Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao finalizar a materia, o estudantado será capaz de:
• Planificar, elaborar e desenvolver un plan de investigación de mercados, utilizando técnicas cuantitativas.
• Planificar, elaborar e desenvolver un plan de investigación de mercados, utilizando técnicas cualitativas.
• Identificar as técnicas de investigación comercial máis apropiadas para a toma de decisións.
• O proceso de investigación de mercados.
• A investigación cualitativa e a observación.
• A experimentación comercial.
• Investigación cuantitativa: recollida de información e análise de datos.
Bibliografía básica:
- Grande Esteban, I.; Abascal Fernández, E. (2017): “Fundamentos e técnicas de investigación comercial”, 13ª ed., ESIC editorial, Madrid.
- Luque, T. (2017). Investigación de marketing 3.0, Editorial Pirámide, Madrid.
- Pintado Blanco, T.; Sánchez Herrera, J.; Grande Esteban, I.; Estévez Muñoz, M. (2015): “Introdución á investigación de mercados”, 2ª ed., ESIC editorial, Madrid.
- Villaverde, S.; Monfort, A.; Merino Sanz; M. J. (2020): “Investigación de mercados en contornas dixitais e convencionais. Unha visión integradora”, ESIC Editorial
Bibliografía complementaria:
- Castañeda, M. B.; Cabrera, A. F.; Navarro, E.; De Vries, W. (2010): “Procesamento de datos e análises estatísticos utilizando SPSS”, EdiPUCRS
- Esteban, A.; Molina, A. ( coord.) (2014): “Investigación de mercados”. ESIC Editorial.
- Hair, J. F.e outros (2010): “Investigación de mercados”, 4ª ed., McGraw- Hill.
- Luque, T. (2012): “Técnicas de análises de datos en investigación de mercados (Economía e Empresa)”, Editorial Pirámide.
- Malhotra, N. (2008): “Investigación de mercados”, 5ª ed., Pearson Prentice Hall.
- Sarabia, F. J. ( coord.) (2013): “Métodos de Investigación social e da empresa”. Editorial Pirámide, Madrid.
- Visauta, B. (2007): “Análise estatística con SPSS 14, estatística básica”, McGraw- Hill editorial, Madrid.
BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CG6. Capacidade de liderado e organización do traballo, tanto individual como colaborativo, e de adaptación a unha contorna en constante cambio e evolución.
CG7. Coñecer e empregar correctamente as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías relacionadas coa xestión empresarial
TRANSVERSAIS
CT2. Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes.
CT4. Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización.
CT10. Habilidade no manexo de ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
ESPECÍFICAS
CE1. Entender os aspectos fundamentais da contorna social e económica a nivel macro e micro, con especial atención ao comportamento do consumidor e a evolución dos sectores produtivos, no marco global da nova economía e a sociedade da información.
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE13. Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análises e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións.
CE14. Coñecer e saber utilizar ferramentas e mecanismos de representación, almacenamento, transformación, análise e comunicación da información de maneira fiable e eficiente.
As sesións expositivas teñen como principal obxectivo familiarizar ao estudantado cos contidos teóricos da materia. Combinarase a lección maxistral coa análise de casos de actualidade, comentarios críticos, vídeo-debates, etc.
As sesións interactivas estarán encamiñadas á resolución de exercicios, análises de casos e a guiar aos estudantes na realización dun estudo de mercado ao longo do curso, que se desenvolve na medida que o estudantado vai adquirindo os coñecementos teóricos necesarios para a súa realización. Estas sesións prácticas desenvolveranse a aula de informática. Algunhas destas prácticas, xunto coa realización do estudo de mercado por parte do estudantado, implicarán a utilización de aplicacións informáticas específicas como o programa estatístico SPSS. Este traballo de investigación realizarase en grupos compostos por un máximo de tres persoas. O obxectivo é controlar a participación de todos os estudantes e que, deste xeito, alcancen o nivel de aprendizaxe desexada.
En caso de ser posible, levará a cabo algunha sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse no horario oficial publicado polo centro e terán carácter presencial.
A avaliación desta materia terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo estudantado. Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade, terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación académica sexa superior.
-Primeira oportunidade ordinaria. Para a cualificación final terase en conta tanto a avaliación continua como unha proba final de contidos. A cualificación final a obter polo estudantado será o resultado de sumar as tres puntuacións seguintes:
a) Puntuación obtida no exame final de contido teórico, que supón un 50% da cualificación final. O exame final, de carácter obrigatorio, cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
b) Puntuación obtida no traballo final de investigación de mercados realizado en grupo, que supón un 40% da cualificación final.
c) Valoración das prácticas, exercicios e actividades desenvoltos na aula e propostos pola profesora nas sesións interactivas, que supón un 10% da cualificación final.
A asistencia a clase en sí mesma non terá un peso específico na calificación final da materia.
Para poder sumar á nota obtida no exame a puntuación lograda na avaliación continua, o estudantado deberá alcanzar unha nota mínima de 2 puntos sobre 5 no exame final de contidos. Ademais, o estudantado deberá: a) superar, como mínimo, o 70% das prácticas propostas nas sesións interactivas e realizadas fundamentalmente na aula; e b) obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 no traballo final de investigación de mercados.
Cando un estudante, por falta de asistencia, non poida completar e entregar algunha das actividades da aula, se a ausencia está xustificada de acordo co Regulamento de asistencia a clases para os graos e másteres, poderá compensarse na forma que determine o profesorado da materia. En caso contrario, non poderá compensarse de ningún xeito.
-Segunda oportunidade extraordinaria. Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a simple asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do alumno sexa distinta de Non Presentado.
Para os casos de REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS Ou PROBAS será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Avaliación continua: CE13, CE14, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT2, CT4, CT10, CT6
Exame final: CE1, CE2, CE13, CG2, CG6, CG7, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT5, CT4
O estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo o establecido no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiales de grado e master da USC), avaliarase cun exame final específico que supoñerá o 100% da nota.
As horas de traballo totais distribúense da seguinte maneira: Horas de clase expositiva e interactiva, titorías e avaliación : 41 horas. Traballo persoal do alumnado: 71,5 horas.
É recomendable que o estudantado traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procure a súa aplicación práctica de fronte ao estudo de mercado que, ao mesmo tempo, está a desenvolver. Ademais, resulta conveniente a comunicación co profesorado mediante a utilización das titorías persoais.
Maria Belen Bande Vilela
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824473
- Correo electrónico
- belen.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
10:45-11:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
15.06.2026 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |