Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán (16.48%), Galego (83.52%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Desenvolvimento da capacidade de elaborar hipóteses xenéticas sinxelas.
• Deducción dos diferentes xeitos de herdanza dos genes.
• Introducción ao conhecimento da dinámica dos genes nas povoacións naturales.
• Conhecimento básico da función génica.
• Resolución de casos prácticos.
• Adquisición de destrezas na procura e emprego da información científica.
Programa de clases expositivas (36 h)
Clases maxistrais presenciais onde se desenvolverán os diferentes temas do programa da materia.
As clases impartiranse de xeito presencial na aula, agrupadas nos temas:
TEMA 1: HISTORIA: IDENTIFICACIÓN DO MATERIAL DA HERDANZA (2 h)
TEMA 2: COMPOSICIÓN, ESTRUCTURA E PROPIEDADES DOS ÁCIDOS NUCLEICOS (2 h)
TEMA 3: ORGANIZACIÓN DO ADN NAS CELULAS (2 h)
TEMA 4: REPLICACIÓN DO ADN (5 h)
TEMA 5: TRANSCRIPCIÓN E MADURACIÓN DO ARN (5 h)
TEMA 6: O CÓDIGO XENÉTICO (1 h)
TEMA 7: CICLO CELULAR (2 h)
TEMA 8: HERDANZA DE CARACTERES SINXELOS (4 h)
TEMA 9: DETERMINACION DO SEXO E LIGAMENTO AO SEXO (2 h)
TEMA 10: LIGAMENTO E RECOMBINACIÓN (4 h)
TEMA 11: HERDANZA EXTRANUCLEAR (2 h)
TEMA 12: HERDANZA DE CARACTERES COMPLEXOS (5 h)
Prácticas de laboratorio (5 h)
Realizaranse dous sesións de prácticas presenciais: A primeira consistirá no análise da herdanza de caracteres morfolóxicos no millo e a segunda no deseño e realización de sucesivos cruzamientos virtuais nunha povoación de animais para determinar o xeito de herdanza dunha serie de caracteres.
Práctica 1: Análise da herdanza de caracteres morfolóxicos no millo (2,5 h)
Práctica 2: Planificación de cruzamentos de animais virtuais e interpretación dos seus resultados (2,5 h)
Programa de seminarios (12 h)
Consistirán na resolución de problemas e cuestións relacioadas cos contidos das clases expositivas:
SEMINARIO 1: IDENTIFICACIÓN DO MATERIAL HEREDITARIO (1 h)
SEMINARIO 2: PROPIEDADES DOS ÁCIDOS NUCLEICOS E ORGANIZACIÓN DO ADN NA CELULA (1 h)
SEMINARIO 3: REPLICACIÓN DO ADN (1 h)
SEMINARIO 4: TRANSCRIPCIÓN DO ADN (1 h)
SEMINARIO 5: CICLO CELULAR E CÓDIGO XENÉTICO (1 h)
SEMINARIO 6: HERDANZA DE CARACTERES SINXELOS (1 h)
SEMINARIO 7: HERDANZA DE CARACTERES SINXELOS(1 h)
SEMINARIO 8: DETERMINACION DO SEXO E LIGAMENTO AO SEXO (1 h)
SEMINARIO 9: LIGAMENTO E RECOMBINACIÓN (1 h)
SEMINARIO 10: HERDANZA EXTRANUCLEAR ( (1 h)
SEMINARIO 11: HERDANZA DE CARACTERES COMPLEXOS (1 h)
SEMINARIO 12: HERDANZA DE CARACTERES COMPLEXOS (1 h)
Programa de titorías (1 h)
Presentación da materia.
Exame (3 h)
Exame final escrito.
Todos os contidos desenvolveranse de xeito presencial.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
• Benito, C. y Espino, F.J. (eds.) (2013) Genética: conceptos esenciales. Madrid: Editorial Médica Panamericana. Disponible en: https://mieureka-medicapanamericana-com.ezbusc.usc.gal/viewer/genetica-… [Consultado: 07-05-2026]
• Klug, W.S., et al. (2013) Conceptos de genética. 10ª ed. Madrid: Pearson Educación. Disponible en: https://www-ingebook-com.ezbusc.usc.gal/ib/NPcd/IB_BooksVis?cod_primari… [Consultado: 07-05-2026]
• Pierce, B.A. (2015) Genética: un enfoque conceptual. 5ª ed. Madrid: Médica Panamericana. Disponible en: https://mieureka-medicapanamericana-com.ezbusc.usc.gal/viewer/genetica/… [Consultado: 07-05-2026]
• Pierce, B.A. (2020) Genetics: a conceptual approach. 7ª ed. New York: Freeman and Company
O acceso aos manuais electrónicos realizarase a través dos recursos electrónicos reBUSCa da USC da Biblioteca Universitaria.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Os textos de Xenética recomendados na Bibliografía Básica inclúen preguntas e problemas en cada un dos seus capítulos. Abaixo amósase unha lista dalgúns libros específicos, con coleccións de exercicios e problemas de Xenética resoltos:
• Benito Jiménez, C., 2002. 360 problemas de genética: resueltos paso a paso. Madrid: Síntesis.
• Ménsua, J.L. (2003) Genética: problemas y ejercicios resueltos. Madrid: Pearson Education. Disponible en: https://www-ingebook-com.ezbusc.usc.gal/ib/NPcd/IB_Escritorio_Visualiza… [Consultado: 08-05-2026]
• Elrod, S., Stansfield, W., 2010. Schaum's Outline of Genetics, Fifth Edition. New York. McGraw-Hill.
• Benito Jiménez, C., 2015, 141 problemas de genética: resueltos paso a paso. Madrid: Síntesis.
• Llobat, L. (2021) Problemas de genética resueltos: desde Mendel hasta la genética cuantitativa. Madrid: Pirámide.
Coñecementos/contidos: Con03, Con01, Con02, Con05, Con06, Con07
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D06, H/D09, H/D13.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05.
• Clases expositivas
Clases maxistrais presenciais onde se desenvolverán os diferentes temas do programa da materia, empregando como material de apoio presentacións en Power Point e a lousa. Adicaranse a esta actividade 3 sesións por semana, complementadas cunha sesión de seminarios. Actividade non obrigatoria avaliabel no exame e na avaliación continua.
• Práctica
Prácticas de Laboratorio. Haberá dúas sesións. A primeira consistirá no análise da herdanza de caracteres morfolóxicos no millo e a segunda no deseño e realización de sucesivos cruzamientos virtuais nunha povoación de animais para determinar o xeito de herdanza dunha serie de caracteres. Os estudantes elaborarán memorias de prácticas non obrigatorias nas que deberán rexistrar a actividade realizada, así como respostar a preguntas prantexadas por o/a profesor/a. Actividade non obrigatoria avaliabel mediante memorias de prácticas.
• Seminarios
Resolución de problemas. Prantexaranse e resolveranse problemas relacioados cos contidos das clases expositivas. Daráselle pulo de xeito especial a participación do alumnado. Docencia presencial na aula. Actividade non obrigatoria avaliabel no exame e na avaliación continua.
Titoría
Fornecerase información polo miudo encol da programación da materia (obxectivos, programa de clases, seminarios, prácticas, sistema de avaliación, etc.) e o desenvolvemento da sua docencia. Asistenza non obrigatoria non avaliabel.
Exame
Exame escrito sobre todos os contidos desenvolvidos nas clases expositivas e seminarios. Actividade obrigatoria avaliabel.
Titorías de despacho
As profesoras/es estarán accesibeis de xeito directo a través do seu enderezo de correo electrónico. Seguindo as normas da USC, os alumnos deben empregar a conta de correo da USC. As/os alumnas/os poderán concertar cos profesores titorías de despacho presenciais ou online ao longo de todo o curso para tratar dúbidas relacioadas cos contidos das clases. Non se vai repetir a exposición de contidos feitas nas clases. Actividade non obrigatoria non avaliabel..
Campus Virtual
Manterase a disposición do alumnado ao longo de todo o curso.
A cualificación final será unha media ponderada das obtidas nas diferentes actividades do curso: exame (70%), cuestionarios de avaliación continua (20%) e prácticas (10%). As cualificacións obtidas na avaliación continua e prácticas serán consideradas no cálculo dise promedio só se se obtén unha cualificación mínima de 5,0 (escala de 0 a 10) no exame. Aqueles estudantes que no superasen a primeira oportunidade de avaliación do curso van ter que facer un novo exame, que empregarase para obter unha segunda avaliación da materia, na que se conservarán, coas mesmas restriccións que na primeira avaliación, as cualificacións obtidas na avaliación continua e mais as prácticas.
No caso de concesión de dispensa de asistenza a clase, a avaliación obtida no exame substituirá as correspondentes as actividades docentes afectadas pola dispensa (Avaliación continua en clases expositivas e seminarios, ou prácticas).
Proba Final
Exame escrito presencial, obrigatorio e complementario á avaliación continua: os alumnos responderán a preguntas relacioadas cos contidos das clases expositivas e seminarios. Estas preguntas poderán ser de tipo "Estudo de casos", "Tipo test" e "Resolución de problemas". Tres horas de duración. Farase un exame en cada unha das dúas oportunidades.
Cuestionarios de avaliación continua
Non obrigatorios. As/os alumnas/os resolverán de xeito periódico cuestionarios que se lles poderán presentar tanto en clases expositivas (presenciais, síncronos) como online (asíncronos, mediante Doodle ou Microsoft Forms), e que serán empregados para a avaliación do seu aprendizaxe dos contidos e competenzas correspondentes as clases expositivas e seminarios. Esta avaliación empregarase nas dúas oportunidades.
Prácticas
Puntuaranse as memorias de cada unha das dúas sesións de prácticas ata cun máximo do 5% (10% para o conxunto das dúas sesións) da nota final da materia. Istas memorias non son obrigatorias.
Avaliación de resultados da aprendizaxe:
Seguirase o esquema:
- Exame: Com01, Comp03, Comp05, Con03, Con01, Con02, Con05, Con06, Con07, H/D01, H/D02, H/D03, H/D04.
- Cuestionarios de avaliación continua: Com01, Comp02, Comp03,, Comp05, Con01, Con02, Con05, Con06, Con07, H/D01, H/D02, H/D06, H/D09, H/D013.
- Prácticas: Com01, Comp03, Comp04, , Comp05, Con01, HD01, H/D02.
Estudantes repetidores
As/os alumnas/os repetidores da Xenética I do actual plano de estudos do Grao de Bioloxía van manter se o desexan a cualificación obtida nas prácticas dos dous cursos anteriores. As/os alumnas/os repetidoras/es deberán someterse á avaliación continua e facer o exame do curso actual.
HORAS PRESENCIAIS (56 H):
36 horas de clases maxistrais
5 horas de prácticas de laboratorio
12 horas de seminarios
1 hora de titoría en grupo
3 horas de realización do exame
HORAS NON PRESENCIAIS (93 H):
60 horas de estudo individual
28 horas de resolución de problemas e outros traballos
5 horas de revisión bibliográfica
VOLUME TOTAL DE TRABALLO:
57 h presenciais e 93 h non presenciais= 150 h totais.
Asistenza regular ás clases teóricas, prácticas e seminarios de problemas.
Utilización das tItorías de despacho ou, no seu caso, telemáticas (MS-teams).
Utilización da bibliografía recomendada.
Estudo continuo e baseado na comprensión dos conceptos.
Participación na clase.
NA DOCENCIA DA MATERIA CONTARASE CON QUE O ALUMNADO ADQUIRIU OS CONHECIMENTOS E COMPETENZAS QUE FIGURABAN NAS GUIAS DOCENTES DO CURSO ANTERIOR
VAISE TER OPERATIVA UNHA AULA VIRTUAL NO CAMPUS VIRTUAL DA USC, E MANTERANSE CANLES DE COMUNICAZÓN DIRECTA CO ALUMNADO MEDIANTE CORREO ELECTRÓNICO, MS-teams E TITORÍAS NON OBRIGATORIAS.
AGARDARASE UN USO RESPONSABEL DA INTELIXENZA ARTIFICIAL POR PARTE DO ALUMNADO.
PARA OS CASOS DE REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS SERÁ DE APLICACIÓN A NORMATIVA DE AVALIACIÓN DO RENDIMENTO ACADÉMICO DAS/OS ESTUDANTES E DE REVISIÓN DE CALIFICACIÓNS.
NON SE VAN REALIZAR EXAMES PARCIAIS DA MATERIA NEN EXAMES EN DATAS ALTERNATIVAS ÁS DAS CONVOCATORIAS OFICIAIS.
NON SE VAN ADMITIR ALUMNOS/AS EN GRUPOS QUE NON LLES CORRESPONDAN, AGÁS AQUELES AOS QUE SE LLE CONCEDERA A MUDANZA DE GRUPO. ASEMADE, NON SE VAN ADMITIR MUDANZAS NOS GRUPOS DE PRÁCTICAS, AGÁS INTERCAMBIO CUNHA/UN ALUMNA/O DOUTRO GRUPO. ESAS MUDANZAS SERÁN COMUNICADAS PREVIAMENTE POR CORREO ELECTRÓNICO AO PROFESOR RESPONSABEL DA ACTIVIDADE, QUEN PODERÁ DAR O SEU CONSENTIMENTO.
FICA TERMINANTEMENTE PROHIBIDA A GRABACIÓN DAS CLASES E MAIS A DISTRIBUCIÓN DE CALQUERA MATERIAL DOCENTE DISPONIBEL NO CAMPUS VIRTUAL E POR CALQUERA MEDIO (POR EXEMPLO, PÁXINAS WEB) A PERSOAS ALLEAS AO CURSO SEN O CONSENTIMENTO DO PROFESORADO.
Ana Maria Viñas Diaz
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881816918
- Correo electrónico
- anamaria.vinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Garcia Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881816903
- Correo electrónico
- carlos.garcia.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Leyre Aramburu Gonzalez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- leyre.aramburu.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| Martes | ||
| 11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula 03. Carl Linneo |
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| Xoves | ||
| 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| 11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 11.01.2027 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
| 11.01.2027 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
| 11.01.2027 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| 17.06.2027 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
| 17.06.2027 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARAMBURU GONZALEZ, LEYRE | Castelán |
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARAMBURU GONZALEZ, LEYRE | Castelán |
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARAMBURU GONZALEZ, LEYRE | Castelán |
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARAMBURU GONZALEZ, LEYRE | Castelán |
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIÑAS DIAZ, ANA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VIÑAS DIAZ, ANA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA SUAREZ, CARLOS | Galego |