Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Identificar as características, potencialidades e implicacións da diversidade de materiais didácticos existentes na práctica educativa.
- Coñecer as bases teóricas que permiten analizar, explicar, deseñar e avaliar os materiais didácticos.
- Identificar as principais fontes de acceso a recursos deseñados por profesores e/o centros de recursos de/para profesores e outros profesionais da formación
- Deseñar materiais educativos de calidade en diferentes formatos (impreso, analóxico, dixital) para os ámbitos de traballo do Pedagogo.
- Avaliar, seleccionar, organizar e empregar materiais didácticos para contextos de educación e formación específicos
Os materiais didácticos no currículum. Conceptualización e taxonomías (conceptos, tipos, funcións…).
O proceso e as fases de deseño e avaliación de materiais didácticos.
Os modelos e as guías de avaliación de materiais didácticos.
Os materiais didácticos na Reforma Educativa Actual.
Os libros de texto na escola.
Os materiais didácticos en soporte dixital: criterios de calidade e software para o deseño.
Ferramentas de intelixencia artificial para a elaboración de materiais didácticos.
Desenvolvemento profesional e materiais didácticos.
Os centros de recursos: concepto e prácticas.
Os materiais didácticos para a formación ao longo da vida. Materiais didácticos para a formación de adultos.
Bibliografía Básica:
Rodríguez Rodríguez, J. , Martínez-Delgado, C., Delgado Amo, C. (2023). Discusiones actuales alrededor del libro de texto escolar. Octaedro.
Castro Rodríguez, Mª M., Rodríguez Rodríguez, J. e Zapico Barbeito, Mª H. (2013). Materiais didácticos e experiencias educativas innovadoras. Toxosoutos/NEG.
Parcerisa Aran, A. (1996). Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos. Graó.
Bibliografía Complementaria:
Area, M. (2020). Escuel@ Digit@l. Los materiales didácticos en la Red. Graó
Area, M., Rodríguez, J., Peirats, J., San Martín, Á. (2023). Infanci@ Digital. Los recursos educativos digitales en educación infantil.J Graó.
Cepeda, O., Gallardo, I.M. e Rodríguez, J. (2017). La evaluación de los materiales didácticos digitales. RELATEC, Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 16(2), 79-95. https://doi.org/10.17398/1695-288X.16.2.79
Edullab, Crie e Stellae (2019). Guía para la producción y uso de materiales didácticos digitales : recomendaciones de buenas prácticas para productores, profesorado y familias. Repositorio de la Universidad de La Laguna. https://riull.ull.es/xmlui/handle/915/16086
Gardó, H. e Sierra, C. (2022). Los algoritmos a examen: ¿Por qué IA en educación?. Fundació Bofill. https://fundaciobofill.cat/es/publicaciones/los-algoritmos-a-examen
Gewer Barujel, A. e Fraga Varela, F. (2006). Profesorado y Squeak. ¿ Una oportunidad para romper los mitos de la tecnología en la escuela?. Relatec: Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 5 (2), 465-482.
Rodríguez Rodríguez, J. (2004). (Varios conceptos)., Material Didáctico, Material Impreso, Materiales Curriculares, Libro de texto. En Salvador Mata, F., Rodríguez Diéguez, J. L. y Bolívar Botía, A. Diccionario Enciclopédico de Didáctica , vol. II. Aljibe.
López Gómez, S. e Rodríguez Rodríguez, J. (2021). Los videojuegos en la escuela, la universidad y los contextos sociocomunitarios. Octaedro.
Martínez Bonafé, J. e Rodríguez Rodríguez, J. (2010). El currículum y el libro de texto. Una dialéctica siempre abierta. En J. Gimeno. Saberes e incertidumbres sobre el currículum (pp. 246-269). Morata.
Martínez Bonafé, J. (1995). Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del currículum). En J. G. Mínguez e M. Beas. Libro de texto y construcción de materiales curriculares(pp. 221-245). Proyecto Sur.
Parcerisa Arán, A. (1996). Materiales curriculares, cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos. Graó. (Só a parte correspondente coa guía).
Pernas Morado e Doval, I. (2002) (Eds). Novas Tecnoloxías e Innovación Educativa en Galicia. USC.
Rodríguez Rodríguez, J. e García García, I. (2011). La elaboración de materiales didácticos en los contextos educativos municipales. El proyecto educativo “Ulla Elemental”. Bordón, 63 (3), 133-149.
Rodríguez Rodríguez, J., Martínez Bonafé, J. e Braga García, T. (2016). (Coords). Entre libros de texto impresos y libros de texto digitales: debates y desafíos.Monográfico revista Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado. Vol. 20, nº 1.
Rodríguez Rodríguez, J. e Martínez Bonafé J. (2016). Libros de Texto y Control del Currículum en el contexto de la sociedad digital. Cad. Cedes, Campinas, 36(100), 319-336.
Teijeiro Bóo, Y. e Rodríguez Rodríguez, J. (2022). Materiales y recursos didácticos en Pedagogía Hospitalaria. Graó.
Monográfico,
De los libros de texto a los materiales didácticos digitales (RELATEC).
CB1 - Que o estudantado teña demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu eido de estudo.
-CX7- Elaborar, xestionar e/o facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais
que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de
informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
- CE2.2-Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas
- CE2.3-Deseñar planes de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
-CE2.3-Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
-CE4.1-Avaliar planes, programas, proxectos, procesos de ensinanza-aprendizaxe e medios e recursos
educativos e formativos.
-CE5.2- Asesorar sobre o uso pedagógico dos medios e recursos educativos.
Trátase dunha materia de carácter teórico-práctico que debe capacitar ao estudantado para adquirir as estratexias e coñecer os modelos que lle permitan deseñar e avaliar Materiais Didácticos en diferentes contornas e formatos. Igualmente a asignatura permitirá que os e as estudantes poidan coñecer as particularidades e características da diversidade de materiais que poidan ser deseñados e avaliados. Resulta especialmente importante que o alumnado identifique o papel e protagonismo de
cada un dos diferentes materiais didácticos, o papel que posúen na práctica socioeducativa e as diferentes estratexias que poidan adoptarse para que o seu uso poida contribuír ao desenvolvemento innovador de dita práctica.
A materia pode vincularse aos períodos de PRACTICUM nos que os e as estudantes poderán coñecer, na súa realidade específica, as propostas de deseño e avaliación de materiais didácticos que se están levando a cabo nas institucións nas que se incorporen.
Na medida do posible tentaremos que algúns dos traballos propostos na materia estean coordinados conxuntamente con outras materias. Así mesmo no desenvolvemento da materia tense en conta o traballado na materia de Tecnoloxía Educativa (3º Pedagoxía).
Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Farase un uso activo do campus virtual para informar, documentar e solicitar tarefas a realizar polo estudantado.
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia ás sesións de clase é un dereito e deber. Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 (https://minerva.usc.gal/rest/api/core/bitstreams/ec0c5cd6-b5be-4726-96c…). Nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar exención oficial de docencia expositiva. O sistema de avaliación na materia será o mesmo para este estudantado (exención) que para o estudantado asistente. Neste caso (exención), o alumnado deberá presentarse ao profesorado ao comezo da materia e coordinar con eles o plan de traballo e seguimento.
Asistencia a clases e control de asistencia:
O programa inclúe clases teóricas e prácticas.
• O profesorado levará a cabo un control de asistencias do seu estudantado ás clases. As faltas de asistencia xustificadas ás clases tanto teóricas como prácticas non eximirán ao estudantado do cumprimento dos requisitos establecidos no programa. Se existise un impedimento de asistencia ás clases teóricas e/ou prácticas o estudantado deberá comunicalo previamente ao profesorado.
• Dado o carácter colaborativo das prácticas e a unión entre teoría e práctica, a “non asistencia” reiterada ás sesións prácticas -mesmo xustificada que supón non participar nas actividades de aprendizaxe e tarefas deseñadas conlevará a obrigación de realizala individualmente, previa negociación co profesorado e supervisión continuada das mesmas.
O sistema de avaliación a aplicar será a avaliación continua ao longo do curso. De cara á avaliación final tomaranse en conta os seguintes elementos:
- Actividades realizadas individualmente ou en grupo ao longo do cuadrimestre relacionadas co deseño e avaliación de materiais: 30%
- Traballo persoal sobre lecturas e estudo:20%
- Traballo de elaboración ou adaptación dun material:30% (Actividade colectiva, ApS)
- Exame Final:20% (Actividade individual)
- Asistencia: Obrigatoria.
Para obter unha valoración positiva na materia, é necesario ter superadas todas as actividades (avaliación continua e proba final). Ademais, considérase a asistencia a un 80% das clases como requisito e será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas na axenda nas diferentes oportunidades
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
O exame final trátase dunha proba de carácter continuo que o estudantado vai realizando ao longo do cuadrimestre e entrégase o día oficial do exame.
No caso de estudantado con exención de docencia, na primeira semana de clase, no horario de tutoría, establecerán co profesorado cal vai ser o seu seguimento das sesións expositivas e a súa incorporación nas sesións interactivas para realizar actividades con outros e as que realizarán de forma individual. Dun xeito específico o alumnado deberá facer entrega dun resumo de obras recomendadas e a entrega dun material didácticos elaborado ou adaptado.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Actividades presenciais (50 horas).
Introducción: 4 horas.
Clases expositivas: 11 horas.
Prácticas de Seminario 14 horas.
Prácticas de laboratorio: 14 horas.
Titorías de traballo de curso: 5 horas.
Avaliación: 2 horas.
Traballo persoal de estudante (100 horas).
Estudo: 20 horas.
Lectura, explicación…: 30 horas.
Analizar e seleccionar materiais: 14 horas.
Deseñar e avaliar materiais: 14 horas.
Saídas de campo: 12 horas.
Recoméndase ter coñecementos do ámbito da Tecnoloxía Educativa e ter cursado materias relacionadas co Deseño e Desenvolvemento Curricular.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Jesus Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813843
- Correo electrónico
- jesus.rodriguez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Silvia Lopez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
05.12.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |