Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
-Coñecer o rol da economía dixital na economía
-Identificar e explicar as políticas públicas para o desenvolvemento da economía dixital
-Coñecer e saber utilizar as fontes estatísticas fundamentais relacionadas coa economía dixital
1. Introdución á economía dixital
-Definición e características básicas
-A economía dixital en perspectiva histórica
2. Fundamentos teóricos da economía dixital
-Custo marxinal cero e economías de escala
-Custos de transacción e economía dixital
-Innovacións dixitais nos modelos de negocio
3. Políticas públicas para a economía dixital
-O marco regulador na Unión Europea e en España
-Promoción da economía dixital
4. Retos da economía dixital
-Desigualdades socio-económicas e economía dixital
-Necesidades materiais da economía dixital
-Economía dixital e tributación
Bibliografía básica:
Barefoot, K., Curtis, D., Jolliff, W. A., Nicholson, J. R., & Omohundro, R. (2018). Defining and Measuring the Digital Economy. U.S. Bureau of Economic Analysis (BEA). https://www.bea.gov/research/papers/2018/defining-and-measuring-digital…
Frase, P. (2020). Cuatro futuros: Ecología, robótica, trabajo y lucha de clases para después del capitalismo. Blackie Books.
Mason, P. (2016). Postcapitalismo: Hacia un nuevo futuro. Paidós.
Robles, J. M. (Ed.). (2017). Las desigualdades digitales. Los límites de la Sociedad Red (Vol. 25). Funcas. https://www.funcas.es/revista/las-desigualdades-digitales-los-limites-d…
Fontes de informes e series estatísticas de interese:
Asociación Española de la Economía Digital: https://www.adigital.org/publicaciones/
Banco de España. Publicaciones: https://www.bde.es/bde/es/secciones/informes/
Banco Mundial: www.bancomundial.org
European Comissión. The Digital Economy and Society Index (DESI): https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/policies/desi
EUROSTAT: https://ec.europa.eu/eurostat/web/main/home
Fondo Monetario Internacional: www.imf.org
Fundación BBVA: https://www.fbbva.es/
Fundación de las Cajas de Ahorro: www.funcas.es
Instituto de Comercio Exterior (ICEX): www.comercio.es
Instituto Nacional de Estadística (INE): www.ine.es
Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas: http://www.ivie.es/es_ES/
Ministerio de Economía, Comercio y Empresa: https://portal.mineco.gob.es/es-es/Paginas/index.aspx
Organización Mundial de Comercio: www.wto.org
Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico: www.oecd.org
Básicas e xerais:
CB1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecemento ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar dados relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolveran aquelas destrezas de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
CT1. Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas desde diferentes perspectivas
CT2. Procurar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización
CT9. Capacidade para a aprendizaxe autónoma e autoavaliación
Específicas:
CE1. Entender os aspectos fundamentais do entorno social e económico a nível macro e micro, con especial atención ao comportamento do consumidor e a evolución dos sectores produtivos, no marco global da nova economía e a sociedade da información.
CE13. Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análise e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións.
Esta materia non ten asignada docencia por tratarse dun plan de estudos en extinción. O estudantado deberá preparar a materia de forma autónoma, sendo guiados polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte no proceso de ensino-aprendizaxe.
O sistema de avaliación consistirá nunha proba final de contidos na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Representará o 100% da nota.
A materia ten 6 ECTS que equivalen a 150 horas.
Esta materia parte da base de que o alumnado adquiriu as competencias e os obxectivos de aprendizaxe das materias cursadas no curso anterior, especialmente na materia de Nova economía e tecnoloxía.
Recoméndase avanzar progresivamente coa lectura, comprensión e estudo dos contidos da materia. Todos os materiais ofrecidos son susceptíbeis de ser materia de exame.
Recoméndase non esgotar os prazos de entrega das actividades prácticas para non arriscarse a deixar actividades sen entregar por causa de imprevistos.
Lémbrase a dispoñibilidade de servizo de titorías para a resolución de calquera tipo de dúbida ou problema que se presente ao longo do curso.
Raul Rios Rodriguez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- raul.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
12.01.2026 18:00-21:00 | Grupo de exame | Seminario 1 |
08.06.2026 18:00-21:00 | Grupo de exame | Seminario 1 |