Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Xeografía Rexional do Mundo II, complementaria da Xeografía Rexional do Mundo I, comparte como obxectivo a explicación e a comprensión do mundo na actualidade, potenciando a análise dos procesos territoriais asociados á globalización. As transformacións no tempo da organización do espazo xeográfico obrigan a concibilo como un sistema no que a relación entre o medio físico e o humano é produto da existencia de densas redes de fluxos, uns tanxibles e outros intanxibles, que están a xerar continuamente novas territorialidades e novos marcos de relación entre os lugares e as persoas. Nesta segunda materia farase fincapé na diferenciación rexional.
A materia Xeografía Rexional do Mundo II é bastante común nos plans de estudo do título de grao de Xeografía no contexto universitario español. A través deste ensino do mundo global é posible entender “os cambios socioeconómicos acelerados aos que asistimos e as grandes transformacións asociadas ao proceso (…) de cambio global” así como “os novos retos á xestión do territorio que se deben afrontar de maneira perentoria” (AGE, 2018).
Os seus principais obxectivos son:
1. Coñecer con profundidade os diferentes conxuntos rexionais existentes no planeta fóra do contexto europeo (tratado nunha materia específica).
2. Ofrecer ao alumnado unha comprensión crítica, comparada e fundamentada das dinámicas espaciais e territoriais que configuran as distintas rexións do mundo, desde unha perspectiva integradora que contempla tanto os aspectos físicos como os humanos, económicos, sociais e culturais.
3. Coñecer os procesos económicos e sociais que explican a organización espacial, os principais factores de articulación e a diferenciación rexional.
A materia formúlase, por tanto, como unha oportunidade para consolidar coñecementos, exercitar competencias xeográficas específicas e fomentar unha mirada informada, crítica e global sobre a diversidade rexional do mundo.
Os contidos recollidos na memoria do grao son:
1. África subsahariana
2. Magreb e Oriente Medio
3. Asia meridional: India
4. Asia central e Rusia
5. Asia oriental: China
6. Sueste asiático
7. Australia e Nova Zelandia
8. América do Norte
9. América Latina
Os contidos precedentes desenvolveranse nos seguintes temas:
1. Introdución á división rexional do mundo
2. Estados Unidos e Canadá
3. Rusia e a Comunidade de Estados Independentes
4. África subsahariana
5. Mundo árabe-islámico e Asia central
6. India e subcontinente indio
7. China
8. Xapón e Corea
9. Sueste asiático
10. Australia e Nova Zelandia
11. América Latina
Bibliografía básica
- Álvarez Cobelas, J.R. (2021). Geopolítica de África Subsahariana. Madrid, Síntesis.
- Azcárate Luxán, B.; Azcárate Luxán, M.V.; Sánchez Sánchez (2016). Grandes Regiones de la Tierra. Naturaleza y Sociedades. Madrid, UNED.
- Cairo Carou, A. (2023). Geopolítica de América Latina y el Caribe. Madrid, Síntesis.
- Gil Pérez, J. (2020). Geopolítica de Asia y el Indo-Pacífico. Madrid, Síntesis.
- Hobbs, J.H. (2022). World Regional Geography. Boston, Cengage Learning.
- Johnson, D.L.; Haarman, V.; Johnson, M.L. (2015). World Regional Geography. A Development Approach. Boston, Pearson.
- Lewis, M.W.; Wigen, K.E. (1997). The Myth of Continents: a Critique of Metageography. Berkeley, University of California Press.
- Lopes, C.; Kararach, G. (2023). Cambio estructural en África. Madrid, Catarata.
- Méndez, R.; Molinero, F. (2008). Espacios y sociedades. Introducción a la geografía regional del mundo. Barcelona, Ariel.
- Pulsipher, L.M. (2000). World Regional Geography. New York, W.H. Freeman.
- Wallerstein, I.M. (2007). Geopolítica y geocultura. Ensayos sobre el moderno sistema mundial. Barcelona, Kairós.
Bibliografía complementaria
- Ascón i Borrás, R. (Ed) (2000). Gran Geografía Universal. Barcelona, Edicions 62.
- Gómez Mendoza, J. (2001). Un mundo de regiones: Geografía regional de geometría variable. Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 32, 15-33. https://bage.age-geografia.es/ojs/index.php/bage/article/view/400
- García Rivero, C.; Martín Cubas, J. (2021) (Eds). El Norte de África y Oriente Medio, una Década después de la Primavera Árabe. Valencia, Tirant Lo Blanch.
- Paasi, A.; Harrison, J.; Jones, M. (2018). Handbook of Regions and Territories. Cheltenham (UK), Northampton (MA, USA), Edward Elgar Publishing.
Webgrafía básica
- AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento): https://www.aecid.es/es
- ASEAN (Asociación de Nacións do Sueste Asiático): https://asean.org/
- BANCO MUNDIAL: https://www.bancomundial.org/es/home
- CEPAL (Comisión Económica para América Latina e o Caribe): https://www.cepal.org/es
- Departamento de Asuntos Económicos e Sociais. Desenvolvemento Sostible https://sdgs.un.org/é/goals
- FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación): https://www.fao.org/home/es
- OECD (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico): http://www.oecd.org
- ONU (Organización Nacións Unidas): https://www.un.org/es/
- PNUD (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento): http://www.undp.org
- UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura): https://www.unesco.org/es
- UNFPA (Fondo de Poboación das Nacións Unidas): https://www.unfpa.org/es
- UN-Habitat (Programa das Nacións Unidas para os asentamentos humanos): https://unhabitat.org/
COÑECEMENTOS
2: Grandes rexións e xeopolítica do mundo
3: Xeografía humana
4: Xeografía física e medio ambiente
7: Métodos e traballo de campo da disciplina xeográfica
HABILIDADES/DESTREZAS
1: Xestionar a complexidade xeográfica e da Ordenación do territorio
2: Entender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa esfera humana e social
3: Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
4: Procurar, xerar, ordenar e sintetizar información xeográfica
5: Expor e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma
COMPETENCIAS
1: Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe
5: Aprender a coñecer e interpretar directamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo
6: Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en Xeografía
7: Explicar a diversidade de lugares, ambientes, cidades e rexións
A materia desenvólvese nas aulas expositivas, de seminario e de laboratorio. Asemade, prevese a realización de traballo de campo, condicionado ás posibilidades orzamentarias.
No que fai á docencia expositiva, o profesorado abordará de xeito presencial na aula os contidos distribuídos por temas, apoiándose en presentacións multimedia e nunha escolma de textos, mapas e gráficos, con recurso a actividades tales como aulas invertidas. Para o seguimento da materia, ademais da bibliografía recomendada, o alumnado disporá do material docente empregado no Campus Virtual.
Polo que respecta á docencia de seminario, esta ten por obxectivo apoiar a consolidación dos coñecementos establecidos na memoria do grao mediante actividades de carácter práctico, nomeadamente análise e comentario crítico de documentos (textos, mapas, gráficos, etc.).
A docencia de laboratorio está deseñada para aplicar e contextualizar os contidos teóricos segundo os criterios dos diferentes métodos. Tamén estas aulas están orientadas á planificación e execución das actividades e ao desenvolvemento de habilidades críticas, analíticas e colaborativas. Durante os laboratorios empregaranse metodoloxías activas, entre elas, a Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP), a Aprendizaxe Orientada a Proxectos (AOP) e/ou a Aprendizaxe e Servizo (ApS). Esas metodoloxías fortalecen a conexión co mundo real e promoven a transferencia de coñecementos a estudo de casos reais (a escala urbana ou nacional), baseándose en aprendizaxe cooperativa e colaborativa para reforzar a comprensión dos ODS.
Por coherencia, habería que visitar unha das rexións de estudo, pero, a falta desta posibilidade, proponse unha saída dun día nun “espazo global e multicultural” en Galicia. A saída de traballo de campo ten natureza de actividade formativa obrigatoria de acordo co Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase.
O alumnado participará nas actividades deseñadas e dirixidas ao alumnado no marco do proxecto europeo EUniWell: "PILGRIM-APHY-TOUR. Pilgrimage as Well-Being Therapy. Exploring Mental, Physical and Social Benefits of Walking Pilgrimage".
Ao longo do curso, o profesorado estará dispoñíbel nas horas de titorías. Alén diso, na aula de titorías ao final do curso estabelecida pola Facultade preparase especificamente o exame.
A avaliación da aprendizaxe comprende tanto o proceso como o resultado obtido. Proponse unha avaliación continua formativa con proba final, que estimule o alumnado para ser axente activo da súa propia formación.
A avaliación aplicarase do seguinte xeito:
1. Realización e entrega das actividades propostas de avaliación continua derivadas das aulas de laboratorio e da saída de traballo de campo (esta última de se producir): 50%. A entregar no Campus Virtual e/ou mediante exposición oral.
Dado que a saída de traballo de campo ten natureza de actividade formativa obrigatoria segundo o Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase, a posible falta de asistencia deberá ser expresamente xustificada de acordo co art. 3 do devandito Regulamento. No caso das faltas de asistencia xustificadas de forma conveniente, facultarase unha entrega alternativa que terá o mesmo peso.
De acordo co art. 1 do Regulamento devandito, a asistencia ás aulas ponderarase na cualificación parcial relativa ao ítem da avaliación continua, cunha porcentaxe máxima do 10%.
2. Proba final na data oficial establecida pola Facultade, relativa aos contidos e coñecementos das aulas expositivas e de seminario: 50%. Consistirá en preguntas curtas e/ou tipo test. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Se a cualificación non resultase por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Nesta segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que o exame abranguerá daquela a totalidade dos materiais dispoñibles en Campus Virtual, coas porcentaxes indicadas máis arriba. Consistirá en preguntas curtas e/ou tipo test. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
O alumnado coa dispensa concedida preceptivamente pola Comisión Académica e de Validacións da Facultade será avaliado mediante un exame presencial na primeira oportunidade, que abranguerá a totalidade dos materiais dispoñíbeis en Campus Virtual, coas porcentaxes indicadas máis arriba. Consistirá tanto en preguntas curtas e/ou tipo test como en preguntas a desenvolver. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, incluíndo o uso inaxeitado da IA, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisións de cualificacións, nomeadamente o seu art. 16, que estipula a cualificación global resultante.
- Docencia teórica: 24 h
- Docencia de seminario: 12 h
- Docencia de laboratorio: 12 h
- Titorización en grupo reducido: 3 h
- Traballo persoal do alumnado: 99 h
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos en vistas do exame final.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
• Recoméndanse como actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria/docencia-…
Lucrezia Lopez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Valerià Paül Carril
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |