Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Ao completar esta materia o estudante será capaz de:
• Comprender os principais elementos que conforman o sistema financeiro (activos, institucións, mercados) e os cambios derivados da integración das novas tecnoloxías.
• Interpretar a empresa como un conxunto de relacións contractuais que afectan as decisións financeiras e que esixen actuar de modo ético e responsable para contribuír á creación de valor.
• Manexar as relacións e conceptos matemáticos aplicados convencionalmente na análise das operacións financeiras considerando o valor do diñeiro no tempo.
• Comprender a relación entre rendibilidade, risco e valor e valorar distintos tipos de activos financeiros (bonos, accións, derivados).
• Utilizar programas de folla de cálculo para resolver problemas financeiros e fontes de información na web para a obtención de datos fiables.
· Finanzas e sistema financeiro. Dixitalización do sector financeiro.
· Activos, intermediarios e mercados financeiros. Tipos de interese.
· Papel e obxectivo da dirección financeira. Goberno Corporativo, ética e responsabilidade social. Principios básicos das finanzas.
· Fundamentos de matemática financeira.
· Rendibilidade, risco e valor. Valoración de activos financeiros.
· Prácticas con follas de cálculo.
· Finanzas na internet (información sobre tipos de interese, mercados, institucións, activos).
Básica
PINDADO, J. (Coord.) (2011): Dirección Financiera, Paraninfo, Madrid
XIMÉNEZ RODRÍGUEZ, S.; FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y otros (2000): Análisis y cálculo de las operaciones financieras, Tórculo, Santiago.
Complementaria
ARIZA, A. Y RUIZ, I., Finanzas para todos, ESIC, 1999
ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES, El Sistema Financiero Español, AFI, 2008.
BAQUERO, M.J., MAESTRO, M.L. (2003): Problemas resueltos de matemática de las operaciones financieras, Thomson.
BREALEY, MYERS y MARCUS (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas, 5ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España. Libro básico para los contenidos teóricos de la materia.
BREALEY, MYERS y ALLEN (2015): Principios de Finanzas Corporativas, 11ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
BROWN, R.L., KOPP, S., ZIMA, P. (2011): Mathematics of Finance, 7th Edición, McGraw-Hill.
FABOZZI, F, MODIGLIANI, F. e FERRI, M., Mercados e Instituciones Financieras, Ed. Prentice Hall, 1996.
MARTIN MARIN, José Luis; TRUJILLO PONCE, Antonio (2004): Manual de Mercados Financieros. Thomson, Madrid.
PALOMO ZURDO, R. e MATEU GORDON, J., Productos, instrumentos y operaciones de inversión, ISTPB, 2004.
RODRÍGUEZ, L.; PAREJO, J. A.; CUERVO, A. e CALVO, A., Manual del sistema financiero español, 20ª edic., Ariel, Barcelona, 2007.
SUÁREZ SUÁREZ, S.: Decisiones óptimas de inversión financiación en la empresa (15º edición); Ed. Pirámide.
GONZÁLEZ VELASCO, Mª del Carmen (2001): Análisis de las operaciones financieras: 150 supuestos resueltos, Civitas.
NAVARRO ARRIBAS, E. (2019): Matemáticas de las operaciones financieras. Pirámide.
VILLALOBOS, J.L. (2001): Matemáticas financieras, 2ª edición, Prentice Hall.
Básicas e xerais
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CG4. Desenvolver un pensamento e razoamento crítico, incluíndo reflexións éticas sobre temas fundamentais de carácter empresarial e económico na era dixital, e comunicalos de maneira efectiva, tanto nas linguas propias como en inglés
CG5. Capacidade de análise do comportamento dos axentes económicos e do funcionamento dos mercados e o seu papel nos procesos de transformación dixital.
Transversais
CT2. Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes.
CT3. Utilizar e comunicar información en lingua estranxeira.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT8. Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade cara a temas sociais ou ambientais.
CT10. Habilidade no manexo de ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
Específicas
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE8. Deseñar e xestionar a estratexia financeira e coñecer novas formas de financiamento nun contexto socioeconómico dixital e globalizado.
CE13. Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análises e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións.
Esta materia non ten asignada docencia por tratarse dun plan de estudos en extinción. O estudantado deberá preparar a materia de forma autónoma, sendo guiados polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte no proceso de ensino-aprendizaxe.
O sistema de avaliación consistirá nunha proba final de contidos na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Representará o 100% da nota.
A materia ten 6 ECTS que equivalen a 150 horas.
Ada Maria Perez Pico
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- adamaria.perez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
01.07.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 6 |