Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos propostos son unha guía orientadora do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao longo do devandito proceso poden aparecer outros resultados non previstos, pero igualmente valiosos, que deben ser tidos en conta e que complementarán esta guía.
Propoñemos que os alumnos ao final de curso poidan:
- Comprender as posibilidades de integración das TIC na escola, como produto dunha análise das súas funcións actuais, da organización que impera, do seu deseño curricular e das condicións culturais, sociais e económicas que impoñen estas tecnoloxías, así como tamén as necesidades de transformación na propia institución que esta integración suporía.
- Construír un marco teórico para comprender a toma de decisións sobre as TIC nos procesos de ensino e aprendizaxe.
- Desenvolver unha actitude crítica fronte ao uso e á práctica cotiá das tecnoloxías da información e a comunicación, así como fronte ao efecto formativo que producen sobre todo os medios de comunicación social, comprendendo a necesidade dunha alfabetización ampliada a diversas formas discursivas (icónica, audiovisual, informática).
- Desenvolver habilidades para a análise da propia práctica (como alumnos/as e como profesores/as en prácticas), co recoñecemento do valor da teoría como elemento iluminador desta e coa incorporación na análise das propias crenzas, actitudes e prexuízos en relación coas TIC e as súas posibilidades de integración na escola.
- Desenvolver habilidades para o traballo grupal, a través da confrontación de marcos de referencia, nun traballo de cooperación que integre as achegas dos compañeiros nas estruturas conceptuais propias.
BLOQUE I. AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN: MARCO CONCEPTUAL
1.1. Da sociedade da información e do coñecemento á Sociedade Postdixital.
1.2. Impacto social e educativo da tecnoloxía: das TIC ás TAC (Tecnoloxías para a Aprendizaxe e o Coñecemento).
BLOQUE II. AS TECNOLOXÍAS DIXITAIS NA ESCOLA PRIMARIA
2.1. As tecnoloxías dixitais na escola primaria. O Plan de Educación Dixital: vinculación coa Programación Xeral Anual e o Proxecto Educativo de Centro. A organización escolar e o rol do profesorado ante a sociedade do coñecemento.
2.2. Competencia dixital, Competencia dixital docente e alfabetizacións múltiples. Usos e aplicacións.
2.3. Contornos virtuais de Aprendizaxe. Criterios de selección.
2.4. Deseño e avaliación de propostas de ensinanza con software educativo.
BLOQUE III. COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL, SOFTWARE EDUCATIVO E MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS
3.1. Medios de comunicación de masas e a influencia das pantallas: de Twitter ás apps educativas.
3.2. A Web social e educación primaria. Posibilidades de uso das redes sociais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Area, M. e Adell, J. (2021). Tecnologías Digitales y Cambio Educativo. Una Aproximación Crítica. REICE. Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, 19(4), 83-96. https://doi.org/10.15366/reice2021.19.4.005
Sancho Gil, J. M. (2019). De la tecnología para aplicar a la tecnología para pensar: implicaciones para la docencia y la investigación. RELATEC: Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 18(1), 9-22. https://doi.org/10.17398/1695-288X.18.1.9
Selwyn, N. (2022). Education and Technology. Key Issues and Debates. Bloomsbury Academic.
Véliz, C. (2021). Privacidad es poder: datos, vigilancia y libertad en la era digital. Debate.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alonso, M. e Matilla, L. (1990). Imágenes en acción. Akal.
Area, M. (2017). La metamorfosis digital del material didáctico tras el paréntesis Gutenberg. Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 16(2), 13-28. https://relatec.unex.es/index.php/relatec/article/view/3083
Area, M. (2019). Guía para la producción y uso de materiales didácticos digitales. Universidad de La Laguna. https://bit.ly/2y3UXcr
Cid Fernández, X. M. e Rodríguez Rodríguez, J. (Coords.) (2007). A fenda dixital e as súas implicacións educativas. Nova Escola Galega.
de Laat, M. e Dohn, N. B. (2019). Is Networked Learning Postdigital Education? Postdigital Science and Education, 1(1), 17-20. https://doi.org/10.1007/s42438-019-00034-1
Espuny, C., Gisbert M., Coiduras J. e González Martínez, J. (2012). El coordinador TIC en los centros educativos: funciones para la dinamización e incorporación didáctica de las TIC en las actividades de aprendizaje. Píxel-Bit. Revista de Medios y Educación, (41), 7-18. https://recyt.fecyt.es/index.php/pixel/article/view/61586
Fernández Enguita, M. (2013). Aquí no hay química. La difícil relación del profesorado con la tecnología. Panorama Social, (18), 145-157. https://www.funcas.es/wp-content/uploads/Migracion/Articulos/FUNCAS_PS/…
Gewerc, A. e Dussel, I. (2024). Juventud, identidad de género y poder en las plataformas digitales. Octaedro.
Marquès, P. (2006). La pizarra digital en el aula de clase. Editorial Edebé.
Montero, L. e Gewerc, A. (coords.). (2013). Una Historia, cuatro Historias. Acompañar proyectos de innovación con las TIC. Graó.
Moreno León, J. (2014). ¿Qué es el pensamiento computacional? Programamos. http://programamos.es/que-es-el-pensamiento-computacional/
Postman, N. (1994). Tecnópolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Círculo de Lectores.
Prensky, M. (2001). Digital Natives, Digital Immigrants. On the Horizon, 9(5). Lincoln: NCB University Press. http://www.marcprensky.com /writing/Prensky%20-%20Digital%20Natives,%20Digital%20Immigrants%20-%20Part1.pdf
Revista Galega de Educación (2007). Monográfico “Competencia dixital e ferramentas TIC”, (38), maio. http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/RGE%2038%20contido…
Xunta de Galicia (2018). Repositorio de recursos educativos do Espazo Abalar. https://recursos.edu.xunta.gal/
XERAIS (priorizarase a G11):
G2: Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
G8: Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G10: Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G11: Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
G12: Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
ESPECÍFICAS (priorizarase a E23 no referido ao impacto das linguaxes AV e das pantallas):
E20: Mostrar habilidades sociais para entender ás familias y facerse entender por elas.
E22: Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
E23: Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
BÁSICAS (priorizarase a B3, en aspectos relativos á "honestidade intelectual", citado de obras e elaboración de bibliografía):
B1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de unha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5: Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS (priorizarase a T3):
T3: Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4: Competencia informacional
A materia ten un carácter teórico-práctico que debe capacitar ao alumno para comprender, de forma crítica, o impacto que as TIC teñen na sociedade actual e as consecuencias para a educación e o traballo docente nas escolas de primaria.
Para o desenvolvemento das competencias que o estudante debe adquirir, proponse:
- A combinación de experiencias individuais e grupais, tanto de xeito presencial na aula con todo o grupo clase, así como en grupos máis reducidos na aula de medios audiovisuais e informáticos; ou ben de forma non presencial (síncrona e asíncrona), mediante a realización de actividades que supoñen a análise e uso de diferentes recursos TIC.
- A combinación de ensinanza presencial e on-line (utilizando o Campus Virtual da USC e, no seu caso, outros posibles contornos virtuais de ensino e aprendizaxe e/ou redes sociais).
- A realización dun portfolio electrónico básico en formato de Blog durante o seu traballo na materia, no que o alumnado recompilará os traballos realizados e as reflexións do proceso de aprendizaxe.
- Proporanse experiencias nas clases interactivas que toman como referente as infraestruturas propias dos centros de Educación Primaria. Concretamente abordarase a plataforma Moodle como unha contorna virtual para o ensino e a aprendizaxe na que poder desenvolver propostas para o traballo nas aulas de primaria. Así mesmo, empregarase a plataforma Microsoft Teams, á que o alumnado ten acceso mediante a súa conta institucional RAI.
- Complementariamente ás propostas prácticas da materia, propoñeranse experiencias de traballo con software de programación tipo Logo e as súas máis recentes adaptacións en software libre (Squeak- Etoys, Scratch) ou outras como MinecraftEdu, así como a análise e desenvolvemento de propostas noutras plataformas específicas para a robótica educativa e o pensamento computacional.
A avaliación da materia realizase a través de procedementos baseados na avaliación continua formativa. Para elo valorarase a participación e o traballo no conxunto de actividades e tarefas desenvolvidas no cuadrimestre, sen unha proba final.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas en prazo TODAS as actividades e as tarefas especificadas, así como superar cada unha delas.
A ponderación das actividades e tarefas en relación á cualificación final queda como segue (tanto para a 1ª como para a 2ª oportunidade, así como para o alumnado con exención de docencia):
- Actividade “Comentario TIC” (individual, entrega en aula virtual): 30%
- Actividade “Deseño de material dixital” (grupal, máximo 3 persoas; entrega en aula virtual e con exposición oral): 40%
- Traballos sesións CLE: 10%
- Tarefas CLIL (entrega en aula virtual): 20%
ASISTENCIA. Seguindo o Regulamento aprobado en Consello de Goberno da USC o 25 de novembro de 2024 a asistencia ás sesións de aula (CLE e CLIL) é preceptiva para superar a materia. A porcentaxe de presencialidade é dun 80%. Terase en conta a posible xustificación da asistencia nos casos previstos na normativa.
O alumnado repetidor non terá a obriga de asistencia, pero deberá poñerse en contacto co profesorado da materia o antes posible para aclarar o formato de entrega dos traballos que non fosen avaliados positivamente no seu día.
O alumnado non asistente (por exemplo, por algún problema de saúde debidamente xustificado, ou ben por ter concedida a exención oficial de docencia e dispensa de asistencia), debe poñerse en contacto (telefonicamente ou por e-mail) e/ou reunirse co profesorado da materia para establecer un plan de traballo individual. Neste plan, será preciso seguir o ritmo das clases teóricas e prácticas e realizar as tarefas e actividades propostas na aula virtual de xeito individual (dende a que tamén disporán de titoría virtual).
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Seguindo a Normativa da USC sobre avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación (aprobada en Consello de Goberno da USC o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO
Actividades presenciais:
- Presentación da materia
- Exposicións temáticas
- Discusión / foros gran grupo
Total: 15 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Estudo
- Proxecto de traballo
- Elaboración conclusións clases presenciais
Total: 35 h.
ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO
Actividades presenciais:
- Prácticas uso medios AV, informáticos e virtuais
- Exposición traballos alumnos
- Elaboración informes e comentarios
- Participación foros virtuais
- Avaliación recursos TIC
- Deseño recursos TIC para educación primaria
- Proxecto de traballo
Total: 30 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Preparación e ensaio exposición traballo
- Realización exercicios prácticos manexo TIC
- Elaboración informes
- Preparación e elaboración aportación foros
- Revisión recursos TIC existentes
- Deseño recursos TIC
- Buscas bibliográficas
Total: 45 h.
ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS
Actividades presenciais:
- Comentario documentos
- Formulación de dúbidas
- Revisión de tarefas
Total: 5 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Revisión de tarefas,
- Reelaboración actividades tras feedback
- Deseño dun blog como ferramenta de traballo
Total: 20 h.
Total horas presenciais: 50
Total horas de traballo autónomo: 100
- Ter acreditado o dominio de competencias transversais en TIC recoñecidas na USC e que poden acreditarse como créditos de libre elección.
- Asistencia ás sesións CLE e CLIL.
- Autodisciplina e constancia no acceso e traballo no campus virtual.
- Manter ao día os traballos que se solicitan.
Titorías
As titorías poderán realizarse tanto presencialmente como de forma virtual, sempre que se concerten con antelación (por correo electrónico) día e hora dentro do horario establecido a tal fin.
Outros
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo RAI.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Eulogio Pernas Morado
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881812129
- Correo electrónico
- eulogio.pernas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Fernando Fraga Varela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881812128
- Correo electrónico
- fernando.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_05 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_07 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_06 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
22.05.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
22.05.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
22.05.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
22.05.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
29.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
29.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |