Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia de Orientación Profesional concrétanse nos seguintes aspectos:
- Coñecer e analizar as tendencias históricas, os fundamentos teórico-conceptuais e o marco de intervención da Orientación Profesional.
- Identificar e comprender as necesidades, bases, modelos e funcións da Orientación en contextos formativos e profesionais.
- Acceder ao coñecemento da realidade dos servizos de Orientación Profesional en escenarios educativos e profesionais.
- Coñecer e aplicar estratexias, técnicas e recursos de orientación.
- Adquirir os coñecementos, estratexias, técnicas e habilidades necesarias para deseñar, aplicar e avaliar intervencións no campo da Orientación Profesional.
O desenvolvemento da materia concreta os seus contidos nos seguintes bloques temáticos:
Bloque Temático 1. Bases conceptuais da Orientación Profesional: concepto, desenvolvemento histórico, enfoques e perspectivas teóricas, principios de actuación, modelos de intervención, funcións e ámbitos de intervención.
Bloque Temático 2. Organización e funcionamento dos Servizos de Orientación Profesional en contextos formativos e sociolaborais: Institucionalización dos servizos de orientación profesional, servizos de orientación profesional en contextos formativos e servizos de orientación no ámbito socioprofesional.
Bloque Temático 3. Mercado laboral actual: Características e papel da Orientación Profesional: conceptos básicos, características do mercado de traballo e do perfil profesional actual, tipoloxías de desemprego e consecuencias deste fenómeno, roles e funcións da orientación profesional.
Bloque Temático 4. Técnicas e recursos de Orientación Profesional: Proxecto profesional, itinerarios formativos e de inserción, ferramentas de busca activa de emprego.
Bloque Temático 5. Deseño, implementación e avaliación de Programas de Orientación Profesional: Modelo de intervención por programas, fases e aspectos a considerar, tipos de programas de orientación profesional.
Bibliografía Básica:
- Álvarez-González, M. e Bisquerra-Alzina, R. (Coords.) (20024). Orientación Profesional. Cuadernos de Pedagogía. La Ley.
- Manzanares, A. e Sanz, C. (Dirs.). (2016). Orientación Profesional. Fundamentos y estrategias. Universidad de Castilla La Mancha y Wolters Kluwer.
- Sánchez, Mª. F. (Coord.). (2017). Orientación para el desarrollo profesional. UNED.
- Sobrado, L. M. e Cortés, A. (Coords.). (2009). Orientación Profesional. Nuevos escenarios y perspectivas. Biblioteca Nueva.
Bibliografía Complementaria:
- Álvarez González, M. e Bisquerra, R. (2024). Orientación para el desarrollo de la carrera. En M. Álvarez-Gonzáles e R. Bisquerra (Coords.), Orientación Profesional (pp.17-43). Cuadernos de Pedagogía.
- Caballero, M. A. (2005). Claves de la orientación profesional. Estructura, planificación, diagnóstico e intervención. Editorial CCS.
- Carrillo, F. (2021). Efectividad de un programa para la mejora del proyecto profesional y la marca personal. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(2) (2º cuatrimestre), 27-46.
- Martínez-Clarés, P. (2008). Orientación Profesional para la transición. En B. Echeverría, (Coord.), S. Isus, M.P. Martínez e L. Sarasola, Orientación Profesional (pp. 223-299). UOC.
- Martínez-Clarés, P. e González-Lorente, C. (2021). Orientación Profesional en la incertidumbre: un programa de inserción sociolaboral. Pirámide.
- OIT (2023). El valor del trabajo esencial. Perspectivas sociales y del empleo en el Mundo-2023. Organización Internacional del Trabajo.
https://www.ilo.org/es/publications/flagship-reports/perspectivas-socia…
- Planas, J. A. (Coord.). (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo: experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. Graó.
- Requejo, E., Raposo-Rivas, M. e Sarmiento, J.A. (2022). El uso de tecnologías en orientación profesional: una revisión sistemática. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(3), 40-65.
- Sobrado, L. e Ceinos, C. (2011). Tecnologías de la Información y Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Biblioteca Nueva.
- Suárez-Ortega, M. e Sánchez-García, Mª.F. (Coords.). (2018). Orientación para la construcción del proyecto profesional. UNED.
- Teré, F. (2019). Manual práctico de Orientación Profesional centrada en el empleo y la persona. Eunate.
Revistas:
Revista Española de Orientación e Psicopedagogía
http://revistas.uned.es/index.php/reop
Revista de Investigación Educativa
https://www.uv.es/aidipe/
Páxinas web de interese:
- International Association for Educational and Vocational Guidance: https://iaevg.com
- Rede Interuniversitaria de Profesorado de Orientación: https://ripo.es/
- Orientación Académica e Profesional. Ministerio de Educación e Formación Profesional: https://todofp.es/orientacion-profesional.html
- Euroguidance Centre Spain:
https://euroguidance-spain.educacionyfp.gob.es/inicio.html
Competencias Básicas:
1B- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse nun nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Competencias Xerais:
3G- Coñecer, comprender e analizar de xeito integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
5G- Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante o emprego de medios e recursos axeitados.
6G- Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así coma no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que se interveña.
Competencias Específicas:
6.1E- Axudar a empregar as estratexias idóneas na busca de emprego.
6.2E- Orientar a adecuación entre o perfil profesional das persoas e as ofertas laborais dispoñibles.
6.3E- Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
6.4E- Orientar no deseño de proxectos profesionais.
Competencias Transversais:
2T- Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
7T- Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
Na configuración dos graos destaca a importancia do papel axente e activo do estudantado nos procesos de aprendizaxe, así coma o rol de facilitador e mediador que asume o profesorado. Neste marco e dende unha valorización dos principios de contextualización, participación e actividade, establécense diversos procesos metodolóxico-didácticos que se concretan en:
- Sesións Expositivas: Dirixidas a todo o grupo de estudantes, nas que se presentarán e serán expostos os contidos da materia. En ditas sesións, serán tamén presentadas as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do estudante.
- Sesións Interactivas: Levaranse a cabo diferentes actividades grupais con carácter práctico e aplicado (6-7) (lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais, discusión e debate sobre os contidos expostos, deseño de itinerarios, análise e resolución de casos prácticos,...) co propósito de promover o ensino a partir do diálogo e o traballo cooperativo en grupos heteroxéneos. Ó longo das diferentes sesións, profundarase na aplicación dos contidos presentados nas clases expositivas, optimizando a aprendizaxe académica e a participación do estudantado nas clases. A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento da materia e a coordinación coas materias do semestre.
Complementariamente, cómpre apuntar que o uso da Aula Virtual na materia será de especial relevancia, debendo ser entendida como unha ferramenta de apoio, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas no horario especificamente destinado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo durante o curso. O horario de titorías será especificado a comezos de curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e en liña (a través do correo electrónico ou a través da plataforma Teams con cita previa) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia.
No que atinxe ás cuestións que os/as estudantes formulen á docente da materia mediante o correo electrónico, estes deberán empregar a conta de correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
A avaliación terá un carácter integral e continuo abarcando as seguintes actividades individuais e colectivas:
1.- Realización dunha proba escrita final sobre os contidos desenvoltos nas sesións de clase, coincidindo coa data que se estableza no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da cualificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2,5 puntos para tomar en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2.- Actividades prácticas de aula (6-7) orientadas ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde, dándose a coñecer esta e os criterios de realización de cada unha delas de xeito previo ao seu desenvolvemento. O seu peso porcentual será do 50% da cualificación final (sendo imprescindible acadar unha puntuación mínima de 2.5 puntos), o que implica que a asistencia a clase é preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames. Por tanto, é obrigatoria a asistencia a clase como mínimo cunha porcentaxe do 90% ás actividades formativas programadas. Con anterioridade á realización das probas, publicarase unha listaxe do estudantado que cumpre este requisito para poder examinarse. Para poder ser avaliados, os/as estudantes deberán entregar todas as actividades no prazo establecido pola docente da materia.
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizado e entregado en prazo a totalidade das actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas; é dicir ter entregado en prazo e superado as actividades solicitadas (cualificación mínima de 2,5 sobre 5), así como a proba individual (mínimo 2,5 sobre 5 puntos). Aquelas entregadas fora dos prazos establecidos non serán tomadas en consideración nin avaliadas.
O carácter presencial da materia implica a asistencia asidua e a participación nas sesións de clase (mínimo 90%), salvo nos supostos oficialmente contemplados (exención de docencia e dispensa de asistencia a clase). No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderase ao establecido no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Por tanto, en ambos supostos, o estudantado con exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase realizará as prácticas de xeito individual (50%) dentro do prazo establecido pola profesora da materia, así coma o exame na data oficialmente establecida, o cal terá un peso do 50% da cualificación. Complementariamente, apúntase que estes estudantes, unha vez concedida a dispensa de asistencia a clase ou a exención de docencia, deberán poñerse en contacto coa profesora da materia no prazo de 10 días a partir da concesión da mesma co fin de establecer un plan de titorización e seguimento individualizado.
As cualificacións obtidas das diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso académico, non se manteñen en cursos posteriores.
No caso de estudantes repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores, someteranse ao réxime ordinario, polo que serán avaliados segundo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Nota: No referido á realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que poida seguirse contra o/a estudante infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Actividades presenciais (50 horas):
- Clases expositivas (presentación, explicación de temas): 18h
- Prácticas de seminario (análises de medios): 10h
- Prácticas de seminario: manexo de programas e recursos: 12h
- Titorías de traballo de curso: 6h
- Avaliación: 4h
Traballo persoal do estudantado (100 horas):
- Estudo: 40h
- Selección de medios: 20h
- Elaboración e adaptación de programas e recursos: 34h
- Titorías de traballo de curso: 4h
- Avaliación: 2h
A complexidade conceptual, teórica e aplicada da materia, aconsella un traballo continuado, procurando, dende o inicio, unha implicación e participación activa nas actividades que se desenvolvan e que están dirixidas á avaliación continua.
No referido coas actividades prácticas ou traballos a desenvolver de xeito grupal, deberán realizarse e presentarse nos prazos que se determinen para a entrega das diferentes actividades.
É recomendable, a un tempo, a consulta e lectura de bibliografía básica e complementaria de cara a favorecer a comprensión dos contidos abordados en clase, así como facer uso das titorías, o que favorece unha mellora significativa do proceso de aprendizaxe do estudantado.
PROFESORADO DA MATERIA:
Cristina Ceinos Sanz. Despacho Nº 18, 1º andar, Módulo A.
Teléfono: 8818 13823 Correo electrónico: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es)
- Na realización de traballos/ prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
- Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental: Se a docente da materia, de ser o caso, solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encadernacións.
o Empregar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Asistencia a clase: O presente programa axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. No mesmo, expóñense os beneficios de asistencia a clase, entre eles, unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, aprendizaxe continua, interacción directa con outros e outras estudantes, así como a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Segundo a normativa indicada, entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia ás actividades formativas recollidas no presente programa sen necesidade de aportar xustificación cando as faltas de asistencia non superen o 10% das horas programadas, excepto nos casos de actividades de realización obrigatoria. No artigo 3 desta normativa, especifícanse as causas xustificadas das faltas de asistencia. Igualmente, nos casos contemplados na normativa, o estudantado poderá solicitar dispensa de asistencia a clase.
Maria Cristina Ceinos Sanz
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12.12.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
23.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |