Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Xestión territorial da paisaxe sitúase deliberadamente ao final do percorrido formativo universitario en Xeografía e Ordenación do Territorio na Universidade de Santiago de Compostela. De acordo co carácter transversal e integrador do concepto «paisaxe», esta materia debe ser quen de activar ao mesmo tempo numerosos coñecementos, técnicas, competencias e mesmo valores que xa se adquiriron noutras materias previas.
Esta materia formúlase nas coordenadas teórico-conceptuais propias da Xeografía, sen renunciar a entender as abordaxes doutras disciplinas científicas, e deséñase nomeadamente cunha dimensión práctica e aplicada, na complexa interface entre paisaxe e Ordenación do territorio, caracterizada na actualidade polo progresivo afianzamento, desde o Convenio Europeo da Paisaxe do ano 2000, da Xestión da paisaxe como expresión abranguente de todas as políticas concibidas nesta dirección. Neste contexto, os obxectivos específicos da materia son os seguintes:
1. Coñecer as principais achegas teóricas en materia de paisaxe, que explican a súa evolución conceptual.
2. Identificar e exercitar as distintas modalidades de planificación e xestión da paisaxe.
3. Aprender a utilizar o CEP como marco de referencia en materia de paisaxe.
4. Practicar distintas metodoloxías e técnicas de traballo en planificación e xestión da paisaxe, en particular o estabelecemento de unidades e tipos paisaxísticos.
5. Reactivar coñecementos e métodos propios da Xeografía para aplicalos nunha abordaxe transversal da paisaxe.
6. Recoñecer as distintas aproximacións á paisaxe para integrarse en equipos multidisciplinares.
De acordo coa memoria oficial vixente do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio, os contidos son os seguintes:
- O concepto de paisaxe
- Elementos e factores que interveñen na xénese das paisaxes
- Funcionamento e dinámica da paisaxe
- A paisaxe como manifestación cultural e natural
- Caracterización, clasificación e descrición das unidades de paisaxe
- Tipos de paisaxes en Galiza
- Lexislación sobre paisaxe: da Convención [sic] Europea da Paisaxe á Lei da Paisaxe de Galiza
- O papel da paisaxe na Ordenación do territorio
- Paisaxe cultural [sic] e patrimonio
- Paisaxe natural [sic] e medio ambiente
- Os problemas de conservación da paisaxe
- O impacto das actividades antrópicas na paisaxe [sic]
- Técnicas de estudo da paisaxe
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
1. O concepto de paisaxe
2. A consideración tradicional da paisaxe desde a ordenación: espazos naturais protexidos e patrimonio histórico-artístico
3. O Convenio Europeo da Paisaxe como marco para o desenvolvemento de políticas de paisaxe
4. A elaboración de plans de paisaxe vinculantes. O estabelecemento de unidades de paisaxe
5. O desenvolvemento de instrumentos de planificación indicativa e de xestión da paisaxe
6. O rol da paisaxe nas figuras de planeamento urbanístico e de ordenación territorial
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Busquets, J. e Cortina, A. (coords.) (2009): Gestión del paisaje. Manual de protección, gestión y ordenación del paisaje. Barcelona: Ariel.
- Howard, P.; Thomson, I. e Waterton, E. (2013): The Routledge Companion to Landscape Studies. Abingdon: Routledge.
- Mata, R. e Rodríguez Rodríguez, J. (2022): «Ordenación del territorio, patrimonio natural y cultural y paisaje», en Farinós, J. e Olcina, J. (eds./coords.): Ordenación del Territorio y Medio Ambiente. València: Tirant Humanidades, pp. 173-208.
- Mata, R. e Tarroja, À. (coords.) (2006): El paisaje y la gestión del territorio. Criterios paisajísticos en la ordenación del territorio y el urbanismo. Barcelona: Diputació de Barcelona.
- Nogué, J.; Puigbert, L.; Sala, P. e Bretcha, G. (eds.) (2010): Paisatge i participació ciutadana: l’experiència dels catàlegs de paisatge de Catalunya. Olot/Barcelona: Observatori del Paisatge de Catalunya/Generalitat de Catalunya.
- Nogué, J.; Sala, P. e Grau, J. (2016): Los catálogos de paisaje de Catalunya. Metodología. Olot: Observatori del Paisatge/ATLL.
- Sala, P.; Bretcha, G. e Puigbert, L. (eds.) (2024): El paisatge en el món local. Mirades, criteris i experiències. Olot: Observatori del Paisatge.
- Zoido, F. e Venegas, C. (coords.) (2002): Paisaje y ordenación del territorio. Sevilla/Soria: Junta de Andalucía/Fundación Duques de Soria.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
A/ Coleccións de libros do Observatori del Paisatge: https://www.catpaisatge.net/es/publicaciones/colecciones
B/ Boletín de novas: https://www.catpaisatge.net/es/publicaciones/boletines/paisaj-e
C/ Ensaios sobre paisaxe
- Berque, A. (2008): La pensée paysagère. Paris: Archibooks. [Trad. esp.: Berque, A. (2009): El pensamiento paisajero. Madrid: Biblioteca Nueva.]
- Besse, J.-M. (2000): Voir la Terre. Six essais sur le paysage et la géographie. Arles: Actes Sud. [Trad. esp.: Besse, J.-M. (2010): La sombra de las cosas. Sobre paisaje y geografía. Madrid: Biblioteca Nueva.]
- Martínez de Pisón, E. (2009): Miradas sobre el paisaje. Madrid: Biblioteca Nueva.
- Martínez de Pisón, E. (2015): Cuadernos de montaña. Madrid: Desnivel.
- Nogué, J. (2009): Entre paisajes. Barcelona: Àmbit.
- Nogué, J. (ed.) (2018): El arte de la geografía. Barcelona: Icaria.
- Roger, A. (1997): Court traité du paysage. París: Gallimard. [Trad. esp.: Roger, A. (2007): Breve tratado del paisaje. Madrid: Biblioteca Nueva.]
- Tuan, Y.-F. (2013): Romantic Geography. In Search of the Sublime Landscape. Madison: University of Wisconsin Press. [Trad. esp.: Tuan, Y.-F. (2015): Geografía romántica. En busca del paisaje sublime. Madrid: Biblioteca Nueva.]
D/ Páxinas web relevantes
- CEP CoE: https://www.coe.int/en/web/landscape
- Instituto de Estudos do Territorio: https://medioambiente.xunta.gal/organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_…
- Observatori del Paisatge: https://www.catpaisatge.net/es
E/ Revistas
- Landscape and Urban Planning: https://www.sciencedirect.com/journal/landscape-and-urban-planning
- Landscape Ecology: https://link.springer.com/journal/10980
- Landscape Research: https://www.tandfonline.com/journals/clar20
F/ Unidades didácticas da USC
- Tema 2: https://libros.usc.gal/es/categorias/1119-a-consideracion-tradicional-d…
- Tema 3: https://libros.usc.gal/es/historia/86-o-convenio-europeo-da-paisaxe-com…
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada.
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CX6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
CX7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que o alumnado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado dea transmitido información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos da Xeografía.
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio.
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais.
CT7 - Xestionar a complexidade.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT6 - Xerar acordos en equipas interdisciplinares.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio.
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica.
CE4 - Expresar información cartograficamente.
CE6 - Realizar análises e propostas de xestión territorial.
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental.
A materia manterá un equilibrio entre dúas abordaxes docentes. Por unha banda, nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos dos seis temas previstos, apoiándonos en presentacións multimedia e nunha escolma de textos, mapas e gráficos, con recurso a actividades tales como aulas invertidas. Por outra banda, nas aulas interactivas desenvolveremos especificamente as habilidades prácticas relacionadas coas políticas paisaxísticas, nomeadamente plans de distinta natureza. Unha e outra abordaxes non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia. En todo caso, o alumnado disporá do material docente empregado no Campus Virtual.
Contémplase a realización dunha saída de traballo de campo, condicionada ás posibilidades orzamentarias. A saída procura o desenvolvemento de competencias e habilidades/destrezas de análise, diagnóstico e propostas de paisaxe sobre o terreo. Prevese que sexa de dous días nas Montañas de Trevinca. A saída de traballo de campo ten natureza de actividade formativa obrigatoria de acordo co Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación por competencias desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%.
O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas, sobre todo destinadas á elaboración sucesiva dun plan de paisaxe, e da proposta derivada da saída de traballo de campo (esta última de se producir). A entregar no Campus Virtual e/ou mediante exposición oral.
Dado que a saída de traballo de campo ten natureza de actividade formativa obrigatoria segundo o Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase, a posíbel falta de asistencia deberá ser expresamente xustificada de acordo co art. 3 do devandito Regulamento. No caso das faltas de asistencia xustificadas de forma conveniente, facultarase unha entrega alternativa que terá o mesmo peso.
De acordo co art. 1 do Regulamento devandito, a asistencia ás aulas ponderarase na cualificación parcial relativa ao ítem da avaliación continua, cunha porcentaxe máxima do 10%.
Nesta compoñente terase en conta tamén o traballo opcional co ensaio (Berque, 2008 [trad. 2009]; Besse, 2000 [trad. 2010]; Martínez de Pisón, 2009, 2015; Nogué, 2009, 2018; Roger, 1997 [trad. 2007]; Tuan, 2013 [trad. 2015]).
O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Se a cualificación non resultase por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Nesta segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que o exame abranguerá daquela a totalidade dos materiais dispoñíbeis en Campus Virtual, coas porcentaxes indicadas máis arriba. Consistirá en preguntas curtas e/ou tipo test. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
O alumnado coa dispensa concedida preceptivamente pola Comisión Académica e de Validacións da Facultade será avaliado mediante un exame presencial na primeira oportunidade, que abranguerá a totalidade dos materiais dispoñíbeis en Campus Virtual, coas porcentaxes indicadas máis arriba. Consistirá tanto en preguntas curtas e/ou tipo test como en preguntas a desenvolver. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, incluíndo o uso inaxeitado da IA, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisións de cualificacións, nomeadamente o seu art. 16, que estipula a cualificación global resultante.
- Docencia teórica en aula: 32 h
- Docencia práctica en aula: 10 h
- Prácticas de laboratorio: 6 h
- Titorías: 3 h
- Traballo autónomo do/a alumno/a: 100 h
Valerià Paül Carril
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |