e CP11.
Avaliación continua. PONDERACIÓN: 40%. Resolución de exercicios e realización de traballos e probas en clase ou a través da aula virtual. Por medio deste instrumento avalíanse os seguintes resultados de aprendizaxe: C5, C11, HD2, HD4, HD5, CP2
A asistencia a clase non se valora por si mesma.
As actividades de avaliación continua que se realicen (ou se comecen a realizar) nas horas de clase só se valorarán se o estudante asiste a esa clase, aínda que se permita a entrega posterior das mesmas.
INFORMACIÓN XERAL:
O sistema de avaliación é o mesmo en ambas oportunidades de exame (maio/xuño e xuño/xullo) e para todos os estudantes.
O estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación. A dispensa de asistencia está regulada polo "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster". Para os casos de dispensa por causas sobrevidas, será o/a coordinador/a da materia quen decida como valorar a avaliación continua desenvolvida polo/a estudante ata ese momento.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Traballo presencial na aula:
Sesións expositivas: 14 horas
Sesións interactivas de laboratorio: 22 horas
Titorías (grupos reducidos): 2 horas
Exame e revisión: 4 horas
Horas non presenciais
Traballo persoal do estudantado: 71.5 horas
Considérase necesario:
A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas.
A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
A participación en clase e a discusión de dúbidas na aula e horas de titoría.
O idioma no que se imparte a materia é o galego.
Marta Portela Maseda
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| 31.05.2027 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 1 |
| 31.05.2027 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |
| 05.07.2027 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PORTELA MASEDA, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PORTELA MASEDA, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PORTELA MASEDA, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PORTELA MASEDA, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PORTELA MASEDA, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PORTELA MASEDA, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PORTELA MASEDA, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PORTELA MASEDA, MARTA | Galego |