Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Concepción, produción e realización de contidos xornalísticos audiovisuais mediante o emprego de "alta tecnoloxía".
2. Análise de laboratorios de contidos xornalísticos audiovisuais que empregan "alta tecnoloxía".
3. Análise de produtos de "xornalismo tecnolóxico".
4. Desenvolvemento de produtos xornalísticos audiovisuais para redes sociais e plataformas.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Orixe e evolución da innovación multimedia
1.1 Nacemento do xornalismo multimedia
1.2 Xornalismo transmedia
1.3 Xornalismo inmersivo
1.4 Fitos da experimentación xornalística audiovisual
TEMA 2. Innovación no xornalismo multimedia
2.1 Novas fórmulas xornalísticas
2.2 Narrativas inmersivas
2.3 Produtos innovadores nos medios
2.4 Laboratorios de innovación en alta tecnoloxía
TEMA 3. Visualización e narración baseada en datos
3.1 Os datos na visualización xornalística
3.2 Xestión da visualización (codificacións visuais)
3.3 Adecuación multimedia ao tipo de contido
3.4 A nova xeración de cibermedios visuais
TEMA 4. Formatos tecnolóxicos no xornalismo multimedia
4.1 Contexto do panorama actual
4.2 Reportaxe longform
4.3 Vídeo explicativo con gráficos
4.4 Vídeo con gráficos e realidade aumentada
4.5 Vídeo de son ambiente
4.6 Visualización móbil de datos
4.7 Xestión multimedia de redes sociais
TEMA 5. Xornalismo de alta tecnoloxía
5.1 Desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes
5.2 Da automatización á robotización
5.3 Participación da audiencia no xornalismo tecnolóxico
5.4 Modelos multimodais: expansión da tecnoloxía da IA xenerativa
TEMA 6. Tendencias e produtos multimedia do xornalismo de alta tecnoloxía
6.1 Xornalismo dron
6.2. Xornalismo inmersivo (vídeo 360º)
6.3 Xornalismo de realidade aumentada
6.4 Tecnoloxía e información blockchain
6.5 Xornalismo automatizado vs robotizado
6.6 Outras altas tecnoloxías
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nesta materia o alumnado levará a cabo o desenvolvemento de produtos audiovisuais, deseñados especificamente para plataformas. Ademais, estes contidos incluirán a aplicación de ferramentas de “alta tecnoloxía”. As clases expositivas son claves para a consecuente concepción e execución de produtos prácticos nas sesións interactivas de laboratorio. Nelas, o estudante deberá utilizar os principios básicos da visualización multimedia dende unha perspectiva de innovación tecnolóxica.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alcalde, I. (2015). Visualización de la información. De los datos al conocimiento. Editorial UOC.
Anderson, C. W. (2013). Towards a sociology of computational and algorithmic journalism. New Media and Society, 15(7), 1005-1021. https://doi.org/10.1177/1461444812465137
Caswell, D. & Dörr, K. (2018). Automated Journalism 2.0: Event-driven narratives: From simple descriptions to real stories. Journalism Practice, 12(4), 477-496. https://doi.org/10.1080/17512786.2017.1320773
Coddington, M. (2015). Clarifying journalism’s quantitative turn: A typology for evaluating data journalism, computational journalism, and computer-assisted reporting. Digital Journalism, 3(3), 331-348. https://doi.org/10.1080/21670811.2014.976400
Hendrickx, J., & Vázquez-Herrero, J. (2024). Dissecting Social Media Journalism: A Comparative Study Across Platforms, Outlets and Countries. Journalism Studies, 25(9), 1053-1075. https://doi.org/10.1080/1461670X.2024.2324318
Pérez-Seijo, S., Gutiérrez-Caneda, B. & López-García, X. (2020). Periodismo digital y alta tecnología: de la consolidación a los renovados desafíos. index.comunicación, 10(3), 129-151. https://doi.org/10.33732/ixc/10/03Period
Salaverría, R. (2019). Periodismo digital: 25 años de investigación. Artículo de revisión. Profesional de la información, 28(1), e280101. https://doi.org/10.3145/epi.2019.ene.01
Scolari, C. A. (2013). Narrativas Transmedia: Cuando todos los medios cuentan. Deusto.
Wölker, A. & Powell, T. E. (2021). Algorithms in the newsroom? News readers’ perceived credibility and selection of automated journalism. Journalism, 22(1), 86-103. https://doi.org/10.1177/1464884918757072
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Baía Reis, A. & Coelho, A. F. V. C. C. (2018). Virtual Reality and Journalism: A gateway to conceptualizing immersive journalism. Digital Journalism, 6(8), 1090-1100. https://doi.org/10.1080/21670811.2018.1502046
Carral, U. & Elías, C. (2024). Aplicación de herramientas de IA como metodología para el análisis de la toxicidad en la conversación en redes sociales: Estudio de caso de la política española en Twitter. Revista Latina de Comunicación Social, 82, 1-18. https://doi.org/10.4185/rlcs-2024-2205
Fernández-Barrero, M. A. (2018). Periodismo y drones. Retos y oportunidades del uso de drones para la narración informativa en España. Doxa Comunicación. Revista interdisciplinar de estudios de comunicación y ciencias sociales, 6, 35-58. https://doi.org/10.31921/doxacom.n26a2
López-García, X., Rodríguez-Vázquez, A.-I., & Casás, J. (2025). Lecciones aprendidas de treinta años de transformación digital en el periodismo: se necesita más planificación y menos improvisación. Infonomy, 3(1), e25001. https://doi.org/10.3145/infonomy.25.001
Pavlik, J. V. (2019). Journalism in the Age of Virtual Reality: How Experimental Media Are Transforming News. Columbia University Press.
Pérez Seijo, S. (2023). Periodismo inmersivo con vídeo 360 grados: valor, narrativa y retos de futuro. Doxa Comunicación. Revista interdisciplinar de estudios de comunicación y ciencias sociales, 37, 385-400. https://doi.org/10.31921/doxacom.n37a1841
Shin, D. & Biocca, F. (2018). Exploring immersive experience in journalism. New Media & Society, 20(18), 2800-2823. https://doi.org/10.1177/1461444817733133
Toural-Bran, C. & López-García, X. (2019). Ecosistema de cibermedios en España tipologías, iniciativas, tendencias narrativas y desafíos. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
CON.4 - Examinar o impacto das tecnoloxías no eido da comunicación e nos profesionais.
HAB.1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información xornalística.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB.4 - Aplicar métodos e técnicas de investigación, documentación, verificación e tratamento dos datos e a información xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas ou necesidades específicas no ámbito xornalístico.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto.
COM.4 - Xestionar o traballo colaborativo e liderar proxectos e equipos profesionais do ámbito do xornalismo.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no eido da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A metodoloxía abarca clases maxistrais, presentacións na aula, estudos de caso, resolución de problemas, prácticas na aula de informática e traballo tutelado. Os contidos teóricos (clases maxistrais, presentacións na aula e estudos de caso a partir de materiais dispoñibles no campus virtual USC) vincúlanse coas actividades prácticas.
Os estudantes efectuarán exercicios na aula de informática, de forma individual ou colectiva, para aplicar os coñecementos aprendidos. Ademais, contarase con sesións grupais interactivas e titorizadas.
O seguimento da materia valórase da seguinte maneira:
• Proba de coñecementos (30%).
• Actividades de avaliación continua (20%).
• Exercicios prácticos (50%).
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• A asistencia a clase é preceptiva para superar a materia e poder presentarse á proba de coñecemento. Tendo en conta o carácter experimental da materia, será necesario acudir, polo menos, ao 80% das clases interactivas, agás as causas xustificadas recollidas no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela. Antes da entrega do traballo final e a realización da proba, publicarase unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase ao principio do cuadrimestre un plan de traballo personalizado co profesor responsable. O sistema de avaliación constará de proba final (50%) e exercicios prácticos (50%).
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada algunha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase o seguimento da actualidade, xunto coa análise crítica dos formatos multimedia desenvolvidos polos medios de comunicación. O alumnado debe seguir as actividades programadas e consultar produtos audiovisuais dispoñibles no campus virtual da USC.
Algúns recursos de interese:
Associated Press (AP). Generative AI in Journalism: The Evolution of Newswork and Ethics in a Generative Information Ecosystem
http://dx.doi.org/10.13140/RG.2.2.31540.05765
Revista de Innovación en Periodismo
https://mip.umh.es/blog/
UT Austin Knight Center for Journalism in the Americas
https://knightcenter.utexas.edu/es/
Ruben Rafael Rivas De Roca Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- rubenrafael.rivasderoca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Martes | |||
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
23.01.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
23.01.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
16.06.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |