Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 38
Linguas de uso Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Este curso aborda a problemática da xestión da información na empresa desde un punto de vista global e especialmente vinculado á tecnoloxía.
O estudantado deberá desenvolver un proxecto de xestión completo, definindo o problema, deseñando e empregando a solución elixida nun sistema real, e enfrontándose a diferentes alternativas e retos que aprenderá a superar, e que o trasladará ás situacións futuras que se presenten nos seus exercicios profesionais.
Proponse unha aprendizaxe orientada a proxectos, onde comezará plantexando un reto a acadar, a partir do cal a materia achegará os recursos necesarios para a súa consecución.
As competencias adquiridas en sistemas integrados de xestión servirán tamén de apoio ao resto de materias onde a problemática da xestión da información formará parte activa dos desenvolvementos en cada unha delas.
Obxectivos da materia
Os obxectivos, para o estudantado, que se perseguen nesta unidade didáctica son:
• Familiarizarse co vocabulario e os conceptos básicos do mundo da xestión e a súa vertente tecnolóxica.
• Coñecer e saber utilizar diferentes ferramentas e recursos informáticos para as distintas áreas de xestión.
• Recoñecer a importancia da planificación para acadar os obxectivos desexados.
• Coñecer a importancia da calidade dos datos
• Resolve problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade
• Descubrir novas tendencias relacionadas cos sistemas de xestión
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
PARTE 1: Tecnoloxías da información aplicadas ás necesidades da empresa: Sistemas de información:
1 Concepto de Sistemas de xestión. ERP.
2 Aportación á empresa
3 Evolución histórica
4 Conceptos ERP
5 Mercado ERP
6 Tipos de ERP
PARTE 2: Tecnificación, dixitalización e automatización de procesos empresariais
1 Procesos empresariais
2 Módulos básicos dun sistema ERP
3 Os sistemas e o seu entorno
4 Estructuras dos sistemas integrados de xestión
5 Integracións con outros sistemas
5 Impacto da Intelixencia Artificial no ERP
PARTE 3: Codiseño e implantación dos Sistemas de Información
1 Implantación dun ERP
1.1 Recollida de información
1.2 Viabilidade
1.3 Obxectivo, alcance, entorno
1.4 Especificación de requisitos
1.5 Avaliación e selección de software
1.6 Fases
1.7 Metodoloxías
1.8 Etapas dos sistemas de información. Xestión do proxecto
PARTE 4: Software para a Planificación Integrada de Recursos Empresariais
4.1 INTRODUCCIÓN AO USO DE SISTEMAS ERP COMERCIALES E SUS MÓDULOS
1 Finanzas
2 CRM – Ventas
3 SRM. Compras
4 MRP
5 Proxectos
6 Abastecementos. Cadena de suministro
7 Soporte á xestión . BI.
8 Recursos Humanos
9 IA
10 Outros
4.2 INTRODUCIÓN Á PROGRAMACIÓN dun ERP con Odoo
1. Módulos
2. Modelos de datos
3. Vistas
4. Informes
5. Programación con Intelixencia Artificial
Bibliografía básica
• LUIS F. DIAZ DOMINGUEZ : SISTEMAS DE GESTION INTEGRADA PARA LAS EMPRESAS (ERP). . UNIVERSIDAD DE ALCALA DE HENARES
• Alvaro Gomez Vieites , Carlos Suarez Rey : Sistemas de Información. Herramientas prácticas para la gestión empresarial. 4ª Edición
• Medina Garrido, J. y Arjonilla, S. (2013): La gestión de los sistemas de información en la
• empresa. (3ra ed.). España: Editorial Pirámide.
• Greg Moss (2019) : “Learn Odoo: A beginner's guide to designing, configuring, and customizing business applications”, Packt Publishing
Bibliografía complementaria
• ARJONILLA DOMÍNGUEZ, S.J.; MEDINA GARRIDO, J.A. (2009): “La gestión de los sistemas de información en la empresa. Teoría y casos prácticos”, Ediciones Pirámide, Madrid.
• MENCHEN PEÑUELA, A. (2010): “Informática para la Gestión y Administración”. Starbook. Madrid
• JJ Yadav, Sandeep Shukla, Rahul Mohta, Yogesh Kasat (2020):Implementing Microsoft Dynamics 365 for Finance and Operations Apps: Learn best practices, architecture, tools, techniques, and more
C10 - Coñecer as diferentes solucións tecnolóxicas personalizadas para as necesidades empresariais.
C12 - Coñecer e explicar as diferentes técnicas de presentación e elaboración de informes para a xestión tecnolóxica en diferentes formatos e soportes.
C9 - Recoñecer e explicar a información relevante para a toma de decisións empresariais.
CP2 - Interpretar a información relevante utilizando as técnicas e ferramentas analíticas dispoñibles para apoiar a toma de decisións empresariais.
CP5 - Xestionar os sistemas de información empresarial para tomar decisións relacionadas coa súa especificación, deseño e implementación.
HD2 - Xestionar información de diferentes fontes para adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a desafíos, resolver problemas e tomar decisións.
HD8 - Utilizar ferramentas de cálculo e análise, diferentes tipos de linguaxes e tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
A metodoloxía de ensino que se persegue dentro da materia na que se encadra a presente asignatura é a seguinte:
• Os contidos da materia impartiranse, fundamentalmente de forma presencial, nas clases expositivas e nas clases interactivas. As unidades teóricas e prácticas impartiranse de maneira alternativa ao longo do semestre co obxecto de afianzar os conceptos impartidos nelas.
• A realización de todas as actividades propostas é necesaria, ao igual que a asistencia a todas as clases (expositivas e interactivas) para superar a materia.
• Os recursos necesarios para a presente materia son os seguintes:
a) Dispoñer dun ordenador persoal
b) Acceso do estudantado á bibliografía na Biblioteca ou por Internet
c) OpenOffice ou LibreOffice para a preparación da documentación das prácticas
d) Acceso ao campus virtual da USC
e) Acceso a Ms Teams
Clases expositivas e interactivas:
As clases consistirán na explicación dos apartados do programa coa axuda dunha presentación electrónica.
Tamén se realizarán exercicios na pizarra, facendo que o estudantado participe e desenvolva e configure a súa propia ferramenta de xestión, interactuando co profesorado para a resolución destes. Todos os contidos dixitais (as diapositivas da presentación en formato PDF) serán postos á disposición do estudantado no Campus Virtual.
As clases presenciais terán lugar fundamentalmente nunha aula de informática, na que se proporcionará un ordenador para cada estudante. Cando a docencia se imparta por medios virtuais, utilizarase a ferramenta Ms Teams para levala a cabo. A metodoloxía de aprendizaxe das prácticas consiste fundamentalmente na resolución, por parte do estudantado, das actividades propostas, individualmente ou por grupos, coa axuda do profesorado.
Para superar a materia, o estudante terá que realizar todas as actividades que propón e superar os exames correspondentes.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será da aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Primeira oportunidade:
Para superar a materia, o estudante deberá:
- Haber asistido ás clases (75% das horas),
- Haber entregado as actividades propostas (30% da calificación final),
Avalíanse as competencias:
C9, CP5, CP2
- Participación en talleres e/ou exposicións orais realizadas durante o curso, así como a participación en clases (30% da calificación final)
Avalíanse as competencias:
C10, C12, HD8, HD2
- Aprobar por separado tanto a teoría, que se realizará mediante un exame tipo test coa axuda da plataforma virtual, como a parte práctica, que se realizará mediante tareas na plataforma virtual da asignatura consistente na resolución de problemas prácticos ou sobre unha implantación ERP habilitada para este propósito (40% da cualificación final).
Avalíanse as competencias:
C9, CP5
As preguntas do exame teórico poderán referirse tanto aos contidos reflectidos nos puntos da asignatura como aos contidos prácticos traballados polo estudante nas actividades entregadas. Estas probas poderán constar de preguntas tipo test, preguntas cortas e problemas de casos prácticos.
En todas as probas se avaliará o grao de asimilación das competencias establecidas no programa docente da materia. Non se realizará ningún exame parcial. Para superar a materia terá que demostrar un coñecemento superior ao 40% en todos os tipos de avaliación.
Segunda oportunidade:
Todos os estudantes teñen dereito a asistir ao exame da segunda oportunidade. Se mantén a nota, e tamén o seu peso na nota final, conseguida en cada unha das partes (asistencia a clase, entrega de actividades e as notas da parte teórica, como da parte práctica) durante o curso. Sen embargo, os estudantes poderán entregar en data previa o exame da segunda oportunidade, aquelas actividades que non hubiesen alcanzado a nota da corte na convocatoria anterior. Para superar a materia terá que demostrar un coñecemento superior ao 40% en todos os tipos de avaliación
Dispensa de asistencia: No caso de dispensa de asistencia, o estudante estará exento do deber de asistencia a clase, pero estará obrigado a realizar e entregar as actividades prácticas propostas, así como aprobar o exame final.
Para os casos de dispensa por causas sobrevenidas, será o/a coordinador/a da materia quen decida como valorar a avaliación continua desenvolvida polo/a estudante ata ese momento, con independencia do sinalado para os casos de dispensa estándar.
Os estudantes repetidores de cursos anteriores estarán exentos do deber de asistencia a clase presencial. Para aprobar a asignatura, deberá aprobar o exame teórico e os exercicios prácticos, igual que os estudantes restantes.
Tempo de estudo e traballo persoal
A materia ten unha carga de traballo fixa de 4,5 ECTS. Estes datos dan lugar a unha carga de traballo para o material entre 112,5 (4,5x25) horas e 130 (4,5x30) horas.
Na guía da materia pódese ver un estudo máis detallado sobre o tempo de estudo e traballo persoal necesario para superar a materia. A recomendación xeral sería empregar entre 10 e 12 horas (incluídas 4 horas de clase) á semana
Traballo presencial na aula
• Docencia expositiva: 14 horas.
• Docencia interactiva/ de seminario/ laboratorio: 22 horas.
• Titorías en grupo (con grupos reducidos): 2 horas.
• Actividades de avaliación: 4 horas.
TOTAL 42 horas
Traballo persoal do estudante
• Estudo grupal ou individual 18 horas.
• Resolución de casos prácticos: 38 horas.
• Preparación dos traballos do curso 2 horas.
• Preparación de probas de avaliación : 13,5 horas.
TOTAL 71,5 horas
Dado que se emprega unha metodoloxía baseada na avaliación continua, é necesario un traballo continuo cos contidos da materia. Isto é especialmente importante coas prácticas, xa que algúns contidos están baseados nos anteriores, o que fai moi cómodo ter asimilado os temas anteriores antes de intentar comprender os novos. É o único xeito de poder superar as diferentes actividades de avaliación que se propoñen.
Para o estudo da materia recoméndase a realización de todos os exercicios e actividades, tanto os que se resolvan nas propias sesións interactivas, como os que se propoñan.
Santiago Argueso Armesto
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- santiago.argueso.armesto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
| 19.01.2027 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 1 |
| 19.01.2027 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |
| 16.06.2027 15:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARGUESO ARMESTO, SANTIAGO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARGUESO ARMESTO, SANTIAGO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARGUESO ARMESTO, SANTIAGO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARGUESO ARMESTO, SANTIAGO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARGUESO ARMESTO, SANTIAGO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARGUESO ARMESTO, SANTIAGO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARGUESO ARMESTO, SANTIAGO | Castelán |