Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer os entornos e manexa-las ferramentas informáticas básicas. Coñecer e usar en problemas matemáticos sinxelos un paquete de cálculo simbólico e numérico. Dominar unha linguaxe de programación estruturada. Analizar, deseñar, programar e implementar algoritmos de resolución de problemas matemáticos sinxelos en distintos campos.
A asignatura ten unha páxina web con todo o material e exames anteriores resoltos:
http://persoal.citius.usc.es/manuel.fernandez.delgado/informatica
Clases expositivas (14 horas clase, 30 horas traballo do alumnado)
Tema 1. Programación estructurada en Fortran (17 horas traballo do alumnado)
a. Estrutura básica dun programa. Entrada e saída estándar
b. Metodoloxía da programación
c. Tipos de datos elementais
d. Expresións aritméticas. Sentenzas de asignación
e. Operadores relacionais e lóxicos
f. Sentenzas de selección
g. Sentenzas de iteración
h. Subprogramas
i. Formatos. Entrada e saída a arquivos
j. Temas avanzados en Fortran
Tema 2. Cálculo numérico con Matlab (13 horas traballo alumnado)
a. Introdución: variábeis, entrada e saída básica
b. Programas en Matlab
c. Sentenzas de selección e iteración
d. Funcións
e. Arquivos
f. Vectorización de expresións
g. Celdas e cadeas de caracteres
Clases interactivas de laboratorio (62 horas traballo alumnado)
Tema 1. Cálculo simbólico con Maple (9 horas clase, 16 horas traballo alumnado)
a. Introducción: números e variábeis, representación gráfica básica
b. Vectores e matrices
c. Límites e derivación
d. Integración definida e indefinida
e. Series de Taylor e numéricas
f. Representación gráfica en 2D e 3D
g. Resolución simbólica e numérica de ecuacións e sistemas de ecuacións
h. Manipulación de polinomios e funcións racionais
i. Simplificación e expansión de expresións
Tema 2. Programación estruturada en Fortran (26 horas traballo alumnado)
a. Programas básicos en Fortran
b. Estruturas de selección e iteración: operacións con vectores e matrices, cálculo numérico de límites, derivadas, integrais definidas e indefinidas, representación gráfica
c. Subprogramas e uso de librarías: determinante e inversa dunha matriz, resolución numérica de ecuacións non lineais
d. Lectura e escritura en arquivos de texto
Tema 3. Cálculo numérico con Matlab (20 horas traballo alumnado)
a. Comandos para a manipulación de vectores e matrices
b. Programación aplicada ao cálculo numérico.
c. Comandos de cálculo numérico e simbólico: resolución de sistemas de ecuacións non lineais; límites; derivación; integración definida e indefinida; series infinitas; simplificación e expansión de expresións; polinomios.
d. Representación gráfica de funcións e datos en 2-D. Representación 3-D de curvas e superficies
Bibliografía básica:
Maple:
* HECK, A. Introduction to Maple. Springer, 2003. ISBN 0-387-00230-8
Fortran:
* MARTÍNEZ BAENA, J. y otros. Programación estructurada con Fortran 90/95. Editorial Universidad de Granada, 2006. ISBN 84-338-3923-3
Matlab:
* QUARTERONI, A. y SALERI, F. Cálculo científico con Matlab y Octave. Springer, 2006. ISBN 88-470-0503-5
Bibliografía complementaria:
Maple:
* ADAMS, P. Introduction to mathematics with Maple. World Scientific, 2004. ISBN 981-238-931-8
* GANDER, W. Solving problems in scientific computing using Maple and Matlab. Springer, 2004. ISBN 3-540-21127-6
* Online: http://www.dmdelrio.es/Maple/MAPLE1.html
Fortran:
* METCALF, M. FORTRAN 95/2003 explained. Oxford University Press, 2004. ISBN 0-19-852693-8
* VENTURA SOTO, S. y otros. Curso básico de FORTRAN 90. Ed. Universidad de Córdoba, 2000. [3C60-84] (Biblioteca Física). ISBN 84-7959-338-5
* Online: https://www.famaf.unc.edu.ar/~vmarconi/numerico1/FortranTutorial.pdf
Matlab:
* GILAT, A. Matlab®: Una introducción con ejemplos prácticos. Editorial Reverté, 2006. ISBN 84-291-5035-8
* MOORE, H. MATLAB para ingenieros. Pearson Prentice Hall, 2007. ISBN 9789702610823
* PÉREZ LOPEZ, C. Matlab y sus aplicaciones en las ciencias y la ingeniería. Prentice-Hall, 2007. ISBN 84-205-3537-0
* Online: https://personal.us.es/pmr/images/pdfs/manual-octave.pdf
Mulleres na Informática:
* Conferencia: Ada Lovelace e as pioneiras informáticas
* Blog Mujeres con ciencia.
Esta asignatura traballa as seguintes competencias da memoria de grao:
CE8: Planificar e executar algoritmos e métodos matemáticos para resolver problemas no ámbito académico, técnico, financeiro ou social.
CE9: Utilizar aplicacións informáticas de análise estatística, cálculo numérico e simbólico, visualización gráfica, optimización e software científico, en xeral, para experimentar en Matemáticas e resolver problemas
Sen docencia.
Avaliación sen docencia. Durante os cursos 2025-2026 e 2026-2027 a asignatura terá avaliación pero non docencia. Esta avaliación, nas convocatorias de xaneiro e xuño, realizarase exclusivamente mediante un exame final no ordenador, coas mesmas características que o exame final de sempre e tres partes: Maple, Fortran e Matlab. Non haberá, polo tanto, exames nin nota de avaliación continua.
Na oportunidade ordinaria (xaneiro) realizarase un exame final con exercicios de programación para resolver problemas matemáticos nas linguaxes Fortran e Matlab, así como comandos de Maple e Matlab para optimización, visualización gráfica e resolución de problemas científicos de cálculo numérico e simbólico. Polo tanto, estes exames permiten avaliar as competencias CE8 e CE9. A cualificación de "non presentado" obterase cando a alumna ou o alumno non se presente ao exame final da convocatoria correspondente. Estes mesmos criterios de avaliación empregaranse para o alumnado repetidor.
En caso de realización fraudulenta de exames aplicarase a "Normativa de evaluación del rendimiento académico de l@s estudiant@s y de revisión de cualificaciones".
Tempo de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Estudio autónomo individual ou en grupo 32h
Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos 10h
Programación/experimentación e outros traballos en ordenador / laboratorio 50h
Total horas traballo persoal do alumnado 90h
A partir desta táboa, podemos estimar en 6 o número de horas de traballo semanal, distribuidas en: 2 horas de estudo do material da asignatura, 1 hora para a realización de exercicios e 3 horas a realización de traballo de programación (Fortran, Matlab) e execución de comandos (Maple, Matlab) no ordenador. O número total de horas de traballo do estudantado é de 92 no cuadrimestre. A seguinte táboa mostra a distribución de horas de clase, traballo do alumnado e créditos ECTS para cada tema da materia:
Maple
Horas estudo do alumnado 16 (interactivas)
Créditos ECTS 1.2
Fortran
Horas estudo do alumnado 17 (expositivas) + 26 (interactivas)
Créditos ECTS 2.6
Matlab
Horas estudo do alumnado 13 (expositivas) + 20 (interactivas)
Créditos ECTS 2.2
Escritura exercicios
Horas estudo do alumnado 10
Créditos ECTS 0.4
Total
Horas clases expositivas 14
Horas clases interactivas de laboratorio 42
Horas titorías en grupo moi reducido 2
Horas estudo do alumnado 92
Créditos ECTS 6.0
* Realización de traballo práctico adicional no ordenador, ben na aula de Informática da Facultade de Matemáticas, ben no ordenador persoal, se é o caso.
* Realización dos exercicios propostos e resoltos na páxina web da materia
A materia impartirase en língua galega.
Empregarase o Campus Virtual da USC:
http://www.usc.es/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html
Manuel Fernandez Delgado
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816458
- Correo electrónico
- manuel.fernandez.delgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eva Cernadas García
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816459
- Correo electrónico
- eva.cernadas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
13.01.2026 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula de informática 2 |
13.01.2026 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula de informática 2 |
25.06.2026 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula de informática 2 |