Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Xestión Financeira da Empresa ten como obxectivo dotar ao estudantado dunha comprensión profunda do proceso de creación de valor no ámbito empresarial, así como dos principais factores que o determinan. Abórdase o marco global da estratexia e planificación financeira, facendo especial énfase nos distintos tipos de decisións financeiras —investimento, financiamento, distribución de dividendos e xestión operativa— e na interrelación entre elas. A materia tamén capacita ao estudantado para utilizar programas de folla de cálculo, sistemas integrados de xestión e ferramentas financeiras en liña, co fin de analizar e resolver problemas financeiros reais, fomentando unha visión analítica, estratéxica e orientada á toma de decisións fundamentadas.
– Estratexia, planificación e diagnóstico financeiro orientados á creación de valor.
– Decisións de investimento e financiamento e análise da súa interrelación.
– Decisións de política de dividendos.
– Análise e xestión das necesidades operativas de fondos.
– Fundamentos da aplicación dos sistemas integrados de xestión (ERP) á xestión financeira.
– Ferramentas financeiras en liña (comparadores, simuladores) e prácticas en follas de cálculo.
Bibliografía básica
BREALEY, MYERS, ALLEN., Principios de Finanzas Corporativas, 11ª ed., Irwin, McGraw Hil, 2015.
RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Estrategias de Planificación Financiera Aplicada, Andavira, 2014
RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Modelos de Planificación y Valoración de Empresas, Andavira, 2015
FERNÁNDEZ, P., Valoración de Empresas, Gestión 2000, Barcelona, 2004.
Apuntamentos proporcionados polo profesorado, dispoñibles no campus virtual. Parte destes apuntamentos son tomados de Juan Mascareñas: Monografías de Finanzas Corporativas (http://www.juanmascarenas.eu/monograf.htm).
Bibliografía complementaria
BECK, J.; DEMARZO, P. y HARDFORF, J. (2010): Fundamentos de Finanzas Corporativas, Pearson.
PINDADO, J. (Coord.) (2011): Dirección Financiera, Paraninfo, Madrid.
DAMODARAN, A., Applied Corporate Finance, 4ª ed., John Wiley & Sons, Nueva York, 2015.
Básicas e xenerais
CG2 - Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CG5 - Capacidade de análise do comportamento dos axentes económicos e do funcionamento dos mercados e o seu papel nos procesos de transformación dixital.
CG7 - Coñecer e empregar correctamente as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías relacionadas coa xestión empresarial.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes.
CT3 - Utilizar e comunicar información en lingua estranxeira.
CT5 - Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT10 - Habilidade no manexo de ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
Específicas
CE8 - Deseñar e xestionar a estratexia financeira e coñecer novas formas de financiamento nun contexto socioeconómico dixital e globalizado.
CE13 - Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análises e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións.
CE17 - Propoñer e codirigir a integración dos sistemas de información avanzados e coñecer as súas aplicacións nos distintos ámbitos da xestión da empresa, atendendo a requisitos de calidade, seguridade e protección da información, facendo uso da criptografía, intelixencia artificial e big data.
A docencia impartirase de forma semipresencial utilizando o Campus Virtual e MS Teams. A metodoloxía que levará a cabo nesta materia apoiarase nas seguintes actividades:
1. profesorado indicará no Campus Virtual os libros, capítulos de libros e en xeral o material necesario que sexa máis adecuado para o seguimento da materia, e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema.
2. Os estudantes realizarán as actividades prácticas que serán preferentemente de carácter individual. Propoñeranse varios casos prácticos que deberán ser entregados nas datas correspondentes de acordo con o cronograma establecido.
3. Participación activa do estudantado en actividades colaborativas (principalmente foros de debate).
4. Sesións presenciais: realizarase unha revisión breve dos contidos de cada unidade temática, así como actividades complementarias ás realizadas de forma individual polos estudantes. As sesións impartiranse na aula asignada.
As titorías terán como obxectivo orientar ao estudantado e levarán a cabo a través de MS Teams.
A avaliación continua recollerá a nota derivada de todas as actividades desenvolvidas polo estudantado (participación activa na resolución de casos, presentación e exposición de traballos, resolución de problemas, prácticas na aula de informática etc.)/ etc.).
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade (de recuperación). O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o estudantado de primeira matrícula como para o estudantado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Exame final: Ponderación: 60% da cualificación final. Proba OBRIGATORIA de carácter teórico-práctico, podendo consistir nun test ou outras modalidades de cuestións. Cualificarase sobre 6 puntos, e requirirase un mínimo de 2,5 puntos para sumar a nota de avaliación continua.
2. Avaliación continua. Ponderación: 40% da cualificación final. Propoñerase a realización de varias actividades prácticas de diferentes tipos: resolución de caso práctico, análise de texto/vídeo e comentario, conferencia temática e resolución dun test de coñecementos relacionados coa devandita actividade etc. A non realización destas actividades xustificada con algunha das causas incluída no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela compensarase de forma que non afectará o cálculo da nota de avaliación continua. No caso de que a causa non entre dentro das mencionadas no Regulamento, non se poderá recuperar nin substituír por outras actividades alternativas.
Asistencia: para que a cualificación obtida mediante a avaliación continua sexa tida en conta na nota final da materia, será requisito que o estudante asistise, polo menos, ao 80% das clases interactivas programadas. Esta condición garante unha participación activa nas actividades prácticas e formativas que conforman o seguimento continuo da aprendizaxe.
A NOTA FINAL calcularase da seguinte forma:
a) En caso de obter unha cualificación de 2,5 ou superior no exame, sumarase a nota de E.C.
b) En caso de obter unha nota inferior a 2,5 no exame, a nota final será a de E.C.
Estes criterios serán aplicables a todos os estudantes matriculados na materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade do exame, e en primeira ou sucesivas matrículas.
Calquera estudante poderá presentarse ao exame final haxa realizado ou non as actividades propostas na avaliación continua. En caso de non realizar as anteriores tarefas a súa cualificación provirá exclusivamente do exame final optando ao 60% da nota.
Segunda oportunidade (recuperación). Na segunda oportunidade de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
O sistema de avaliación é o mesmo tanto para o estudantado de primeira matricula como para o estudantado repetidor.
Estudantado repetidor: Os estudantes que xa cursasen a materia e dispoñan dunha cualificación de E.C. en calquera dos 2 cursos anteriores ao actual, poden manter dita nota. No campus virtual habilitarase un formulario para comunicalo, dentro do prazo indicado, á coordinadora da materia.
Estudantado con dispensa: Aos estudantes que, por causas recollidas en Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, soliciten e obteñan dispensa de asistencia a clase, avaliaráselles a través dunha proba única, que se celebrará na data oficial establecida e cuxa nota supoñerá o 100% da cualificación final desta materia. En caso de ser aprobada esta solicitude, deberá comunicalo á coordinadora da materia.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo distribúense do seguinte modo:
– Sesións presenciais para presentación de contidos básicos e prácticas: 12 horas
– Titorías en grupos reducidos (presencial ou por MS Teams): 6 horas
– Exame presencial: 3 horas
– Traballo persoal do estudante: 129 horas
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o estudantado revise os materiais didácticos do tema correspondente antes de cada sesión presencial. É importante que participe activamente nas actividades e consulte a bibliografía e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que o estudantado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso ao campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do estudantado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Vanessa Miramontes Viña
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- vanessa.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 1 |
01.06.2026 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
06.07.2026 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |