Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Adquirir, comprendéndoos e valorándoos criticamente, os coñecementos que se presentan nos bloques de contido deste programa.
2) Integrar e aplicar eses coñecementos para elaborar programas de intervención adaptados á diversidade, avaliables e verosimilmente eficaces, destinados a escolares con Dificultades na Aprendizaxe Específicas.
BLOQUE I. MARCO TEÓRICO-CONCEPTUAL
1. Introducción ao estudo das dificultades de aprendizaxe escolar
BLOQUE II. DIFICULTADES DE APRENDIZAXE EN LENGUAJE ESCRITO
2. Dificultades na exactitude lectora e ortográfica
3. Dificultades na fluidez lectora
4. Dislexia- Disortografía
5. Dificultades na comprensión lectora e composición escrita
6. Dificultades na calidade da letra. Disgrafía
BLOQUE III. DIFICULTADES DE APRENDIZAXE EN MATEMÁTICAS
7. Dificultades en matemáticas. Discalculia
BÁSICA:
Martínez, J. (2023). Enseñar matemáticas a alumnos con necesidades educativas especiales (4ª ed.). Wolters Kluwer.
Outón, P. (2004). Programas de intervención con disléxicos. CEPE.
Suárez, A. (2000). Iniciación escolar a la escritura y la lectura. Diseño de programas adaptados a la diversidad. Pirámide.
Suárez, A. (2011). Diagnóstico pedagógico. Diagnóstico de las competencias en lenguaje verbal escrito y matemáticas en educación primaria. La Muralla.
COMPLEMENTARIA:
Aguilera, A. (2004). Introducción a las Dificultades del Aprendizaje. McGraw-Hill.
Alvarado Gordillo, M. (1988). La disgrafía escolar (Escala gráfica. Tratamientos correctivos). Disgrafos.
Asociación Americana de Psiquiatría. (2024). Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales, DSM-5-TR texto revisado (5ª ed.). Editorial Médica Panamericana.
Baroody, A. J. (1988). El pensamiento matemático de los niños. Un marco evolutivo para maestros de preescolar, ciclo inicial y educación especial. MEC/Visor.
Defior, S., Serrano, F. & Gutiérrez, N. (2015). Dificultades específicas de aprendizaje. Síntesis.
Fernández Baroja, F., Llopis, A. M., & Pablo, C. (1991). Matemáticas básicas: dificultades en el aprendizaje y recuperación. Santillana/Aula XXI. Fiuza, M. J., & Fernández, M.P. (2014). Dificultades de aprendizaje y trastornos del desarrollo. Manual Didáctico. Pirámide.
González Valenzuela, M. J. (Coord.) (2012). Prevención de las dificultades de aprendizaje. Pirámide.
Maruny, LL., Ministral, M., & Miralles, M. (1995). Escribir y Leer. Materiales curriculares para la enseñanza y el aprendizaje del lenguaje escrito, de tres a ocho años, I-II-III. MEC/Edelvives.
Miranda, A., Fortes, C. & Gil, M. D. (2000). Dificultades del aprendizaje de las matemáticas. Un enfoque evolutivo. Aljibe.
Miranda, A., Vidal-Abarca, E., & Soriano, M. (2002). Evaluación e Intervención Psicoeducativa en Dificultades de Aprendizaje. Pirámide.
Outón, P. (2009). Dislexia. Una visión interdisciplinar. Lebón.
Outón, P. (2010). ABC Dislexia b, d, p, t (Cuaderno del profesor y cuaderno de actividades del alumno). TEA.
Suárez, A. (1995). Dificultades en el Aprendizaje. Un modelo de diagnóstico e intervención. Santillana.
Suárez, A. (2004). Dificultades en el aprendizaje. En C. Jiménez Fernández (Ed.), Pedagogía diferencial. Diversidad y equidad (pp. 289-313). Pearson/Prentice Hall.
Teruel, J., & Latorre. A. (2014). Dificultades de aprendizaje. Intervención en dislexia y discalculia. Pirámide.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
COMPETENCIAS XERAIS
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar críticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Pedagoxía.
CG4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CG5 - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/o grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
CG7 - Elaborar, xestionar e/o facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas etc.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT4 - Involucrarse na resolución de problemas.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE5.1 – Asesoramento a persoas e/o grupos nos procesos educativos e formativos.
A metodoloxía utilizada diríxese á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o estudantado poida implicarse activamente na comprensión e valoración crítica dos contidos da materia. Está deseñada con catro módulos diferenciados, pero estreitamente interrelacionados entre si: clases expositivas, clases interactivas, atención na titoría e traballo autónomo.
As clases expositivas levaranse a cabo con todo o grupo de estudantes da materia. Nelas introducirase, fundamentaranse e desenvolveranse os contidos teóricos da materia, achegando ao estudantado aos fundamentos científicos do campo para a posteriori poder interpretar e valorar criticamente a información tanto na elaboración de traballos teóricos como prácticos. Acompañaranse de debates e materiais audiovisuais que sirvan de elementos dinamizadores e exemplificadores dos contidos abordados e contribúan á consecución das competencias pertinentes.
As clases interactivas levaranse a cabo en grupos reducidos. O estudantado traballará os contidos expostos a través de distintas actividades prácticas: análise de informes de dificultades na aprendizaxe en función das distintas perspectivas de estudo, valoración dunha composición escrita ou lectura oral dun escolar con dificultades, planificación dunha sesión de traballo cun escolar con dificultades nas matemáticas, deseño dun programa de mellora da linguaxe escrita. Ademais de profundar en contidos específicos, fomentarase a súa implicación en debates e tarefas grupais e promoverase o pensamento crítico e a toma de decisións.
A atención na titoría poderá ser individual ou en pequenos grupos. Pretende dar resposta ás necesidades específicas do estudantado, ofrecendo as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como a realización dun seguimento e avaliación continuada, tanto no referente ao ámbito dos coñecementos como das competencias.
As actividades de traballo autónomo inclúen, basicamente, o estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique e a realización das actividades sinaladas nas sesións interactivas.
No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como ferramenta de apoio á docencia, fundamentalmente como repositorio de materiais de consulta e de estudo e como medio de comunicación co alumnado, tanto de modo individual como grupal. Poderase utilizar algunha outra ferramenta accesible na plataforma para a realización das actividades prácticas.
Respecto dos materiais non haberá un dossier único da materia. Para cada tema concretarase o material necesario para a súa aprendizaxe, que poderán ser artigos, capítulos específicos de manuais, esquemas, etc.
A avaliación terá un propósito fundamentalmente formativo, sustentado na observación continuada das actividades individuais e grupais do estudantado, así como na súa participación activa durante as clases presenciais.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA E PONDERACIÓN
Na avaliación final teranse en conta os seguintes aspectos:
• Participación nas distintas actividades de clase (10%).
Valorarase a implicación activa do estudantado nas tarefas propostas durante as sesións presenciais, tanto individuais como grupais.
• Realización e presentación dos traballos solicitados pola profesora (40 %):
O estudantado deberá entregar en prazo os traballos deseñados pola profesora, que poderán ser de carácter individual ou grupal e deberán ser orixinais. A entrega do traballo será condición necesaria para poder acceder á súa cualificación.
A avaliación destes traballos non se realizará directamente sobre o documento entregado, senón a través dun cuestionario en liña dispoñible no campus virtual. Este cuestionario será o único instrumento de cualificación do traballo e valorará o coñecemento aplicado, a adecuación ao modelo solicitado e a aplicación dos criterios establecidos na rúbrica de avaliación correspondente.
A non presentación do traballo ou do cuestionario asociado implicará automaticamente a perda desta parte da avaliación. Non se aceptará o uso dun mesmo traballo en varias materias, salvo que estea debidamente coordinado. O plaxio total ou parcial implicará o suspenso na convocatoria correspondente, conforme á normativa vixente.
• Proba individual escrita (exame) (50 %): Realizarase na data oficial establecida pola Facultade e avaliará os contidos tratados ao longo da materia.
Para poder presentarse ao exame será obrigatoria unha asistencia mínima do 90 % ás actividades docentes presenciais programadas, salvo causas xustificadas. O estudantado poderá ausentarse a un 10 % das sesións sen xustificación, excepto nas actividades colectivas obrigatorias. Esta condición axústase á opción c do artigo 1.2 do novo Regulamento de asistencia a clase.
Para superar a materia será imprescindible entregar en prazo todos os traballos solicitados e realizar o cuestionario correspondente.
CONVOCATORIA DE JULIO
Manterase o mesmo sistema de avaliación. As condicións serán as seguintes:
• O estudantado que superase a proba individual escrita pero non os traballos (e o seu correspondente cuestionario), deberá contactar previamente coa profesora e realizar unha proba práctica equivalente, que entregará na data oficial do exame.
• Quen superase os traballos pero non a proba individual escrita, deberán repetir o exame na data oficial.
• Quen non superasen ningunha das dúas partes deberán realizar ambas.
ESTUDANTADO CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA Ou DISPENSA DE ASISTENCIA
O sistema de avaliación adaptarase da seguinte maneira:
• Traballos solicitados pola profesora (avaliados mediante cuestionario): 50 %
• Proba individual escrita: 50 %
O estudantado con exención deberá contactar coa profesora nos quince días posteriores á concesión para establecer o plan de traballo e titoría. Esta adaptación axústase ao artigo 8 do novo regulamento.
ESTUDANTADO REPETIDOR
Se o/a estudante repetidor/a superou os requisitos de asistencia en cursos anteriores, poderá seguir o mesmo sistema de avaliación que o estudantado con dispensa, conforme ao previsto no artigo 6 do Regulamento de asistencia a clase.
CRITERIOS CUALITATIVOS DE AVALIACIÓN
Valorarase especialmente a relevancia, coherencia, realismo e aplicabilidade do discurso académico. A mera reprodución memorística de contidos non se considerará unha evidencia suficiente de comprensión.
FRAUDE ACADÉMICA
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que poida iniciarse contra o/a estudante infractor/a, e #de acordo con a Normativa de avaliación do rendemento académico do/da estudante e de revisión de cualificacións (aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou extraídos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e as fontes.
ASISTENCIA A CLASE
O sistema de avaliación desta materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024. Este regulamento será de aplicación plena a partir do curso académico 2025-2026.
O tempo total do traballo do/da estudante nesta materia será de 150 horas, desagregadas así:
Presenciais: 48 horas.
Avaliación: 2 horas.
Titorías: 3 horas.
Traballo persoal do alumno: 97 horas.
Tempo estimado total: 150 horas.
. Para cursar esta materia se aconsella que o estudantado teña coñecementos previos das materias de Psicoloxía do Desarrollo, Orientación Educativa, Diagnóstico Pedagógico e Avaliación de Programas.
. Así mesmo, para acadar un bo dominio da materia é aconsellable seguir as seguintes recomendacións:
- Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados pola profesora.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo autónomo do/da estudante para acadar os obxectivos da materia.
Recoméndase que o/a estudante faga uso dos horarios de titorías para recibir o apoio necesario e as directrices que faciliten tanto o estudo da materia coma a elaboración dos traballos que se indiquen. As titorías terán lugar no seguinte horario e lugar:
Os luns en horario de 10:00 a 14:00 horas e os martes de 12:30 a 14:30 horas, no despacho 65 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. (2020).
Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.apa.org/
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Os traballos deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
O estudantado deberá empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación coa profesora.
O estudantado deberá utilizar obrigatoriamente as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo cando se utilice como instrumento de traballo seguindo as instruccións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/tutorías) é un proceso privado, como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
CONTACTO:
Profesora: Paula Outón Oviedo
Despacho: Nº 65 (Módulo A) Facultade de CC. da Educación- Campus Vida
Correo electrónico: paula.outon [at] usc.es (paula[dot]outon[at]usc[dot]es)
Teléfono: 881813840
Paula Outon Oviedo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813838
- Correo electrónico
- paula.outon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
15.12.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
26.06.2026 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |