Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Aproximación conceptual e práctica ao coñecemento da estrutura do sistema mediático e da xestión da empresa informativa no contexto da súa relación coa industria cultural e creativa e os procesos de converxencia dixital
2. Análise dos modelos de negocio na comunicación dixital
3. Estudo dos tipos de empresas xornalísticas actuais
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Introdución. O contexto da empresa informativa
1.1. Economía da comunicación, estrutura do mercado da información e sistemas mediáticos
1.2. A dixitalización como punto de inflexión: da economía da atención á economía dos datos
1.3. Tendencias no mercado da comunicación e a información
Tema 2. A empresa informativa
2.1. Concepto de empresa e empresariado
2.2. Particularidades da empresa de comunicación
2.3. Tipos de empresas
2.4. A empresa e a súa contorna
2.5. Corporacións, holdings e grupos de empresas
Tema 3. O emprendemento
3.1. Da idea de negocio ao plan de empresa
3.2. Xornalismo freelance
3.3. Emprender en xornalismo
3.4. Incubadoras, viveiros e aceleradoras de empresas
Tema 4. A organización e a gobernanza da empresa informativa
4.1. Modelos de xestión e organigramas
4.2. Principais figuras no liderado da empresa informativa
4.3. A gobernanza dos medios de comunicación públicos
Tema 5. A dirección estratéxica
5.1. O concepto de estratexia
5.2. O proceso de dirección estratéxica
5.3. A orientación e os valores da empresa
5.4. Estratexias e vantaxes competitivas
5.5. A Responsabilidade Social Corporativa
Tema 6. Modelos de negocio e financiamento
6.1. O método Canvas para o desenvolvemento de modelos de negocio
6.2. A proposta de valor
6.3. Modelos de negocio dixitais
6.4. Intervención pública e fiscalidade
Tema 7. Os recursos humanos
7.1. Normativa laboral xeral e convenios colectivos
7.2. Novos perfís profesionais
7.3. Plans de igualdade
Tema 8. Novas oportunidades de negocio
8.1. Xestión de produto
8.2. Verticais
8.4. Podcasts
8.5. Newsletters
8.6. Intelixencia Artificial
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos van encamiñados á aplicación dos contidos teóricos. O principal contido práctico será o proxecto grupal no cal se deberá elaborar un plan de negocio para unha empresa de comunicación viable. O desenvolvemento deste traballo irase realizando progresivamente nas sesións interactivas. En paralelo, e de forma individual, o alumnado deberá realizar unha análise dunha empresa de comunicación da súa escolla, aplicando os contidos abordados na materia.
Nas sesións de laboratorio organizaranse tamén traballos sobre a marca persoal do/a xornalista (CV, redes sociais, entrevistas de traballo) e de análise do modelo de negocio de empresas informativas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cerezo, Pepe (2018). Los medios líquidos: la transformación de los modelos de negocio. Editorial UOC
Cerezo, Pepe (2019). Los medios ante los modelos de suscripción. Editorial UOC.
Sánchez González, María (2018). Gestión estratégica, innovación y prospectiva en comunicación: bases, técnicas y casos prácticos. Editorial UOC.
García Santamaría, J. V., & Pérez-Serrano, M. J. (2024). Grupos de Comunicación Españoles. (1st ed.). Editorial UOC.
Yuste, Bárbara & Cabrera, Marga (2014). Emprender en periodismo. Nuevas oportunidades para el profesional de la información. Editorial UOC.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Barrio Fraile, Estrella (2019). Responsabilidad social corporativa: de la noción a la gestión. Editorial UOC.
Candela, J. (2025). Curso de media management: un manual para gestionar con eficacia los medios digitales en la era de la inteligencia artificial. Ediciones Anaya Multimedia Grupo Anaya, S.A.
European Audiovisual Observatory. (2024): Yearbook. Television, cinema, video and on-demand audiovisual services - the pan European picture. European Audiovisual Observatory.
Galán Gamero, Javier & Aguado, Guadalupe (2014). Periodismo emprendedor. Planificación y desarrollo de empresas informativas. MacGraw-Hill.
García Santamaría, José Vicente (2016). Los grupos multimedia españoles: análisis y estrategias. Editorial UOC.
Küng, Lucy (2016). Strategic management in the media: Theory to practice. SAGE.
Osterwalder, Alexander & Pigneur, Yves (2011). Generación de modelos de negocio. Deusto.
Lowe, Gregory Ferrell & Brown, Charles (2016). Managing Media Firms and Industries. What's so special about media management? Springer.
Rohn, U., Rimscha, M. B., & Raats, T. (2024). De Gruyter handbook of media economics. Walter de Gruyter GmbH.
Wirtz, Bernd W. (2020). Media Management. Strategy, Business Models and Case Studies. Springer.
CON.1 – Comprender o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo
HAB.2 – Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións e propoñer solucións nos seus diferentes eidos.
HAB.6 – Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional e o exercicio do xornalismo.
COM.1 – Deseñar e poñer en marcha estratexias de comunicación para resolver problemas ou necesidades específicas no eido xornalístico.
COM.2 – Reunir, xestionar e interpretar información e datos relevantes dentro do campo do xornalismo para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.4 – Xestionar o traballo colaborativo e liderar proxectos e equipos profesionais no campo do xornalismo.
COM.5 – Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
Clase maxistral: proporcionaranse as bases teóricas necesarias para poder poñer en marcha iniciativas emprendedoras no campo da comunicación, proporcionando exemplos e casos de interese.
Nas sesións de laboratorio aplicarase unha metodoloxía que integra a aprendizaxe baseada en proxectos (a realización do plan de empresa) co design thinking, que busca xerar solucións innovadoras no marco do emprendemento empresarial en comunicación.
O sistema de avaliación da materia consiste na realización dun exame para avaliar os contidos teóricos (50%) e dunha parte práctica (50%). A ponderación de cada parte é a seguinte:
- Exame: 50%
- Práctica grupal: 30%
- Práctica individual: 20%
Para superar a materia, será necesario aprobar tanto o exame como as dúas prácticas. En caso de non superar algunha destas tres partes, gardarase a nota das partes aprobadas e na segunda convocatoria o estudantado só terá que recuperar a parte suspensa.
De acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC, a asistencia é obrigatoria para poder presentarse ao exame da materia. Será necesario asistir, como mínimo, ao 75% das sesións. Antes da realización da proba teórica, publicarase un listado co estudantado que cumpra este requisito e, polo tanto, teña dereito a realizar o exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Para o alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia, adaptarase a realización do traballo grupal, que consistirá no desenvolvemento dun plan de negocio para un proxecto de traballo autónomo ou autoemprego.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase estar ao día sobre os movementos nos mercados da comunicación, organizar ben a realización das prácticas, ter unha boa comprensión do inglés para afondar na bibliografía e manter un contacto directo co profesorado.
Marta Rodríguez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Juan Manuel Prieto Arosa
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- juanma.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
25.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
25.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
06.07.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |