Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 13 Clase Interactiva: 26 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e saber aplicar as ferramentas básicas de análise cuantitativa da variación espazo-temporal da diversidade biolóxica co obxectivo final de poder determinar cales son os procesos responsables desta variación.
- Coñecer a sintaxe básica da linguaxe de programación estatística (ex. R) necesaria no eido dos estudos da biodiversidade.
- Saber aplicar métodos estatísticos básicos de uso frecuente no eido da bioloxía ambiental.
1. Nocións básicas de programación en R para a análise da diversidade biolóxica (2h expositivas/4h seminario)
2. Fundamentos de deseño experimental e estatística aplicada (1h/2h)
3. Modelos lineais aplicados a estudos experimentais de diversidade biolóxica: ANOVA e ANCOVA (2h/4h)
4. Deseño de mostraxe e estimación da riqueza (1h/2h)*
5. Modelos lineais aplicados a estudos observacionais de diversidade biolóxica: Modelos de regresión (3h/6h)
6. Métodos multivariantes aplicados ao estudo dos padróns de diversidade (3h/6h)
7. Cuantificación e análise das distribucións de especies, a diversidade funcional e a diversidade filoxenética (1h/2h)
Titoría (1h): Aclaración de dúbidas sobre diferentes aspectos da análise estatística no eido dos estudos de biodiversidade
*Se existe dispoñibilidade orzamentaria, complementarase cunha práctica de campo de carácter voluntario.
Borcard D, Gillet F, Legendre P (2018). Numerical Ecology with R. Springer, 452 pp.
Cayuela L, De la Cruz M (2022). Análisis de datos ecológicos en R. Mundi-Prensa, Ediciones Paraninfo, 336 pp.
Crawley MJ (2014) Statistics: An Introduction with R. Wiley, 345 pp.
Crawley MJ (2022) The R Book. Wiley, 880 pp.
Magurran AE (2004) Measuring biological diversity. Blackwell Publishing, Massachusets, 256 pp.
Magurran AE, McGill B (2011) Biological diversity. Oxford University Press, Oxford, 345 pp.
Paradis E (2011) Analysis of Phylogenetics and Evolution with R. Springer, 400 pp
Quinn GP, Keough MJ (2023). Experimental Design and Data Analysis for Biologist. 2nd edition. Cambridge University Press, 412 pp
Ruxton GD, Colegrave N (2017). Experimental design for the life sciences. Oxford University Press, 224 pp
Swenson NG (2014) Functional and Phylogenetic Ecology with R. Springer, 224 pp.
Bibliografía complementaria:
Rowntree D. (2018). Statistics without Tears: An Introduction for Non-Mathematicians. Penguin, 208 pp
Coñecementos: Con01, Con10
Habilidades: H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D07, H/D08, H/D09
Competencias: Com01, Comp02, Comp03, Comp05, Comp08
Clases expositivas: o formato de clase maxistral combinarase co formato de aula invertida, dependendo do contido a tratar na sesión. Nas clases maxistrais, a profesora exporá de forma oral conceptos e/ou procedementos, achegando a información básica necesaria para comprender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico e favorecendo a participación do alumnado. Na aula invertida, a profesora achegará material a través do campus virtual, que será a base do estudo para o alumnado e a sesión presencial servirá para resolver dúbidas e para debater ideas e conceptos. A asistencia é obrigatoria ao 51% das aulas.
Clases seminario interactiva: O seu obxectivo será que o alumnado utilice ferramentas informáticas para a análise e interpretación de datos da diversidade biolóxica, seguindo as instrucións e orientacións que lle proporcione a profesora. Algunhas das sesións estruturaranse no contexto da aprendizaxe por resolución de problemas. Tamén se fomentará un ambiente de aprendizaxe colaborativa, fomentando que o alumnado intercambie impresións e coñecementos para elaborar os guións necesarios para resolver os exercicios. Realizaranse na aula e o alumnado deberá acudir a ela cun portátil propio ou facilitado pola Facultade. A asistencia é obrigatoria ao 51% das clases.
Titorías: Dedicaranse principalmente a aclarar dúbidas sobre a teoría e os seminarios, así como calquera outra consulta relacionada coa docencia da materia. Non é obrigatoria a asistencia.
Avaliación continua (50% da nota final). Realización de exercicios prácticos de análise da biodiversidade que terán que ser entregados para ser avaliados pola profesora. (H/D01, H/D02, H/D04, Comp02, Comp03, Comp05, Comp08)
Exame (50% da nota final) (Con01, Con10, H/D01, H/D03, H/D07, H/D08, H/D09, Com01, Comp02, Comp03, Comp08)
A asistencia ás clases será obrigatoria, sendo necesaria a asistencia ao 51%.
A avaliación na primeira e segunda oportunidade será idéntica. Os alumnos repetidores teñen o mesmo sistema de avaliación que os alumnos de primera matrícula. Para os alumnos repetidores unicamente se conservará a calificación dos resultados da avaliación continua, durante o mesmo período que a normativa de esta universidade dispón para a asistencia ás prácticas.
TRABALLO PRESENCIAL: 42 horas
Clases expositivas: 13 horas
Clases interactivas (seminario): 26 horas
Titorías: 1 hora
Exame: 2 horas
TRABALLO AUTÓNOMO, ESTUDO PERSOAL DO ALUMNADO: 70,5 horas
Asistir e participar na aula, revisar e actualizar os coñecementos estatísticos adquiridos con anterioridade no grao en Bioloxía, familiarizarse coa sintaxe básica do tratamento e análise de datos (p. ex. empregando o paquete swirl), analizar criticamente scripts elaborados por outras persoas, desenvolver scripts propios de tratamento e análise de datos, preguntar dúbidas na clase ou nas horas de titoría.
Carola Gomez Rodriguez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- carola.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
02.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
02.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
10.07.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |