Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A sociedade da información e as redes telemáticas. Concepto, desenvolvemento e perspectivas dun novo medio de comunicación. Novas formas de entender a información
O obxectivo prioritario da materia é, polo tranto, que o alumno adquira coñecementos arredor da orixe e desenvolvemento dos cibermedios e que entenda o papel da interactividade nas narrativas hipertextuais e multimedia.
O alumno analizará as características dos cibermedios. Teoría e Análise dos Cibermedios debe capacitar ao alumno para entender os fundamentos dos cibermedios e do ciberxornalismo, e debe introducilo na elaboración de contidos hipertextuais, multimedia e interactivos. O noso obxectivo, polo tanto, inclúe:
a)Entender as características dos cibermedios e do ciberxornalismo.
b)Analizar modelos e formatos de cibermedios.
c)Elaborar pequenas pezas informativas con linguaxe hipertextual, multimedia e interactivo.
d)Explorar as posibilidades das novas modalidades expresivas na construción de mensaxes xornalísticas.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
CONTIDOS TEÓRICOS
Os contidos teóricos centrais xirarán arredor dos conceptos básicos sobre o ciberxornalismo e os cibermedios. Entender as características que deben reunir as pezas xornalísticas para os cibermedios.
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos centrais xirarán arredor da elaboración de pezas informativas para os cibermedios. O alumno elaborará pezas informativas para tódolos soportes, para o que deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para elaborar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión é procesado de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de plató. A peza final editarase e difundirase. Estes contidos prácticos están relacionados cos contidos teóricos. Tamén haberá prácticas de campo (visita a redaccións para meios online de Galicia) no caso de que haxa axudas económicas para a súa realización.
TEMAS DO PROGRAMA
Tema 1: A sociedade da información e o ciberxornalismo.
1.1. Elementos definitorios
1.2. Panorama e perspectivas
Tema 2: Os modelos de cibermedios
2.1. Medios matriciais
2.2. Medios nativos dixitais
Tema 3: Os fundamentos teóricos do novo medio
3.1. A influenza da herdanza recibida
3.2. As novas dimensións
Tema 4: Propostas innovadoras nos cibermedios e no ciberxornalismo
4.1. Os laboratorios de innovación
4.2. Experiencias de éxito
Tema 5: Debates actuais sobre os cibermedios e o ciberxornalismo
5.1. A influenza da automatización
5.2. A personalización
5.3. A implicación social
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cabrera, Mª. A. -Coord.- (2013): Evolución de los cibermedios. De la convergencia digital a la distribución multiplataforma. Fragua.
Castell, M. (2001): La galaxia Internet. Plaza&Janes.
Díaz Noci, J./Salaverría, R. –Coords.- (2003): Manual de Redacción Ciberperiodística. Ariel.
Eldridge II, S.A.; Hess, K.; Tandoc JR., E.; Westlund, O. (2021): Definitions of Digital Journalism (Studies). Routledge.
Manovich, L (2013): El software toma el mando. UOCpress.
Roitberg, G; Piccato, F. -Comps.- (2015): Periodismo disruptivo. La Crujía Ediciones.
Salaverría, R. -Coordinador- (2016): Ciberperiodismo en Iberoamérica. Fundación Telefónica/Ariel.
Toural, C./López, X. (2019): Ecosistema de Cibermedios en España. Tipologías, iniciativas, tendencias narrativas y desafíos. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
Witschge, T.;Anderson, C.W.; Domingo, D.; Hermida, A. -Edited by- (2016): The SAGE Handbook of Digital Journalism. SAGE.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Cabrera, Mª. A. (2010): Evolución tecnológica y cibermedios. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
Díaz Noci, J. (2001): La escritura digital. Hipertexto y construcción del discurso informativo en el periodismo. Universidad del País Vasco.
Flores Vivar, J.M./Esteve Ramírez, F. -Editores- (2009): Periodismo Web 2.0. Forja.
Foust, J.C. (2009). Online Journalism. Holcomb Hathaway Publishers.
García Galindo, J.A./Vasallo, M.I./Vera Balanza, M.T. –Coord.- (2009): Construir la Sociedad de la Comunicación. Tecnos.
López, X./Gago, M./Pereira, X. (2002): Nuevas tendencias del periodismo electrónico. Edicións Lea.
López, X./Otero, M.L. (2005). Las herramientas tecnológicas de la nueva información periodística. Netbiblo.
López, X./Pereira, X. -Coord.- (2010): Convergencia digital. Reconfiguración de los Medios de Comunicación en España. Universidad de Santiago.
Mesquita, M. (2007): Él cuarto equívoco. Él poder de los media en la sociedad contemporánea. Forja.
Núñez Ladevéze, L. -coordinador- (2015): Periodismo en la red: Géneros, estilos y normas. Editorial Universitas.
Salaverría, R. (2005): Cibermedios. El impacto de internet en los medios de comunicación en España. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
Sampedro, V. (2014): El cuarto poder en red. Icaria.
Coñecer e comprender as características da produción e composición da información para as plataformas multimedia. Coñecer e estudar as novas técnicas de xestión da información. Coñecer os novos retos da información: produtores, usuarios e xestores.
A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para a construción de pezas para os cibermedios.
As competencias básicas e xerais son:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
As competencias transversais son:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
As competencias específicas son:
CE19 - Comprender os modelos de comunicación existentes para a súa aplicación na actualidade.
CE20 - Capacitar para poder desenvolver investigacións científicas dentro da área de ciencias sociais, especialmente no ámbito da comunicación.
CE21 - Capacitar para a xestión da programación dun medio de comunicación audiovisual.
CE22 - Capacitar para a redacción, organización e xestión de información nos cibermedios.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/xornalismo) e na plataforma do campus virtual da USC.
Xose Lopez Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade