Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo xeneral é consolidar as competencias básicas en SIG e desenvolver novas técnicas avanzadas no uso de ferramentas SIG aplicadas á Xeografía Humana Rexional.
Os obxectivos específicos son:
- Reflexionar sobre a produción e gobernanza da cartografía no mundo actual.
- Consolidar o coñecemento en bases da arquitectura dun SIG.
- Desenvolver un nivel avanzado de representación e tratamento da información xeográfica.
- Adquirir novas competencias en materia de comparación, manipulación e análise de información xeográfica.
- Aplicar as ferramentas SIG para a resolución de problemas no ámbito da Xeografía Humana Rexional.
O artigo 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións na súa formulación máis recente, fai referencia ao mantemento dos contidos do último curso con docencia.
De acordo con a memoria do título, durante o curso activaranse os seguintes contidos: aproximación aplicada ao manexo, análise e representación da información xeográfica de carácter humano na contorna dun SIG: Análise demográfica; establecemento de áreas de influencia e áreas de mercado; planificación urbana e Catastro; comercio; análise de redes e transporte; redes de infraestruturas básicas, análises de mercados; análise multicriterio para a localización de instalacións, servizos e equipamentos. Avaliación multicriterio na ordenación do territorio.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
-A gobernanza da cartografía no mundo actual.
- Potencialidade dos SIG en código aberto aplicados á Xeografía Humana Rexional.
- Análise de redes e creación de roteiros para a mobilidade e os transportes.
- Análises espaciais de variables socioeconómicas.
- Planificación urbana e Catastro: evolución das cidades no pasado e lugares de intervención a futuro.
- Desenvolvemento de análise multicriterio.
- Aplicación de ferramentas SIG no traballo de campo.
Bibliografía básica
- Gazaba, J. (2024): Introducción a los Sistemas de Información Geográfica con QGIS. Dispoñible en aberto en: https://pergamino.ar/descargas/introduccion-a-los-sig-con-qgis.pdf
- Law, M. & Collins, A., 2015. Getting to Know ArcGIS Esri Press., (ISBN:978-1589483828)
- Moreno Himénez, A. (Coord.) (2005): Sistemas y Análisis de la Información Geográfica. Ra-Ma. Madrid.
- Olaya, V. (2013): Sistemas de Información Geográfica. http://volaya.es
- Santos Preciado, J.M. (2004): Sistemas de Información Geográfica. UNED. Madrid S
- Seinitz, C., 2012. A Framework for Geodesign: Changing Geography by Design E. Press, ed., (ISBN:978-1589483330)
- VVAA (2023): Manual de aprendizaje en QGIS. Dispoñible en liña en: https://docs.qgis.org/3.28/es/docs/training_manual/index.html
Bibliografía complementaria:
- Armstrong, L. et al. eds., 2014. Mapping and Modeling Weather and Climate with GIS, (ISBN: 978-1589483767)
- Borobio Sanchiz, M., 2009. Sistemas de Información Geográfica Infraestructura básica para la planificación y el desarrollo de los asentamientos. Cuardernos Internacionales de tecnología para el desarrollo humano, 08, pp.60–75. (URI http://hdl.handle.net/2099/7377 ISSN1885-8104)
- Bosque, J. (1997): Sistemas de Información Geográfica. Rialp, Madrid.
- Brewer , C. A., 2005. Designing better Maps, A Guide for Gis Users. Redlands (California ): ESRI Press. (ISBN: 978-1589484405)
- Carr, M.H. & Zwick, P.D., 2007. Smart Land-Use Analysis -The LUCIS Model Esri Press, ed., Retlands. California. USA. (ISBN: 9781589481749)
- Lakshmi Steinberg, S. & Steinberg, S.J., 2015. GIS Research Methods: Incorporating Spatial Perspectives, (ISBN: 978-1589483781)
- Harley, J.B. (2005): La nueva naturaleza de los mapas. Ensayos sobre la historia de la cartografía. Fondo de Cultura Económica. México
- Joly, F. (1988): La cartografía. Ariel, Barcelona.
- Mitchell, A. (2005): The ESRI Guide to GIS Analisys, Vol. 2: Spatial measurements and statistics. Redlands (CA)-USA.
- Ojeda, J. (2000): “Andalucía: el conocimiento del territorio andaluz”; en Mapping, no 59. pp. 40-42.
- Santos Preciado, J.M. (2002): El tratamiento informático de la información geográfica. UNED. Madrid.
- Santos Preciado, J.M. y Cocero Matesanz, D. (2006): Los SIG raster en el campo medioambiental y territorial. Ejercicios prácticos con MiraMon e Idrisi. Cuaderno de Prácticas, UNED. Madrid
Outros recursos
-Fontes de datos oficiais:
- https://inspire.ec.europa.eu/
- https://www.idee.es/es
- https://www.ign.es/web/cbg-area-cartografia - http://mapas.xunta.gal/portada
- https://www.ine.es/
- Plataformas
- http://www.arcgis.com/index.html
- https://carto.com/
- https://www.giscloud.com/
- https://www.mapbox.com/
- https://www.google.com/maps/about/mymaps/ - https://umap.openstreetmap.fr/es/
- http://qgiscloud.com/
Webs divulgativas:
- https://mappinggis.com/
- http://www.hec.usace.army.mil/software/hec-ras/
- https://resources.arcgis.com/es/communities/hydro/01vn00000010000000.htm - https://www.ign.es/web/cbg-area-cartografia
Xenerais e básicas:
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e integrada sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemoloóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cun análisis especializado
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais no seu interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe también algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais:
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriales CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
Específicas:
CE1 - Realizar análises integrados do territorio
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartograficamente
De acordo co calendario de implantación da nova edición do Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio (3ª edición) (https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/links/2024-07/cal…) esta materia non ten docencia. Os contidos serán restaurados no Campus Virtual da materia, onde o/a docente establecerá unha canle de comunicación co alumnado.
O artigo 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións na súa formulación máis recente, fai referencia ao mantemento dos criterios de avaliación do último curso con docencia. Neste sentido, mantéñense os criterios vixentes no curso (2024-25): un 60% destinado á entrega de traballos equivalentes ao traballo interactivo realizado nos cursos anteriores; un 40% destinado á proba final ou exame, a realizar na data definida pola Facultade de Xeografía e Historia. A nota mínima no exame final para aprobar a materia é un 4/10. Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na proba ordinaria como na extraordinaria. O alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria deberá repetir a/s parte/s pendente/s na segunda.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS).
Recoméndase superar as materias previas do Módulo Técnico. É necesario contar cun nivel básico en SIG para seguir adecuadamente o desenvolvemento da materia. Tamén se recomenda dispoñer dun dispositivo persoal (portátil ou equipo de escritorio) para poder traballar en casa.
Aviso sobre o plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Todas as comunicacións telemáticas deberán ser realizadas a través da conta de correo institucional ou ben a través do Campus Virtual.
Diego Cidras Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU