Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral da materia é achegar ao estudantado aos coñecementos, habilidades e destrezas necesarias para iniciarse no desenvolvemento das competencias vinculadas ao ámbito da Socioloxía da Educación. Para acadar este obxectivo e conseguir o desenvolvemento das competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia, propoñense os seguintes obxectivos específicos:
Obxectivos referidos ao saber facer (Procedementais)
Nesta materia preténdese contribuír ao desenvolvemento, mellora e/ou consolidación das seguintes destrezas e/ou habilidades:
1.Saber traballar en grupo con compañeiras/os de clase e, con outros axentes da contorna.
2.Saber realizar un informe académico consonte a criterios de calidade esixibles a un estudante de primeiro curso de Universidade.
3.Saber buscar información en fontes fiables.
4.Saber elaborar un discurso orixinal, propio, debidamente citado e referenciado segundo a normativa APA de citación.
5.Saber comunicar oralmente os resultados dun traballo académico universitario.
Obxectivos referidos ao saber ser (Actitudinais):
Nesta materia preténdese contribuir a desenvolver, mellorar e/ou consolidar actitudes relacionadas con:
1.O compromiso social.
2.O compromiso ético.
3.O respecto cara a diversidade.
4.A empatía.
5.A responsabilidade.
6.O pensamento crítico.
7.O pensamento creativo.
8.A curiosidade.
Obxectivos referidos ao saber (Epistemolóxicos):
1.Coñecer as aportacións da Socioloxía da Educación á formación do profesorado.
2.Coñecer a relación da Socioloxía da Educación con outras disciplinas, especialmente coa Didáctica.
3.Coñecer a importancia dos contextos sociais e das necesidades sociais que destes se deriven, no deseño de propostas didácticas.
4.Coñecer os cambios sociais máis significativos que afectan á sociedade actual (cambio nos roles, estereotipos e relacións de xénero; inmigración; novas pantallas; internet; tecnoloxías da información e da comunicación; diversidade de modelos de familia, etc…) e, as súas implicacións na escola.
5.Coñecer a contribución do coñecemento sociolóxico á adquisición de competencias relacionadas coa profesión docente.
6.Coñecer os mitos, estereotipos e prexuízos sociais sobre a profesión docente.
7.Coñecer a influencia da historia escolar persoal do alumnado de Maxisterio na percepción, ideas previas, crenzas, teorías implícitas… sobre a profesión docente.
8.Coñecer terminoloxía básica propia do ámbito disciplinar da Socioloxía.
9.Saber que é a observación sociolóxica, para que serve na escola e como se fai.
10.Coñecer a influencia dos múltiples contextos (familia, cultura, idioma, comunidade e sociedade) na aprendizaxe e desenvolvemento da infancia.
11.Coñecer as desigualdades estruturais existentes na sociedade e como afectan á aprendizaxe, ao desenvolvemento e ao benestar da infancia.
12.Coñecer as relacións e implicacións mutuas entre familia e escola.
13.Coñecer o papel dos recursos do entorno e da propia escola para apoiar a aprendizaxe e, para compensar as desigualdades.
PRESENTACIÓN: Motivacións no acceso ao Grao de Mestre/a de Educación Infantil. Autocoñecemento do alumnado de Maxisterio: Fortalezas e debilidades. Deseño dun itinerario de aprendizaxe individual.
Contextos e historia escolar persoal do alumnado de Maxisterio: implicacións nas ideas previas, crenzas, teorías implícitas sobre a profesión docente.
Competencias profesionais: Contribución da Socioloxía da Educación á adquisición de competencias profesionais das educadoras/es de Educación Infantil.
Ensinar. Instruir. Educar.
Fins e obxectivos da educación na sociedade actual do coñecemento.
Funcións da Escola Infantil. A función social e a función educativa da E.I.
O uso dos recursos do centro e da contorna para apoiar a aprendizaxe e compensar as desigualdades.
Roles sociais. Socialización. Axentes e axencias de socialización. Currículo oculto. Proxecto Educativo de Centro (PEC). Diversidade. Inclusión social. Equidade. Desigualdade social. Igualdade de oportunidades. Coeducación. Reprodución social. Cambio Social.
Estereotipos e prexuízos sociais: implicacións no ámbito escolar e na profesión.
A teoría da etiquetaxe en Socioloxía e as profecías de autocumprimento: implicacións na escola.
A observación sociolóxica. Análises observacionais na escola. Instrumentos para a recollida de información: O Diario de aula da mestra/o: que é, para que serve, como se elabora. Exemplos de diarios de aula.
Influencia dos contextos sociais e culturais no desenvolvemento, aprendizaxe e benestar do alumnado de Educación Infantil. Influencia da contorna social próxima e inmediato (familias) na nenez temperá.
Relación familia-escola. A creación de vínculos recíprocos e respectuosos entre as escolas de Educación Infantil e as familias.
Efectos da pandemia provocada polo COVID-19 no desenvolvemento, na aprendizaxe e no benestar infantil.
Cambios sociais máis significativos que afectan á sociedade actual (cambio nos roles, estereotipos e relacións de xénero; inmigración, novas pantallas, internet, tecnoloxías da información e da comunicación, diversidade de modelos de familia, etc.) e as súas implicacións na escola.
Nota: A secuencia no tratamento dos contidos do programa poderá variar.
BIBLIOGRAFÍA XERAL:
- Bonal, X. (1998). Sociología de la Educación. Una aproximación crítica a las corrientes contemporáneas. Paidós.
- Fermoso Estébanez, P., y Pont Vidal, J. (eds.) (2000). Sociología de la Educación. Nau Llibres
- Fermoso Estébanez, P. (coord.) (1990). Sociología de la Educación. Alamex.
- Fernández Enguita, M. (coord.) (1999). Sociología de la Educación. Ariel.
- Fernández Palomares, F. (coord.) (2003). Sociología de la Educación. Pearson.
- García de León, Mª A., De la Fuente, G., Ortega, F. (eds.) (1993). Sociología de la Educación. Barcanova.
- Guerrero Serón, A. (1996). Manual de Sociología de la Educación. Síntesis.
- Imbernón, F. (ed.) (1999). La educación en el siglo XXI. Graó.
- Jerez Mir, R. (1990). Sociología de la Educación. Guía Didáctica y Textos Fundamentales. MEC.
- Ortega, F. et al. (comp.) (1989). Manual de Sociología de la Educación. Visor.
- Quintana Cabanas, J. Mª (1989). Sociología de la Educación. Dykinson.
ALGUNHAS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS DE INTERESE:
Revista CUADERNOS DE PEDAGOGÍA, Barcelona.
Revista AULA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA, Barcelona.
Revista GALEGA DE EDUCACIÓN, Vigo.
Revista de INNOVACIÓN EDUCATIVA, Santiago de Compostela.
DICCIONARIO:
Giner. S.; Lamo de Espinosa, E.; Torres, C. (eds.) (1998). Diccionario de Sociología. Madrid: Alianza.
Nota: A bibliografía específica estará na Aula Virtual da materia.
Consonte ás competencias recollidas do Plan de Estudos oficial, as competencias a adquirir, consolidar e/ou mellorar nesta materia, son:
Competencias Xerais: G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do entorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa. G12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e os cambios fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias Específicas: E22.- Relacionar a educación co medio, e cooperar coa familia e a comunidade. E23.- Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas, cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible. E24.- Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e de educación no contexto familiar.
Competencias Básicas: B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias Transversais: T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A configuración dos novos Graos destaca a importancia do papel do estudantado universitario como axente activo no seu proceso de ensino-aprendizaxe (E-A), así como o rol de facilitador e mediador que debe asumir o profesorado. Tendo en conta isto, esta materia vertebrase arredor dunha serie de principios metodolóxicos que guiarán a dinámica da materia (combinación teoría-práctica; aprendizaxe activa, continua e participativa; aprendizaxe baseada en proxectos; aprendizaxe e servizo; motivación e curiosidade; traballo cooperativo; ética e cuestionamento crítico…).
Deste xeito, as distintas actividades formativas repártense entre un horario presencial (que corresponde ás sesións expositivas, sesións interactivas ou de seminario, sesións de titorías programadas) e un horario non presencial (que corresponde ás horas de traballo autónomo do alumnado).
No tocante ao horario presencial, distribúese do seguinte xeito:
Sesións expositivas en gran grupo. Neste tipo de sesións a profesora conta cun maior protagonismo. Nestas sesións explícanse os contidos da materia que esixen unha metodoloxía máis expositiva. Explícase o programa e a guía docente do traballo interdisciplinar. Realízanse titorías para o seguimento do proxecto interdisciplinar de curso (PI). Haberá sesións formativas con profesionais externos e, na medida en que se dispoña de recursos económicos, poderase realizar unha saída de campo. As sesións expositivas tamén poderán contemplar a exposición do proxecto interdisciplinar de curso.
A estas actividades en grupo grande correspóndenlle 24 horas, que esixirán de 35 horas de traballo autónomo do alumno/a. Competencias: E23, E24; G7, G12; B3, B4
Sesións interactivas ou de seminario. Neste tipo de sesións, en grupo mediano, o alumnado ten maior protagonismo. A redución no número de alumnas/os por grupo permite por en marcha dinámicas de aula que favorecen a participación, o intercambio de coñecemento, a discusión e a reflexión conxunta. Nas sesións interactivas contemplase a posta en común de comentarios de texto, análise de casos, comentarios fílmicos, análise e reflexión sobre determinadas temáticas sociais e educativas a partir de podcast, webinars, programas de radio, televisión, entrevistas, contidos das plataformas, etc. A estas actividades de grupo mediano correspóndenlle 24 horas presenciais, que precisarán de 45 horas de traballo autónomo do alumnado. Competencias: E23, E24; G7, G12; B3, B4; T3
Sesións de titorías programadas en pequeno grupo. Estas sesións están dirixidas ao seguimento do proxecto interdisciplinar (PI). O horario e o espazo para a realización destas titorías acordarase entre a profesora e os grupos de traballo que esta titorice. Establecerase un número de horas de asistencia obrigatoria a estas sesións.
Grupo de Titorías Programadas dun máximo de 15 alumnos/as e con 3 horas de duración. Competencias: E22, E23; G7, G12; B3, B4
Horario de titoría da profesora. Este horario indicarase ao inicio de curso e estará a disposición do alumnado na porta do despacho e na web da Facultade. Estas titorías servirán para atender ás necesidades formativas individuais do alumnado. Tamén contemplan o seguimento e a supervisión do proceso de elaboración do proxecto interdisciplinar.
No tocante ao traballo non presencial do alumnado: O traballo autónomo fóra da aula está dirixido á realización de tarefas (tanto de carácter individual como grupal) relacionadas coas actividades propostas na materia. O tipo de tarefas que contempla o traballo autónomo son: traballo individual cos documentos da asignatura; redacción de comentarios de texto ou fílmicos; visualización de películas, documentais, reportaxes, podcast, webinars, etc. de contido socioeducativo; estudo da materia; preparación da exposición oral do PI; elaboración do informe do PI; realización de buscas bibliográficas e preparación das tarefas que se acorden nos grupos de traballo.
Poderá acollerse a este sistema de avaliación continua o alumnado que asista a un mínimo do 90% das sesións da materia (agás naqueles casos de dispensa oficial de docencia ás clases teóricas). Así pois, ao tratarse dunha cuestión de obrigado cumprimento por parte do estudantado (art. 1.1., ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela’), a ASISTENCIA será REXISTRADA dada a súa implicación nas actividades formativas presenciais, pero NON será VALORADA.
O alumnado con faltas de asistencia sen xustificar superior ao 10% (‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela’), PERDERÁ O DEREITO A AVALIACIÓN CONTINUA. Este alumnado ten o dereito a ir á proba final (na data oficial de exame da FFP) pero non recibirá cualificación nos restantes apartados e elementos da avaliación da materia.
SISTEMA DE AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO ORDINARIO
A. PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES DOCENTES (10% da cualificación final): 1 PUNTO
Para obter PUNTUACIÓN neste apartado será REQUISITO a asistencia a un mínimo do 90% das sesións.
Medio de avaliación:
Intervencións nas sesións de clase que así o requiran e nas sesións formativas con profesionais externos: 0,5. Computarase a frecuencia e a pertinencia das intervencións mediante rexistro e anotacións da profesora.
Realización dalgunha tarefa que a profesora indique expresamente como de entrega obrigatoria: 0,5. A tarefa poderá ser individual e/ou grupal. Segundo o tipo de tarefa poderase realizar en horas de clase ou en horas de traballo autónomo. Non presentar a tarefa en tempo e forma suporá obter un 0 na tarefa (agás situación excepcional debidamente xustificada na que a alumna/o terá dereito a presentar a actividade no prazo que estableza a docente).
B. PROBAS ESPECÍFICAS: (40% da cualificación final): 4 PUNTOS
Medio de avaliación: Proba.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (40% da cualificación final):
Medio de avaliación: Informe do Proxecto Interdisciplinar de curso (PI) coa materia: “Didáctica e Profesión Docente”.
O proxecto interdisciplinar contempla dúas modalidades principais: modalidade A (Aprendizaxe-Servizo) e modalidade B (Aprendizaxe Baseado en Proxectos). O profesorado das materias implicadas proporcionará unha guía docente coas pautas necesarias para a correcta elaboración do PI. Este material estará a disposición do alumnado na Aula Virtual da materia. Para o bo seguimento deste proxecto o profesorado establecerá entregas obrigatorias parciais ao longo do cuadrimestre e indicará as titorías de seguimiento obrigatorias. Aquel alumnado que non cumpra coas súas responsabilidades grupais deberá continuar o proxecto individualmente.
D. PRESENTACIÓNS OU PROBAS ORAIS ESPECÍFICAS (10% da cualificación final): 1 PUNTO
Medio de avaliación: Presentación oral do proxecto interdisciplinar (PI).
O alumnado que cumpra coa porcentaxe de asistencia que esixe a USC superará a materia se acada a puntuación mínima de 5 puntos totais (sobre 10). Para sumar as puntuacións de todos os apartados é imprescindible superar a puntuación mínima no apartado B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras producións). É dicir, os/as estudantes terán que aprobar a proba específica e o proxecto interdisciplinar. O alumnado que estea por debaixo da porcentaxe de asistencia que esixe a USC non terá dereito a puntuar no apartado A (participación na aula), e non poderá acadar á máxima cualificación da materia (10 puntos). Para sumar as puntuacións dos apartados restantes é imprescindible acadar a puntuación mínima no apartado B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras producións). Isto é, os/as estudantes deberán aprobar a proba específica e o proxecto interdisciplinar. Aquel alumnado que non supere a materia constaralle a cualificación da parte suspensa ou, de ser o caso, a cualificación de Non Presentado (NP).
SISTEMA DE AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO CON DISPENSA
O alumnado con dispensa, de acordo co artigo 33 ñ) dos Estatutos da Universidade, "ten dereito a unha atención e deseño das actividades académicas que faciliten a conciliación dos estudos coa vida persoal, familiar e laboral". Aínda que no artigo 130.2, tamén se establece que "ten o deber de asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente".
A efectos desta materia, o alumnado con dispensa oficial ás clases teóricas contará cun "plan de traballo individual" no que se detallarán as cuestións relativas á materia.
A. PARTICIPACIÓN E SEGUIMENTO DA MATERIA (10% da cualificación final): 1 punto
Para obter puntuación neste apartado será requisito asistir ao número mínimo de sesións de clase de carácter teórico-prácticas que, no seu caso, se sinalen como obrigatorias no “plan de traballo individualizado”. Tamén será requisito acudir ao mínimo de sesións formativas con profesionais externos (cuxa temática e data será comunicada coa debida antelación a través da A.V.) e participar nun número mínimo de sesións de titorías programadas, cuxa data e hora concretaranse previo acordo entre as partes. Asemade, será obrigatorio acudir alomenos a dúas titorías ordinarias.
Os indicadores de avaliación que se terán en conta neste apartado son:
• Participación nas sesións prácticas que, no seu caso, se poidan establecer como obrigatorias.
• Participación nas sesións formativas con profesionais externos que se sinalen como obrigatorias.
• Participación nas titorías programadas que se determinen como obrigatorias para o seguimento do proxecto interdisciplinar.
• Asistencia e participación en alomenos dúas titorías ordinarias obrigatorias. Na mesma semana na que o alumno/a reciba a comunicación oficial de aprobación da dispensa deberá enviar un correo á profesora solicitándolle unha primeira titoría para acordar o "plan de traballo individual". Nese mesmo correo o alumno/a adxuntará o documento acreditativo da concesión de dispensa. O alumno/a deberá ter preparada a primeira titoría e amosar que leu con detemento o programa da materia e, a guía docente do PI.
• Cumprimento dos aspectos burocráticos: Envío en tempo e forma dos correos e do documento acreditativo de dispensa.
• Compromiso coas tarefas: Envío en tempo e forma das entregas parciais do PI e doutras tarefas que, no seu caso, se lle poidan solicitar.
• Resposta en tempo, ás mensaxes de correo da profesora.
B. PROBAS ESPECÍFICAS (40% da cualificación final): 4 Puntos
Medio de avaliación: Proba.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCÓNS (40% da cualificación final): 4 Puntos
Medio de avaliación: Informe do Proxecto Interdisciplinar.
Para o alumnado con dispensa contémplase a realización da modalidade B.
D. PRESENTACIÓNS OU PROBAS ORAIS ESPECÍFICAS (10% da cualificación final): 1 Punto
Medio de avaliación: Presentación oral do proxecto interdisciplinar. A información e as pautas para a elaboración da presentación do PI estarán á disposición do alumnado no A.V. da materia.
O alumnado con dispensa de asistencia superará a materia se acada a puntuación mínima de 5 puntos totais (sobre 10). Para sumar as puntuacións de todos os apartados é imprescindible acadar a puntuación mínima no apartado B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras producións). É dicir, o alumno/a deberá aprobar a proba e o informe do proxecto interdisciplinar. Ao alumnado que non aprobe a materia constaralle a cualificación da parte suspensa ou, de ser o caso, a cualificación de Non Presentado (NP).
OUTROS ASPECTOS RELACIONADOS COA AVALIACIÓN DA MATERIA: RECUPERACIÓN DA MATERIA:
Aquel alumnado, tanto ordinario como de dispensa, que non supere a materia na 1ª oportunidade, deberá recuperar a parte ou partes susp ensas na 2ª oportunidade. Serán obxecto de recuperación os apartados B (proba específica) e C (informes escritos e outras producións). No que respecta ao apartado C (informes escritos e outras producións), establécese o seguinte:
•Se na 1ª oportunidade se optou pola modalidade A, o alumnado poderá repetir o informe ou realizar un novo proxecto interdisciplinar na modalidade B, a decisión da profesora da materia.
•Se na 1ª oportunidade se optou pola modalidade B, o alumnado continuará na mesma modalidade.
•Se na 1ª oportunidade non se presentou o proxecto Interdisciplinar, o alumnado deberá realizar a modalidade B. O alumnado que se atope nesta situación ten o deber de contactar coa profesora na primeira semana de febreiro (coincidindo co inicio do segundo semestre) para acordar con ela o plan de traballo a seguir. O alumnado ten a obriga de solicitar ao menos tres titorías máis, a maiores da inicial, para o seguimento do proceso de elaboración do proxecto. O alumno/a non poderá presentar o PI se o traballo non se realizou ao longo de todo o segundo semestre. O alumnado NON poderá presentar o proxecto na 2ª oportunidade sen ter cumprido con estas obrigas. A data límite de entrega do proxecto correspóndese coa data oficial do exame da 2ª oportunidade.
ESTUDANTADO REPETIDOR (2ª e/ou sucesivas convocatorias): o alumnado repetidor que se acollera na primeira convocatoria á avaliación continua e que no seu momento tivera superado o requisito de asistencia, conservará as cualificacións superadas nos seguintes dous cursos académicos posteriores a tela cursado (sempre que a materia sexa impartida polo profesor/a que figura no programa do curso académico en vigor). Pasados estes dous cursos académicos, se non supera a parte ou partes pendentes, terá que volver cursar a materia. Aquel alumno/a repetidor/a que estivese matriculado na materia e non superase o requisito de asistencia será avaliado segundo o sistema e criterios de avaliación establecidos no curso académico en vigor para cada unha das situacións contempladas en relación co alumnado (ordinario ou con dispensa oficial de asistencia).
AVISO IMPORTANTE SOBRE A AVALIACIÓN: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios, tarefas ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, que establece que “a realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha asignatura suporá a cualificación de suspenso na correspondente convocatoria, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno/a infractor/a. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citacións aos autores e as fontes”. A efectos desta materia, indicios fundados de posibles prácticas irregulares na elaboración de tarefas (fose ou non de forma deliberada) implicará a convocatoria inmediata do alumno/a e/ou grupo de alumnas/os a unha titoría coa finalidade de comprobar, mediante o sistema de avaliación que a profesora considere oportuno, o posible suposto de práctica irregular.
Clases Expositivas: Horas Presenciais (23)
Clases Interactivas: Horas Presenciais (23).
Titorías: Horas Presenciais (3). Actividade de avaliación: 2 horas.
Totais: 150 horas.
Traballo autónomo fóra da aula: 99 horas.
Recomendacións para a aprendizaxe:
•Tomar apuntamentos durante as clases.
•Asistir a clase en disposición de aprender, compartir e colaborar.
•Ler e traballar os documentos da materia.
•Asistir ás sesións de formación en competencias básicas que, no seu caso, organice a biblioteca da USC.
•Asistir a cursos, congresos, webinars, obradoiros… (presenciais e/ou telemáticos) relacionados coa educación, a infancia, a familia e/ou a escola (tanto se os organiza a Facultade, a profesora da materia, a USC e/ou calquera outra institución, asociación ou entidade).
•Asistir e/ou participar en actividades culturais da USC e/ou doutras institucións.
•Ler xornais de distintas tendencias. Seguimento específico de noticias, artigos, reportaxes, cómics, viñetas de humor gráfico… relacionados coa educación.
•Ler de libros sobre a escola, a infancia e a profesión docente.
•Ler de biografías sobre mestres/as.
•Ler bibliografía sobre Socioloxía da Educación.
•Ver curtametraxes, series, documentais, películas, podcast, webinars… de contido social e educativo.
•Visitar periódicamente á biblioteca da Facultade e/ou á Biblioteca Intercentros do Campus para consultar revistas, libros, investigacións científicas… de temática educativa e sociolóxica.
•Comezar a ter (se aínda non se tivo a oportunidade) experiencias preprofesionais con nenas e nenos en idade escolar, por exemplo como monitores/as de tempo de lecer, en actividades extraescolares, deportivas, en comedores escolares, como voluntarios/as da USC ou doutras asociación, etc…
Outras recomendacións máis xerais:
o Responsabilidade individual e colectiva á hora de realizar os traballos de grupo cos compañeiros/as. Compromiso individual coas tarefas, asistencia ás xuntanzas que grupo de traballo estableza e, entrega en tempo e forma, das tarefas acordadas.
o Traballo autónomo: Preparación das tarefas para as sesións interactivas e para as titorías de seguimento do PI.
o Traballo diario: Por respecto aos compañeiros/as de grupo e por compromiso coas tarefas encomendadas, recoméndase que o alumnado non deixe o traballo para o final. O alumno/a debe amosar implicación nos traballos; participar activamente nas reunións de grupo achegando ideas e coñecementos; responder en tempo e forma aos correos (ou a outros servizos de mensaxería) das compañeiras/os de grupo.
SOBRE A ASISTENCIA A CLASE: A asistencia é de obrigado cumprimento por parte do estudantado (art. 1.1., ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela’). Neste regulamento sinálase que a asistencia a clase debe considerarse como unha oportunidade para favorecer unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa". Por outra banda, o 'Estatuto do Estudantado da USC' aprobado en novembro de 2019 di textualmente: "o estudantado deberá cumprir coa asistencia ás clases teóricas e prácticas e a realización das actividades formativas propias de cada materia, de acordo co establecido nas guías docentes e nas memorias verificadas de título".
SOBRE A XUSTIFICACIÓN DAS FALTAS DE ASISTENCIA: tendo en conta a normativa universitaria no tocante á xustificación das faltas de asistencia, a xustificación deberá realizarse ante o profesorado no prazo máximo de cinco días hábiles desde que remata o motivo que impediu a asistencia. Só se considerarán situacións susceptibles de xustificación aquelas establecidas no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da universidade de Santiago de Compostela”.
SOBRE O PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE (CLASES, TITORÍAS): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre a profesora e o estudantado matriculado na materia.
SOBRE A NORMATIVA DE CONVIVENCIA DA USC: A profesora procurará o cumprimento do regulamento e o desenvolvemento dos principios que no dito regulamento se sinalan. En cumprimento da Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria, a USC aproba en marzo de 2023 o Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC, que pretende establecer as bases das relacións no ámbito universitario, fomentando a utilización preferente de modalidades alternativas de resolución dos conflitos que poidan alterar a convivencia ou que impidan o normal desenvolvemento das funcións esenciais de docencia, investigación e transferencia do coñecemento (https://www.usc.gal/gl/usc/institucional/convivencia). De acordó ao artigo 40 apartado (e) do mencionado regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC, considéranse faltas graves, entre outras:
c) Apropiarse indebidamente do contido de probas, exames ou controis de coñecemento.
e) Impedir a celebración de actividades de docencia, investigación ou transferencia do coñecemento, exercendo violencia ou provocando graves alteracións nas actividades, sen prexuízo dos dereitos recoñecidos no artigo 3 da Lei de convivencia universitaria.
f) Acometer fraude académico, cando non constitúa falta moi grave.
g) Utilizar indebidamente contidos ou medios de reprodución e gravación das actividades universitarias suxeitas a dereitos de propiedade intelectual. No artigo 43 do mencionado regulamento recóllense as sancións disciplinarias que corresponden ás faltas leves, graves e moi graves.
SOBRE O USO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS que a USC pon a disposición da súa comunidade universitaria (e-mail institucional, Campus Virtual, Microsoft 365) así como outras autorizadas como ferramentas institucionais, tanto para a COMUNICACIÓN — uso do correo electrónico oficial da USC (@rai.usc.es)—como para o TRABALLO ACADÉMICO. Non se aceptarán medios de comunicación externos.
SOBRE O USO DE APARATOS ELECTRÓNICOS NA AULA (smartphone, tableta, ordeador portátil, etc.): queda restrinxido o uso destes dispositivos electrónicos na aula ao seu uso como instrumento de traballo naquelas actividades indicadas pola profesora e sempre con fins académicos. O alumnado será responsable das consecuencias académicas que se poidan derivar do seu emprego inadecuado.
SOBRE A RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: Entrega de traballos individuais ou de grupo empregando, preferentemente, o soporte dixital (Aula Virtual ou outros análogos). Cando se solicite a entrega de traballos individuais e/ou grupais en formato impreso, teranse en conta as seguintes indicacións (sempre que sexa posible): evitar tapas de plástico/envoltorios externos innecesarios; empregar grampas; imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non empregar folios en branco como separadores de capítulos/partes e, evitar anexos innecesarios.
SOBRE OS CRITERIOS DE IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO UNIVERSITARIO: Máis información ao respecto, na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional/vi…
SOBRE O CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS: Máis información na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
SOBRE O USO DO LOGOTIPO DA USC: Sobre o artigo 15 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC. Utilización do nome, logotipo e escudo da USC. A utilización do nome, logotipo e escudo da USC non é libre. Está reservada aos órganos e membros da comunidade universitaria para fins académicos ou para outros fins expresamente autorizados, así como ás persoas ou entidades ás que se lles permita o seu uso previo contrato ou convenio. En todo caso, o uso será conforme ás normas e, protocolos aprobados pola USC.
SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: Nesta materia será obrigatorio o cumprimento da normativa de PROTECCIÓN DE DATOS. Pódese consultar máis información na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
SOBRE O REGULAMENTO DE USOS LINGÜÍSTICOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: Artigo 7. Usos lingüísticos académicos.
2. Na actividade docente, o profesorado e o estudantado utilizarán a lingua oficial da súa preferencia, sen prexuízo do uso doutras linguas cando estas sexan o obxecto de estudo da materia ou debido a plans aprobados polos órganos de goberno correspondentes.
3. A programación docente das materias publicarase nas dúas linguas oficiais, galego e castelán e, de ser o caso, en inglés ou noutras linguas.
4. Na programación docente declararase a lingua ou linguas de impartición por cada materia, grupo e profesor, de acordo coas necesidades de transparencia. Tales datos reflectiranse na información oficial que se proporcione sobre as titulacións para que o alumnado poida coñecela debidamente antes do inicio de curso. Esta información será vinculante e terá efectos oficiais tanto para o profesorado como para o alumnado.
5. O alumnado terá dereito a responder na lingua oficial da súa elección nos exames e outras probas de avaliación escritas ou orais. Tamén poderá utilizar outras linguas en casos específicos recollidos na guía docente da materia correspondente. Máis información en: https://assets.usc.gal/sites/default/files/documents/2023-10/Regulament…
SOBRE O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:
O alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá contactar, á maior brevidade, co Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU).
Marta Maria Poncet Souto
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982821032
- Correo electrónico
- martamaria.poncet [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 20 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 20 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 20 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
08.01.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
19.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |