Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 14 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer os conceptos, terminoloxía e metodoloxía básicos da Enxeñaría Xenética.
• Comprender as diferentes aplicacións da Enxeñaría Xenética en eidos como a Biomediciña e a Biotecnoloxía.
• Manexar a bibliografía especializada e expoñer traballos relacionados coa Enxeñaría Xenética.
As actividades presenciais da materia inclúen clases expositivas (26h), seminarios interactivos (6h), prácticas de laboratorio (8h), titorías de aula (2h) e un exame final.
As actividades presenciais da materia inclúen clases expositivas (26h), seminarios interactivos (6h), prácticas de laboratorio (8h), titorías de aula (2h) e un exame final.
• CLASES EXPOSITIVAS
TEMA 1. INTRODUCIÓN Á ENXEÑARÍA XENÉTICA E BIOTECNOLOXÍA. (1h)
TEMA 2. ENZIMOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE. PURIFICACIÓN E ANÁLISE DE ÁCIDOS NUCLEICOS. (4h)
TEMA 3. HIBRIDACIÓN DE ÁCIDOS NUCLEICOS. (2h)
TEMA 4. A PCR. (2h)
TEMA 5. CLONACIÓN DE DNA EN E. coli. (4h)
TEMA 6. XENOTECAS E MICROARRAYS. (1h)
TEMA 7. SECUENCIACIÓN DO DNA. (2h)
TEMA 8. MUTAXÉNESE DIRIXIDA E ENXEÑARÍA DE PROTEÍNAS. (2h)
TEMA 9. EXPRESIÓN DE PROTEÍNAS RECOMBINANTES EN E. coli. (2h)
TEMA 10. ENXEÑARÍA XENÉTICA EN LÉVEDOS. (1h)
TEMA 11. CONTROL DA EXPRESIÓN XÉNICA E EDICIÓN XÉNICA (3h)
TEMA 12. ENXEÑARÍA XENÉTICA EN ANIMAIS E PRANTAS. APLICACIÓNS (2h)
• SEMINARIOS
Seminarios 1 e 2. Cálculos básicos e problemas sobre manipulacións de ácidos nucleicos. (2h)
Seminarios 3 e 4. Deseño de cebadores de PCR e problemas sobre PCR. (2h)
Seminarios 5 e 6. Simulacións de clonaxe e mutaxénese dirixida empregando software específico. (2h)
• PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Nas prácticas de laboratorio realizarase un proxecto de clonaxe dun promotor nun plásmido portador dun xene informador.
PRÁCTICA 1. Preparación dos fragmentos de ADN para o vector e inserto (3h).
PRÁCTICA 2. Ligación entre vector e inserto e transformación bacteriana (2,5h).
PRÁCTICA 3. Purificación de plásmidos a partir de cultivos de bacterias transformadas e análise mediante encimas de restrición. Análise de resultados (2,5h).
• TITORÍAS
As titorías de aula empregarase especificamente para a resolución de dúbidas relacionadas cos distintos contidos da materia. (1h)
• EXAME
O exame conterá distintos tipos de preguntas relacionadas con calquera das actividades realizadas durante o transcurso da materia. (3h)
-Brown, T.A., 2016. Gene cloning and DNA analysis: An Introduction. 7th ed. Chichester: Wiley-Blackwell. (Dispoñible en Biblioteca Bioloxía)
- Nicholl, D.S.T. 2023. An introduction to Genetic Engineering, 4th edition. Cambridge University Press. (Dispoñible en Biblioteca Intercentros)
-Real García, M.D., Rausell Segarra, C. y Latorre Castillo, A., 2017. Técnicas de ingeniería genética. Madrid: Síntesis. (Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-9675)
Bibliografía complementaria
-Clark, D.P, 2019. Molecular Biology. [en liña] 3rd ed. Amsterdam: Elsevier. (Dispoñible en Biblioteca Bioloxía)
-Clark, D.P. and Pazdernik, N.J., 2016. Biotechnology. [en liña] 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press. (Dispoñible en Biblioteca Bioloxía)
-Glick, B.R. and Patten, C.L., 2017. Molecular biotechnology: principies and applications of recombinant DNA. 5th ed. Washington DC: ASM Press. (Dispoñible en Biblioteca Bioloxía)
-Green, M.R. and Sambrook, J., 2012. Molecular cloning: a laboratory manual. 4th ed. 3 v. Cold Spring Harbor: Cold Spring Harbor Laboratory Press. (Dispoñible en Biblioteca Bioloxía)
-Renneberg, R., Berkling, V., and Loroch, V., 2016. Biotechnology for beginners [en liña]. Amsterdam: Elsevier. Dispoñible en: https://www-sciencedirect- com.ezbusc.usc.gal/book/9780128012246/biotechnology-for-beginners
Outros recursos
http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
http://www.ncbi.nlm.nih.gov/guide/. The National Center for Biotechnology Information, (NCBI) fonte principal de bases de datos (nucleótidos, xenes e xenomas) e ferramentas bioinformáticas.
https://www.jove.com/science-education-library. Vídeos educativos sobre diferentes técnicas de bioloxía molecular e enzeñaría xenética.
Recursos electrónicos da BUSC: Cell, Nature, Science, Sciencedirect, etc.
• Coñecementos/contidos: Con01, Con06, Con09.
• Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D07, H/D08, H/D09, H/D10, H/D11.
• Competencias: Com01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06, Comp07
No apartado CONTIDOS DA MATERIA indícanse as duracións aproximadas das diferentes actividades presenciais do alumnado na aula ou no laboratorio.
As clases expositivas terán un formato de clases maxistrais presentadas polo/a profesor/a responsable, non sendo de asistencia obrigatoria para o alumnado, e cunha duración aproximada de 50 minutos. Empregarase, ademais do encerado, presentacións audiovisuais que estarán dispoñibles no curso virtual da materia, para facilitar o seguimento dos contidos. Nas clases, o alumnado pode interromper as explicacións do profesor/a con cuestións ou dúbidas; así mesmo, o/a profesor/a poderá facer preguntas, solicitar a participación do alumnado na discusión e presentación dos contidos, e requirir a procura de información para a súa entrega na seguinte clase. As clases teóricas requirirán un seguimento e dedicación diarios (na aula e fóra dela), xa que o/a profesor/a presentará os aspectos básicos da materia que deberán ser afondados mediante o manexo da bibliografía e o estudo. Traballaranse, en xeral, todas as competencias e obxectivos específicos da materia, mediante a interrelación dos contidos e conceptos, e a familiarización e manexo das principais fontes bibliográficas no campo da Enxeñaría Xenética e a Biotecnoloxía, que permitan ao/á alumno/a un seguimento e afondamento na información recibida na aula.
Os seminarios constarán de seis sesións duns 60 minutos de duración aproximada, nos que se realizarán tarefas teórico-prácticas relacionadas cos contidos da materia, incluíndo problemas e cuestionarios, algúns dos cales serán entregados ao/á profesor/a responsable para a súa avaliación. A asistencia aos seminarios non é obrigatoria.
As prácticas de laboratorio constarán de tres sesións obrigatorias (agás para os/as repetidores/as que xa as teñan superado) no laboratorio. As prácticas son de asistencia obrigatoria ao 100% (tomarase un listado de sinaturas). Consistirán na realización (e revisión dos contidos achegados polo profesorado no Campus Virtual) dalgunhas das técnicas básicas en Enxeñaría Xenética e servirán para reforzar e ver a aplicación real dos contidos tratados na teoría. O alumnado deberá realizar memorias ou cuestionarios relacionados coas prácticas, que serán cualificados polo/a profesor/a responsable como parte da avaliación continua.
As titorías non teñen carácter obrigatorio e empregaranse para a resolución de dúbidas relacionadas co resto dos contidos da materia.
A avaliación constará de dúas partes: avaliación continua e proba final:
Avaliación continua (30% da cualificación final), que á súa vez componse de:
• Seminarios (20% da cualificación final). ACTIVIDADE NON OBRIGATORIA AVALIABLE. A avaliación basearase nos exercicios/traballos presentados ao/á profesor/a ou realizados nos seminarios. Realizaranse, como mínimo, tres tarefas avaliables ao longo dos 6 seminarios.
• Prácticas de laboratorio (10% da cualificación final). ACTIVIDADE OBRIGATORIA AVALIABLE. A asistencia ao 100% das prácticas será requirida para obter unha cualificación de APTO, necesaria para superar a materia. Para a avaliación, puntuarase a memoria final e/ou cuestións sobre os protocolos explicados. As ausencias non xustificadas ou a non entrega das tarefas avaliables suporán unha cualificación de NON APTO. O alumnado deberá obter unha cualificación superior a 4 nas prácticas para superar a materia. O control de asistencia ás prácticas realizarase mediante sinatura.
Proba final (70% da cualificación final).
ACTIVIDADE OBRIGATORIA AVALIABLE COMPLEMENTARIA Á AVALIACIÓN CONTINUA. Levarase a cabo de forma presencial e consistirá nun exame con preguntas tipo test, cuestións e exercicios relacionados cos contidos teórico-prácticos da materia. A cualificación será a obtida ponderando a nota da proba final (é necesario acadar unha nota mínima de 4 sobre 10 para facer a ponderación) coa da avaliación continua. Se non se alcanza a nota mínima na proba final (4), a cualificación final na materia será exclusivamente a nota ponderada do exame.
O alumnado que non supere a materia na oportunidade ordinaria poderá presentarse á proba final na oportunidade de recuperación (2ª oportunidade). A nota da avaliación continua manterase para a oportunidade de recuperación. Aquel alumnado que suspenda as prácticas deberá realizar un exame específico de recuperación.
Ao alumnado que suspenda a materia, pero teña aprobadas as prácticas de laboratorio, manteráselle esa nota durante o curso seguinte. O alumnado repetidor terá o mesmo réxime de asistencia ás clases interactivas (agás as prácticas) e o mesmo sistema de avaliación ca o matriculado por primeira vez.
No caso de estudantes con concesión de dispensa ás actividades presenciais, valorarase de forma individual un sistema de avaliación alternativa.
Avaliación dos resultados da aprendizaxe:
• Exame: Con01, Con06, Con09, H/D01, H/D03, H/D07, H/D08, H/D11, Comp01, Comp02, Comp06
• Traballos/exercicios dos seminarios: Con01, Con06, Con09, H/D01, H/D04, H/D07, H/D08, H/D09, H/D010, H/D11, Comp03, Comp06
• Prácticas: H/D02, H/D010, H/D11, Comp04, Comp05, Comp07
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (Total: 43h)
Clases maxistrais: 26h
Prácticas de laboratorio: 8h
Seminarios: 6h
Titorías en grupos reducidos: 1h
Realización de exames: 2h
TRABALLO PERSOAL DO/A ESTUDANTE (Total: 69.5h)
Estudo individual: 49h
Elaboración das memorias de prácticas e cuestionarios teórico/prácticos: 7h
Elaboración de traballos en grupo: 13.5h
A recomendación máis importante é a asistencia, o aproveitamento das clases e a realización das tarefas propostas. Levar ao día a materia, reflexionar sobre os conceptos explicados e intentar afondar neles contribuirán a dominar a materia.
Nas probas escritas é importante ler atentamente as preguntas, interpretar a lóxica dos resultados ou as respostas, empregar unha linguaxe precisa e rigorosa, e repasar as respostas.
Aínda que non son de realización obrigatoria, é moi recomendable asistir e preparar ben os seminarios, cumprimentando aquelas probas evaluables que representen. Non só supoñen unha parte importante da avaliación final, senón que tamén permiten repasar a materia das expositivas, e os seus contidos tamén son materia de exame.
Lembrar facer uso das titorías e contactar co profesorado para resolver cantas dúbidas e problemas xurdan no estudo da materia e facer seguimento da aprendizaxe.
Para o óptimo aproveitamento desta materia, é importante ter unha boa base en asignaturas como Bioquímica I, Bioloxía Molecular, Xenética I e II.
Haberá unha aula virtual activa da asignatura a través do Campus Virtual da USC, que ademais de para consultar os contidos da materia. Para contactar co profesorado responsable, debedes empregar o correo electrónico institucional, a plataforma MS-Teams, ou mensaxes a través do foro do Campus Virtual.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías
A USC conta cunha normativa específica e procedementos para o tratamento de casos de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías durante a avaliación. Os casos de copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos para consultar información non autorizada ou outras formas de fraude académica serán sancionados conforme á normativa vixente.
Miguel González Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815386
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
03.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
03.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
09.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |