Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia, de carácter optativo dentro da mención de Dirección e Xestión de Centros, considérase imprescindible na formación do mestre, xa que inflúe de maneira determinante en situacións que, no seu desempeño profesional, vai ter que enfrontar e tamén da sentido ás decisión que terá que ir tomando e que chegan aos alumnos, familias, o centro escolar e a comunidade.
O propósito xeral desta materia é que os alumnos adquiran as competencias necesarias (coñecementos teórico-prácticos, habilidades e actitudes) para poder planificar, desenvolver e avaliar programas de convivencia e/ou mellora da mesma na escola. Preténdese tamén propiciar a apertura do futuro mestre á comunidade (familia, entorno social e natural) para apoiarse, aproveitarse e intentar coordinar os diferentes influxos conformadores que, entre todos, provocan sobre os nenos cos que se convive.
Igualmente, pretende sentar as bases que favorezan a e posibiliten a súa futura sensibilización da convivenia de todos os axentes, e todas as culturas, en definitiva, pola escola inclusiva, con propostas emprendedoras, críticas e participativas.
Específicamente, os obxectivos a adquirir e/ou mellorar traballando nesta materia son:
1. Reflexionar en torno á importancia da convivencia escolar no proceso educativo.
2. Coñecer os fundamentos básicos da programación e desenvolvemento do plan de convivencia.
3. Descubrir a función do equipo directivo na optimización das relación co alumnado, pais e profesores.
4. Planificar as accións do Plan de Convivencia: axentes, metodoloxía e recursos.
5. Promover unha actitude analítica e crítica dende unha perspectiva eduactiva dos aspectos fundamentais da convivencia: resolución de conflictos, eliminación do acoso, moderación das conductas disruptivas….
1. Xestión do clima do centro e dos recursos humanos.
1.1. A comunidade educativa escolar: A influencia do estilo directivo no clima do centro.
1.2. O enfoque socio – comunitario dos centros educativos.
1.3. Participación externa: a escuela aberta.
2. A convivencia nas aulas. Concepto e termos afíns.
2.1. ¿Qué é a convivencia?
2.2. ¿Como traballar a convivencia?
2.3. O plan de convivencia e todos os elementos relacionados.
2.4 O conflicto escolar.
2.5. O maltrato entre iguais.
3. Elaboración colectiva das normas de convivencia.
3.1. Referencias normativas para a reflexión e a acción nos centros educativos.
3.2. Identificación dos problemas de convivencia na escola: factores de risco e valoración da súa influencia.
3.3. O equipo directivo e o seu rol como axente mediador na convivencia escolar.
3.4. Os Plans de Convivencia.
4. Resolución de conflictos, negociación e mediación
4.1. Caracterización do conflicto: Modelos teóricos sobre educación emocional e resolución de conflictos.
4.2. Recursos básicos e estratexias para a solución de conflictos
4.3. Habilidades e estratexias para a prevención de conflictos e mellora da convivencia.
4.4. Enfoques de resolución de conflictos.
4.5. A negociación no proceso de resolución de conflictos.
4.6. A mediación escolar.
5. Análise e tratamiento das conductas disruptivas.
5.1. Tipos de conductas disruptivas
5.2. Factores de risco relacionados coas conductas problemáticas na aula.
5.3. Procedementos e boas prácticas educativas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ariso, J., y Solera, E. (2015). La convivencia escolar. Manual para maestros de infantil y primaria. España. UNIR. Recuperado de: https://www.unir.net/wp-content/uploads/2015/12/convivencia_en_las_aula… .
Carvajal, P., y Fierro, M. (2019). Convivencia escolar: Una revisión del concepto. Recuperado de: https://www.researchgate.net/publication/331793708_Convivencia_Escolar_… .
CEUFP (2015). Estratexia galega de convivencia escolar. Informe de diagnose 2015-2020. Consellería de educación. Recuperado de http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/estratexia_galega_convi… .
Educonvives.gal. Estratexia galega de convivencia. Recuperado de: https://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal .
Fernández, L., Martínez, M., Guerrero, D., Lázpita, A., y López, C. (2015). Hacer posible lo contrario. Granada. Consejería de Educación. Recuperado de: https://www.juntadeandalucia.es/educacion/portalaverroes/publicaciones/…
Velázquez-Guzman, M., y Lara Rosano, F. (2017). Estrategias educativas para la convivencia escolar de los adolescentes. Editorial Académica Española. Recuperado de: https://www.researchgate.net/publication/322136810_LIBRO_ESTRATEGIAS_ED…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Boqué, M. (2018). La mediación va a la escuela: hacia un buen plan de convivencia en el centro. Narcea.
Consello Escolar de Galicia (1996). A participación nas Escolas Galegas. Recuperado de: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1030 .
Consello Escolar de Galicia (1998). A educación infantil en Galicia (3-6). Recuperado de: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1030 .
Consello Escolar de Galicia (1999). A convivencia nos centros escolares de Galicia. Recuperado de: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1030 .
Funes Lapponi, S. (2011). Gestión eficaz de la convivencia en los centros educativos. Wolters Kluwer España.
Gázquez Linares, J. J. (2010). La convivencia escolar: aspectos psicológicos y educativos. GEU.
Grañeras Pastrana, M. (Coord.) (2009). Prevención de la violencia y mejora de la convivencia en las escuelas: investigación educativa y actuaciones de las Administraciones Públicas. Ministerio de Educación, Política Social y Deporte.
Herrera Pertuz, L. (2018). Educación inclusiva y convivencia escolar: cómo evitar los conflictos entre los estudiantes del nivel de educación básica primaria. Ediciones de la U.
Ibarrola García, S., y Iriarte Redín, C. (2012). La convivencia escolar en positivo: mediación y resolución de conflictos. Pirámide.
Jiménez Benedir, M. S. (Coord.) (2008). Educación emocional y convivencia en el aula. Ministerio de Educación, Política Social y Deporte.
Jorge Martínez, M. E. (2014). Prevención de conductas que dificultan la convivencia: guía práctica educativa.
Leiva Olivencia, J. J. (2012): Educación intercultural y convivencia en la escuela inclusiva. Aljibe. En S. Milla Plumé, y M., García Milla (2010): Convivencia y diversidad: cuarenta propuestas de educación intercultural para primaria y secundaria. Brief Ediciones.
Ortega Ruíz, R. (Coord.) (2015). Convivencia y ciberconvivencia: un modelo educativo para la prevención del acoso y el ciberacoso escolar. Antonio Machado Libros.
Porto Castro, A., y Vázquez Ramil, R. (Coord.) (2017). A convivencia nas aulas: aproximación teórica e perspectiva práctica. Santiago.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá. G5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G6 - Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E62 - Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
E63 - Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
E68 - Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes 6-12 anos.
E11 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
E12 - Abordar e resolver problemas de disciplina.
E13 - Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
E14 - Promover accións de educación en valores orientados á preparación dunha educación activa e democrática.
E15 - Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
E21 - Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no período.
A metodoloxía que se seguirá nesta materia xirará en torno a:
1. Sesións de exposición dos fundamentos teóricos de conceptualización e procesos sobre a orientación educativa. Estas exposicións realizaranse para todo o grupo de alumnos da materia e corresponden aos créditos teóricos. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos alumnos
- Dossiers bibliográficos: son unha selección de documentos representativos do contido preparados polo profesor. Serven de complemento e afondamento sobre os contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e estudo individualizado sobre un tema. Esta selección de documentos estará a disposición do alumnado a través do Campus Virtual ao longo do desenvolvemento da materia.
2. Sesións de traballo nas sesións interactivas. As actividades son propostas amplas de acción onde converxen aprendizaxes, contidos, intencións, e os coparticipantes achegan á actividade as súas experiencias previas, a súa contorna social e cultural, e as súas características individuais. Nas sesións interactivas, o traballo será grupal, con agrupamentos diversos (parellas, equipos, grupos pequenos) en función do tipo de tarefa a desenvolver. Nelas propiciarase a implicación do alumnado en:
• Estudio de casos e posterior análise.
• Propostas e iniciativas innovadoras sobre convivencia para a súa futura implementación na aula.
• Xogos de rol que escenifiquen situacións habituais en centros educativos.
• Busca de información, interpretación e posta en común posterior.
• Realización e exposición de traballos prácticos.
• Investigación e deseño de propostas.
• Visionado de materiais audiovisuais.
• Debates.
Todo isto, no marco dun Plan de Convivencia.
Teranse en conta obrigatoriamente os intervalos da porcentaxe que se establece na ficha de cada materia no plan de estudos. En todo caso, a avaliación será continua, estando influenciada, por tanto, aos seguintes elementos e indicadores:
1- ALUMNADO ASISTENTE
A- Participación na aula, cun peso do 10%.
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, rexistro de participación e observación.
Indicadores/orientacións para a avaliación: A puntuación total deste apartado será alcanzada por aqueles alumnos que asistan asiduamente a clase e que participen de forma activa, coa actitude adecuada, nas dinámicas que se propoñan.
A participación, ademais de ter en conta a asistencia, será heteroavaliada
Controlarase a asistencia nas sesións presenciais obrigatorias, que así se marquen. O alumnado debe ter, polo menos, o 80% das asistencias para considerarse a súa calificación neste apartado, tendo en conta os principios recollidos na Resolución Rectoral aprobada en Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024, correspondente á asistencia a sesións de aula do alumnado de grao e máster.
B- Probas específicas, cun peso do 50%.
Instrumentos de avaliación: traballo académico final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: un traballo académico negociado co alumnado a inicio do cuadrimestre.
Para aprobar a materia, será preciso alcanzar en este apartado un mínimo de 3 puntos.
C- Informe escrito e outras producións, cun peso do 25%.
Instrumentos de avaliación: Portafolios de actividades prácticas.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Serán explicados pola Profesora a inicio das sesións da materia.
Para aprobar a materia, será preciso alcanzar neste apartado un mínimo do 1,25 puntos.
D- Presentacións orais, cun peso do 15%.
Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e traballos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: neste punto serán valoradas as exposicións que se soliciten ao alumnado.
2- ALUMNADO NON ASISTENTE
O alumnado que, polas razóns que sexa, non alcance un mínimo do 50% nas sesións presenciais obrigatorias non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia.
3- ALUMNADO CON DISPENSA DE DOCENCIA
O alumnado con exención de clases teóricas respectará as datas de entregas dos traballos e demais requisitos establecidos, mantendo contacto coa profesora.
A- No prazo máximo dunha semana desde a concesión de dispensa pola Xunta de Facultade, deberá poñerse en contacto coa profesora responsable da materia. Non facelo así, pode supor o non poder participar dun sistema de avaliación alternativo.
B- Deberá asistir a aquelas sesións da materia que, polo seu contido e/ou metodoloxía, non poden ser traballadas de maneira autónoma. Indicaráselle na primeira toma de contacto cales son esas sesións.
C- Proporcionaráselle un Plan de Traballo alternativo diferenciado do alumnado non asistente. Concretarase nesa primeira semana unha vez concedida dispensa.
D- O exame obrigatorio será diferente ao dos alumnos asistentes, aínda que manterá o mesmo peso na avaliación final. No caso de que o exame sexa substituído por un traballo académico de fin de cuadrimestre, este, obrigatoriamente, será individual.
4- POSIBILIDADES DE RECUPERACIÓN
O alumnado que non supere a materia no período ordinario pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na oportunidade de xullo:
A. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentar unicamente o traballo académico final en xullo. Neste caso, manteranse as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
B. Se no período ordinario, non se obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
C. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na oportunidade de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena do cuadrimestre.
Outras cuestións relacionadas co sistema de avaliación serán comentadas e aclaradas co alumnado nos primeiros días de clase.
5- ALUMNADO REPETIDOR
Para o alumnado repetidor, a inicio de cuatrimestre e nunha titoría, negociarase o sistema de avaliación, sempre partindo dos criterios que se expoñen nesta guía, pero, tamén, considerando a posibilidade de levar a cabo unha avaliación final da materia na que se contemple a opción de conservar a cualificación naqueles traballos superados con anterioridade.
6- CONSIDERACIÓN AO RESPECTO DA AVALIACIÓN:
Os traballos individuais ou de grupo dos estudantes deben ser orixinais. A entrega de documentos onde existan claros indicios de plaxio suporá un suspenso na asignatura. Neste sentido, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. De igual xeito, os traballos nos que se manexa información doutros autores deben estar debidamente referenciados con citas bibliográficas directas ou indirectas, preferentemente utilizando o estilo APA (sétima edición).
Actividades en gran grupo: Expositivas 18 horas.
Actividades en grupo mediano: Interactivas 18 horas.
Titoría: 2,25 horas.
Actividades e traballo autónomo do alumno/a: 74,25 horas.
HORAS TOTAIS: 112,5 horas.
1- A asistencia continuada ás sesións presencias, a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
2- É recomendable posuír ordenador e conexión a internet e coñecementos de informática básicos a nivel usuario.
3- Formularse un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
4- Poñer de manifestó, tanto nas intervencións na aula como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa infancia.
5- É obrigatorio o uso da USC-Campus Virtual para a realización de diversas actividades e o seguemento das sesións de aula.
6- Consulta frecuente da aula virtual e o uso de titorías individuais e grupais.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflexado no sistema de avaliación (mínimo do 80% das sesións de clase).
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Escola. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
1- ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ó profesorado, pero solo se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
2- RESPONSABILIDADe MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
3- COMUNICACIÓN CO PROFESORADO
O alumnado empregará o correo oficial da USC (@ rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado así como outras vías telemáticas. A programación da titoría será exclusivamente por vía telemática
4- CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS
Na realización das práctica e traballos se seguirán as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-que se poden consultar en el enlace: http://www.apastyle.org
5- PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recomendase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá do aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitaria, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas, e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
6- PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
7- INFORMACIÓN SOBRE FRAUDE NO SISTEMA DE AVALIACIÓN
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e/ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación.
8- OUTROS DATOS DE INTERESE
Horario de titorías do profesorado: exposto nos despachos e na páxina web da Facultade.
Datas de exames: no calendario oficial.
Enelina Maria Gerpe Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821070
- Correo electrónico
- emaria.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Idiomas |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Idiomas |
22.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
16.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |