Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Adquirir unha visión teórica e práctica da educación en valores e a práctica da cidadanía en sociedades multiculturais.
- Promover a integración dun enfoque de cidadanía e valores nos ámbitos propios da profesión docente en educación infantil e primaria.
- Analizar as chaves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento moral e cívico e para a construción da cidadanía.
- Aprender a fundamentar, deseñar, aplicar e avaliar proxectos de educación en valores e cidadanía apropiados ás diferentes idades e a distintos campos de intervención.
Tema 1. Introdución á educación en valores e cidadanía.
Tema 2. O interhumano, a relación co outro e o principio do dialóxico.
Tema 3. Transmisión de valores éticos e morais a través da arte.
Tema 4. Pedagoxía e traballo da memoria na educación á cidadanía.
Tema 5. Pedagoxía da Terra Nai. Valor intrínseco e dereitos da natureza.
Tema 6. Diversidade cultural, multiculturalidade, interculturalidade, transculturalidade.
Tema 7. Da ensinanza compensatoria á interculturalidade.
Tema 8. Valores educativos, comprensión e apreciación; o papel da imaxinación; valores intrínsecos e valores instrumentais; amplitude e riqueza da experiencia.
Tema 9. Educación á cidadanía: pensamento crítico e xuízo político.
Tema 10. Educación á cidadanía: cidadanía como status e como práctica.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Aguado Odina, T. (2009). El enfoque intercultural como metáfora de la diversidad en educación. En T, Aguado Odina y M. del Olmo, M. (eds.) Educación intercultural. perspectivas y propuestas (pp. 13-27). Ed. Universitaria Ramón Areces.
- Bárcena Orbe, F. (1997). Dos modelos de educación política: la ciudadanía como estatus y como práctica. En: El oficio de la ciudadanía. Introducción a la educación política (pp.75-131). Paidós.
- Bárcena Orbe, F. (2011). Pedagogía de la memoria y transmisión del mundo. Notas para una reflexión”. Con-ciencia social: anuario de didáctica de la geografía, la historia y las ciencias sociales, 15, 109-118.
- Buber, M. (2013). Elementos de lo interhumano. En: Yo y tú. Y otros ensayos, (161-178). Prometeo.
- Dewey, J. (1998). Valores educativos. En: Democracia y educación. Ediciones Morata.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Bárcena Orbe, F. (1999). La Escuela de la ciudadanía: educación, ética y política. Desclée de Brouwer.
- Bolívar, A. (1998). Educar en valores. Una educación de la ciudadanía. Junta de Andalucía.
- Bolívar, A. (2007). Educación para la ciudadanía. Algo más que una asignatura. Graò.
- Cobo, R. (Ed.) (2008). Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas. Libros de la Catarata
- Del Rey, R. y Ortega, R. (2007). Violencia escolar: claves para comprenderla y afrontarla. Escuela Abierta, 10, 77-89.
- Dietz, G. (2012). Multiculturalismo, interculturalidad y diversidad en educación: una aproximación antropológica. FCE.
- Green, A. (2018). Pedagogía de la Madre Tierra: Un deber histórico de nosotros los humanos. Entrevista a Abadio Green. Revista Caminos educativos, 5, 59-67.
- Guttman, A. (2001). La educación democrática: una teoría política de la educación. Paidós.
- Kohlberg, L., Power, F. C. y Higgins, A. (1997). La educación moral según Lawrence Kohlberg. Gedisa.
- Martinez, M. y Hoyos, G. (2004). ¿Qué significa educar en valores hoy? Octaedro.
-Noddings, N. (2009). La educación moral. Propuesta alternativa para la educación del carácter, Amorrortu.
- Peinado, M. A. (2021). De la diversidad cultural a una educación transcultural. Revista Internacional de Apoyo a la Inclusión, Logopedia, Sociedad y Multiculturalidad, 7 (1), 82-91.
- Posada, M. (2024). Pedagogía del artehacer de TallerarTe: organización barrial y memorias subterráneas en la periferia de Medellín. Interpretatio, 9 (1), 101-130.
- Rabe A. M. (2014). Diálogo entre las formas. La ética del espacio y el tiempo. Escritura e Imagen, 10 (Especial), 135-153.
- Tuts, M. (2006). Educación en valores y ciudadanía: propuestas y técnicas didácticas para la formación integral. Libros de la catarata.
- Vilanou, C. y Collelldemont, E. (coords.) (2001). Historia de la educación en valores. Desclée de Brouwer.
- UNESCO (2021). Declaración Universal sobre la Diversidad Cultural Adoptada por la 31ª reunión de la Conferencia General de la UNESCO.
- Vilanou, C.; Collelldemont, E. (coords.) (2001) Historia de la educación en valores. Desclée de Brouwer.
- Vinuesa Vilella, M. P. (2002). Construir los valores. Desclée de Brouwer.
Competencias Básicas Infantil e Primaria:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias Xerais Infantil:
X3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
X5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
X7 - Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
Competencias Xerais Primaria:
X7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
X4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
X5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
Competencias Específicas Infantil:
E.1. - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
E.2. - Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
E.3. - Coñecer os fundamentos de atención temperá.
E.4. - Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
E.5. - Saber promover a adquisición de hábitos ao redor da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurística.
Competencias Específicas Primaria:
E1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar.
E2 - Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
E3 - Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
E4 - Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
E5 - Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencia.
Competencias transversais infantil e primaria:
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 – Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
PRESENCIAL NAS AULAS
(1) Clases expositivas. Presentación por parte dos docentes dos contidos teóricos da materia.
(2) Clases interactivas.
2.1. Sesións de seminario interactivo con análise de lecturas e outras actividades complementarias.
2.2. Sesións de presentación dos proxectos finais.
(3) Actividade titorial. Titorización de apoio aos traballos grupais desenvolvidos ao longo do semestre. Titorización das presentacións finais.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
(1) Lectura dos textos de referencia para as sesións expositivas e interactivas. Traballo individual.
(2) Preparación de actividades grupais que se deben presentar nas clases interactivas. Traballo en grupo.
(3) Preparación do portafolios con base nas sesións expositivas e interactivas. Traballo en grupo.
(4) Preparación do proxecto teórico-práctico: selección de conceptos, selección bibliográfica. Traballo en grupo.
(5) Preparación da presentación oral dos proxectos. Traballo en grupo.
AVALIACIÓN CONTINUA
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. De conformidade co artigo 1.2., c), a asistencia é preceptiva para superar a materia.
Xa que logo, a avaliación continua constitúe a modalidade única de avaliación para o alumnado sen dispensa de asistencia debido ao carácter práctico e aplicado da materia. Para ter dereito a esta modalidade de avaliación é obrigatoria a asistencia, participación e implicación nas clases e o compromiso coa entrega puntual dos traballos. Permítense ata un máximo de 5 ausencias non xustificadas.
De acordo ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da USC (art. 3.6) o conxunto de actividades a desenvolver durante o curso son obrigatorias e sen a súa realización non será posible a superación desta materia.
Ao desenvolverse de forma grupal durante o período de clase, a non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre como na oportunidade de recuperación.
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
1.- Portafolios grupal. Elaborado de forma conxunta por un grupo de entre 6 e 8 estudantes cunha extensión de entre 10 e 15 páxinas. No portafolios deixarase constancia en orde cronolóxica do desenvolvemento das clase expositivas e interactivas. Deberase incluír unha reflexión individual por cada estudante do grupo. No Campus Virtual estará dispoñible un instrutivo sobre as características do portafolios. Porcentaxe na cualificación final: 50 %
2.- Proxecto teórico-práctico grupal. Elaborado polo mesmo grupo do portafolios cunha extensión de 10 a 12 páxinas e vinculado a un dos temas tratados en clase. Debe incluír un proxecto teórico e unha proposta para unha intervención en clase (en primaria ou infantil) que concretice a proposta teórica levándoa á práctica. No Campus Virtual estará dispoñible un instrutivo sobre as características do proxecto. O proxecto presentarase en grupo en sesión de clase interactiva. Porcentaxe na cualificación final: 50 %
A entrega do portafolios e do proxecto realizarase obrigatoriamente en formato dixital (en pdf) a través da aula virtual da materia nas datas que se establezan. Tan só se permitirán entregas por correo electrónico en casos de incidencias non previstas e previa comunicación aos docentes da materia que deben autorizalo.
En caso de non aprobar a materia pola avaliación continua, os grupos deberán realizar unha nova entrega dos traballos suspensos ou do traballo suspenso nas datas oficiais das convocatorias de 1ª ou 2ª oportunidade. En caso de aprobar un dos traballos, a nota conservarase para as convocatorias de 1ª ou 2ª oportunidade.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
AVALIACIÓN NON CONTINUA
Para o alumnado con exención ou dispensa de asistencia.
Exame final. 100 % da nota final. O exame basearase en preguntas vinculadas ao temario e con base nas lecturas obrigatorias das sesións expositivas e interactivas.
ALUMNADO CON EXENCIÓN OU DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado poderá solicitar, ao principio de curso nas datas establecidas pola Facultade de Ciencias da Educación ou, posteriormente, de concorrer causas imprevisibles e sobrevidas, dispensa de asistencia á clase mediante solicitude motivada e acreditada formulada ao Decanato segundo o disposto na normativa da USC.
O alumnado exento ou dispensado de asistencia deberá asistir a unha titoría persoal co/a profesor/a de a materia.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
- Portafolios: Infantil e primaria CB1, CB2, CB3. Infantil: G3, G5, G7. Primaria: G4, G5, G7. Infantil: E1, E2, E3, E4, E5. Primaria: E1, E2, E3, E4, E5.
- Traballo teórico-práctico: Infantil e primaria CB1, CB2, CB3. Infantil: G3, G5, G7. Primaria: G4, G5, G7. Infantil: E1, E2, E3, E4, E5. Primaria: E1, E2, E3, E4, E5.
- Exame final: Infantil e primaria CB1, CB2, CB3. Infantil: G3, G5, G7. Primaria: G4, G5, G7. Infantil: E1, E2, E3, E4, E5. Primaria: E1, E2, E3, E4, E5.
O tempo de traballo estimado para esta materia é de 112,25 horas en correspondencia cos 4,5 ECTS e coa seguinte distribución:
Traballo presencial do alumnado: 38,25 horas.
a) Clases teóricas: 18 horas
b) Clases interactivas: 18 horas
c) Titoría individual e grupal: 2,25 horas.
Traballo persoal do alumnado: 74 horas.
(1) É obrigatoria a asistencia, participación e implicación nas clases. Más de 5 ausencias non xustificadas implica a perda do dereito á avaliación continua.
(2) É necesario un compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos.
(3) Non serán aceptadas actitudes irrespectuosas ou discriminatorias de ningún tipo.
(4) Toda a materia está organizada para o traballo en grupo, polo que se requiren habilidades sociais de cooperación, respecto e espírito construtivo.
a) Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
b) O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Más información no e-mail: sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
c) Para calquera comunicación do docente da materia, esta realizarase por correo electrónico empregando obrigatoriamente a conta de correo rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual etc.)/ etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada desde unha conta de correo electrónico alleo á USC.
d) O alumnado e profesorado está obrigado ao emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
e) Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos, segundo as recomendacións da USC para a introdución da perspectiva de xénero na docencia. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
f) Non se poderá empregar o teléfono móbil ou outros dispositivos electrónicos, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado ou legal do mesmo.
g) Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
h) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
i) Non está permitida a gravación de imaxes, son, etc, nas clases sen autorización previa. O alumnado e profesorado está obrigado ao cumprimento da Normativa de protección de datos preservando o dereito á intimidade e á propia imaxe do alumnado e profesorado de tal maneira que non se poden divulgar por ningún medio, incluídas redes sociais, sen autorización.
j) Os materiais elaborados polos docentes están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal maneira que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización dos autores/as.
Jose Luis Pastoriza Rozas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Maria De La Concepcion Rabe
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- anamaria.rabe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 Primaria | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 Infantil | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
22.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
30.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |