Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Identificar e valorar as consecuencias educativas dos cambios no acceso, distribución e construción do coñecemento no contexto social, económico e político contemporáneo.
-Comprender a necesidade das novas alfabetizacións e o desenvolvemento da competencia dixital crítica nas propostas educativas.
-Construír un marco teórico que posibilite o deseño e avaliación de materiais e programas formativos con diferentes tecnoloxías dixitais.
-Analizar o rol do/a pedagogo/a nas propostas de e-learning nos diferentes niveis de ensino.
-Analizar críticamente diferentes propostas de innovación con tecnoloxías dixitais en propostas formativas, valorando a súa pertinencia, enfoques e perspectivas.
BLOQUE I: Tecnoloxía educativa
Tema 1.- Sociedade da Información e Sociedade do Coñecemento.
Tema 2.- Competencia dixital crítica e novas alfabetizacións. Alfabetizacións múltiples e fenda dixital.
Tema 3.- Competencia dixital en educación: competencias dixitais docentes.
BLOQUE II: Contornas formativas con TIC.
Tema 4.- Deseño de propostas formativas en contornas abertas e flexibles.
Tema 5.- Posibilidades da rede en contextos socioeducativos: ferramentas e servizos.
BLOQUE III: Aplicación das TIC en contextos educativos.
Tema 5.- Redes sociais e contornas persoais de aprendizaxe.
Tema 6.- Tecnoloxías emerxentes: videoxogos, ludificación, intelixencia artificial e realidade aumentada.
Tema 7.- TIC como apoio á diversidade
Básica
Aguaded-Gómez, J.I. y Cabero-Almenara, J. (2014). Tecnologías y medios para la educación en la e-sociedad. Alianza Editorial.
European Framework for the Digital Competence of Educators: DigCompEdu por el Centro Común de Investigación de la Comisión Europea 10.2760/159770, http://europa.eu/!gt63ch
Raposo-Rivas, M., y Cebrián de la Serna, M. (coord.) (2020) Tecnologías para la formación de educadores en la sociedad del conocimiento, Madrid. Pirámide.
Complementaria
Area-Moreira, M. (2009). Introducción a la Tecnología Educativa. https://campusvirtual.ull.es/ocw/file.php/4/ebookte.pdf
Area, M., y Adell, J. (2021). Tecnologías digitales y cambio educativo. Una aproximación crítica. Reice. Revista iberoamericana sobre calidad, eficacia y cambio en educación, 19(4). https://doi.org/10.15366/reice2021.19.4.005
Cabero, J., Valencia-Ortiz, R. y Llorente-Cejudo, C. (2022). Ecosistema de tecnologías emergentes: realidad aumentada, virtual y mixta. Tecnología, Ciencia y Educación, 23, 7-22. https://doi.org/10.51302/tce.2022.1148
Castañeda, L., Esteve, F. y Adell, J. (2018). ¿Por qué es necesario repensar la competencia docente para el mundo digital? Revista de Educación a Distancia (RED), (56). https://revistas.um.es/red/article/view/321581/225651
Edullab, Crie y Stellae (2019). Guía para la producción y uso de materiales didácticos digitales. https://edullab.webs.ull.es/wordpress/guia-bbpp-mdd/
Espinoza Freira, E. E. (2018). El tutor en los entornos virtuales de aprendizaje. Universidad y Sociedad, 10(1), 201-210. http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S2218-3620201800…
Gross Salvat, B. (2018). La evolución del e-learning: del aula virtual a la red. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 21(2),69-82. https://doi.org/10.5944/ried.21.2.20577
López-Gómez, S. y Rodríguez-Rodríguez, J. (Coord.)(2021). Los videojuegos en la escuela, la universidad y los contextos sociocomunitarios. Octaedro.
Rodríguez-Rodríguez, J., Area-Moreira, M. y San Martín Alonso, A. (Coord.) (2024). Infancia y transformación digital de la educación. Miradas diversas. Dykinson.
a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CT1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos)
b) Competencias específicas da materia
CE2.1 - Deseñar plans, programas e accións adaptadas aos distintos niveis do sistema educativo, nas modalidades
presenciais, semipresenciais e virtuais
CE3.3 - Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos
CE3.5 - Coordinar intervencións educativas con outra profesionais
CE4.1 - Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensino-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos
CE5.3 - Asesorar sobre a integración das Tecnoloxías da información a Comunicación nos procesos educativos e formativos
c) Competencias transversais
CT1. Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos)
CT2. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais
CT3. Desenvolver unha actitude auto-crítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan
A metodoloxía utilizada diríxese á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o estudantado adopte unha actitude crítica ante as distintas fontes e documentos. Terá un carácter fundamentalmente práctico e levaránse a cabo tanto actividades individuais como grupais que o posibiliten.
A metodoloxía está deseñada con dous niveis ben diferenciados, pero interrelacionados estreitamente:
1. Sesións expositivas: Realizaranse para todo o grupo de estudantes da materia e corresponden aos créditos teóricos. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal do estudantado.
-Traballo en grupo sobre materiais proporcionados pola profesora para profundar e reelaborar ou sintetizar algún dos contidos do programa de maneira máis autónoma e independente.
- Dossiers bibliográficos: Son unha selección de documentos representativos do contido preparados pola profesora. Serven de complemento e profundización aos contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e estudo individualizada sobre un tema. Proporcionaranse a través do campus virtual.
2. Sesións interactivas (prácticas de laboratorio). As actividades son propostas amplas de acción onde converxen aprendizaxes, contidos, intencións, e os/as coparticipantes achegan á actividade as súas experiencias previas, a súa contorna social e cultural, e as súas características individuais. Nestas sesións requírese a participación de forma continuada.
Utilizarase unha contorna formativa en rede (ferramentas institucionais da USC) no que estarán dispoñibles os materiais de traballo das sesións, materiais dixitais complementarios e producións do estudantado. Para iso, é necesario que todo o estudantado teña activo e utilice o seu correo electrónico institucional da USC (imprescindible ao comezo da materia). Utilizarase unha Contorna Persoal de Aprendizaxe (EPA), ademais de ferramentas que proporciona USC.
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia ás sesións de clase é un dereito e deber. Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data de 25 de novembro de 2024. https://minerva.usc.gal/rest/api/core/bitstreams/ec0c5cd6-b5be-4726-96c… Nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar exención oficial de docencia expositiva.
Asistencia a clases e control de asistencia:
O programa inclúe clases expositivas e prácticas.
• A profesora levará a cabo un control de asistencias do seu estudantado ás clases. As faltas de asistencia xustificadas ás clases tanto teóricas como prácticas non eximirán ao estudantado do cumprimento dos requisitos establecidos no programa. Se existíse un impedimento de asistencia ás clases teóricas e/o prácticas o estudantado deberá comunicalo previamente á profesora.
• Dado o carácter colaborativo das prácticas e a unión entre teoría e práctica, a “non asistencia” reiterada ás sesións tanto expositivas como prácticas -mesmo xustificada- que supón non participar nas actividades de aprendizaxe e tarefas deseñadas conlevará a obrigación de realizala individualmente, previa negociación coa profesora e supervisión continuada da mesma.
Na materia prevese o desenvolvemento de, polo menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións ...) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes. E de ser o caso, participación nalgunha actividade de Aprendizaxe-Servizo (ApS) e/o Proxecto de innovación docente.
A avaliación terá un dobre carácter, formativo -continuo ao longo do semestre- e sumativo. Na avaliación do estudante teranse en conta as distintas actividades grupais e individuais realizadas.
As actividades prácticas da materia materializaranse na realización de actividades nas sesións de laboratorio, as cales terán carácter obrigatorio na avaliación.
A avaliación continua terá un peso específico do 70% da cualificación global. Baséase na entrega de traballos específicos relacionados coas sesións interactivas e expositivas. Entregaranse informes de traballo de todas as actividades realizadas como parte da avaliación continua. A entrega de tarefas estará organizada segundo unha axenda previa.
Esta información completarase co resultado dunha proba individual de carácter teórico-práctico que se realizará ao finalizar o semestre para valorar o grao de adquisición das competencias da materia. O peso específico é o 30% da cualificación global.
Para obter unha valoración positiva na materia, é necesario ter superadas as dúas partes da materia (avaliación continua e proba final). Ademais, será preceptiva a asistencia a un mínimo do 80% das sesións para poder superar a materia agás para o estudantado repetidor que xa tivese ese mínimo de asistencia no curso anterior.
Será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas na axenda tanto na oportunidade de xuño como en xullo.
Aquel estudantado que teña exención (soamente poderá ser para as sesións expositivas) deberá poñerse en contacto ca profesora cando soliciten a mesma e como máis tardar nos 7 días seguintes á concesión da mesma para determinar o sistema de titorización. Neste caso, o estudantado deberá seguir a mesma secuencia temporal, prazos e sistema de avaliación que o estudantado asistente.
Os traballos individuais ou grupais do estudantado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia e a avaliación do estudante na convocatoria correspondente. Para os efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
O sistema de avaliación na materia será o mesmo para o estudantado con exención de docencia, repetidor e asistente. Neste caso (exención), o estudantado deberá presentarse á profesora ao comezo da materia e coordinar con elas o plan de traballo e seguimento.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixido na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A materia conta cun total de 6 créditos ECTS (150 horas de traballo). As sesións terán metodoloxías distintas e agrupamentos diferentes coas seguintes horas presenciais:
• Clases expositivas: presentación, explicación de temas (24 h.)
• Prácticas interactivas de laboratorio: análise de experiencias de intervención socioeducativa, deseño de propostas … (24h.)
• Visitas: (5h.)
• Titorías: titoría en pequeno grupo (3h.)
• Exame: (2h.)
As horas restantes contémplanse como tempo de traballo autónomo do alumnado.
- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ao estudante a orientación na súa formación por parte do profesorado e a guía necesaria para abordar as actividades.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/o de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que cada grupo entrega.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e dialogo constante co profesorado)
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade ambiental. Se a docentes da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
a) Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
b) Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
c) Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
d) Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
e) Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na ligazón: https://prol-assetsusc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
aphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego
non acomodado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías): é un proceso privado e, por tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidade-proteccion-datos
Josefa Del Carmen Fernandez De La Iglesia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813807
- Correo electrónico
- c.delaiglesia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESAMENTO DE DATOS |
16:30-18:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESAMENTO DE DATOS |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:30-18:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESAMENTO DE DATOS |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
29.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |