Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo principal desta materia é que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para comprender o funcionamento xeral do sistema fiscal español. Así, o alumnado será capaz de entender e aplicar a terminoloxía específica do ámbito fiscal, os distintos elementos que compoñen un imposto e tamén adquirirá os coñecementos necesarios para resolver supostos de liquidación xerais.
Os contidos da materia divídense nos seguintes temas:
- Tema 1. Introdución ao sistema impositivo
1.1. Características do sistema fiscal en España. Estrutura, organización e ámbito de aplicación
1.2. Principios tributarios e o sistema impositivo vixente
1.3. Lei Xeral tributaria. Principios e conceptos tributarios
- Tema 2. Imposición directa: o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
2.1. Natureza, obxecto do IRPF
2.2. Rendementos do traballo
2.3. Rendementos do capital
2.4. Rendementos de actividades económicas
2.5. Ganancias e perdas patrimoniais
2.6. Liquidación do IRPF
2.7. Xestión do imposto
- Tema 3. Imposición directa: o Imposto sobre Sociedades
3.1. Natureza, obxecto do IS e conceptos básicos
3.2. Determinación da base impoñible
3.3. Minoracións na base impoñible e na cota
3.4. Liquidación do IS
Bibliografía básica.
A principal fonte bibliográfica está constituída pola normativa fiscal dos impostos que se impartirán na aula. Para o correcto seguimento da materia, recoméndase ao alumnado que faga uso de códigos tributarios ou da lexislación publicada en acceso aberto no Boletín Oficial do Estado e, no seu caso, no diario oficial correspondente.
A bibliografía básica da materia complétase cos seguintes manuais de referencia:
- Albi-Ibáñez, E.; Paredes-Gómez, R.; Rodriguez-Ondarza, J.A. (última edición): “Sistema Fiscal Español, I”. Barcelona: Ariel.
- Albi-Ibáñez, E.; Paredes-Gómez, R.; Rodriguez-Ondarza, J.A. (última edición): “Sistema Fiscal Español, II”. Barcelona: Ariel.
- Pérez-Royo, F.; Carrasco-González, F.M.;Cubero-Truyo, A; Escribano-López, F.; García-Berro, F.; Pérez-Royo, I. (Última edición). “Curso de derecho tributario. Parte especial”. Madrid: Tecnos.
- Vázquez-Taín, M.A. (2021). “El Impuesto sobre el Valor Añadido”. Valencia: Tirant Lo Blanch.
Ademais das referencias sinaladas, recoméndase a consulta da seguinte bibliografía complementaria:
- Queralt, J.M.; Tejerizo-López, J.M.; Álvarez-Martínez, J. (última edición). “Manual de Derecho Tributario. Parte especial”. Pamplona: Aranzadi.
- Memento práctico fiscal (última edición). Madrid: Francis Lefebvre.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria-Mendieta, M. (2010). “Gobernanza democrática y fiscalidad”. Madrid: Tecnos.
A materia Facenda Pública: Réxime Fiscal da Empresa, pretende proporcionar ao alumnado os coñecementos básicos necesarios para comprender, desde un punto de vista económico, os distintos elementos que compoñen o sistema fiscal español con especial atención ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e ao Imposto sobre Sociedades, que son de especial interese e utilidade atendendo ao perfil profesional do alumnado da presente titulación. A comprensión da contorna xurídico-fiscal é esencial para exercer calquera actividade económica, así como para xulgar, cunha perspectiva crítica, os efectos –incidencia e eficiencia– dos distintos tributos. Así, esta materia dota ao alumnado das seguintes competencias básicas:
- CG2. Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información;
- CG4. Aplicar o razoamento crítico no estudio e análise dun determinado asunto ou tema;
- CG6. Traballar individualmente e en equipo;
Así como da seguinte competencia específica:
- CE8. Comprender, relacionar e traballar con datos e normativa diversa necesaria para apoiar, asesorar e realizar o seguimento da posta en práctica de estratexias territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral.
Para levar a cabo o desenvolvemento do programa da materia combinamos a clase expositiva, cuxo obxectivo é a exposición completa, sistemática e ordenada do contido dos temas e epígrafes descritos anteriormente; xunto con clases interactivas, que requiren a participación e o traballo do alumno. Despois das exposicións teóricas, proporanse diferentes exercicios que se desenvolverán e complementarán tanto nas sesións expositivas e interactivas. Isto require que o alumno sexa usuario de RAI e, polo tanto, teña acceso á aula virtual.
A materia Facenda Pública: Réxime Fiscal da Empresa conta con dous sistemas de avaliación: o sistema de avaliación xeral e o sistema de avaliación extraordinario.
SISTEMA DE AVALIACIÓN XERAL
O sistema de avaliación xeral constitúe a modalidade por defecto e consiste nun sistema de avaliación continua onde:
- O 40% da valoración final será o resultado das entregas solicitadas polo docente, das actividades realizadas e da participación na aula, en todos os casos tanto nas sesións expositivas como nas interactivas.
- O 60% da valoración será o resultado dunha proba de avaliación final. Os docentes resérvanse o dereito a realizar probas de avaliación parciais con carácter liberatorio respecto de cada un dos temas recollidos nos contidos da materia. Para ter dereito a liberar materia debe obterse un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada proba parcial. As probas parciais só liberarían materia de cara á proba de avaliación final en cada convocatoria. Para superar a materia, a media ponderada das probas de avaliación parcial debe ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
De conformidade co regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade coa memoria da titulación, a asistencia á aula é un elemento preceptivo para superar a materia mediante o sistema de avaliación xeral. Para tal fin, e dando cumprimento ao mencionado regulamento, os docentes realizarán un control de asistencia tanto nas aulas expositivas como interactivas. De acadar un 20% de faltas de asistencia non xustificadas no conxunto de sesións expositivas e interactivas, o alumno será excluído do sistema de avaliación xeral, non podendo participar nas probas de avaliación parciais e pasando a ser avaliado mediante o sistema de avaliación extraordinario.
A xustificación das faltas de asistencia deberá realizarse durante os 10 días seguintes de producirse a falta, aportando a documentación acreditativa de conformidade co devandito regulamento.
Antes da realización das probas de avaliación da materia, publicarase unha listaxe do alumnado que ten dereito a seguir participando no sistema de avaliación xeral e que, por tanto, poderá participar en ditas probas parciais.
O alumnado repetidor participará, por defecto, no sistema de avaliación xeral salvo que, mediante comunicación expresa ao docente responsable mediante correo electrónico antes do inicio das sesións interactivas, indique a súa preferencia por participar no sistema de avaliación extraordinario. Non se admitirán solicitudes a este respecto unha vez finalizado o prazo.
SISTEMA DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIO
O sistema de avaliación extraordinario consiste na realización dunha proba de avaliación final sobre os contidos do programa que aportará ata o 100% da valoración. Este sistema de avaliación aplicarase aos seguintes grupos:
- Alumnado con dispensa de asistencia oficialmente recoñecida.
- Alumnado repetidor que solicite de forma expresa, mediante correo electrónico e antes do inicio das sesións interactivas, participar no sistema de avaliación xeral.
- Alumnado que, de conformidade co criterio de asistencia establecido anteriormente, sexa excluído do sistema de avaliación xeral.
Traballo presencial na aula.
Clases expositivas: 30 horas.
Clases interactivas: 15 horas.
Titorías, outras sesións con profesor e avaliacións: 15 horas.
Número total de horas de traballo presencial na aula: 60 horas.
Traballo persoal do alumno.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 55 horas.
Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 30 horas.
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 5 horas.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similares: 12 horas.
Número total de horas de traballo persoal do alumno: 102 horas.
Para superar esta materia recoméndase a asistencia regular á clase, aproveitando para consultar calquera dúbida ou problemática que poda xurdir tanto sobre a comprensión dos contidos teóricos como sobre a realización das actividades prácticas. Recoméndase dedicar suficiente tempo de traballo autónomo e persoal para familiarizarse cos contidos da materia e, especialmente, co manexo da normativa, de tal xeito que se poidan superar con éxito as actividades de avaliación a realizar ao longo do curso.
Hugo Campos Romero
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- hugo.campos.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Maria Imelda Capote Martin
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- mariaimelda.capote [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU