Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 41 Total: 70
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Sur
Áreas: Centro Superior de Hostalería
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta disciplina consiste en lograr que o alumnado, logo do coñecemento do marco normativo contable e dos conceptos contables básicos, recoñeza as principais operacións económicas que teñen lugar na empresa e sexa capaz de expresalas e representalas no marco do ciclo contable. O anterior permitiralle, durante o seguinte curso e no seu futuro profesional, interpretar e analizar os estados contables obtidos no proceso, e enfrontarse ao gran abanico de toma de decisións que se suscitan na xestión empresarial.
• Manexar o Plan Xeral de Contabilidade en vigor
• Defender a utilidade da información económico-financeira como ferramenta de xestión para a toma de decisións na empresa hostaleira.
• Manexar a terminoloxía contable básica
• Recoñecer os feitos económicos na empresa hostaleira en xeral e, a partir de documentos mercantís reais en particular, representalos contablemente
• Manexar o método contable.
• Aplicar os conceptos fundamentais propios dun sistema de información contable: Patrimonio e Resultado
• Comprender e operar cos conceptos de activo, patrimonio neto e pasivo e o seu emprego para reflectir os investimentos e as fontes de financiamento da empresa
• Comprender e operar cos conceptos de ingreso e gasto e o seu emprego para reflectir a circulación real de valor dentro da empresa hostaleira, diferenciándoos dos conceptos de cobranza e pago
• Utilizar os principais libros contables, recoñecer a relación entre eles e as principais características da súa elaboración
• Comprender os principais criterios de valoración, especialmente o prezo de adquisición, custo de produción, valor razoable e custo amortizado
• Dominar o ciclo contable e xustificar a necesidade de cálculo de resultados periódicos
• Manexar as contas anuais, recoñecer a relación entre elas e as principais características da súa elaboración
• Utilizar unha aplicación informática contable
• Relacionar a contabilidade con outras materias
1. Financiamento propio e alleo
2. Activo non corrente e activo corrente
3. A determinación do resultado da empresa hostaleira
4. Os estados contables. As contas anuais
5. Aplicación informática da contabilidade
o Bibliografía básica
• CANTORNA AGRA, S., MASIDE SANFIZ, J.M. y ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ, Mª A. Contabilidad Financiera 2ª Edición. Garceta grupo editorial
• OMEÑACA GARCÍA, JESÚS. Contabilidad general 14ª Edición actualizada con las reformas en 2016 y 2021. Editorial Deusto.
• GARCÍA BERNAU, Mº A. y VICO MARTÍNEZ, A. Introducción a la contabilidad financiera 3ª Edición. Ediciones CEF.
• REY POMBO, J. Contabilidad General. Curso práctico. 3ª Edición (2022). Editorial Paraninfo.
o Bibliografía complementaria
Lexislación:
• PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD, R.D. 1514/2007 de 16 de noviembre, B.O.E. 20-11-2007. Texto consolidado.
• PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD. Texto refundido con las modificaciones introducidas por: el Real Decreto 1159/2010, de 17 de septiembre, el Real Decreto 602/2016, de 2 de diciembre y el Real Decreto 1/2021, de 12 de enero, en vigor para los ejercicios iniciados a partir del 1 de enero de 2021. Los cambios introducidos por el Real Decreto 1/2021
Outros recursos en liña:
• www.boe.es/boe/dias/2007/11/20/pdfs/C00001-00152.pdf
• www.boe.es/boe/dias/2017/05/25/pdfs/BOE-A-2017-5775.pdf
• www.plangeneralcontable.com
• www.registradores.org
• MANUAL SAGE SP CONTAPLUS, www.softonic.com
o Básicas e xerais
B1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo (a xestión e dirección de empresas hostaleiras).
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (ámbito das empresas hostaleiras).
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes, de índole social, científica ou ética (normalmente no seu campo de estudo).
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, metodoloxías, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, tanto mediante comunicación oral como escrita no seu ámbito de estudo.
B5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía en todo tipo de contextos.
G1. Formar profesionais que sexan capaces de desempeñar tarefas de xestión e dirección nas organizacións empresariais hostaleiras, desenvolvendo habilidades de liderado, cunha clara orientación de servizo ao cliente, alta capacidade de adaptación permanente e innovación e orientación a resultados nas diferentes áreas do sector, favorecendo o desenvolvemento sostible e respectando a diversidade e multiculturalidade: Organizar e analizar a información, identificar oportunidades, definir obxectivos e estratexias, planificar, deseñar e asignar recursos, dirixir e motivar persoas, resolver problemas e tomar decisións, alcanzar obxectivos e avaliar resultados.
o Transversais
T1- Capacidade de xestión da información, análise e síntese
T3- Comunicación oral e escrita no ámbito empresarial
T4- Coñecementos de informática e TIC relativos ao ámbito de estudo
T5- Resolución de problemas e toma de decisións
T6- Traballo en equipo
T10- Razoamento crítico, compromiso ético e social
T11- Aprendizaxe autónoma permanente e adaptación a novas situacións
T17- Capacidade para poñer en práctica os coñecementos con perspectiva social e de crecemento
AV3- Respecto, tolerancia e responsabilidade persoal e profesional
o Específicas
E5- Analizar, sintetizar e resumir a información económico-patrimonial das organizacións hostaleiras
E6- Xestionar os recursos financeiros nas empresas do sector hostaleiro
E9- Manexar técnicas de comunicación
Durante o desenvolvemento da disciplina aplicaranse os seguintes métodos de ensino-aprendizaxe:
- Lección maxistral participativa: presentaranse os soportes teóricos da disciplina e explicarase a resolución dos exercicios e os casos prácticos expostos
- Traballo autónomo: o estudante asentará os coñecementos básicos da materia e dominará a resolución de problemas a través do desenvolvemento intelectual e da toma de decisións.
- Traballo cooperativo: onde se potenciará o traballo en equipo e consolidaranse os obxectivos do traballo autónomo. Ó longo da materia desenvolverase polo menos un caso práctico en grupo, coa condición ineludible de que cada compoñente debe lograr resultados grupais.
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades realizadas polo alumnado que se indican a continuación, en cada unha das oportunidades para superar a materia. O estudante que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade, que será a que figure no expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
o Primeira oportunidade ordinaria:
O principal obxectivo que se persegue coa avaliación é dar a oportunidade ao estudante de demostrar que adquiriu os coñecementos e as habilidades necesarias para desenvolver as competencias programadas para a materia. A continuación, sinálanse os aspectos para ter en conta na avaliación da materia, así como o peso que terán na cualificación final.
A materia será avaliada ó longo do curso a través dun proceso de avaliación continua, o que permitirá superala sen ter que presentarse obrigatoriamente a un exame final, a condición de que se supere a nota de corte que se especifique.
Avaliación continua:
- Proba de avaliación teórico-práctica 1: 40%
- Proba de avaliación teórico-práctica 2: 45%
- Traballo en grupo: 15%
- Actitude: ata 0,50 puntos adicionais sobre a nota media da avaliación continua
Situación 1 (100% avaliación continua): Os estudantes que, en base aos requisitos anteriores, obtivesen unha cualificación media mínima de 6 na avaliación continua, alcanzando polo menos os 5 puntos en cada unha das probas realizadas incluíndo o caso práctico, terán dereito á non realización do exame final, superando a materia na avaliación continua. Neste caso, dita avaliación suporá o 100% da cualificación final.
Situación 2 (70% avaliación continua, 30% exame final): Aqueles estudantes que non superen a materia durante a avaliación continua, terán que presentarse ao exame final. Neste caso, este exame supoñerá o 30% e a avaliación continua o restante 70% da cualificación final. Será requisito para calcular a media que a nota mínima no exame final sexa de 4; en caso contrario a nota final será a nota do devandito exame.
A nota final de 1ª oportunidade, en ámbalas situacións, virá dada pola nota media calculada segundo o esquema anterior, despois de aplicar, se procede, as penalizacións oportunas por faltas de asistencia. Se como consecuencia da penalización por ausencias, a nota final en primeira oportunidade resulta inferior a 5 puntos, mínimo necesario para superar a materia, o alumno/a deberá presentarse en 2ª oportunidade.
No CSHG a asistencia a clase é obrigatoria e parte importante da formación, polo que as ausencias repetidas ás actividades presenciais consideraranse unha falta de rendemento e polo tanto afectarán a cualificación da materia, do seguinte modo:
• Cómputo total de horas presenciais (70 horas): 30% de ausencias e penalización de -1 punto (21 horas); 60% de ausencias e penalización de -2 puntos (42 horas).
• Se o estudante alcanza as 15 faltas de asistencia deberá presentarse obrigatoriamente ao exame final.
• Se o alumno/a alcanza un 80% de ausencias sobre o total das horas presenciais, a materia considerarase suspensa cunha cualificación de 0.
o Segunda oportunidade e posteriores convocatorias
Os estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade terán opción de recuperala en segunda oportunidade. Deberán repasar todo o temario e realizar un exame teórico-práctico destes contidos que se avaliaron no exame final ordinario.
Seguirase o mesmo criterio en segunda e posteriores convocatorias.
As actividades formativas e a súa dedicación en horas serán as seguintes:
• Clases maxistrais-expositivas (23 horas), análise de problemas, estudo de casos, debates e traballo grupal (41 horas), titorías e exames (6 horas) e traballo autónomo do estudante (50 horas).
- Traballar a materia a medida que se vai explicando e realizar os exercicios unha vez presentado o soporte teórico correspondente. Non levar a disciplina ao día provoca a falta de base necesaria para afrontar os exames con éxito.
- Solicitar titorías individuais/grupais para resolver aquelas dúbidas que non xurdisen na aula, procurando así unha correcta evolución na aprendizaxe da materia. En función do resultado das devanditas titorías, a profesora valorará o facilitar exercicios complementarios aos traballados durante o curso.
- Revisar as probas realizadas, sobre todo no caso de probas non superadas. Identificar e corrixir os erros cometidos, tanto a nivel teórico como práctico, é outra ferramenta importante na aprendizaxe da materia.
Dora Diaz Fidalgo
Coordinador/a- Departamento
- Campus Sur
- Área
- Centro Superior de Hostalería
- Correo electrónico
- dora.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable