Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 38
Linguas de uso Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Desenvolver a capacidade para aplicar os conceptos, principios e estratexias do marketing.
- Desenvolver coñecementos e capacidades para tomar decisións relacionadas coas accións comerciais sobre produto, prezo, distribución e comunicación
- Ser capaz de deseñar, implantar e avaliar un plan de marketing
- Ser capaz de xestionar estratexias comerciais utilizando ferramentas e canles en liña
- Prezo, produto e oferta
- O mix de comunicación na internet
- Internet como canle de distribución
BÁSICA;
- Kotler, P. y Armstrong, G. (2018). Principios de Marketing, 17ª ed. Ed. Pearson
- Rodríguez-Ardura, I. (2020). Marketing digital y comercio electrónico, 2ª ed. Ed. Pirámide
- Santesmases Mestre, M., Merino Sanz, M.J., Sánchez Herrera, J. y Pintado Blanco, T. (2018). Fundamentos de marketing, 2ª Ed. Ed. Pirámide
COMPLEMENTARIA:
Baena, V.; Moreno, M.F. (2010): Instrumentos de marketing. Decisiones sobre producto, precio, distribución, comunicación y marketing directo. Ed. UOC
Esteban, A.; Mondéjar, J.A. (coordinadores) (2013): Fundamentos de marketing. Ed. ESIC
García, M.D. (2008): Manual de marketing. Ed. ESIC
Martín-Santana, J.D.; Olarte, C.; Reinares-Lara, P.; Samino-García, R. (2019). Gestión de la comunicación: un enfoque integral. Ed. ESIC
Sainz de Vicuña Ancín, J.M. (2024): El plan de marketing en la práctica. 25ª ed. Ed. ESIC
Santesmases Mestre, M. (2012). Marketing. Conceptos y Estrategias, 6ª Ed. Ed. Pirámide
Vázquez Casielles, R., Trespalacios Gutiérrez, J.A. (2009) Estrategias de distribución comercial: diseño del canal de distribución y relación entre fabricantes y detallistas Ed. Paraninfo
Vázquez Casielles, R., Trespalacios Gutiérrez, J.A. y Rodríguez-del Bosque, I. (2005). Marketing: estrategias y aplicaciones sectoriales, 4ª ed. Ed. Thomson Civitas
C4. Definir a estratexia comercial da empresa
C9. Analizar información relevante para a toma de decisións empresariais
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD4. Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintas formulacións, mostrando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional.
CP9. Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo principal introducir ao estudante nos contidos dos temas que conforman o programa, destacando os aspectos máis relevantes e a relación entre estes e a actualidade.
Nas sesións interactivas intentarase que o estudantado aplique os conceptos teóricos. Estas sesións están encamiñadas á participación activa do estudantado, podendo incluír a análise de casos, a resolución de problemas, o comentario e debate de lecturas de textos, artigos ou temas de actualidade, e a realización e exposición de traballos de forma individual e/ou en grupo, entre outros. As actividades de traballo privado do estudantado inclúen, alén do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse no horario oficial publicado polo centro e terán carácter presencial. O profesorado poderá facer un seguimento da participación do estudantado nas sesións.
En caso de ser posible, levarase a cabo algunha sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
Utilizarase o apoio virtual para a docencia a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams
A avaliación terá en conta as actividades desenvolvidas polo estudantado (realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas artigos ou temas de actualidade, visualización e comentario de vídeos, realización e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos ou prácticos, etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións. Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, cuxa nota será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades será o seguinte:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE ORDINARIA
Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
a) Avaliación continua: resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos, cuestionarios e outras actividades vinculadas ás sesións expositivas e interactivas.
Peso na cualificación final: 40%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: C4, C9, HD2, HD4, CP9
b) Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o estudantado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre.
Peso na cualificación final: 60%.
A proba final terá carácter presencial.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: C4, C9, HD2, CP9
Para poder sumar á nota obtida no exame a puntuación lograda na avaliación continua, o estudantado deberá alcanzar unha nota mínima de 3 puntos sobre 6 no exame final de contidos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
SEGUNDA OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudante sexa distinta de Non Presentado.
En ambas as oportunidades, en actas constará a nota agregada do exame final e a avaliación continua, coas seguintes excepcións:
- Se o/a estudante non alcanza a nota mínima no exame (3 sobre 6), a nota que figurará en actas será a alcanzada nesta proba, non se agregará a avaliación continua.
- Se o/a estudante non se presenta ao exame final a nota en actas será igual a cero, non se agregará a avaliación continua.
A asistencia a clase será obrigatoria. Se o/a estudante non asiste polo menos ao 80% das sesións, salvo causa xustificada, non poderá presentarse ao exame, e a nota en actas será a súa nota de avaliación continua ponderada coa porcentaxe de asistencia a clase. Con anterioridade á data do exame publicarase unha listaxe dos estudantes que satisfán o requisito para poder examinarse.
O estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo o establecido no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da USC), será avaliado cun exame final específico que supoñerá o 100% da nota. Para os casos de dispensa por causas sobrevindas, será o/a coordinador/a da materia quen decida como valorar a avaliación continua desenvolvida polo/a estudante ata ese momento, con independencia do sinalado para os casos de dispensa estándar.
A materia é de 4,5 créditos.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Horas de clase expositiva e interactiva, titorías e exame: 42.
Traballo persoal do estudante: 71,5.
É recomendable que o estudantado traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procure a súa aplicación práctica nas actividades que se vaian propoñendo na materia.
Recoméndase o acceso regular ao Campus Virtual e ao correo institucional para informarse de diferentes cuestións que poidan xurdir durante o transcurso da materia.
Lara María Quiñoá Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824450
- Correo electrónico
- lara.quinoa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
| 31.05.2027 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
| 05.07.2027 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Quiñoá Piñeiro, Lara María | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Quiñoá Piñeiro, Lara María | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Quiñoá Piñeiro, Lara María | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Quiñoá Piñeiro, Lara María | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Quiñoá Piñeiro, Lara María | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Quiñoá Piñeiro, Lara María | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Quiñoá Piñeiro, Lara María | Galego |