Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo xeral desta materia é obter os coñecementos básicos sobre o significado e o contido da Xeografía Humana. Isto é, entender as relacións e as implicacións mutuas na interacción entre o ser humano e o territorio. Proponse unha materia que sente as bases da Xeografía Humana para o posterior desenvolvemento noutras materias de cursos superiores. Pártese tamén do obxectivo de fixar conceptos chave, así como tamén se abordarán cuestións importantes para esta disciplina como as relacionadas coas problemáticas demográficas no mundo actual ou coas fondas transformacións dos ámbitos urbanos e rurais, entre outros temas. Os obxectivos específicos son os seguintes:
- Coñecer o significado da Xeografía Humana
- Comprender de xeito integral as interaccións entre o ser humano e o medio
- Caracterizar o territorio a partir dos diferentes temas da Xeografía Humana
- Practicar técnicas básicas en análise territorial
- Activar métodos de traballo para abordar unha problemática real
O artigo 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións na súa formulación máis recente, fai referencia ao mantemento dos contidos do último curso con docencia. Os contidos son os seguintes:
O espazo da xeografía humana. Conceptos básicos de xeodemografía. Medre demográfico mundial. Poboación e recursos. Distribución espacial da poboación. Desigualdades e factores. O movemento natural da poboación. Doutrinas e políticas demográficas. A mobilidade espacial da poboación. Tipos e características dos movementos migratorios. Estrutura da poboación. O espazo rural. Diversificación das súas funcións. As actividades agrarias. Propiedade, explotación e morfoloxía agrarias. Sistemas agrarios tradicionais. Sistemas agrarios evolucionados. Asentamentos rurais. Tipos de poboamento e vivenda rural. Conceptos básicos de xeografía urbana. Características da poboación urbana. Morfoloxía urbana. Planos e construcións urbanas. Estrutura interna da cidade. O ecosistema urbano. Problemas derivados da urbanización. O comercio internacional na actualidade. Sistemas de transporte e a mobilidade no espazo mundial. Desenvolvemento e impacto espacial da actividade turística.
Os contidos articularanse dentro dos seguintes temas:
1. Concepto e contido da Xeografía Humana
2. O tempo do Antropoceno
3. Poboación e territorio
4. Cidade e cidadanía nun mundo urbano
5. Espazo rural e ruralidade ante o cambio global
6. Natureza, ética e sociedade
DANIELS, P. et al. (eds.) (2016). An Introduction to Human Geography. Harlow: London Prentice Hall.
GÓMEZ MENDOZA, J. (2017): La geografía humana como ciencia social. En Romero, J. (coord.) Geografía Humana de España.
HIERNAUX, D.; LINDÓN, A. (Dir.), (2006): Tratado de Geografía Humana. México, Anthropos
JOHNSTON, R., et alt., (2000): The Dictionary of Human Geography. Oxford, Blackwell, 8ª ed.
KNOX, P.L. y MARSTON, S.A. (2004): Human geography. Places and regions in Global Context. Pearson
LEE, R. et al. (eds.) (2014). The SAGE Handbook of Human Geography. Los Angeles: SAGE.
NOGUÉ, J.; ROMERO, J. (eds.), (2006): Las otras geografías. Valencia, Tirant Lo Blanch
ROMERO, J. (coord.), (2007): Geografía Humana. Barcelona, Ariel, 2ª ed.
Xerais e Básicas
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos
temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT1 - Coñecer a historia e pensamento da disciplina xeográfica
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriales
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
Específicas
CE1 - Realizar análises integradas do territorio
CE7 - Realizar análise e propostas de xestión ambiental
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE6 - Realizar análise e propostas de xestión territorial
De acordo co calendario de implantación da nova edición do Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio (3ª edición) (https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/links/2024-07/cal…) esta materia non ten docencia. Os contidos serán restaurados no Campus Virtual da materia, onde o/a docente establecerá unha canle de comunicación co alumnado
O artigo 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións na súa formulación máis recente, fai referencia ao mantemento dos criterios de avaliación do último curso con docencia. Neste sentido, mantéñense os criterios vixentes no curso (2024-25): un 50% destinado á entrega de traballos equivalentes ao traballo interactivo realizado nos cursos anteriores; un 50% destinado á proba final ou exame, a realizar na data establecida pola Facultade de Xeografía e Historia. O exame poderá combinar preguntas obxectivas (test) con cuestións de desenvolvemento. No caso de preguntas de tipo test, as respostas equivocadas restarán. Para superar a materia é preciso ter como mínimo un 4 no exame e un 5 nas entregas. Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na proba ordinaria como na extraordinaria. O alumnado que non aprobe a materia na primeira convocatoria deberá repetir a/s parte/s pendente/s na segunda.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS).
Realizar unha lectura e seguimento da bibliografía e materiais de traballo.
Entregar os traballos en tempo e forma.
Empregar as titorías para o seguimento da materia.
Aviso sobre plaxio: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Diego Cidras Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU