Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A. Xerais
Formar ao alumnado como docente nas artes visuais e plásticas fundamentais para o ensino.
Conseguir que o alumnado teña as ferramentas e os seus propios medios de acción na aula.
B. Específicos
Achegarse á educación artística dentro e fóra da escola: historia, orientacións interdisciplinarias e contemporáneas.
Experimentar con técnicas e materiais plásticos e visuais.
Coñecer diferentes metodoloxías artísticas e formas de organización e mantemento creativo do espazo escolar
Podemos dividir os contidos en tres apartados que están interrelacionados e non se presentan de forma illada. Fan referencia aos diferentes contextos que se traballarán ao longo do curso: culturais, vivenciais, sociais e artísticos.
CONTEXTO 1: A Arte e a interrelación ca sociedade.
- Incorporar ou pensamento crítico e reflexivo cara a arte e as súas producións. Análise de diferentes contextos artísticos. O papel da imaxen na sociedade e nos medios de masas.
CONTEXTO 2: A Educación Artística
- A Educación Artística dentro e fóra da escola. Achega a diferentes autores e metodoloxías.
CONTEXTO 3: O “eu” como contexto.
- Preconceptos arredor da arte e a educación. Desvinculación dos estereotipos no entorno da arte e a educación.
- Construción do pensamento crítico. Proceso, proxecto, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, etc.
- Técnicas e materiais plásticos e visuais: composición, cor, debuxo, pintura, colaxe, volume, fotografía e tecnoloxías aplicadas á imaxe. Introdución dos elementos no ámbito infantil.
- O cartafol como ferramenta de recollida de documentación e proceso de elaboración dun traballo.
Básica
Acaso López-Bosch, M. [et al.] (2011), Didáctica de las artes y la cultura visual. Akal.
Acaso López-Bosch, M. & Megías, C. (2017). Art Thinking. Cómo el arte puede transformar la educación. Paidós Educación.
Blanco, V. & Cidrás, S. (2019). Educar a través da arte. Cara unha escola imaxinada. Kalandraka.
Caeiro, M. (coord.) (2017). Descubrir el arte. Formación en artes plásticas y visuales para maestros de Primaria. Unir.
Complementaria
Agirre, I. (2000) Teoría y práctica en educación artística. Universidad Pública de Navarra.
Arnhein, R. (2001) Arte y percepción visual. Alianza Manuales.
Blanco, V. e Cidrás, S. (2021). Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir. Galaxia.
Caja, J. (2001) La educación visual y plástica hoy. Graó.
Calaf, R. / Fontal, O. (2010) Cómo enseñar arte en la escuela. Síntesis.
Chalmers, F.G. (2003), Arte, educación y diversidad cultural. Paidós.
Domínguez, P. (2006) Desarrollo de expresión plástica y su didáctica. Grupo Editorial Universitario.
Dewey, J. (2008/1934) El arte como experiencia. Paidós.
Dondis,D.A. (2002) La sintaxis de la imagen. Gustavo Gili.
Efland, Ab (2002) Una historia de la educación en el arte. Paidós
Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Paidós.
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Paidós.
Fontal, O., Marín S. e García, S. (2015). Educación de las artes visuales y plásticas en educación primaria. Paraninfo. Colección Didáctica y Desarrollo.
Fontán, M. (2019) El juego del arte. Fundación Juan March.
Gardner, H. (1994) Educación artística y desarrollo humano. Paidós.
Hernández, F. (2000) Educación artística y cultura visual. Octaedro.
Hernández, F. / Jódar, A. / Marín, R. (1991) ¿Qué es la educación artística?. Sendai.
Hernández, M. / Sánchez, M. (2000) Educación artística y arte infantil. Fundamentos.
López Salas, J.L. (1999) Didáctica específica de la expresión plástica. Universidad de Oviedo.
Marin Viadel, R. (Coord.) (2003) Didáctica de la Educación Artística. Pearson
Outros:
Escola Imaxinada (escolaimaxinada.com)
INSEA. International Society for Education Through Art (insea.org)
Planea. Red de arte y escuela. (redplanea.org)
Arte, Individuo y Sociedad (https://revistas.ucm.es/index.php/aris)
Revista EARI: Educación Investigación artística: (https://ojs.uv.es/index.php/eari)
SEA. Sociedad para la educación artística (https://sociedadeducacionartistica.org)
Competencias Básicas e Xerais:
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
G7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias específicas:
E54 - Comprender los principios que contribuyen a la formación cultural, personal y social desde las artes
E55 - Conocer el currículo escolar de la educación artística, en sus aspectos plástico, audiovisual y musical
E56 - Adquirir recursos para fomentar la participación a lo largo de la vida en actividades musicales y plásticas dentro y fuera de la escuela
Competencias transversais:
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A proposta metodolóxica da materia está baseada en proxectos-procesos de aprendizaxe artística que integran a teoría e a práctica. A diferenciación metodolóxica entre os denominados grupos interactivos e expositivos ven dada polo número de alumnas/os que forman os grupos.
-Combinaranse accións en formato expositivo con outros máis interactivos e de experimentación artística.
-Realizaranse actividades e proxectos artísticos que poderán ser individuais, en pequeno ou gran grupo.
-Os traballos realizaranse na aula e no tempo de estudo persoal. Así mesmo, o alumnado terá á súa disposición as titorías.
-Sempre que sexa posible, utilizarase a exposición e as presentacións de proxectos como detonante para que o alumnado se implique cun papel activo nas distintas facetas dos proxectos propostos.
-Utilizarase a aula virtual da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial.
-O proceso de ensino-aprendizaxe enténdese como unha forma de arte colaborativa.
-Produciranse obxectos artísticos bidimensionais e tridimensionais.
-Afondarase nos aspectos cultural e crítico-reflexivo a través de estratexias de apreciación e reflexión, a partir das diferentes referencias artísticas e dos proxectos que se vaian realizando.
-Nesta materia prevese o desenvolvemento de, polo menos, unha práctica de campo que podería ser compartida con outro alumnado do curso.
A avaliación será continua, formativa e cualitativa a través do deseño e posta en práctica dos proxectos realizados.
Terase en conta:
(A) (10%) Observación da participación na aula (presencial e virtual). Avaliarase positivamente a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades propostas tanto en clases expositivas, interactivas ou noutras plataformas virtuais.
(B) (35%) Talleres artísticos de experimentación. Materiais e procedementos a definir por cada docente (e grupo)
(C) (35%) Proxecto de creación (a concretar por cada docente e grupo)
(D) (10%) Actividades de seguimento (cuestionarios, reflexións, portafolios... a concretar por cada docente)
(E) (10%) Proba final non obrigatoria (a concretar por cada docente)
Para acadar a nota máxima da materia será requisito realizar esta proba final non obrigatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Convocatoria de xullo
O alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos non superados, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores da entrega, será imprescindible contactar co/a docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
Dispensa e exención
-A dispensa de asistencia non se contempla para esta materia por ter grupos interactivos de laboratorio (CLIL)
-O alumnado con exención de docencia para clases expositivas deberá poñerse en contacto co profesorado nos primeiros 5 días do semestre (ou desde que se produza a causa sobrevida) para concretar o plan de traballo. Como norma xeral deberá respectar as datas establecidas para a entrega e exposicións de traballos e facer un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual. Compensará a ausencia ás clases expositivas realizando unha proba final relacionada co traballo realizado nas clases expositivas.
Todo o alumnado, independentemente da modalidade de asistencia, ten dereito a poder alcanzar a cualificación máxima (10)
Alumnado repetidor
Requisitos de asistencia: se ten superados os requisitos de asistencia poderá someterse ao réxime ordinario. En caso contrario deberá realizar unha proba final na que demostrar que ten adquiridos os coñecementos requeridos da materia. No caso do alumnado repetidor que non teña superados os requisitos mínimos de asistencia, terá que cursar a materia en réxime ordinario. En calquera caso, deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros 5 días do semestre para concretar o plan a seguir.
Asistencia a clase
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024:
-Incidencia da asistencia na avaliación: d) non terá ningunha valoración. A xustificación puntual das faltas terase en conta para non perder o dereito á evaluación continua, pero non conlevará unha puntuación. Controlarase a asistencia nas sesións interactivas e expositivas, podendo facerse a través de diferentes vías: listaxe de firmas, tarefas no campus virtual, recollida de actividades, chamamento…
-Controlarase a asistencia nas sesións interactivas e expositivas, puidendo facerse a través de diferentes vías: listaxe de firmas, tarefas no campus virtual, recollida de actividades, chamamento…
-Entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia cando as faltas de asistencia non superen o 20% das horas programadas; destas, polo menos o 10% das faltas deberán estar correctamente xustificadas (ver Regulamento de asistencia). A acreditación da existencia de causa xustificada realizarase no prazo máximo de 5 días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia.
-Como norma xeral, cando as faltas totais de asistencia superen o 20% das horas programadas, o alumnado non poderá aprobar a materia na oportunidade ordinaria, perdendo a avaliación continua. Poderá facelo en sucesivas convocatorias realizando unha proba final na que demostrar que ten adquiridos os coñecementos requeridos na materia.
A manipulación falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndelle ao alumno/a un total de 150 horas de traballo que se distribúen do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 51h
Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
Actividades interactivas: 24 h
Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas
Total: 150 horas.
Ademais das indicacións que se vaian facendo, estas son algunhas recomendacións para o bo aproveitamento da materia:
-Actitude aberta para aprender novos contidos e incorporalos á formación como futuro docente.
-Asistencia continuada e participación activa en clases e titorías. As características metodolóxicas desta materia fan que teoría e práctica podan estar completamente interrelacionadas tanto en clases interactivas como expositivas e a asistencia a ambas facilitará un mellor aproveitamento.
-Iniciativa na actividade autónoma (informes, traballos,...)
-Ter unha participación activa e crítica en relación cos contidos do programa, a súa posta en marcha
-Os proxectos teñen que reflectir o grao de implicación no proceso creativo.
-Cumprir co ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
-Tamén será de gran axuda a lectura e consulta da bibliografía para unha boa asimilación e afondamento nos contidos.
-É recomendable a visita a exposicións artísticas e a participación en actividades ou eventos culturais para dar sentido e nutrir a experiencia de aula.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Nas producións artísticas evitaranse materiais pouco respectuosos co medio: goma evas, purpurinas, plásticos... Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos: o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación. o Usar a dúas caras do papel, e no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”. o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assetsusc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1e…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Francisco Javier Cabo Villaverde
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812057
- Correo electrónico
- franciscojavier.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Olalla Cortizas Varela
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- olalla.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_06 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_07 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
20.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
20.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
19.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |