Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 38
Linguas de uso Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coa materia de “Modelos de Toma de Decisións” preténdese que o estudantado adquira os coñecementos necesarios para comprender a importancia da toma de decisión nas empresas. Esta materia ten que proporcionar ao estudantado una visión global dunha serie de técnicas para a Toma de Decisións Empresarias, e ademais, que coñezan en apliquen a toma de decisión a distintas situacións empresariais complexas.
Terán que comprender o concepto de incertidume e como o proceso de toma de decisións reducirá a incertidume ante a maioría de problemas que surxan das empresas. E por último, o estudantado terá que desenvolver as habilidades necesarias para a Toma de Decisións Empresariais.
Polo tanto, ao completar a materia o estudantado será capaz de:
-Coñecer o modelo básico de maximización de utilidade suxeito a restrición orzamentaria.
-Entender o efecto da incertidume sobre as decisións individuais.
-Coñecer os elementos esenciais da teoría de xogos cooperativos e non cooperativos.
-Aplicar coñecementos de programación á situación do comportamento dos consumidores.
-Aplicar a información obtida dos datos á predición do comportamento dos consumidores.
-Simular a través de ordenador interaccións cooperativas e non cooperativas de axentes, para predicir o resultado.
Teoría da utilidade. Elección sen incertidume. Utilidade baixo incertidume.
Teoría de Xogos simultáneos con información completa.
Equilibrio de Nash. Xogos consecutivos con información completa. Xogos con información incompleta. Xogos cooperativos. Solución de xogos cooperativos.
Bibliografía básica:
Aguado Franco, J.C. (2007), Teoría de la decisión y de los juegos, Delta publicaciones, Madrid.
Pérez, J.; Jimeno, J.L.; Cerda, E. (2013), Teoría de Juegos, Pearson-Prentice Hall.
Bibliografía complementaria:
Antelo, M. (2019), Comportamiento estratégico, Barcelona: Ed. Reverté.
Antelo, M. (2022), Conflicto y cooperación, Madrid: Pirámide.
Binmore, K. (2007), La teoría de juegos. Una breve introducción, Alianza Textos. Economías.
Dixit, A. y Nalebuff, B. (2010), El arte de la estrategia, Antoni Bosh Editor.
Ferreira, J.L. (2020), Game theory: an applied introduction. Macmillan International.
Varian, H. (2002): Microeconomía Intermedia. 5ª Edición, Barcelona. Antoni Bosch.
C9. Analizar información relevante para a toma de decisións empresariais.
HD2. xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
CP2. Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análise e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais.
CP8. Desenvolver á análise estratéxica da empresa e o seu entorno para tomar decisións nas distintas áreas funcionais.
A docencia clasificarase en docencia expositiva e en docencia interactiva. A primeira está orientada á presentación dos contados teóricos da materia. Emplearase fundamentalmente a lección maxistral. Con respecto á docencia interactiva estará orientada a fomentar unha participación activa do estudantado e a acercalos aos aspectos prácticos da materia, mediante a utilización de estudios de caso, discusión e debates, resolución de problemas, tanto por medio analóxico como por medio do uso de ferramentas informáticas, realización de traballos en grupo ou individuais con ou sen exposición en público.
Añádense as titorías en grupo con actividades presenciais para a orientación e dinamización da materia e as titorías do traballo dos estudantes que serán para orientar a realización de traballos, preparación de exposición, búsqueda e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, así como a revisión de prácticas ou problemas.
A Aula Virtual ofrece material sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. A guía docente detallada do curso, na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, o material de apoio, as actividades complementarias, proporcionarase a través da aula virtual do curso.
O traballo individual do estudantado oriéntase cara á preparación do traballo na aula para consolidar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o estudantado reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizarán durante o semestre considerando diversos aspectos da adquisición de competencias as que contribúe.
O sistema de avaliación da materia basearase en dous compoñentes:
a) A proba final, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro. Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: C9, HD2, CP2 e CP8.
b) A realización das actividades e probas orais ou escritas durante as sesións expositivas e interactivas da materia. 2/3 da nota deste apartado corresponderán a probas orais ou escritas e 1/3 á valoración doutras actividades, tales como traballos e intervencións do estudantado en clases interactivas. Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: C9, HD2, HD5, CP2 e CP8.
A cualificación final terá en conta os requisitos anteriores, coa seguinte valoración:
a) 60% da puntuación total.
b) 40% da puntuación total.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao inicio do curso.
A avaliación das actividades contidas no apartado b) terase en conta unicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a convocatoria de maio e a convocatoria de xullo) e non se manterá para cursos posteriores.
Segunda oportunidade (recuperación). Na segunda oportunidade de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
O sistema de avaliación é o mesmo tanto para o estudantado de primeira matrícula como para o estudantado repetidor.
Estudantado con dispensa: Ao estudantado que, por causas recollidas no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, solicite e obteña dispensa de asistencia a clase, avaliaráselle a través dunha proba única, que se celebrará na data oficial establecida e cuxa nota suporá o 100% da cualificación final desta materia. No caso de ser aprobada esta solicitude, deberá comunicalo á coordinadora da materia.
No caso de dispensa por causas sobrevidas, será o coordinador da materia quen decida como valorar a avaliación continua desenvolvida polo estudante ata ese momento, con independencia do sinalado para os casos de dispensa estándar.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Unha valoración estimativa do tempo de traballo, á marxe das clases, para a adecuada preparación da materia estaría arredor das 71,5 horas. Distribúese o traballo presencial na aula e o traballo persoal do estudiantado:
Traballo presencial na aula:
Titorización en grupo reducido: 2 horas
Clases expositivas: 14 horas
Clases interactivas: 22 horas
Total 38 horas
Traballo persoal do estudantado:
Estudo autónomo, individual ou en grupo 20 horas
Elaboración de exercicios 38 horas
Preparación de exames 13,5 horas
Total 71,5 Horas
A materia de Modelos de Toma de Decisións necesita do manexo de conceptos rigorosos e precisos dentro dun modelo lóxico-matemático de interrelacións. Non é preciso o dominio de técnicas matemáticas avanzadas, pero si a súa plena comprensión e ademais recoméndase un estudo ordenado e sistemático da materia. Recoméndase estudar os temas de maneira continua ao longo do semestre, procurando comprender e razoar as estratexias revisadas na clase. Debido á natureza acumulativa dos conceptos da materia.
Yago Atrio Lema
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- yago.atrio.lema [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
| 15.01.2027 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
| 11.06.2027 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ATRIO LEMA, YAGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ATRIO LEMA, YAGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ATRIO LEMA, YAGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ATRIO LEMA, YAGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ATRIO LEMA, YAGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ATRIO LEMA, YAGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ATRIO LEMA, YAGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ATRIO LEMA, YAGO | Galego |