Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
• Tras unha materia introdutoria de Xeografía Humana I, nesta materia centrarase a atención nos enfoques máis recentes da disciplina, asentados nos xiros das Ciencias Sociais (espacial, cultural) e nas que se poden denominar “outras xeografías”. Búscase ofrecer unha visión ampla da Xeografía, inserida de cheo nas Ciencias Sociais, conectada cos problemas do mundo actual, onde o/a xeógrafo/a adopte unha posición crítica e comprometida coa análise territorial.
• Procúrase deste xeito introducir certas temáticas que se desenvolverán en diversas materias do Grao, así como ofrecer unha revisión xeral de temas que poderán ser profundados nos seguintes cursos coa escolla de materias optativas.
• O artigo 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, na súa formulación máis recente, fai referencia ao mantemento dos contidos do último curso con docencia.
• Os contidos incluídos na memoria de título son:
Conceptos básicos de Xeografía urbana. Un mundo de cidades. O proceso de urbanización no mundo. Características da poboación urbana. Morfoloxía urbana. Planos e construcións urbanas. Estrutura interna da cidade. O ecosistema urbano. Problemas derivados da urbanización. Econoía e Territorio. Do local ao global. Tipos de desenvolvemento económico en relación coa súa relación co territorio. O proceso de globalización. Tensións na globalización e respostas ao proceso de globalización. O comercio internacional na actualidade. Transporte, mobilidade e accesibilidade no mundo actual. Transporte: infraestruturas e desenvolvemento. Mobilidade: un novo concepto emerxente centrado nas persoas. Accesibilidade: a relación entre transportes, mobilidade e usos do solo. Desenvolvemento e impacto espacial da actividade turística. Destinos turísticos: planificación e xestión. Xeografía Social e Cultural.
• Estes contidos desenvolveranse no seguinte temario:
1. As novas Xeografías post 1970
2. A implicación da Xeografía no mundo actual
3. Encontros e desencontros nos límites estatais/nacionais
4. As fronteiras urbanas: desigualdades sociais e espazos de resistencia
5. A reemerxencia da paisaxe e os novos sentido do lugar
6. Xeohumanidades: unha lectura xeográfica das producións artísticas
• Aitkin, S. e Valentin, G. (2007). Approaches to Human Geography. London: Thousands Oaks.
• Albet, A. (2000). Una geografía humana renovada: lugares y regiones en un mundo global. Barcelona: Vicens Vives.
• Anoop, N. e Jeffrey, A. (2011). Geographical Thought. An Introduction to Ideas in Human Geography. Harlow [etc.]: Pearson.
• Bailly, A. e Béguin, H. (2008). Introduction à la géographie humaine. Paris: Armand Colin.
• Daniels, P. et al. (eds.) (2016). An Introduction to Human Geography. Harlow: London Prentice Hall.
• Dear, M. et al. (2011). GeoHumanities: Art, History, Text at the Edge of Place. London/New York: Routledge.
• Fouberg, E., Murphy, A. e Blij, H. de (2012). Human Geography. People, Place, and Culture. Hoboken (Ney Jersey): John
Wiley.
• Gómez Mendoza, J. (2017): La geografía humana como ciencia social. En Romero, J. (coord.) Geografía Humana de España.
València: Tirant lo Blanch, pp. 13-56.
• Hiernax, D. e Lindón, A. (coords.) (2006). Tratado de Geografía Humana. Barcelona: Anthropos.
• Lee, R. et al. (eds.) (2014). The SAGE Handbook of Human Geography. Los Angeles: SAGE.
• Lindón, A. e Hiernaux, D. (dirs.) (2010): Los giros de la Geografía Humana. Barcelona: Anthropos.
• Nogué, J. e Romero, J. (eds.) (2006). Las otras geografías. València: Tirant lo Blanch.
• Romero, J. (ed.). (2004). Geografía Humana. Madrid: Ariel.
• Sabaté, A., Rodríguez, J. e Díaz, M. (dirs.) (1995). Mujeres, espacio y sociedad: hacia una geografía del género. Madrid:
Síntesis.
Xenerais e Básicas
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos
temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Específicas
• Analizar con sentido crítico a relación da sociedade co territorio, aplicando o marco conceptual e teórico da Xeografía
• Reunir e interpretar datos relevantes en clave xeográfica para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
• Capacidade de análise e síntese, de organización e planificación, e de comunicación oral e escrita
• Aprendizaxe autónoma e en equipo
• Amosar o coñecemento da construción de lugares, desde o local (experiencia cotiá) ata o global
• Tomar conciencia do posicionamento teórico e aplicado da Xeografía en tanto que ciencia social no estudo dos territorios
• Expoñer problemas sobre as desigualdades existentes por mor de variables como etnia, sexo, xénero, discapacidade, nivel económico, nivel de estudos ou lugar de nacemento, cunha marcada compoñente espacial
• Poñer en valía o carácter comprometido da Xeografía e a súa dimensión ética no estudo das sociedades e dos territorios
• Comprender a dimensión humanística da Xeografía
• De acordo co calendario de implantación da nova edición do Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio (3ª edición) (https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/links/2024-07/cal…) esta materia non ten docencia. Os contidos serán restaurados no Campus Virtual da materia, onde o/a docente establecerá unha canle de comunicación co alumnado
• 1. O artigo 13 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, na súa formulación máis recente, fai referencia ao mantemento dos criterios de avaliación do último curso con docencia. Neste sentido, mantéñense os criterios vixentes no curso (2023-24): 40% para entregas e un 60% para a proba final. No caso de preguntas de tipo test, as respostas equivocadas restarán.
• 2. Para superar a materia é preciso ter como mínimo un 4,5 no exame e un 5 nas entregas. O alumnado deberá superar ambas as dúas partes. Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na proba ordinaria como na extraordinaria. O alumnado que non aprobe a materia na primeira convocatoria deberá repetir a/s parte/s pendente/s na segunda.
• A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS).
• Atender o Campus Virtual da materia.
• Realizar unha lectura e seguimento da bibliografía e materiais de traballo.
• Entregar os traballos en tempo e forma.
* Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Juan Manuel Trillo Santamaria
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- juanmanuel.trillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade