Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
• Problematizar o concepto de Europa e a extensión xeográfica da Unión Europea.
• Coñecer a diversidade xeográfica de Europa.
• Comprender as transformacións sociodemográficas recentes e a súa incidencia na sociedade europea, así como no sistema urbano que estrutura o continente.
• Entender o funcionamento da Unión Europea.
• Analizar as políticas da Unión Europea e a súa transcendencia na realidade territorial particular de Galiza.
Contidos recollidos na memoria do grao de 2019:
Estudo dos caracteres xerais físicos e humanos de Europa, dos seus conxuntos rexionais e das súas paisaxes naturais, rurais e urbanas. Articulación xeoeconómica e xeoestratéxica do continente. Distribución da poboación, dinámica demográfica e fluxos migratorios. Sistema de cidades. As redes de transporte. Problemas ambientais.
Contidos recollidos na memoria do grao de 2023:
Europa como concepto xeográfico. Conxuntos rexionais do continente. A Unión Europea: institucións e políticas rexional e sectoriais (PAC, etc.). A poboación europea. Sistema urbano. Espazos rurais. Retos ambientais.
Os contidos precedentes desenvolveranse nos seguintes temas:
BLOQUE 1. CARACTERIZACIÓN XEOGRÁFICA XERAL DE EUROPA
Tema 1. Europa como concepto xeográfico. Xeopolítica continental
Tema 2. Conxuntos rexionais do continente
Tema 3. Medio físico
Tema 4. A poboación
Tema 5. Sistema urbano
BLOQUE 2. UNIÓN EUROPEA
Tema 6. A Unión Europea. Proceso de formación e institucións. As políticas comunitarias
Tema 7. A política agraria común
Tema 8. A política rexional e de cohesión
Tema 9. Cooperación transfronteiriza. Fronteiras interiores e fronteiras exteriores
Tema 10. Retos ambientais e políticas ambientais comunitarias. A Rede Natura 2000
(O artigo 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións na súa formulación máis recente, fai referencia ao mantemento dos contidos do último curso con docencia.)
Bibliografía básica
Berentsen, W. H. (ed.) (1997): Contemporary Europe: A Geographical Analysis. New York: John Wiley & Sons. [Tradución ao español: Berentsen, W. H. (ed.) (1997): Europa contemporánea. Un análisis geográfico. Barcelona: Omega.]
Lévy, J. (2011): Europe, une géographie. La fabrique d’un continent. Paris: Hachette.
López Palomeque, F. (coord.) (2000): Geografía de Europa. Barcelona: Ariel.
López Palomeque, F. e Plaza Gutiérrez, J. I. (coords.) (2019): Geografía de Europa. Estructuras, procesos y dinámicas territoriales. València: Tirant lo Blanch.
Murphy, A. B. et al. (2014): The European Culture Area. A Systematic Geography. Lanham/Plymouth: Rowman & Littlefield.
Pounds, N. J. G. (1990): An Historical Geography of Europe. Cambridge: Cambridge University Press. [Tradución ao español: Pounds, N. J. G. (2000): Geografía histórica de Europa. Barcelona: Crítica.]
Webgrafía básica
• Axencia Europea do Medio Ambiente: https://www.eea.europa.eu/
• Axenda Territorial 2030: https://territorialagenda.eu/
• Comisión Europea: https://commission.europa.eu/
• Comité das Rexións: https://cor.europa.eu/
• Consello de Europa: https://www.coe.int/
• ESPON: https://www.espon.eu/
• Eurostat: https://ec.europa.eu/eurostat
• INTERREG: https://www.interregeurope.eu/
• Parlamento Europeo: https://www.europarl.europa.eu/
• Unión Europea: https://european-union.europa.eu/
BÁSICAS E XERAIS
CG1. Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía de Europa, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2. Coñecer, comprender e interpretar o territorio europeo na súa unidade e diversidade.
CG3. Relacionar o medio físico e ambiental coa esfera sociodemográfica.
CG4. Relacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais en Europa
CG5. Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa manifestación e interpretación.
CG6. Analizar e interpretar as paisaxes naturais e culturais para xerar sensibilidade e interese polos problemas e retos ambientais e sociais en Europa.
CG7. Comprender a importancia do proceso de construción da UE e o seu papel de actor na globalización.
TRANSVERSAIS
CT3. Coñecer os principios da Ordenación do territorio en Europa.
CT4. Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais no espazo europeo.
CT7. Xestionar a complexidade
CT5. Relacionar e sintetizar información territorial dun modo transversal
CT8. Ordenar e sintetizar a información.
CT9- Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1. Realizar análises integradas do territorio.
CE2. Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE5. Elaborar e interpretar información estatística e expresar información cartograficamente. (Utilizar Sistemas de Información Xeográfica).
De acordo co calendario de implantación da nova edición do Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio (3ª edición) (https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/links/2024-07/cal…), esta materia non ten docencia.
O artigo 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións na súa formulación máis recente, fai referencia ao mantemento dos criterios de avaliación do último curso con docencia.
Neste sentido, mantéñense os criterios vixentes no último curso con docencia, isto é, cos pesos seguintes: realización das actividades propostas derivadas das aulas interactivas, saída de campo incluída de se producir, 40%; e proba final na data oficial estabelecida pola Facultade, 60%.
O 40% resultante das aulas interactivas abrangue aqueles contidos presentes en Campus Virtual a tal efecto, así como aquelas competencias desenvolvidas neste senso, nomeadamente en relación coa explotación e análise de datos de Eurostat relativos a FEDER e o impacto de fondos europeos (en especial, INTERREG e LEADER) en áreas rurais fronteirizas. Dado que non se pode producir avaliación continua sen docencia, este ítem avaliaranse no exame, con ese peso. As preguntas serán de desenvolver e razoar.
O 60% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas relativas ao desenvolvemento da materia. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Se o exame non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación, cos mesmos criterios.
O estabelecido de acordo coa memoria do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio da USC, isto é, 6 ECTS correspondentes a 150 h de traballo global.
Valerià Paül Carril
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade