Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Coñecer os fundamentos da Xeografía Física
- Coñecer as propiedades e identificar tipos de rochas
- Coñecer os principios dos controis lito-estruturais do relevo
- Coñecer os principais procesos morfoxenéticos
- Concepto e contido da Xeografía Física
- A Terra como sistema
- Estrutura da Terra. Tectónica, pregamentos. Xénese e clasificación de rochas
- Control estrutural e litolóxico do relevo
- Procesos morfoxenéticos
- Principais sistemas morfodinámicos
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
Teóricos - EXPOSITIVOS
BLOQUE I: Concepto e contido da Xeografía Física
1- Ámbito de estudo da Xeografía Física
2. A Terra como sistema
3. A Xeomorfoloxía, ciencia do relevo
BLOQUE II: A Xeomorfoloxía tectónica, estructural e o control litolóxico na configuración do relevo
4- Estrutura da Terra
5- Tectónica, pregamentos
6- Xénese e clasificación das rochas
7- Control estrutural e litolóxico do relevo
BLOQUE III: Xeomorfoloxía dinámica-climática: modelado da superficie terrestre
8- Procesos morfoxenéticos
9- Principais sistemas morfodinámicos.
Prácticos - INTERACTIVOS
- Análise de formas estructurais do relevo
- Identificación de rochas
- Análise de mapas xeolóxicos
- Análise de redes fluviais
- Memoria da Práctica de Campo
Bielza De Ory (Ed.) (1993): Geografía General I. Introducción y Geografía Física. Taurus, Madrid.
Goudie, A.S. (Ed) 2002. Encyclopedia of global change: environmental change and human society. Oxford University. 2 vols.
Gutierrez Elorza. M. (2008): Geomorfología. Ed. Prentice Hall. Madrid.
Le Coeur, Ch. (Coord.) (1996): Éléments de Géographie physique, Bréal Éditions, Roxny Cedex
López Bermúdez, F.; Rubio Recio, J.M.; Cuadrat, J.M. (1992): Geografía Física. Cátedra, Madrid.
Muñoz Jiménez, J. (1992): Geomorfología General. Ed. Síntesis. Madrid
Pedraza Gilsanz, J. (1996): Geomorfología. Principios; Métodos y Aplicaciones. Ed. Rueda. Madrid.
Rosselló, V. y otros (1994): Manual de Geografía Física. Universitat de Valencia, Valencia (En catalán)
Strahler, A.N. & Strahler, A.H. (1989): Geografía Física. Omega, Barcelona.
Tarbuck, E.J.; Lutgens, F.K. 2008. Ciencias de la Tierra. Una introducción a la Geología Física. Pearson-Prentice Hall. 709 pp.
V.V.A.A. (1986): Diccionario de Geografía. Anaya, Madrid.
Básicas e Xerais
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista con unha análise especializada.
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización.
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que os estudantes demostren poseer e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe encontrar nun nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúa tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Transversais
CT1 - Coñecer a historia e pensamento da disciplina xeográfica.
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente.
CT4.- Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos.
Específicas
CE1 - Realizar análise integrada do territorio.
CE7 - Realizar análise e proposta de xestión ambiental.
CE4 - Expresar información cartográficamente.
CE6 - Realizar análise e proposta de xestión territorial.
Recordar que non hai docencia pero si dereito a exame.
A metodoloxía de ensino da materia articúlase en:
Sesións EXPOSITIVAS: Docencia teórica presencial na aula e docencia práctica na aula e/ou no campo
Nas clases maxistrais, os conceptos básicos da materia, mediante medios audiovisuais e proporcionábase aos estudantes, a través do campus virtual da USC, materiais básicos para o seguimento das clases teóricas, así como materiais complementarios (textos, gráficos e táboas de uso común na materia) para fomentar a participación e o debate durante a clase. Tamén se empregaron recursos informáticos mediante ligazóns a páxinas web.
As sesións da expositivas estaban dirixidas a:
- Presentación da información básica por parte do profesorado.
- Explicación de conceptos, técnicas e métodos de traballo.
- Proxeccións audiovisuais sobre contidos e noticias de interese.
- Charlas e charlas impartidas por especialistas na materia.
- Prácticas de campo. A docencia incluía unha práctica de campo, a realizar nas datas indicadas no calendario oficial, na que se aplicaban os contidos teóricos sobre o terreo. A asistencia ás prácticas de campo é obrigatoria, agás xustificante.
- Outras actividades que o profesorado considere oportunas.
Sesións INTERACTIVAS, eran destinadas a prácticas presenciais de laboratorio ou informática.
As clases interactivas centrábanse no traballo individual do alumnado, guiado polo profesorado. Nestas clases abordábanse aspectos da materia que non se poden tratar nas clases maxistrais, así como a resolución de problemas e aspectos aplicados da Xeografía Física.
Planéanse traballos teóricos e prácticos (individuais e en grupo) destinados á aplicación dos coñecementos adquiridos ao longo do curso. O tema do traballo era establecido polo profesor a partir dunha serie de temas que serán escollidos polos alumnos.
As sesións interactivas estaban dirixidas a:
- Prácticas de laboratorio
- Presentacións orais por parte do alumnado.
- Debates e defensas públicas de obras.
- Actividades de avaliación en grupo.
- Prácticas de campo. Unha práctica de campo, que se realizou nas datas indicadas no calendario oficial, na que se aplicaron os contidos teóricos en campo. A asistencia ás prácticas de campo era obrigatoria, agás estea xustificada.
- Outras actividades que o profesorado considere oportunas.
Sesións de TUTORÍA, dirixidas a:
- Prestar apoio na realización de tarefas.
- Presentar informes de progreso sobre o traballo en grupo.
- Titorías en grupos pequenos
- Resolver dúbidas persoais.
- Outras actividades que o profesorado considere oportunas
- Eran realizadas presencialmente no despacho do profesor ou a través da plataforma MS Teams.
TRABALLO AUTÓNOMO do alumnado
Consistirá en: estudo, traballo de laboratorio, preparación e redacción de traballos, preparación de presentacións ou outras actividades.
Recordar que non hai docencia pero si dereito a exame.
Os criterios de avaliación, do último curso con docencia eran dun modelo de avaliación contínua. Facíase un seguimento na entrega de prácticas, cuestionarios, problemas e informes nos que se recollía os coñecementos adquiridos nas actividades presenciais. Era imprescindible a presenza activa do alumnado en todo tipo de actividades que se propoñían. A falta de implicación - non asistir sen xustificación a un mínimo dun 80% das sesións programadas ou non presentar ás actividades demandadas - implicaba a exclusión deste proceso avaliativo e o alumnado tiña que superar a materia mediante probas específicas de carácter individual a determinar no seu momento.
Este proceso avaliativo contemplaba a suma de:
• Traballo/os individuais, con un peso dun 20% na cualificación final. O alumnado tiña que abordar por escrito distintas reflexións en relación coa materia. Non seguirán un modelo tradicional de corte memorístico. Estarán encamiñados a demostrar a comprensión crítica e a resolución de problemas derivados da posta en práctica da materia. O alumno/a debía facer entrega do 50 % das tarefas realizadas para poder ser avaliados os traballos individuais.
• Traballo en grupo, con un peso dun 15% na cualificación final. Estaba enfocado ao deseño de actividades relacionadas coa aplicación dos métodos e técnicas de estudo acordes co sentido da materia ou a construír os contidos da propia materia. Os grupos contarán coa guía do profesor/a. Deben levarse a cabo de forma totalmente cooperativa, quen non colabore co grupo será apartado e terá que acadar ese 15% nunha proba específica sobre os contidos da materia. Os estudantes tiñan que presentar, e expoñer na aula, o traballo grupal, que terá unha temática elixida a partir dunha lista de temas propostos polo/a docente da materia. Valórase a calidade da memoria, a claridade na presentación dos resultados e a súa correcta interpretación.
• Proba Final, con un peso dun 50% na cualificación final. O alumnado realizará unha proba na data indicada no calendario oficial. O alumno/a debía acadar unha puntuación mínima de 4,5 na proba para que se teña en conta nas cualificacións e na ponderación final. En caso contrario tiña que recuperala na 2ª oportunidade.
• Control da asistencia a clase e a Práctica de Campo, así coma a entrega da memoria sobre o traballo de campo realizado (15%). O simple feito de asistir ás sesións programadas non eran recoñecidas como mérito. Tíñase en conta a participación activa e crítica do alumnado mediante as canles programadas.
- Na 2ª Oportunidade o alumnado que tiña que superar a avaliación mantiña as mesmas condicións. Debendo superar as ponderacións naquelas tarefas que supuxeron o suspenso na primeira oportunidade. O alumno/a que non se presentaba na primeira oportunidade e, polo tanto, sen porcentaxes doutros traballos, tiña que facer unha proba final cun valor dun 100%. No caso de ter que recorrer a novas convocatorias, continuará o mesmo sistema, pero será preciso tratar o tema previamente, e de forma individualizada, entre o alumnado afectado e o/a docente.
Para unha materia sen docencia, seguir este modelo é complicado, polo que o sistema de avaliación debe de estar en consonancia coa ausencia de docencia. Sendo así, o alumnado no curso 2025-2026 debe realizar unha proba cun valor dun 100%, na data indicada no calendario oficial. O alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 4,5 para superar a materia. É recomendable que o alumno/a se poña en contacto co docente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Recordar que non hai docencia pero si dereito a exame.
A asignatura consta de 6 créditos ECTS. O alumnado deberá dedicar como traballo autónomo a parte alícuota do total de créditos do curso, e en función das súas necesidades persoais para un coñecemento axeitado da materia.
Recordar que non hai docencia pero si dereito a exame.
- Considérase recomendable a comunicación directa co/coa docente.
- Non é aconsellable presentar traballos que non teñan sido orientados e supervisados polo docente.
- Utilización de bibliografía recomendada.
O Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ª ed) desaparece no curso 2029-2030, quedando implantada a nova edición (3ª ed).
A materia Xeografía Física I [G3052102] (2ª ed) está en extinción na edición actual dende o curso 2024/2025.
Recordar que está sen docencia, sendo no curso 2025/2026 o último con dereito a exame.
Manuela Costa Casais
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- manuela.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor