Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudar a evolución do concepto de familia, para comprender as súas transformacións e a aparición de novas estruturas familiares na sociedade.
2. Coñecer as funcións da familia como axente educador e os estilos educativos familiares.
3. Estudar as relacións da unidade familiar coa escola e a comunidade.
4. Analizar os programas, servizos e recursos de intervención socio-educativa familiar que se desenvolven no contexto local, autonómico e nacional.
5. Analizar o rol do pedagogo/a nos servizos e programas de educación familiar.
- A familia: concepto, evolución e estruturas.
- A pedagoxía familiar: concepto e antecedentes.
- Marco lexislativo da familia en España e en Galicia.
- Os procesos educativos na familia: unha perspectiva ecolóxica.
- A relación familia e escola.
- Análise socio-educativa das situacións de risco na familia e dos problemas intrafamiliares.
- Familia, educación e fluxos migratorios.
- Programas, servizos e recursos para a educación familiar.
Bibliografía Básica
Rodrigo, M.J., Máiquez Chaves, M.L., Martín Quintana, J.C., e Byrne, S. (2008). Preservación familiar. Un enfoque positivo para la intervención con familias. Pirámide.
Rodrigo, M.J. (coord.) (2015). Manual práctico de parentalidad positiva. Síntesis
Santos Rego, M. A. (2015). El poder de la familia en la educación. Síntesis.
Santos Rego, M. A., Lorenzo Moledo, M., e Míguez Salina, G. (2022). Fondos de Conocimiento familiar e intervención educativa: Comprender las circunstancias sociohistóricas de los estudiantes. Narcea.
Bibliografía Complementaria
Aguilar Ramos, M. C. (2002). Educación familiar: una propuesta disciplinar y curricular. Aljibe.
Alberdi, I. (1999). La nueva familia española. Santillana.
Aroca Montolío, C., Lorenzo Moledo, M., e Miró Pérez, C. (2014). La violencia filio-parental un análisis de sus claves. Anales de Psicología, 30(1), 157-170.
Arruabarrena, M. I., e De Paúl, J. (1997). Maltrato a los niños en la familia. Pirámide.
Bernal, A., Rivas, S., e Urpí, C. (2012). Educación familiar. Pirámide.
Boutin, G., e Durning, P. (1997). Intervenciones socioeducativas en el medio familiar. Narcea.
Calvete, E., e Pereira, R. (2019). La violencia filio-parental. Análisis, evaluación e intervención. Alianza.
Cánovas, P., e Sahuquillo, P. (2010). Educación familiar y mediación televisiva. Teoría de la Educación, 22, 117-140.
Cea D'Ancona, M. A. (2007). La deriva del cambio familiar. Hacia formas de convivencia más abiertas y democráticas. CIS.
Dolto, F. (1999). La educación en el núcleo de la familia. Paidós.
Dowling, E., e Osborne, E. (1996). Familia y escuela. Una aproximación conjunta y sistémica a los problemas familiares. Paidós.
García, R., Pérez, C., e Escámez, J. (2009). La educación ética en la familia. Desclee de Brouwer.
Golombok, S. (2006). Models de família. què és el que copta de debò. Graó.
Gracia Fuster, E., e Musitu-Ochoa, G. (2000). Psicología social de la familia. Paidós.
Musitu- Ochoa, G. (1996). Educación familiar y socialización de los hijos. Idea Books.
Pérez Díaz, V. (2001). La familia española ante la educación de sus hijos. Fundación “La Caixa”.
Rivas, S. (2007). La participación de las familias en la escuela. Revista Española de Pedagogía, 238, 559-574.
Rodrigo, M. J., e Palacios, J. (Eds.). (2000). Familia y desarrollo humano. Alianza.
Santos Rego, M. A., Lorenzo Moledo, M., e Priegue, D. (2019). La mejora de la participación e implicación de las familias en la escuela: un Programa en acción. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 22(3), 93-107.
Serrano Pintado, I. (1998). Agresividad infantil. Pirámide.
Páxinas web
https://politicasocial.xunta.gal/es/temas/familia-e-infancia
https://meninos.org/es/inicio/
Competencias básicas e xerais
CB1 - Que os/as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
Competencias transversais
CT4 - Involucrarse na resolución de problemas
Competencias específicas
CE1.3 - Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións
CE2.2 - Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas
CE3.1 - Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos
CE3.2 - Aplicar e desenvolver estratexias e técnicas de orientación en procesos educativos e formativos
CE4.1 - Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensino-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos
A docencia estrutúrase de forma que se propicie a participación activa do/a estudante e se favoreza a adquisición dos coñecementos teóricos que teñen que ver coa Pedagoxía Familiar. Preténdese estimular a adquisición das habilidades e destrezas necesarias para poñer en práctica en contextos diversos os coñecementos adquiridos. Apostamos por unha aprendizaxe reflexiva, para que o/a estudante vaia adquirindo responsabilidades ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, á vez que desenvolve as capacidades e habilidades necesarias para facer fronte aos diversos contextos de intervención dun/ha pedagogo/a.
Falamos, por tanto, dunha aprendizaxe centrada no/a propio/a estudante, de forma que se favoreza a súa participación activa, adquirindo responsabilidades no seu propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo competencias. A conxunción destes factores posibilitarán que o/a estudante adquira uns coñecementos que, con posterioridade, poderá aplicar na intervención pedagóxica.
É por isto que unha das nosas prioridades será implicar activamente ao/á estudante en procesos de busca, experimentación, reflexión, e aplicación dos coñecementos, a través do estudo de situacións reais e problemas relevantes nunha sociedade como a nosa, cambiante e diversa. Teñamos presente que o valor educativo dos contidos ponse de manifesto cando os coñecementos xorden como resposta a problemas sentidos.
Para iso, introducirase aos e ás estudantes nos distintos temas a partir, fundamentalmente, da exposición do profesorado e do traballo en grupo, onde o/a estudante pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
De forma máis concreta, as metodoloxías docentes utilizadas no proceso de construción de coñecemento na materia son:
- Clases expositivas: presentación e explicación dos temas
- Prácticas de seminario: Análise de textos
- Prácticas de seminario: Estudo de casos
- Titorías de traballo de curso
- Avaliación
- Estudo e traballo do alumno/a
- Deseño dun proxecto de intervención familiar
- Na medida das posibilidades, xestionarase algunha visita relacionada cos contidos da materia ou a participación dalgún profesional do ámbito.
O/a estudante con exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase debe pórse en contacto co profesorado nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo.
O Campus Virtual será fundamental para o desenvolvemento da materia.
A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta ao redor de dous eixos:
- Realización dunha proba obxectiva nas datas oficiais e horarios establecidos.
- Valoración dun proxecto de intervención familiar e das prácticas de aula.
Todas as actividades individuais e colectivas son obrigatorias.
Para superar a materia é obrigatorio ter superado a proba final e o proxecto, así como as prácticas de aula. En termos de avaliación continua, realizarase un seguimento da evolución das aprendizaxes do/a estudante(programación de entregas, listaxes de participación, etc.) empregando as canles institucionais (Microsoft Teams, Campus Virtual e correo electrónico institucional) e, no seu defecto, a través das titorías e o seguimento presencial na aula.
Atendendo ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao ou máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 a asistencia a un mínimo do 80% (clases teóricas e interactivas) é obrigatoria. A non asistencia impediría a superación da materia na oportunidade ordinaria. Con anterioridade á realización do exame publicarase un listado do/a estudante que satisfaga este requisito para poder examinarse. Neste caso, para presentarse á oportunidade extraordinaria o/a estudante deberá entregar todas as prácticas de aula, o proxecto e un traballo que definirá o profesorado.
A cualificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba final suporá o 50% da nota final, as prácticas de aula o 20% e o proxecto de intervención o 30% (réxime ordinario). No caso da oportunidade extraordinaria, a proba final suporá o 50% da nota final, as prácticas de aula un 20%, o proxecto o 15% e o traballo o 15% (tamén para o/a estudante con dispensa).
O/a estudante que teña concedida exención de docencia, ou dispensa, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente. En substitución das actividades ás que non podes acudir terase en conta o seguinte:
- Estudante con exención: Deberán realizar unha recensión ademais do plan de traballo proposto.
- Estudante con dispensa: Realizarán as actividades indicadas, unha recensión e un traballo monográfico previamente acordado co profesorado.
O/a estudante repetidor/a seguirá o réxime ordinario.
Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso na avaliación do ou da estudante na convocatoria. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos/as estudantes e de revisión de cualificacións (Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia suporá a cualificación de suspenso, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen cita ás autorías das fontes.
Clases expositivas: presentación, explicación de temas, 20 horas.
Prácticas de seminario: Análise de textos, 5 horas.
Prácticas de seminario: Estudo de casos, 5 horas.
Titorías de traballo de curso: 5.5 horas.
Avaliación: 2 horas.
Estudo e traballo do alumno/a: 30 horas.
Recensión sobre documentos: 15 horas.
Deseño en grupo dun proxecto de intervención familiar: 30 horas.
a) Asistir ás clases.
b) Realizar as lecturas previas dos materiais cando o indica o profesorado.
c) Ler os apuntamentos cada día e expor as dúbidas ao profesorado sen demora, nas clases ou nas titorías.
d) Desenvolver unha actitude reflexiva ao redor da materia, e construír os piares dun corpo de coñecementos sobre o campo socioeducativo.
e) Coidar a exposición, redacción e claridade de contidos nas probas escritas, nas actividades e nos exercicios en grupo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
ASISTENCIA A CLASE
Atendendo ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao ou máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 nesta materia a asistencia é obrigatoria do 80%.
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O/a estudante debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
O ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o/a estudante matriculado/a na materia.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas/os docentes, responsabilizándose ao/á estudante das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos.
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
PROTECCIÓN DE DATOS
Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
Laura Garcia Docampo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- laura.garciadocampo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |